Narrar o medo

16
ÁnxelFole XoséMiranda EdgarAllanPoe AgustínFernándezPaz H.P.Lovecraft AntonioReigosa GuydeMaupassant SusodeToro JulioCortazar PacoMartín ArthurConanDoyle JackLondon AlfredoConde ÓscarWilde AgustínAgra PaulaCarballeira W.HopeHodgson HenryJames NathanielHawthorne WashingtonIrving XesúsMMarcos ConchiRegueiro CarlosVilaSexto G.K.Chesterton WalterScott TuchoCalvo HoracioQuiroga UxíaCasal IsidroNovo Maupassant AmbroseBierce XoséFernándezFerreiro BramStoker JosephSheridanLleFanu CarlosFuentes RobertE.Howard JorgeLuísBorges XabierDocampo RayBradbury AdolfoBioyCasares Bécquer XerardoQuintiá Narrar o medo Libros para ler á vontade no 1º trimestre Os auténticos relatos macabros contan con algo máis ca un misterioso asasino, uns osos sanguiñentos ou uns espectros que axitan as súas cadeas segundo a vella regra. Pois debe respirarse neles unha determinada atmosfera de expectación e inexplicable temor ante o ignoto e o alén; han de estar presentes unhas forzas descoñecidas (...), a maligna e específica suspensión ou a derrota das leis dende sempre vixentes da Natureza, que representan a nosa única salvagarda contra os asaltos do caos e os diaños do espazo insondábel. H.P. Lovecraft Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua Galega - IES de Porto do Son) Curso 2010-2011

description

Guía de recomendacións literarias para 2º e 4º da ESO da materia de Lingua Galega e Literatura. Narrativa de terror e misterio. Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua Galega do IES de Porto do Son. Curso 2010-2011). Outubro de 2010.

Transcript of Narrar o medo

Page 1: Narrar o medo

ÁnxelFole XoséMiranda

EdgarAllanPoeAgustínFernándezPaz

H.P.Lovecraft AntonioReigosaGuydeMaupassant

SusodeToroJulioCortazar PacoMartín

ArthurConanDoyle JackLondon

AlfredoCondeÓscarWilde

AgustínAgraPaulaCarballeira

W.HopeHodgson HenryJamesNathanielHawthorne

WashingtonIrving XesúsMMarcosConchiRegueiro

CarlosVilaSexto G.K.ChestertonWalterScott

TuchoCalvo HoracioQuiroga UxíaCasalIsidroNovo Maupassant AmbroseBierce

XoséFernándezFerreiro BramStoker

JosephSheridanLleFanu CarlosFuentes

RobertE.Howard JorgeLuísBorgesXabierDocampo

RayBradbury AdolfoBioyCasaresBécquer XerardoQuintiá

Narrar o medoLibros para ler á vontade no 1º trimestre

Os auténticos relatos macabros contan con algo máis ca un misterioso asasino, uns osos sanguiñentos ou uns espectros que axitan as súas

cadeas segundo a vella regra. Pois debe respirarse neles unha determinada atmosfera de expectación e inexplicable temor ante o

ignoto e o alén; han de estar presentes unhas forzas descoñecidas (...), a maligna e específica suspensión ou a derrota das leis dende sempre

vixentes da Natureza, que representan a nosa única salvagarda contra os asaltos do caos e os diaños do espazo insondábel.

H.P. Lovecraft

Román Cerqueiro Landín (Dpto. de Lingua Galega - IES de Porto do Son)

Curso 2010-2011

Page 2: Narrar o medo

Narrar o medoPropostas para 2º ESO

Agustín Fernández Paz, Tres pasos polo misterio. Xerais. Tres relatos nos que o misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicábel que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. O arqueólogo de “A serpe de pedra”, o peregrino novo de “A vella foto das estrelas” e o historiador de “As sombras do faro” viven experiencias arrepiantes. Un libro que guía os nosos pasos polos camiños do misterio, da intriga e do terror.

Xabier Docampo, Cando petan na porta pola noite. Xerais. Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...

