PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A...

16

Transcript of PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A...

Page 1: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación
Page 2: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

2

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. dra. Carmen fernández morante

Adoptar a decisión de liderar e representar á facultade, especialmente nun momento como o que vivi-mos, esixe primeiro un exercicio de escoita atenta e análise das principais problemáticas e retos que se nos presentan como centro e despois unha reflexión profunda sobre a pertinencia e implicacións (custos persoais e profesionais) que pode ter tal decisión.

Ao longo dos últimos meses máis intensamente, pero en xeral desde a miña reincorporación ao centro despois doutras responsabilidades de goberno, tiven a oportunidade de dialogar con moitos compañei-ros e compañeiras do centro (PAS e PDI) e co alumnado e así poder configurar unha visión da realida-de da nosa facultade “a pe de obra” que xunto coa mirada dende “fora” fixéronme moi consciente da necesidade de liderado, motivación e estratexia para enfrontar con éxito a situación actual na que nos atopamos.

No seguinte documento preséntanse as razóns que motivan esta candidatura, os principios e as liñas bá-sicas de actuación propostos para o Decanato da Facultade de Ciencias da Educación durante o período 2014-2018. Razóns de índole profesional e persoal que nos moven a todo o equipo. Principios (compro-miso e ética) que sustentan esta candidatura e que, en si mesmos, son xa unha declaración sobre como queremos abordar o exercicio de funcións e responsabilidades decanais no caso de que o claustro deste centro deposite en nós a súa confianza. Liñas de actuación e medidas concretas que se derivan tanto da análise da realidade propia como do intercambio mediante o diálogo mantido cos membros desta co-munidade educativa e que configurarán as prioridades que entendemos haberá que atender no período de goberno. Este documento presenta tamén ao final o equipo e estrutura de goberno que se propón para asumir coas mellores garantías este reto.

Evidentemente o funcionamento e mellora deste centro docente e investigador é unha realidade conxun-ta de todos e todas os que integramos e polo tanto, unha responsabilidade compartida, pero a quen asu-ma o decanato corresponderalle liderar e organizar a actividade académica para que todos poidamos desenvolver o noso traballo nas mellores condicións e dende unha visión compartida. Con esa dobre finalidade proponse este programa: formular un proxecto no que todos nos sintamos representados (as nosas preocupacións, inquedanzas e obxectivos) e ao tempo buscar un amplo respaldo e implicación posto que o futuro deste centro depende de todas e cada unha das persoas que o integramos.

Page 3: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

3

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

RAZÓNS POLAS QUE SE PRESENTA ESTA CANDIDATURA

1. O momento delicado e crítico no que nos atopamos como comunidade educativa e que se caracteriza por :

A debilidade da educación na sociedade e o retro-ceso do sistema educativo derivado dunhas polí-ticas claramente antisociais. A Universidade des-envolve unha función social clave e as facultades de Ciencias da Educación deben ser referentes na defensa da ensinanza pública e da cultura cun discurso firme e fundamentado e erixirse como espazos canalizadores das sinerxías dos distintos axentes educativos.

LIÑA DE ACTUACIÓN 1. Proxección exterior, visibili-dade institucional e vinculación cos axentes edu-cativos e sociais.

O cuestionamento por parte da administración do Sistema Universitario público, e do Galego en particular, e a reformulación pola Xunta do catálogo de titulacións oficiais que tamén pode afectar ao noso centro, pola duplicidade de titu-lacións no SUG, a pesar de manterse a demanda.

LIÑA DE ACTUACIÓN 2. Impulso do liderado da USC nas titulacións de Ciencias da Educación no SUG: mellora da docencia, renovación de acreditacións e consolidación da oferta de posgrao.

LIÑA DE ACTUACIÓN 3. Acompañamento, dinami-zación e fidelización do alumnado

O relevo xeracional que se ten que producir de-bido á intensidade de xubilacións no centro. É imprescindible manter e mellorar a posición da facultade no SUG e no Sistema Universitario Es-pañol. Estes catro anos hai que aproveitalos para atesourar a bagaxe profesional e institucional que temos e abordar como obxectivo prioritario o relevo no cadro de PDI e PAS.

LIÑA DE ACTUACIÓN 4. Apoio aos departamentos e unidades administrativas no desenvolvemento das súas funcións e especialmente no relevo do cadro de PDI e PAS do centro.

LIÑA DE ACTUACIÓN 5. Política científica e de apoio aos grupos de investigación e ao profesorado no-vel.

A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación financeira da USC, convértese nun proxecto a medio ou lon-go prazo e de que non podemos seguir deposi-tando toda a responsabilidade da integración do campus norte e o campus vida, con todo o que re-presenta de convivencia, recoñecemento mútuo, complementariedade, visión común e cohesión, nun problema de infraestruturas, que por supos-to temos, especialmente no campus norte.

