Derrubar a cultura, negar a nación - sermosgaliza.gal · Prezo 3,50€ Número 16. Ano 0 Sexta...

32
Prezo 3,50€ Número 16. Ano 0 Sexta feira, 21 de setembro de 2012 Peores salarios e máis beneficio empresarial. PÁX. 11 Mercar, tirar e queimar. O sistema de tratamento de residuos na Galiza. PÁX. 14-15 Entrevista a Carlos Callón (PÁX. 6) e Camilo Nogueira (PÁX. 22-23). 25 anos de Titiricircus. PÁX. 31 O papel utilizado para a impresión deste semanario conta co selo FSC e foi fabricado a partir de fragas e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo un tratamento dos recursos sostíbel para o medio ambiente e beneficioso para as persoas. Sermos Galiza asegura, asemade, a reutilización do papel excendente e convida, tras a lectura, á reciclaxe das páxinas ou exemplares que non se arquiven. Derrubar a cultura, negar a nación

Transcript of Derrubar a cultura, negar a nación - sermosgaliza.gal · Prezo 3,50€ Número 16. Ano 0 Sexta...

Prezo 3,50€Número 16. Ano 0

Sexta feira, 21 de setembro de 2012

Peo

res salario

s e m

áis ben

efic

io e

mp

resarial. p

Áx

. 11

Merc

ar, tirar e q

ueim

ar. O siste

ma d

e tratam

en

to d

e re

sidu

os n

a Galiza. p

Áx

. 14-15

En

trevista a C

arlos C

allón

(pÁ

x. 6

) e C

amilo

No

gu

eira (p

Áx

. 22

-23

).

25

ano

s de T

itiricirc

us. p

Áx

. 31

O papel utilizado para a impresión deste semanario conta co selo FSC e foi fabricado a partir de fragas e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo un

tratamento dos recursos sostíbel para o medio ambiente e beneficioso para as persoas. Sermos Galiza asegura, asemade, a reutilización do papel excendente e convida, tras a lectura, á

reciclaxe das páxinas ou exemplares que non se arquiven.

Derrubar a cultura,negar a nación

2 eDitorial

EDITORIAL

Desfacer un país-criar un país

A historia, como tal, desco-bre o proceso, no tempo, de cada colectivo humano e do seu arraigo territorial. Ponos perante os ollos as

formas económico-sociais e políticas, mais sempre queda un baleiro escuro: a cultura, “ese marco de referencia da actividade humana”.

Se falamos de “cultura”, estamos a nos referir á cultura no sentido antro-polóxico; “pensamos, e, ao pensar, facé-monos: todas as actividades se realizan mediante códigos, grazas aos que nos recoñecemos, e constitúen o campo cultural que define o espazo do posí-bel” (A. Pons - J.Serna).

Pois ben, somos galegas e galegos, un país de cultura propia, criada ao lon-go de séculos; cultura moi europea. Xa o Codex Calixtinus nos advertía deste europeísmo galego. Tanto co “camiño xacobeo” como con variadas achegas mediterráneas e atlánticas, Galiza co-mezou a se configurar até constituír un pobo capaz de formular o seu itinerario; capaz de ser e sentirse nación.

Os obstáculos deste proceso foron

É tempo de escudriñar nas esenciasA monarquía española, sabedora da falta de apoio popular, amárrase ás posicións do PP e do PSOE no tocan-te á defensa do estado centralista e unitario, a súa única garantía de su-pervivencia, e ameaza cun rotundo “non son bos tempos para escudriñar nas esencias”.

Faino na semana seguinte á manifes-tación independentista de Barcelona, a poucos días do comezo da campaña electoral en Euskadi e na Galiza, e en-lazando, dándolle polo tanto validez real, co que foi a política levada a cabo por Núñez Feijóo no tocante ao que o monarca chama “esencias”.

Como se de un delegado rexio se tratar, en vez de ser o presidente da Galiza e defender os seus dereitos, a grande preocupación de Feijóo du-rante o mandato que agora precipi-tadamente finaliza, foi eliminar de raíz todo vestixio da nosa singularidade como pobo, acabar con todo o que teña a ver con nós.