Agustín Fernández Paz, Fantasmas no corredor. XeraisA familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo día non se ven, mais pola noite saen das paredes e andan de troula polo corredor. Só Mariña sabe que existen, pois ninguén máis da familia os ve. E a nena deberá atopar unha proba que permita desvelar a presenza dos fantasmas. “Fantasmas no corredor” de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Óscar Villán, fala do medo á escuridade, ese temor que todas as persoas experimentamos na infancia. O humor, capaz de disolver calquera medo, é o recurso empregado para narrar esta divertida historia.

Page 3: Narrar o medo

Xosé Miranda, Pel de lobo. Xerais.Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos lugares para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de 17 anos, contará o acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. No Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume. Este é o arranque argumental desta novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome nas aldeas da montaña luguesa.

Xabier Barreiro Liz, A pantasma telefónica. Baía.Agora coñecían o xeito de localizar a pantasma e poderían tentar illala. Só que... algo non estaba a marchar como se prevía, xa que pouco a pouco a mensaxe da pantasma foi tomando forma de novo no móbil e na computadora de Xulia, e non só iso, senón que a mecha da candea con forma de dragón comezou a arder sen que ninguén a tocase...

C. Regueiro, O tesouro das ánimas. Baía.Esta historia sitúanos en Ponterrubiáns, unha vila imaxinaria, onde viven Natalia e Guillerme, compañeiros de clase no instituto da vila, protagonistas dunha intensa aventura na que, a partir dunha enigmática clave atopada nun peto de ánimas do lugar, tentan resolver coa axuda dun videoxogo de última xeración e dalgúns dos seus mellores amigos e amigas unha vella lenda da súa vila na que se dicía que un bispo do século XVIII agachara un tesouro non atopado aínda, e tamén a misteriosa desaparición da profesora de Historia.

Page 4: Narrar o medo

Paco Martín, Historias para ler á noite. Galaxia.

Paco Martín ofrece neste libro carro narracións nas que a irrupción do estrano e

o arrepiante en situacións aparentemente ordinarias impón a súa lei. Unha crecente

sensación de ameaza, a intelixente disposición dos feitos e unha poderosa

imaxinación presiden odesenvolvemento destes contosde medo que o acreditan

comoun dos mellores narradores galegos de hoxe. Na súa quinta edición este libro

inclúe os tres relatos publicados orixinalmente baixo o título Tres historias

para ler á noite así como a magnífica narración 'Autovía'.

Michael Alan Nelson, Hexed. Ilustracións de Enma Ríos. El Patito Editorial. Din que non hai honor entre ladróns, pero ese é o seu oficio. Presentámosvos a Luci Jennifer Inacio das Neves, mais coñecida como Lucifer, unha rapaza que se dedica a roubar cobizados obxectos e que traballa á marxe dunha sociedade que cualifica de noxentos aos da súa clase. Nesta misión enfrontarase ao máis macabro da cidade e desvelará o terrible segredo que marca a súa pel.

David Muñoz, A mansión dos murmurios, ilust. de Tirso Cons. EL Patito Editorial. Esta primeira entrega da obra é o arrinque dun guión que mestura fantasía e retallos da realidade: mudanzas monstruosas da condición humana, mansión recóndita e misteriosa, experimentos nazis, pasadizos secretos, guerra… Unha intriga cuxas orixes proceden dun remoto pasado e que avanza nunha atmósfera pechada e desacougante, cun grafismo tenebroso e ao tempo dinámico no que o xogo de luces e sombras e as cores sombrías se adaptan aos requisitos da historia. A continuación promete novas emocións e sorpresas

Page 5: Narrar o medo

Xesús M. Marcos, O esconxurador. Galaxia. Velaquí unha novela que arrecende a medo, intriga y pasado, tres dos mellores ingredientes para manter o lector preso a unha cadeira, co libro aberto diante dos seus ollos. Unha historia que tende pontes entre tempos e que deseguro te atrapará ata o final.

Antoni García Llorca, A besta moura. Galaxia.

A mítica do lobo O oficio de lobeiro no Pireneo catalán: unha vida a medio camiño entre o ser primitivo e o licántropo. Medo e fascinación. Persoas con capacidades especiais para entender as mensaxes do medio natural. O terrible e o marabilloso a dárense a man. Velaquí unha novela que nos leva ás orixes máis auténticas do ser humano.

Paula Carballeira, O lobishome de Candeán, Galaxia.