LIÑA DE ACTUACIÓN 6. Cohesión, convivencia e integración real do noso centro en base aos re-cursos e potencialidades complementarias que temos.

LIÑA DE ACTUACIÓN 7 (TRANSVERSAL) Divulgación, extensión cultural e normalización lingüística.

Page 4: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

4

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

2. O convencemento e as gañas de traballar polo futuro deste centro

Despois de escoitar a un bo número de compañeiras e compañeiros son dúas as razóns que me moven a asumir a responsabilidade de dirixir este centro, no caso de que así o determine o seu claustro, e a esas razóns tamén obedece a configuración do equipo que me acompaña:

• O convencemento de que a xestión e o liderado son aspectos inherentes á profesión universitaria que todas/os debemos asumir en maior ou menor intensidade e que non son un fin en si mesmo senón un escenario máis –acotado temporalmente- no exercicio da profesión.

• As gañas de traballar polo futuro desta facultade, aínda que custe entendelo ou crelo nos tempos de individualismo, competitividade, dificultade e conflitividade crecente que temos, que en defini-tiva é o futuro das persoas que aquí traballamos, das xeracións vindeiras de mestras e mestres, profesoras e profesores, educadoras e educadores e pedagogas e pedagogos do sistema educativo galego. Este equipo humano e profesional comparte unha visión: “O momento é agora, a razón somos todas e todos”.

3. A experiencia de xestión previa

O equipo que integra esta candidatura conta cunha bagaxe previa que pode ser de utilidade para todo o centro neste momento. Asumindo que o goberno dunha facultade será unha tarefa complexa e novi-dosa para todo o equipo e que requirirá unha rodaxe durante os primeiros meses, entendemos que a experiencia de xestión previa de todas e todos os seus integrantes, xunto co bo facer profesional do PAS deste centro, constitúen un capital imprescindible. O equipo de profesoras e profesores que compoñen esta candidatura contan con experiencia previa nos ámbitos de xestión académica e profesorado, de ve-rificación, seguimento e coordinación de títulos, prácticas, xestión de medios, recursos, infraestruturas e servizos académicos e tamén de xestión de actividades de extensión cultural, programas de intercambio e mobilidade de estudantes. Esta experiencia previa e complementaria poñerase agora ao servizo dun proxecto común de centro e permitirá abordar desde una visión anticipativa e con garantías os retos que se presenten.

COMPROMISO E ÉTICA QUE SUSTENTA ESTA CANDIDATURA

Ningunha proposta de goberno é neutra, nin nas súas intencións –que implican unha dirección- nin nas súas formas –que indican o como se vai abordar o exercicio de funcións. O equipo que configura esta candidatura e moi especialmente quen a encabeza, cre firmemente que unha visión común sobre o noso futuro e decidir cara a onde imos, un bo clima de traballo e a implicación de todas e todos nas decisións e actividades do centro son as tres claves que nos poden conducir ao éxito e a mellora. Por iso asumimos seis compromisos que levan implícitos uns principios de funcionamento claros:

1. Lealdade coa institución, coherencia e honradez nas nosas decisións académicas.

2. Igualdade-horizontalidade. Todas as persoas somos precisas e non sobra ninguén nin nada do que conforma o noso centro (persoas, titulacións, departamentos e áreas, estruturas administra-tivas, organizacións estudantís, etc.)

Page 5: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

5

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

3. Pacto e consenso na toma de decisións que afecten a toda a comunidade educativa e/ou a unidades desta. Planificar, vertebrar intereses comúns e favorecer a proxección de todas e todos.

4. Información e transparencia. Claridade e inmediatez para ser eficaces e conformar estratexias xuntos.

5. Estimulo e apoio ás iniciativas que xurdan desde o propio centro.

6. Dedicación. Actitude e tempo.

LIÑAS DE ACTUACIÓN E MEDIDAS CONCRETAS

O programa está conformado por sete liñas de actuación nas que se detallan, sen ser exhaustivas, algun-has medidas concretas:

LIÑA DE ACTUACIÓN 1

Proxección exterior, visibilidade institucional e vinculacións cos axentes edu-cativos e sociais

Como institución universitaria e como Facultade de Ciencias da Educación temos unha función social irrenunciable: formar profesionais da educación e aportar coñecemento e servizos educativos relevan-tes para a cidadanía. Sen educación non hai futuro, nin calidade de vida, nin xustiza social. Esta comu-nidade educativa é unha das pezas clave do da educación e do sistema educativo galego e por iso debe “ser” e “parecer” unha institución dinámica, cun discurso propio e rigoroso, visible e aberta permanente-mente á colaboración con outros axentes (educativos, profesionais, civís, etc.). Nos tempos que vivimos, de cuestionamento e ataque a educación pública temos que redobrar os nosos esforzos para liderar o discurso sobre a educación e construílo coa comunidade. Isto esixe unha política clara de proxección exterior e de colaboración con outros axentes que participen no noso centro e que nos permitan tamén colaborar nas súas iniciativas. Moitos son os grupos e profesionais do noso centro que traballan cóbado a cóbado con outros axentes pero necesitamos que todas esas iniciativas sexan apoiadas e visibilizadas pola facultade.

