CIANOTIPIA
I.E.S. Nº 1 de A EstradaEdu. Plástica e Visual
Prof.: A. Sanmartín
Descuberta en 1840 por Hersbhel. É unha técnica fotográfica coa que
se conseguen imaxes en azuis permanentes por medio da acción
fotoquímica da luz ultravioleta sobre superficies previamente
sensibilizadas.
Sistemas fotográficos solubles.
Son os consistentes en papeis emulsionados con sales de prata ou
ferro que, logo da exposición á luz ultravioleta, a imaxe obtense
lavando o papel unicamente con auga, para eliminar os sales non
queimados:
• Cianotipia
Ferro-Prata (Marrón Van Dyke)
Papel ao nitrato de prata
Pautas xerais para traballos de cianotipia:
1. Tipos de Papel
2. O Soporte
2.a. Preparado do papel
2.b. Preparación de madeiras
3. Pinceis
4. A exposición e o revelado da
cianotipia
5. Fórmula da emulsión
6. Aplicación da emulsión
7. Material que debe aportar o
alumando
8. Presuposto
9. Outras fórmulas para a realización
de cianotipias
Pautas xerais no emprego de técnicas foto-solubles.
1. Tipo de papel.
O Superalfa de gravado calcográfico (de vendas en tendas
especializadas en Belas Artes) é un tipo de papel que funciona
perfectamente tanto en cianotipias como no resto de técnicas foto-
solubles. Outros papeis de bos resultados son os Basic de Guarro,
sobre todo o de 225 gr., e os papeis de acuarela, aínda que estes
pecan de ser algo grosos
2. O soporte.
2.a. Preparado do papel.
Os papeis deben admitir o lavado pero deberán de ser finos para
evitar que se empapen de emulsión.
Se o papel resulta ser moi absorbente, ou vai sufrir varios lavados
pode encolarse con gelatina ao 5%.
Se desexamos un fondo perfectamente limpo debemos preparar antes
o papel coas seguintes solucións:
Solución A: Auga (750 ml) e Gelatina (5 gr. en papeis pouco porosos ou
10 en papeis porosos)
Solución B: Auga (750 ml) e Alume potásico (3gr.)
2.b. Preparación de Madeiras.
A preparación de madeirasé similar á do papel, pero en disolucións
máis suaves e estendéndoa varias veces. Cando un papel ou unha
madeira están preparados con gelatina necesitan maiores tempos de
exposición á luz.
3. Pinceis.
Como norma xeral, cando se estende a emulsión faise cunha brocha
de tamaño e calidade media (as moi boas tampouco son
recomendadas) e pelo semiduro.
Disólvense por separado ambas as solucións, mestúranse e esténdese
o preparado sobre o papel en capas moi finas. Pódense dar varias pero
entre unha e outra debemos esperar polo menos un par de días. O que
nunca se deba facer é dar unha capa grosa. Aínda que non é
imprescindible, recoméndase estender o preparado polos dous lados
do papel. O secado adecuado é de 4 a 8 días dependendo das
condicións ambientais, pero se tardamos en usar o papel máis dun
mes a gelatina pódese volver tan dura que non agarre a goma.
(Nota: Eu nunca necesitei preparar ningún papel. Basta usar un papel
minimamente absorvente e tolerante ao lavado con auga, moi
recomendable o papel de acuarela)
4. A exposición e o revelado da cianotipia.
Unha vez imprimados de emulsión e secos, os papeis aguantan pouco
tempo útiles.
A exposición pode realizarse á luz solar, cunha lámpada ultravioleta ou
cuns focos alógenos (de 1000 w mellor que de 500 w).
Débese aplicar unha boa cantidade de luz, pero evitando o calor pois
resta sensibilidade ao pigmento. Se non podemos reducir a calor de
xeito natural, ao mesmo tempo que estamos realizando a exposición
aplicamos un ventilador sobre o papel.
5. Fórmula da emulsión.
Existen varias. Nós recomedamos a do fotografo J.Fontcuberta.
(ao final deste documento recóllense outras)
Prepáranse por separado dúas solucións:
Solución A……25 gr. de Citrato férrico amónico verde + 100cc. de auga
destilada
Solución B……10 gr. de Ferricianuro potásico + 100 cc. de auga
destilada
Estas solucións deben permanecer separadas ata o momento de
aplicalas sobre o papel.