A eterna sede de sangue dos lobishomes... Nestes tempos en que xa non se escoitan ouveos a medianoite, en que os lobos visten coma persoas, pero pensan coma animais, ás veces aparecen rapazas mortas, abandonadas no medio do monte. Non hai explicación lóxica posible para iso, máis alá da eterna sede de sangue dos lobishomes.

Cornelia Funke, Reckeless. Carne de Pedra. Xerais.

Jacob Reckless cometeu un erro: despois de moitos anos de precaución, seu irmán Will cruzou o espello e foi tras el... a un mundo no que os contos máis tenebrosos se volven realidade e no que a maldición dunha fada sementa carne de pedra. Ese mundo foi fuxida e fogar para Jacob durante moitos anos e nel andou por fragas e outeiros na busca de obxectos máxicos para reis e emperadores. Pero cando a pel de Will se transforma en xade, Jacob marcha na procura dunha única cousa: a menciña que salve a seu irmán.

Page 6: Narrar o medo

Narrar o medoPropostas comúns

Agustín Fernández Paz, Cartas de Inverno. Xerais.Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre remitido polo seu irmán Xabier desde unha casa situada nun descoñecido lugar: Doroña (Vilamaior). No seu interior inclúense unha carta e outro sobre máis pequeno coa lapela de cerre reforzada por unha fita adhesiva que desevelan as claves do que lle sucedeu a xabier e mais ao seu amigo, o pintor Adrián Louzao. Ao igual que Tareixa, non poderás deixar de ler as cartas que falan dos estraños sucesos que arrodean a nova casa de Xabier.

X. Miranda e C. Reigosa, Arrepíos e outros medos. Xerais.

Recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este libro os autores, X. Miranda e A. Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galiza. Lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas, fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques, ou evitar a posíbel mala influencia de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretenden que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.

VVAA, Contos de medo. Tris Tram.Contos de medo ofrece unha coidada selección dos máis medorentos relatos da literatura universal. Autores como Poe, Ambrose Bierce, Bram Stoker ou un pioneiro da literatura fantasmal como Daniel Dafoe, danse cita neste volume con historias ideadas para sentirnos sós no medio do escuro.

Page 7: Narrar o medo

VV. AA, O relato fantástico. Ir Indo.Relatos de E. A. Poe, Prosper Mérimée, Sheridan le Fanu, Amelia B. Edwards, Guy de Maupassant, F. M. Crawford, W. W. Jacobs e H. P. Lovecraft.De Poe a Lovecraft, ou o que é o mesmo, unha pequena antoloxía do relato fantástico, que na súa acepción xeral narra sucesos que non se somenten ás leis da natureza. A categoría de fantástico, definida pola presenza de elementos extranaturais, abrangue múltiples modalidades literarias, desde o xénero concreto do relato fantástico de terror, que aquí tamén se reflicte, até todas as variedades do que se coñece como narración marabillosa, do que tamén podemos atopar boas mostras neste volume. De Poe a Lovecraft constitúe unha antoloxía básica do relato fantástico do século XIX, un xénero esencial para poder achegarnos con fundamento á narrativa contemporánea.

Alejandro Llovo Otero, Noite de entroido. Toxosoutos.

Noite de entroido relata un episodio da vida do mozo Farruco un serán de inverno, no que se mesturan crenzas populares e medos atávicos galegos. A forma de narrar proporcionalle á novela un pulo de fantasía e irrealidade máxica que á achega, pola súa forma, a Ánxel Fole e polo seu contido a Dos arquivos do Trasno de Rafael Dieste.

VV. AA. Contos de fantasmas. Tris Tram.

Que as fantasmas existen, cando menos na literatura, é cousa ben sabida desde hai séculos. Os contos seleccionados neste libro preceden dalgúns dos grandes escritores do século XIX, como Walter Scott, Dickens, Poe ou Henry James, e dos máis sobranceros especialistas no xénero do terror: Bram Stoker, Le Fanu ou Charlotte Riddell. Así ata unha ducia de relatos que son outras tantas visións -inquietantes, aterradoras ou humorísticas- sobre eses estraños seres que non dan morto de todo.