Para iso propoñemos as seguintes accións:

1. Maior presenza nos medios de comunicación social mediante unha estratexia corporativa que permita dar resposta aos problemas, conflitos e propostas educativas emerxentes. Dispoñemos de profesionais cualificados para liderar un discurso potente en todos os ámbitos e campos de coñecemento educativo. Non podemos permitir que outras/os se apropien do discurso educativo con frivolidade e sen coñecemento e esa sexa a mensaxe que chega á sociedade.

2. Redeseño da Web institucional: unha web máis dinámica que permita a interacción e comunica-ción e visibilice o conxunto de servizos que ofrecemos (servizos, programas de formación, meto-doloxías, instrumentos, recursos, formación, creacións artísticas, solucións e innovacións educati-

Page 6: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

6

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

vas, investigación e coñecemento experto...) respondendo ao tempo ás esixencias de información dos procesos de seguimento e acreditación de títulos.

3. Presenza activa no colexio de decanos das Facultades de Ciencias da Educación especialmente nun momento en que os graos xa foron plenamente implementados e estamos en condicións de avaliar os resultados da reforma, e en que as titulacións están sendo cuestionadas con claros intereses (3+2)

4. Intensificar o contacto e a colaboración cos colexios e asociacións profesionais, ANPAS, institu-cións e asociacións educativas da nosa contorna, servizos educativos dos concellos, movementos innovadores, etc.

5. Intensificar a participación da facultade no programa “A Ponte”, promovendo as visitas de cen-tros educativos á facultade e a presenza de profesorado nos centros de ensinanza media para difundir a oferta.

6. Intensificar a mobilidade Internacional dos membros do noso centro e a proxección Internacio-nal do mesmo.

7. Crear un catálogo dinámico de servizos educativos que ofrecemos desde o centro (grupos de investigación, áreas e departamentos, profesorado en particular...).

LIÑA DE ACTUACIÓN 2

Impulso do liderado da USC nas titulacións de Ciencias da Educación no SUG: mellora da docencia, renovación de acreditacións e consolidación da oferta de posgrao.

A implantación dos graos e másters oficiais foi un dos retos máis intensos que asumiu o equipo decanal saínte. Un proceso difícil pola responsabilidade que conleva, polo que supuxo de renovación e axuste á nova estrutura curricular do coñecemento educativo que xeramos nas nosas áreas e polas condicións estruturais incoherentes e antipedagóxicas nas que tivemos que poñer en marcha a reforma. Nestes momentos, cos planes implementados por completo debemos asumir o reto de analizar resultados e reaxustar a oferta para corrixir os desaxustes que vimos detectando. Non podemos obviar que exis-. Non podemos obviar que exis-ten necesidades claras de mellora en todos os títulos. Tampouco que imos estar sometidos de novo a presións administrativas de cambio que probablemente non respondan a criterios académicos senón a unha intencionalidade de maior control e desestabilización das universidades públicas. Neste esce-nario turbulento é imprescindible unha estratexia de centro que se apoie nunha análise de procesos e resultados sistemática en todos os títulos, na posta en marcha de medidas que revertan nunha mellor experiencia formativa do alumnado, nunha visión global centrada nos seus intereses e os do centro e nun amplo nivel de consenso nas decisións que tomemos, sabendo que probablemente non será doado e debemos responder con acerto.

Page 7: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

7

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

Para iso propoñemos as seguintes accións:

1. Planificar e promover a acreditación do centro a medio prazo conforme ás novas normativas en desenvolvemento da ANECA (coa finalidade de reducir burocracia e trámites administrativos nos procesos de verificación e seguimento de títulos)

2. Implicar a todo o centro no seguimento dos títulos e a renovación das acreditacións posto que as consecuencias destes procesos teñen un grande alcance no futuro do centro (estabilidade das comisións de coordinación, coordinación Santiago-Lugo nos graos de mestre, implicación no pro-ceso de renovación das acreditacións inminentes dos graos)

3. Conseguir a renovación das acreditacións de todos os títulos oficiais do centro (graduando o proceso nos graos e anticipándonos se é posible)