Nos derradeiros días a política virou en fábula presidencial. Unha das que máis gusta é a das cigarras e as for-migas, onde o sr Feijóo se atribúe o papel de formiga. Mais existen outros

Francisco CarballoHistoriador Análise

contos, outras fábulas. Por exemplo o que comeza: había unha vez un país e nese país había eleccións. Tamén había campaña electoral e candida-tos e candidatas. Nunha ocasión, es-tando un candidato abrindo o fardel das promesas durante un mitin, en plena euforia discursiva, anunciou a construción dunha ponte para unir as dúas marxes do caudaloso río que atravesaba a cidade. E o público asis-tente, afervoado, aplaudía e prometía un apoio sen equivalente no proceso electoral que se aveciñaba. Advertido o candidato polos seus asesores de que a cidade non tiña río e que a au-ga era transvasada doutras paraxes e era máis ben escasa, respondeu cun rotundo:-Non importa, traeremos tamén o río.

Iso foi, exactamente, o que fixo o Sr. Feijoo na campaña electoral de 2009 e nos días previos en que, alá lonxe, nun-ha terra sen ríos que cruzar, se xestou a idea da carencia de liberdade lingüís-tica neste canto noroeste; prometeu construír unha ponte e os cidadáns terían liberdade de a cruzar ou non, e máis faría, construiría varias pontes e poderían elixir por cal delas cruzar

fecharon webs que ofertaban cine-ma en galego.

Mais resulta que Galiza ten ríos, non hai que os prometer, e os ríos teñen pontes e os galegos e galegas cruza-mos pontes e pontellas cando que-remos e cando non cruzamos o río a pé, ou choutando dunha a outra beira, que son ríos agarimosos que mollan mais non afogan. Por iso resultou tan difícil de comprender a súa teimosía en derrubar todo o que ten a ver cos nosos sinais de identidade, o empeño seu e do seu goberno por gobernar sen escoitar; por levar a sociedade ao borde da quebra, da fractura, apan-dando cuns custos que non provocou nin a beneficia; e a monarquía apoia esa folla de ruta porque se nutre de-sa fractura social.

Fronte a isto só nos resta construír-mos todas as pontes necesarias para cruzarmos ese río de autoodio que erosiona desde hai tanto a nosa pel, o río dos que nos queren deixar sen no-me, sen soños, sen futuro e dicir alto e claro que, malia todo, aínda segui-mos aquí con ánimo e disposición para escudriñar as nosas esencias. Aínda que amole o rei.

espazos académicos da nosa lingua, decretou o ataque máis cruel contra a cultura dun país. Foi un acto lixeiro dos gobernantes? Tal acción sería propia de “imbéciles”. Foi un acto consciente de esfarelamento da cultura de Gali-za? Esta acción converteríaos en xe-nocidas.

A situación das nacións -Galiza, Ca-talunya e Euskal Herria- do Estado es-pañol plurinacional ten necesidade dun tratamento de cooperación por parte do estado. Teñen dereito a ser o que son: culturas propias, non subordinadas. Cos mesmos apoios que a cultura cas-telá, central do estado. Un tratamento humano, igualitario, de respecto mu-tuo e colaboración, así todas as persoas estariamos contentas e con alento pa-ra avanzarmos en formas culturais e en estruturas políticas de cada tempo.

As eleccións son un tempo para pen-sar. Unha persoa demócrata ten que analizar o grave mal ao que estamos sometidas neste tipo de goberno que desfai Galiza. Facer pobo, sermos ga-legas e galegos libres e responsábeis é votar con intelixencia.

21 de setembro de 2012

fortes. No século XVI a monarquía so-berana intentou uniformar as culturas dos reinos hispanos nun modelo cor-tesán-castelán. Este intento do poder monárquico e da oligarquía dominante intensificouse nos séculos seguintes. Chegou á crista no franquismo. E está a se repetir o mesmo intento co go-berno de N. Feijóo.

A operación de esfarelamento deste país, desde a súa realidade máis propia, é un encargo da oligarquía a Feijóo. Con el colaboran FAES e GB, entre outras institucións. Acadou unha forma vipe-rina coas disposicións escolares sobre as linguas. Cando recomezaba a arti-culación cultural de Galiza, nos anos 2006-2009, adveu o furacán feijonián artellado desde Madrid, para desfacer ese recomezo.