Page 8: Narrar o medo

Arthur Conan Doyle, O can dos Baskerville. Xerais. Historia de terror calofriante levada ao teatro, ao cinema e á televisión. Na Inglaterra vitoriana, Holmes, o máis famoso detective de todos os tempos, resolve os casos máis insólitos grazas á súa capacidade dedutiva e á axuda do Dr. Watson. Na rexión de Dartmoor, investiga a morte inesperada de sir Charles. Unha vez máis a maldición cae sobre os Baskerville, anunciada por un espectro e os alaridos dun can.

Carlos Vila Sexto, Cara á fin da luz. Xerais.Días antes da eclipse total de sol, buscando un itinerario alternativo para fuxir dun atasco, a familia de Joseph chega a un lugar estraño, a vila de Nova Israel, que xorde no medio do deserto. Unha paisaxe insólita, un ambiente abafante, uns personaxes inquietantes, uns acontecementos misteriosos. Atrapado neste lugar, fóra do tempo, atopa a Justin e descobren que levan días soñando un mesmo pesadelo. Un ser que habita neste soño guiará os seus pasos cara á salvación dun pobo atrapado polas forzas do mal, entre a vida e a morte.

Óscar Wilde, A pantasma de Canterville. Xerais. Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis

resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que facía unha gran parvada porque a casa

estaba abofé enmeigada. O propio Lord Canterville, home de honra cumprida como era, sentiuse na obriga

de avisalo de que aquela pantasma aparecéralle a familiares seus, que pasaban noites enteiras sen durmir

por mor daqueles ruídos tan raros que se sentían ao final do corredor da biblioteca. Isto non arredrou ao embaixador que consideraba que a pantasma e os

mobles non lle eran nin máis nin menos que unha parte do lote que quería mercar.

Page 9: Narrar o medo

H.P.Lovecraft, Relatos de terror , Xerais.Oito relatos que mostran como este xenial autor foi o inventor dun novo xénero, o conto materialista de terror, no que utiliza os símbolos que perviven no inconsciente das persoas para espertar eses terrores ancestrais que xacen dentro do noso cerebro. Trátase desa literatura de terror "cósmico" que se dirixe á parte máis profunda do cerebro, dominada polos instintos e emocións que están na orixe do xénero humano.

Edgar Allan Poe, Berenice e outros relatos. Ir Indo.

Os relatos de E. A. Poe, dos que aquí se presenta unha pequena escolma, chegan ao lector de hoxe con toda vixencia, como 'Berenice', 'Morella' ou 'O retrato oval', nos que se describe unha particular relación espiritual coa muller, e envoltos no onirismo e na difícil distinción entre o soño e a realidade. Outros contos están marcados polo terror psicolóxico, do que foi un gran dominador, como en 'O bocoi de amontillado', ou polo raciocinio dos seus relatos policiais, xénero do que foi iniciador e do que sentou as bases: crime aparentemente irresolúbel, sospeitoso inocente ao que acusan as probas e que é finalmente exculpado pola perspicacia, a capacidade de observación e o método do detective, que dan lugar a un desenlace sorprendente e lóxico, como en 'Os crimes da rúa Morgue' ou 'A carta roubada'.

Bram Stoker, Drácula, Xerais.Levada ao cinema en numerosas ocasións, esta novela universal agocha, tras o mito do vampiro, asuntos humanos fundamentais que todas as persoas senten e coñecen. O autor fai confluír en Drácula dúas tradicións: o vampiro literario e o folclórico. O vampiro, esa alma diabólica condenada a vagar eternamente sen repouso, está presente en moitas culturas, porque en todas elas o sangue se percibe como unha forma de enerxía vital.

Page 10: Narrar o medo

Agustín Fernández Paz, Aire negro. Xerais.Tres anos despois de ocorridos os feitos, un ex psiquiatra cóntanos unha experiencia estarrecedora coa súa primeira paciente. Imos coñecendo por el e na voz de Laura Novo a historia da aparición da Gran Besta, un ser monstruoso que habita nunha cova. Confírmase así a mitoloxía do lugar, que tan ben coñece un dos traballadores da casa de turismo rural na que se veu hospedar a protagonista. A vinganza polo intromisión nese territorio alleo tronza a nova vida que, coa tranquilidade do espazo idílico e a felicidade do reencontro cun vello amor, busca a noutrora xornalista crítica en Madrid.