4. Planificar a medio e longo prazo a estrutura de títulos do centro garantindo a continuidade me-diante estudos de postgrao que dean resposta aos itinerarios profesionais de todos os graos do centro (catálogo estable e ben dimensionado)

5. Manter unha oferta de prazas ben dimensionada conforme aos recursos humanos e as infraes-truturas e medios dispoñibles (nestes momentos de crise e falta de recursos priorizar a calidade e a estabilidade fronte ao crecemento)

6. Elaborar a PDA desde unha visión conxunta de centro e da necesaria complementariedade e colaboración entre as áreas e departamentos implicados nos títulos (estratexia imprescindible xa ante a falta de resposta ás imperiosas necesidades docentes que se producen nas áreas)

7. Axustar os grupos da PDA ao número definitivo de matrícula (revisión e solicitude de axustes ao XOPRA ao peche de matrícula) e as ratios establecidas pola universidade.

8. Reforzar as estruturas de coordinación dos graos, simplificar as dinámicas de coordinación e implicar ao alumnado na análise da realidade (menos burocracia e unha estratexia/protocolo de actuación común en todos os graos)

9. Impulsar e difundir o servizo de recursos psicopedagóxicos do centro.

10. Impulsar e facer máis operativa a Comisión da Biblioteca.

11. Instar nos órganos e estruturas correspondentes (Colexio de Decanos, Claustro, Consello de Goberno, Comisións Delegadas, etc.) á simplificación e ao apoio técnico preciso nas tarefas admi-nistrativas dos procesos de calidade (grao, máster e doutoramento)

12. Mellora do practicum dos títulos mediante a revisión de protocolos e guías, o seguimento no centro e unha estrutura de convenios renovada e potente que permita desenvolver as prácticas tendo en conta a especificidade de cada título e os seus ámbitos de inserción laboral (renovación e ampliación de convenios, convenio específico coa Consellería de Educación, da Xunta de Galicia, para as prácticas dos títulos de grao en mestre/a que estableza un recoñecemento dos titores/as efectivos/as e un marco común para o dito practicum dos títulos de grao en mestre/a nas titula-cións do SUG)

13. Mellora do TFG dos títulos do centro mediante a flexibilización e o desenvolvemento de diver-sas modalidades de presentación, o establecemento de criterios de avaliación comúns e equilibra-

Page 8: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

8

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

LIÑA DE ACTUACIÓN 3

Acompañamento, dinamización, participación na vida do centro e fidelización do alumnado

A formación académica do alumnado que deposita a súa confianza en nós elixindo a Universidade de Santiago para formarse nos graos, másters, cursos de formación continua, especialización, etc. que se imparten na Facultade de Ciencias da Educación é, sen lugar a dúbidas, a nosa principal razón de ser. Formar aos profesionais da educación do futuro, ou apoiar a actualización dos coñecementos dos que están neste momento en activo, non é unha tarefa banal aínda que algunhas persoas se empeñen en trivializar ou desprezar esta cuestión (a docencia e as Ciencias da Educación). A etapa universitaria constitúe non só unha fonte de aprendizaxes académicas relevantes, senón que tamén conforma unha actitude ante a vida e uns valores no exercicio da profesión. O desenvolvemento deses coñecementos, actitudes e valores require unha experiencia amigable na que o noso alumnado desenvolva un vínculo co centro, se sinta parte desta comunidade educativa e participe activa e responsablemente dentro e fora dela. Se entendemos a educación como un proceso de maduración e crecemento persoal, a nosa función docente non pode limitarse á adquisición duns contidos científicos, senón que teremos que ser moi conscientes de que estamos formando universitarios/as e futuros profesionais co que conleva de implicación profesional, orientación e traballo en equipo. Os centros máis prestixiosos do mundo carac-terízanse por un alto grao de identificación e sentido de pertenza dos seus membros e nesa dirección gustaríanos avanzar.

Para traballar nesta liña propoñemos as seguintes accións:

dos coa natureza e condicións nos que se desenvolven os TFG.

14. Instar nos foros correspondentes, coa complicidade doutros centros coas mesmas problemáti-cas (como a Facultade de Psicoloxía) ao recoñecemento da dedicación real que esixen os TFG, TFM, o Practicum e as prácticas obrigatorias nos nosos títulos.

15. Axilizar e facilitar/automatizar os procesos de convalidación de materias inter-títulos de Cien-cias da Educación (táboa de convalidacións que permitan a continuidade e/ou ampliación de estu-dios do alumnado do noso centro).

16. Impulsar e visibilizar as experiencias innovadoras e exemplos de boas prácticas que se desen-volvan no centro ou noutros centros de referencia e que poidan ser de interese para a facultade.