Mesturanse en partes iguais. Cando entran en contacto, a emulsión
resultante convírtese en fotosensible, polo que apartir dese momento
debemos traballar en penumbra
6. Aplicación da emulsión.
O primeiro que debemos procurar no acto de emulsionar é non
provocar charcos sobre o papel. A cantidade de pigmento colorante
(carga) debe ser o suficiente como para dar corpo á emulsión pero non
debe ser tanta como para que lle reste sensibilidade.
O estendido debe realizarse en penumbra con movementos enérxicos
da brocha en una dirección e logo noutra. Se se abusa do fregado coa
brocha podemos levantar “pelusilla” ou provocar “manchas”.
O secado da emulsión podemos realizalo cun secador de pelo ou un
pequeno calefactor.
A exposición considérase suficiente cando a emulsión comeza a
adquirir un ton grisáceo.
O lavado realízase con 3 ó 4 baños de auga nunha cubeta, durando
cada lavado 5 ó 6 minutos, ou ben, baixo un grifo con auga corrente.
Se no baño do revelado se lle engaden un par de pingas de amoníaco
aumenta a sensiblididade pero diminúe o contraste e a densidade
(debes ter bastante coidado porque é algo difícil de controlar).
Se se lle engade auga oxigenada no baño aumenta notablemente a
intensidade do azul. (Recomendado pola intensidade cromática que
adquire a imaxe).
7. Material que debe aportar o alumnado.
Papel.
Ou ben o Superalfa de gravado, o Ingres para Carboncillo, o Basic de
Guarro ou papeis de acuarela
Pinceis ou brochas.
Cando se estende a emulsión faise cunha brocha MOI LIMPA de
tamaño e calidade media. Abondan con unha cada grupo de 5
alumnos.
Auga osixenada. (non é para uso sanitario) Un bote por alumno
3 vasos de plástico cada grupo de 5 alumnos (1 para cada solución e
outro para a emulsión resultante)
2 xiringuillas de plástico cada 5 alumnos (para medir en penumbra as
dosis de cada solución) Un secador de pelo para cada 2 ou 3 alumnos
1 ou 2 bolsas de plástico opacas (bolsas negras para ou lixo) para transportar os papeis fotosensibles.
8. Presuposto.
Para dar unha idea do moito que renden, e polo tanto do económico que saen estes produtos, saber que con 50 gr de citrato amonico e 20 grs. de ferricianuro traballaron 60 alumnos realizando cada un deles entre 3 e 4 papeis formato A-4 (e sobrou emulsión) Compra de material: Droguería RIESGO (www.manuelriesgo.com)Dirección: c/ Desengaño, 22 - 20004 Madrid – Tel.: 91.521.61.34 - 91.522.58.24 Fax: 91.532.50.43 Se paga por transferencia bancaria
(Factura de 2007, marzo)Hierro y amonio (III) citrato verde (100 grs)………. 9 €
Potasio ferricianuro (prusiato rojo) (100 grs)………..2 €Eso si, Portes……….13 €
+ IVA
9. Outras fórmulas para a realización de cianotipias.
Fórmula (1)
A - 62'5 gr. cítrato férríco-amónico verde + 300 cc. Auga destilada
B- 22'5 gr. de ferricianuro potásico + 300 cc auga destilada
DURACIÓN: 2 semanas. Na neveira un mes.
Gardar por separado. Mestúrase a mesma cantidade de A e de B
Se emulsiona o papel. Exponse ao sol durante 15 ó 20 minutos (se
sobreexpón).
Lávase durante 15 minutos aproximadamente ata que desaparezan as
manchas amarelas.
Fórmula (2)
1’25 gr. ácido oxálico + 33'7 gr. citrato férrico-amónico verde + 11’2
gr. ferriciantiro potásico + 0’25 gr. dicromato amónico + 250 cc auga
destilada
DURACIÓN: 1 día.
A auga divídese en 4 partes e en cada unha disólvese un dos
químicos. Logo mestúrase todo. Para intensificar pódense aplicar 2 ó 3
pingas de acedo clorhídrico nun cuarto de litro de auga. Nunca mais
de 3 minutos.
Fórmula (3)
A- 18'5 gr. citrato férrico-amónico verde + 75 cc. auga destilada
B- 6'75 gr. ferricianuro potásico + 75 cc auga destilada
DURACIÓN:1 mes. Gardar por separado as dúas mesturas.
Fórmula (5) (Segundo Langfort)
A- 68 gr. Citrato ferrico amónico verde + 1’3 gr. ácido oxálico + 250cc.
Auga destilada
B- 23 gr. Ferricianuro potásico +1’3 gr. Ácido oxálico + 0’5 gr.
Dicromáto amónico + 250 cc. Auga destilada
Top Related