Narrar o medoPropostas para 4º ESO

Carlos Vila Sexto, Gárgola. Galaxia.Un rapaz de dezaseis anos chamado Jeremy, cuxa nai morreu en circunstancias estrañas, enfróntase a unha gárgola creada por seu pai escultor. A través dos soños, a irmá defunta axudaralle ao mozo diante dunha escultura que provoca a morte de todos aqueles que dunha ou outra forma axudan a desenmascarar o misterio. Logo da morte da estatua e do rapaz cóntase por medio dun epílogo cómo un novo escultor escoita unha voz misteriosa que lle encomenda facer unha nova gárgola...

Agustín Agra, Cazaría salvaxe. Xerais.Wotan, o Demo Negro ou Señor do Inframundo, tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba o baleiro que ía deixando. Nas noites de invernía saía de caza, dacabalo, coa compaña dos seus cadelos diabólicos, zugadores de sangue, que perseguían e devoraban canto atopaban. Mais, foi Ricardo Ferreiro, o rapaz da aldea de Marselle que salvou o pelello por dúas veces, quen foi designado para ser o elixido. Novela de terror, misterio, bruxaría e fantasía, enfiada coa prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas, non deixa alento ao lector até a súa derradeira páxina.

Page 11: Narrar o medo

As mans do medo. Xerais.Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foxo no Cemiterio das Pedras Brancas, onde atopará unha caixa dourada que atesoura unha man. Unha man humana, enteira, perfecta. Viva. A dexeneración e rexeneración dos corpos, as vellas tradicións naturistas, os labirintos de ocultismo, o home peixe… son algúns dos temas destes contos cheos de intriga que nos meten dentro de cada un dos relatos e dificilmente o deixa fuxir.

Triloxía pánica, Xerais.Tres narracións de terror. En “Vestio”, arredor das vellas tradicións animistas e naturistas, que aniñan no máis fondo do ser galego, constrúe unha historia actual, un tema que mete o lector dentro da novela e dificilmente deixa fuxir. Unha novela curta que nos mergulla nos labirintos do ocultismo, un bo argumento para indagar na psicoloxía individual e social dos personaxes. “A neve e a cadeira” baséase na tradición popular para lle dar vida na súa narración ao demo. O lector sabe que o personaxe do mal, que lle vai infundindo tensión á narración, é dende o principio o demo –o forte cheiro a xofre despois de cada unha das mortes é inconfundíbel- pero aquí tamén se resolve un final cheo de intriga e desolación.

Vestío, Xerais.

A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cun cadáver sen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao

cadáver aparecen unha carta e un diario. Lendo o diario vai descubrir as claves de estraños comportamentos e estraños acontecementos que

non só se refiren as habitantes da vila, senón a ela mesma, ao seu marido e á súa filla desaparecida hai anos. Eva descobre con abraio que

o cadáver resulta ser un antropólogo inglés chegado co pretexto de estudar unha antiga seita priscilianista. Unha novela de intriga,

suspense, pánico e misterio, claustrofóbica, labiríntica, aterradora.

Xosé Miranda, a aposta polo misterio galego

Page 12: Narrar o medo

Edgar Allan Poe, O Corvo.Escrito en 1845, é sen dúbida a composición poética máis coñecida de Allan Poe. Narra en 18 estrofas a angustia do protagonista pola perda da súa amada Lenore, representada alegoricamente por un vello corvo que repite constantemente a palabra nevermore, 'nunca máis'. As características formais do poema, cargado de aliteracións e rimas internas, únense á representación dun espazo romántico, decadente e intemporal para representar a aungustia, o desespero e a loucura. O poema deu lugar a múltiples adaptacións en diferentes medios artísticos, entre as que se pode destacar un capítulo da serie The Simpsons, ou unha canción de The Alan Parson's Project.