1. Deseñar un plan de orientación académico-profesional para o alumnado do centro que ofreza asesoramento baixo demanda no seu itinerario académico e na transición á vida profesional co apoio do Servizo de Orientación da USC.

2. Elaborar un Plan Piloto de Acción Titorial de Centro que permita o seguimento do alumnado desde o seu ingreso ata a finalización dos seus estudos de Grao.

3. Difundir e dinamizar o Programa de Titores/as do centro con especial énfase na acollida de alumnado de novo ingreso e de alumnado de intercambio e reforzar a titoría entre iguais.

4. Crear espazos de colaboración e coordinación continuada entre o decanato e as persoas repre-sentantes do alumnado e asociacións estudantís con presenza no centro (canles de comunicación

Page 9: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

9

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

LIÑA DE ACTUACIÓN 4

Apoio aos departamentos e unidades administrativas no desenvolvemento das súas funcións e especialmente no relevo do Cadro de PDI e PAS do cen-tro.

A perda de recursos humanos polas xubilacións e a falta de recursos humanos suficientes asociada tanto a políticas de plantilla mal dimensionadas na institución como as limitacións da taxa de reposición, teñen graves consecuencias nun centro como o noso con titulacións de grande demanda e cunha actividade investigadora e produción científica que é, e foi, unha constante probablemente escasamente visibili-zada. A falta de reposición está a supoñer un claro prexuízo á calidade do ensino e da investigación do noso centro. Durante os últimos cursos académicos iniciamos as clases sen profesorado abondo para asumir a docencia do centro, o noso profesorado vese afectado por unha grande inestabilidade nas ma-terias a impartir ao verse obrigado, a pesares de ter o seu POD, a asumires materias doutros campos de coñecemento diferentes ao seu por falta de reposición ou atrasos incomprensibles na convocatoria de prazas. O PAS do centro afectado tamén pola falta de reposición e a insuficiencia de recursos (un claro exemplo é a inexistencia de apoio administrativo do Máster Universitario de profesorado de Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas ou a falta de substitución de postos de secretaría dalgún departamento) experimenta unha sobredimensión nas tarefas e funcións que provoca dificultades e atrasos na xestión e un grande desgaste persoal e profesional. Se a calidade docente se ve minguada como consecuencia da falta de recursos mínimos para asumir a oferta, non me-nos afectada se ve a nosa carreira profesional, as posibilidades de promoción e a calidade e intensidade da nosa investigación que se manifesta na imposibilidade de realizar estancias, de gozar de sabáticos nas mesmas condicións que outros centros, de facer efectivas reducións e recoñecementos por produ-tividade científica e outras actividades académicas de coordinación ou a falta do tempo preciso para a dirección de proxectos competitivos e para a divulgación científica.

permanente e bidireccional entre o decanato e o alumnado, xuntanzas periódicas co equipo deca-nal para a coordinación e planificación de accións académicas, culturais e sociais).

5. Implicar, estimular e favorecer a participación do alumnado nos diferentes servizos e activida-des do centro e nos eventos de interese educativo da nosa comunidade autónoma, tecido asocia-tivo e no mundo das organizacións educativas.

6. Promover a representación estudantil e a implicación do alumnado na vida e órganos do centro dende o seu ingreso no mesmo (Claustro, Xunta de Facultade, Consellos de Departamento...)

7. Promover a mobilidade e internacionalización e recibir e acompañar ao alumnado de intercam-bio.

8. Dar a coñecer os programas existentes na USC de Certificación e desenvolvemento de compe-tencias transversais no Suplemento Europeo ao Título (SET) e estimular a participación do alumna-do neles coa axuda dos diferentes servizos da USC (Biblioteca, Centro de Linguas Modernas (CLM), etc.)

9. Habilitar canles e estratexias de seguimento do alumnado egresado e desenvolver unha estra-texia de apoio á empregabilidade do noso alumnado (relación co mundo do traballo, difusión/valoración dos perfís profesionais do noso alumnado egresado).

Page 10: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

10

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

É evidente que a política de equipo corresponde aos departamentos, pero tamén que dende o decanato pode e debe promoverse unha estratexia conxunta para afrontar esta situación, visibilizar estas proble-máticas e esixir un tratamento digno e responsable en materia de recursos humanos e oferta docente que nos permita traballar cos recursos necesarios e promover profesionalmente tendo unhas condi-cións de traballo axeitadas e equivalentes polo menos ás doutros centros.

Para traballar nesta liña de actuación propoñemos as seguintes accións:

1. Establecer coas direccións dos departamentos un segundo nivel de goberno do centro que per-mita, mediante reunións periódicas, a visibilización das condicións de traballo do profesorado do centro, a planificación de accións coordinadas, a análise das problemáticas existentes e a busca de solucións conxuntas.

2. Solicitar, xunto con outros centros e departamentos afectados, unha solución urxente á promo-ción paralizada do profesorado Axudante Doutor cuns concursos de promoción que foron anula-dos (agora que a taxa de reposición se incrementou ao 50% debemos esixir a aplicación, en 2015, da normativa laboral vixente). De igual xeito de maneira graduada a de todo aquel profesorado Axudante Doutor do centro acreditado que finalice contrato.

3. Anticiparse, unha vez aprobada a PDA, ás necesidades de profesorado existente e colaborar cos departamentos na solicitude das reposicións precisas, instando á celeridade na súa cobertura.

4. Favorecer a formación do PDI novel mediante a promoción de actividades de formación no centro e a colaboración do profesorado ad honorem no desenvolvemento profesional dos e das máis novos/as.

5. Crear un “Grupo de expertos/as para a mellora docente” integrado por profesorado con ampla e recoñecida traxectoria docente, que poida dar apoio ante demandas específicas de PDI novel (posta en marcha dunha innovacións, desenvolvemento de metodoloxías, observación de aulas, uso de recursos específicos...)

6. Solicitar a dotación dun posto de apoio administrativo asociado á xestión do Máster de Profe-sorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas no campus norte.

7. Apoiar a petición dos departamentos de substitución de persoal administrativo vacante ou de baixa.

8. Solicitar (en coordinación con outros centros como Enfermaría, Medicina, Económicas ou Psico-loxía) o desenvolvemento dun módulo específico en xescampus para a xestión do practicum, prác-ticas obrigatorias e TFG e TFM que permita simplificar e automatizar tarefas administrativas como a elaboración de actas de TFG e TFM ou a certificación/nomeamento de titores/as do practicum.

9. Simplificar os procesos de achega dos exemplares de TFG e TFM mediante a súa entrega a través das aulas virtuais de coordinación dos títulos e despois en bloque á secretaría do centro (evitando deste xeito a saturación do correo electrónico).

10. Negociar coa Consellería de Educación a redución de tarefas administrativas duplicadas do Máster de Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesio-nal e Ensinanza de Idiomas como son o nomeamento e a certificación de ter sido titores/as de prácticas.

Page 11: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

11

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

LIÑA DE ACTUACIÓN 5

Política científica e de apoio aos grupos de investigación e ao profesorado novel

A actividade investigadora é inherente ao noso centro e as nosas funcións e ten sido constante a pe-sares das condicións de sobrecarga docente dos departamentos. A renovación xeracional que se está producindo debe ir acompañada dun impulso das carreiras investigadoras das xeracións máis mozas que permite consolidar e se cabe estender a actividades investigadora da facultade. Por outra banda, existe unha longa tradición de divulgación da nosa actividade de I+D+i mediante a publicación de libros e capítulos de libros en editoriais de prestixio ou en código aberto, en revistas especializadas e moi vincu-ladas ao contexto da práctica, en congresos e foros educativos de carácter local, nacional, internacional, etc. Pero, sen embargo, tamén debemos traballar nunha maior visibilidade e impacto do coñecemento científico que producimos conforme a criterios de medición da actividade investigadora que se van im-poñendo tamén nas Ciencias Sociais e que hoxe en día están condicionando de forma moi importante o recoñecemento académico e as condicións de traballo na universidade.

Ambos os dous retos –consolidación da actividade investigadora nas xeracións máis mozas e visibiliza-ción do coñecemento científico segundo os criterios de medición actuais- deben constituír, xunto coa concorrencia a convocatorias de I+D+i competitivas e a obtención de proxectos e redes de excelencia, unha das prioridades dos grupos de investigación do centro para manter o liderado no SUG. Para apoiar desde o centro aos grupos de investigación neste obxectivo e crear sinerxias entre eles que potencien o desenvolvemento de iniciativas conxuntas

Propoñendo as seguintes accións:

1. Crear un “Grupo de expertos/as para o impulso da investigación” integrado por profesorado con ampla e recoñecida traxectoria investigadora, que poida dar apoio ante demandas específicas do PDI novel (coñecemento de convocatorias e criterios de éxito, asesoramento na estratexia de publicación de resultados, asesoramento metodolóxico, etc.)

2. Organizar actividades de formación no centro orientadas ao desenvolvemento de habilidades para a investigación educativa e ao intercambio e re-coñecemento da actividade científica de gru-pos e investigadores/as contando coa colaboración de profesorado e investigadores/as ad hono-rem.

3. Impulsar e apoiar á Asociación de investigadores e investigadoras Herminio Barreiro mediante a visibilización das súas actividades no centro e na universidade, a colaboración na incorporación de novos investigadores/as e a habilitación dun espazo-sede.