Oscar Wilde, O retrato de Dorian Gray. Conta a historia de Dorian Gray, retratado polo artista Basil Hallward, quen queda enormemente impresionado pola beleza física de Dorian e comeza a se encaprichar con el, crendo que esta beleza é a responsábel da nova forma da súa arte. Falando no xardín de Basil, Dorian coñece a Lord Henry Wotton, un amigo de Basil, e comeza a se cativar pola visión do mundo de Lord Henry, que asume un novo tipo de hedonismo. El indica que “o único que paga a pena na vida é a beleza, e a satisfacción dos sentidos”. Ao decatarse de que un día se esvaecerá a súa beleza, clama, desexa ter a idade do cadro que Basil pintou del para sempre. O seu desexo cúmprese, ao que posteriormente o leva a unha serie de actos de libertinaxe e perversión; o retrato serve coma un recordatorio dos efectos da cada un dos actos cometidos sobre a súa alma, con cada pecado o cadro vaise desfigurando ou envellece. O retrato de Dorian Gray é considerado como unha das últimas obras clásicas de horror gótico cunha forte temática faustiana.

Washintong Irving, A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos. Esta escolma recolle algúns dos títulos máis coñecidos de Washington Irving, como o xenial “Sleepy Hollow”, levado ao cine por Tim Burton, “Rip Van Winkle” ou “O espectro do noivo”. Todos os relatos reunidos neste libro teñen o denominador común de tratar sobre pantasmas, aparecidos e espectros, unha das temáticas máis socorridas polos autores románticos como Irving.

Colección Gótica, de Urco Editora

Page 13: Narrar o medo

W. H. Hodgson, A casa do confín.En 1877 dous amigos chamados Tonnison e Berreggnog atopan un manuscrito soterrado entre unhas ruínas nun remoto confín da Irlanda rural. As súas estragadas páxinas contan a estraña historia dun home que habitaba unha casa chea de misterios. O narrador conta como se foron sucedendo unha serie de acontecementos de carácter sobrenatural, abríndoselle unha xanela aos terrores incomprensíbeis que xacen alén das estrelas e alén dos veos do que nós consideramos a realidade. Publicada en 1908, é unha das novelas máis importantes do xénero chamado Terror Cósmico. Malia que pouco coñecida, eclipsada quizais polo máximo expoñente do xénero H.P. Lovecraft, constitúe unha peza maxistral que senta as bases formais e temáticas que adoptarán todos os autores posteriores, incluído o citado autor de Providence.

Robert E. Howard, Robert E. Howard, Relatos de terror sobrenatural.Relatos de terror sobrenatural.Nesta escolma recóllense catro dos máis importantes relatos de terror sobrenatural de Nesta escolma recóllense catro dos máis importantes relatos de terror sobrenatural de Robert E. Howard: A pedra negra, Os vermes da terra, O lume de Asshurbanipal e Os Robert E. Howard: A pedra negra, Os vermes da terra, O lume de Asshurbanipal e Os fillos da noite. Cunha fonda pegada lovecraftiana, Howard trata temáticas como os fillos da noite. Cunha fonda pegada lovecraftiana, Howard trata temáticas como os deuses primixenios, os cultos perdidos, a memoria racial, os medos que subxacen na deuses primixenios, os cultos perdidos, a memoria racial, os medos que subxacen na psique do ser humano etc., todo cun maxistral estilo narrativo áxil e efectivo que non psique do ser humano etc., todo cun maxistral estilo narrativo áxil e efectivo que non deixa indiferente a ningún lector.deixa indiferente a ningún lector.

Bram Stoker, A gorida do verme branco.Unha obra cun sabor a clásico que se percibe xa nas primeiras páxinas e cuxa publicación supón intentar disipar a longa sombra que Drácula supuxo para o resto da produción de Bram Stoker. Unha lectura recomendada para os amantes do xénero de terror, pero tamén para aqueles que teñan interese en coñecer qué se agocha detrás dun clásico. A historia sobre un monstro antediluviano que ameaza a tranquila vida dos habitantes das terras do antigo reino de Mercia resulta atractiva e lonxe dun esquema simple e lineal temos a sensación de varios fíos que se cruzan para manter as expectativas da lectora ata o final.

Page 14: Narrar o medo

Contos da néboa. Galaxia.