4. Apoiar e estimular a organización do Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educa-ción (COGALICE) para garantir a continuidade deste foro.

5. Difundir de forma coordinada a actividade científica e os resultados de investigación, obtidos por investigadores/as e grupos da facultade (premios, proxectos, publicacións, nomeamentos, etc.). Elaboración dunha memoria anual de I+D+i do centro e publicación da mesma na web e di-fusión continuada de actividades e resultados.

6. Promover e visibilizar a nosa presencia en redes científicas e contactos con centros de investi-gación internacionais.

Page 12: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

12

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

LIÑA DE ACTUACIÓN 6

Cohesión, convivencia, integración real do noso centro en base aos recursos e potencialidades complementarias que temos

Somos un centro plural e diverso, e nesa pluralidade reside tamén a complexidade da nosa tarefa e iden-tidade. A nosa facultade procede de dous centros con traxectorias e bagaxes académicas e científicas diferentes. Ademais vémonos obrigadas/os a traballar en dous edificios diferentes. A situación económi-ca da USC non fai previsible unha solución a corto prazo, pero non podemos esperar a que esta circuns-tancia se solucione para traballar por unha integración real entre o campus norte e o campus sur. Entre todas e todos aportamos moitas potencialidades e só se sabemos recoñecelas e promovelas seremos máis fortes e estaremos en condicións de afrontar con éxito os retos que se nos propoñen.

Necesitamos afrontar o traballo diario e as funcións docentes e investigadoras que temos encomenda-das en colaboración, apoiándonos no coñecemento e recoñecemento mutuo, na complementariedade e na busca da calidade, cada quen aportando a súa experiencia e coñecemento experto. É evidente que a mellora das instalacións, especialmente as situadas no campus norte, é unha necesidade ineludible que debe asumirse como unha prioridade de toda a facultade. Pero tamén é evidente que necesitamos esta-blecer sinerxias internas e poñer en marcha accións que permitan coñecernos e desenvolver proxectos conxuntos desde o respecto e a lealdade. Para iso debemos xerar espazos de reflexión e planificación conxunta que vaian máis ala dos trámites e procesos administrativos do día a día e que nos permitan unha maior convivencia e sentido de comunidade. Unha boa parte das medidas propostas nos parágra-fos anteriores nas outras liñas reverten tamén nesta liña de actuación.

Pero ademais propoñemos nesta as seguintes accións:

1. Mellorar progresivamente as infraestructuras do centro, especialmente do edificio do campus norte.

2. Promover escenarios para a planificación e a análise conxunta sosegada das cuestións estratéxi-cas para o centro (relevo, títulos, acción docente, investigación...)

3. Garantir a presenza de todas as áreas de xestión do decanato nos dous campus.

4. Habilitar espazos nos dous campus que permitan ao profesorado dispor de espazos comúns e confortables en ambas as dúas sedes para o desenvolvemento das súas funcións e a interacción con outros (docencia, titoría, investigación, extensión cultural...)

5. Habilitar e facer visibles, nos dous campus, espazos para o desenvolvemento das funcións de dinamización e representación estudantil do alumnado.

6. Visibilizar na web todos os servizos, unidades, grupos de investigación, representantes e asocia-cións estudantís.

7. Actualizar e reorganizar as comisións delegadas da Xunta de Facultade.

8. Promover iniciativas docentes, investigadoras e culturais híbridas.

9. Establecer protocolos comúns en todos os títulos da facultade.

10. Promover, na medida do posible, convenio con tarifas reducidas no aparcadoiro de Xoán XXIII

Page 13: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

13

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

LIÑA DE ACTUACIÓN 7

Divulgación, extensión cultural e normalización lingüística

A Universidade de Santiago de Compostela, a través dos seus centros e servizos, situase como a ins-titución cultural de maior relevancia de Galicia. Ofrecemos á sociedade non só docencia e investiga-ción senón que somos depositarios dun valioso patrimonio cultural e artístico. Como educadores/as ademais temos unha responsabilidade na promoción, o desenvolvemento de valores de respecto e o recoñecemento da cultura en todas as súas formas e manifestacións. O paso pola universidade do noso alumnado debe configurar unha experiencia enriquecedora e equilibrada de desenvolvemento persoal e profesional e, no noso centro especialmente, debe supoñer para todos/as (profesorado, alumnado e PAS) unha forma de contacto, desfrute (educación para o ocio) e apertura á cultura e a arte en todas as súas formas, tendencias e manifestacións, desde as máis tradicionais as máis emerxentes. Por iso, en-tendemos esta liña de actuación como unha liña transversal que debe percorrer e manifestarse en todos os ámbitos do centro. Afortunadamente, ademais do conxunto de servizos e actividades promovidas polos servizos centrais da universidade, contamos para isto no centro con especialistas de recoñecido prestixio no mundo das artes plásticas, a música, a danza, a literatura, o patrimonio cultural galego, a xeografía e o territorio e a divulgación científica.