Dezaoito contos nos que o mestre do relato centra as súas historias nas cidades e vilas galegas. Nelas conflúen a tradición do conto popular coa modernización e renovación do xénero. O autor manexa maxistralmente a fala coloquial, conservando todo o seu sentido do humor e engadindo pingadelas de misterio que manteñen o interese da lectura até o remate. Neste libro, o misterio chega ás cidades, que se fan protagonistas destas narracións nas que a brétema pare pantasmas e o demo anda polas rúas. En Fole, a maxia da escritura conserva todo o engado que posúen os contos relatados a media voz, coma historias reais que semellan extraordinarias.

Ánxel Fole, mestre do relato curto

Á lus do candil, Galaxia.

Quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. A descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos... Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura.

Historias que ninguén cre. Galaxia. Vinte relatos de enorme interese e cos que se completa un universo narrativo singular, elaborado a partir dunha abraiante riqueza lingüística e cunha enorme capacidade para xogar coas convencións do xénero fantástico, revirándoas ata lograr marabillas como contar a historia dunha simple pinga de sangue. Un dos poucos e privilexiados autores cunha obra que permite a lectura en voz alta sen que deixe de fascinar en ningún momento.

Page 15: Narrar o medo

Alfredo Conde, Romasanta. Memorias incertas do home lobo. Sotelo Blanco.

Preséntanos as memorias apócrifas de Manuel Blanco Romasanta, un asasino en serie galego indultado pola raíña Isabel II de Borbón logo dun complicado proceso iniciado en Allariz no ano 1853, proceso en que desempeñaron un importante papel os medios de comunicación da época, que, a través dunha campaña de prensa de repercusións internacionais, trataron de convencer a opinión pública da condición de licántropo do inculpado.

A lei das ánimas. A novela da Santa Compaña. Galaxia.

O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosa. Un caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama. En A lei das ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga singular que incorpora a tradición popular á novela, na liña de Torrente Ballester e Cunqueiro.

Uxía Casal, Vidas exemplares. Xerais.

Ulises, un excursionista extraviado no bosque, sente tres arrepíos que lle impiden articular palabra cando coñeceu a tres anciáns que padecen unha condena insoportaábel… Un estraño engado percorre o xardín do Pazo de Galdán desque alí apareceu o corpo de dona Arminda… Nai e filla deambulaban pola tenda baixo a atenta mirada da dependenta, que observaba sen disimulo os gustos tan dispares das dúas mulleres… Aquel condutor tiña un problema, freara o coche en seco e saltara correndo cara aos servizos do bar como se o perseguise unha fera rabiosa… A vida de Héctor e da súa compañeira mudou cando a iguana chegou á súa casa…

Page 16: Narrar o medo

Suso de Toro, Trece badaladas, Xerais.

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza. Trece badaladas, a nova novela de Suso de Toro, é un relato que arrinca dun acto de rebelión moi afastado no tempo, da cifra máxica por excelencia: a do destino maldito do rebelde. Unha novela froito da destilación do traballo literario de case unha década. Unha obra de intriga, que nos remite a un tempo de misterio, cando a xente cría no sobrenatural: a morte que axexa, o meigo resucitado que desafía ao Apóstolo, a Berenguela que anuncia a hora do demo.. Unha indagación sobre a memoria dunha cidade que é un labirinto hermetico sobre un mar de pedra: o enfrontamento entre o ben e o mal, o mito do sepulcro que alumou dende séculos a toda Europa. Un paseo, tamén, polos dilemas e as procuras de espiritualidade. Unha narración concibida como forma de coñecemento. Unha inmensa novela, abovedada de misterio, construída ao xeito de traxedia como unha rexa catedral románica.

Xurxo Borrazás, Contos malvados, Xerais.

Libro de trece relatos, maiormente breves, que teñen todos eles por fío condutor, a morte, que vai dende o asasinato ao vampirismo pasando polo suicidio.Como en todo bo libro de relatos, os que aparecen en Contos malvados, o primeiro volume de Borrazás, son coma un iceberg, o que lemos é sempre menos que o queda oculto baixo a auga, e outorga intensidade, misterio, forza e significación ó que aboia na superficie.A estudiante de filosofía que recupera plus valías nas librerías e nos hipermercados, como xeito de obter pracer... Este constitúe un excelente libro de relatos. O que cabería agardar dun narrador que sabe xogar coa ficción e coa realidade, para goce do lector.