Unha especial atención merece a nosa lingua e cultura propia. Temos a responsabilidade de preservalas e máis se cabe aínda nun momento de rápido retroceso que se manifesta xa nas prácticas lingüísticas e preconcepcións coas que chega o noso alumnado ás aulas. O noso centro é un dos centros de referencia da USC neste ámbito e debemos continuar nesa dirección. A promoción do uso da nosa lingua nas aulas, a elaboración e difusión das nosas producións e materiais en galego, a divulgación e coidado do noso patrimonio, a proxección da facultade na cidade e nas pequenas vilas próximas e a vinculación constante coas institucións socio-culturais da nosa contorna deben ser un trazo que nos siga caracterizando.

Para isto propoñemos as seguintes accións:

para o profesorado do centro.

1. Promover e manter relacións fluídas e actividades coordinadas coas institucións e asociacións culturais da contorna.

2. Dinamizar a comisión cultural e implicar ao alumnado na organización e desenvolvemento de iniciativas en función dos seus propios intereses e demandas.

3. Informar e impulsar a participación dos membros da facultade (alumnado, profesorado e PAS) nas actividades de divulgación e extensión cultural do centro e da USC.

4. Colaborar coa Aula de Teatro da USC e promover e difundir a actividade do grupo de teatro da facultade (ciclo/certame de teatro).

5. Impulsar o desenvolvemento/participación dos membros da facultade (alumnado, profesora-do e PAS) en actividades saudables que nos permitan xerar espazos de convivencia na facultade (educación para a voz, rutas organizadas polo servizo de deportes ou a Fundación USC deportiva).

6. Promover foros de intercambio de profesorado e alumnado que participe nos programas de mobilidade ou realice estancias no estranxeiro de forma que permita coñecer outras realidades desde o punto de vista cultural e educativo e promover a mobilidade e internacionalización no

Page 14: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

14

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

noso centro.

7. Organizar charlas/conferencias/mesas redondas sobre temas de actualidade que permitan xe-rar debate e opinión no centro.

8. Organizar ciclos de cine, literatura e música como ferramentas educativas.

9. Promover intervencións artísticas na facultade coordinadas polo profesorado do Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal.

10. Colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC no desenvolvemento de campa-ñas de promoción uso do galego nas aulas, así como en todas aquelas iniciativas en materia de normalización lingüística posta en marcha na USC.

11 Convocatoria e difusión dos premios á calidade e á excelencia lingüística no centro.

12. Promoción e organización de experiencias de dinamización lingüística entre os membros da facultade e coa contorna.

13. Organización de conferencias e mesas redondas sobre a situación da lingua galega no sistema educativo e na sociedade.

14. Difusión e promoción da elaboración de recursos educativos en galego.

Page 15: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

15

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNDA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018

Candidatura da Profa. Dra. Carmen Fernández Morante

EQUIPO E ESTRUTURA DE GOBERNO (PERSOAS E FUNCIÓNS)

Todo isto require persoas comprometidas (equipo e comunidade) e un liderado forte.

DECANA

Profa. Dna. Carmen Fernández Morante

SECRETARIA Profa. Dna. Cristina Abeal Pereira

VICEDECANA DE TITULACIÓNS,PRACTICUM E RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Profa. Dna. Maria José Méndez Lois

VICEDECANA DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICA, ECONOMÍA E INFRAESTRUTURAS

Profa. Dna. Josefa del Carmen Fernándezde la Iglesia

VICEDECANO DE ESTUDANTES,MOBILIDADE E CULTURA

Prof. D. Martín Leranoz Iglesias

VICEDECANATO DE COORDINACIÓN DO MÁSTER DE PROFESORA-DO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO,

FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINANZA DE IDIOMAS (*)

(*) Atendendo á petición do Prof. Bieito Silva Valdivia que leva desenvolvendo esta función du-

rante un largo período de tempo e tendo en conta que o máster está inmerso nestes momentos

nun proceso de seguimento e de renovación de acreditación, a fináis do mes de outubro que

remata o proceso de seguimento do título, produciríase o relevo neste posto. Nese momento este

vicedecanato sería asumido por un profesor/a con dedicación exclusiva das áreas de Didácticas

Específicas da Facultade (campus norte).

Page 16: PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE … › export9 › sites › webinstitucional › ...A evidencia de que o noso proxecto de unificación no mesmo edificio, na actual situación

Candidatura da Profa. dra. Carmen fernández morante

PROGRAMA PARA O DECANATO DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN

DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O PERIODO 2014-2018