A historia cultural de Galiza marca, con ferro ardente, os momentos de im-pedimentos ao desenvolvemento cul-tural propio deste país. Nos séculos XVI, XVIII, XIX e XX foron constantes. No XXI están enmarcados nos anos deste go-berno actual da Xunta de Galiza. Pode que sexa o momento máis cruel. Advén

o río do conflito resultante do que se deu en chamar “imposición” do galego e perda de espazos do español.

Cando desde todos os sectores so-ciais se demostrou, e se lle advertiu, que o galego continuaba perdendo es-pazos, que a creación cultural necesi-taba axudas, que o sistema educativo estaba aínda moi lonxe de garantir a plena igualdade de usos e de compe-tencias, que non existía tal imposición nin tal conflito, que, nunha palabra, as nosas “esencias” estaban a morrer por falta de uso e de visualización públi-ca, que non había conflito, parece ser que respondeu cun rotundo:- Non importa, criaremos o conflito.

E contratou os mellores especialis-tas, en fábricas, gabinetes e universi-dades. Especialistas en crear confli-tos, non en resolvelos. Foi así como se iniciou o proceso de substitución dos textos legais vixentes que conta-ran con todos os avais políticos, so-ciais e mesmo xurídicos para a súa elaboración e posta en marcha, ale-gando un foco de conflitos no ensi-no, un foco que cumpría erradicar; foi así que se suprimiron as axudas a novos creadores e creadoras ou se

nunha circunstancia difícil de seu.Tal circunstancia é a forma de globa-

lización que aguantamos. Entrementres os pobos de nación con estado poden autorreaccionar desde si propios para se adecuaren ás ofertas globais e, así, xerar un período novo cultural; os das nación sen estado precisan apoios de-se estado en que se integran. A situa-ción de Galiza é excepcional: o estado, a través do goberno da Xunta, trata de impedir tal conxuntura de adaptación. A operación de españolización “unifor-mista” que intenta Feijóo é un atraco á cultura galega.

Cando este goberno da Xunta orde-nou privar a lingua galega de ser ve-hículo da ciencia, cando diminuíu os

A operación de esfarelamento deste país, desde a súa realidade máis propia, é un encargo da oligarquía a Feijóo

tema De portaDa 321 de setembro de 2012

a lexislatura do desmantelamentoNin as industrias creativas, nin a memoria histórica, nin sequera o ensino. O goberno de Feijóo rachou os consensos en política lingüística e seguiu unha estratexia sistemática de desvalorización da cultura. Neste período para esquecer, a actitude de despezamento do executivo asfixiou as industrias creativas e o único que impulsou foi o esmorecemento da cultura propia.

“Brigadas de demolición”. “Desmante-lamento”. “Atraso brutal”. “Lingüicida”. Con estas palabras, varias persoas re-presentantes do sector cultural gale-go, foron definindo a política da Xunta nunha lexislatura que, alén das fondas tesoiradas, será lembrada como un pe-ríodo convulso e un intervalo de rup-tura coa xestión institucional no eido cultural e da nosa identidade. “A lexis-latura foi un atraso total no desenvolve-mento da cultura”, admite Manuel Bra-gado, presidente da Asociación Galega de Editores, para resumir o sentimento xeneralizado nun sector que, segun-do o Observatorio da cultura galega, significa o 2,2% do PIB galego. Pese a esa cifra económica e á súa relevancia capital para o país, o sector cultural viu como a política do executivo de Feijóo

Imaxes: SGAlberto Ramos

Concentración na Cidade da Cultura contra os recortes en materia de política cultural do goberno do PP.

>>

se enfrontou directamente aos seus in-tereses, até poñer en risco a súa propia supervivencia.

“O PP non cre na cultura, tenlle aver-sión”, explica Luis Bará, antigo direc-tor xeral de Creación e Difusión Cultu-ral no goberno anterior, quen asegura que o que se fixo nestes anos foi “des-montar, desprotexer e infravalorar. Foi, sinxelamente, o mandato do desman-telamento”, sentencia.

Ese “desmantelamento” manifestouse, ao longo dos últimos tres anos, a través dunha estratexia sistemática de dimi-nución. “Levouse a cabo unha secun-darización da cultura galega ao longo da lexislatura”, reflexiona Bragado, quen considera que as liñas mestras de tal es-tratexia viñeron dadas polo “retroceso sen precedentes na política lingüística” e pola “ruptura do consenso idiomáti-co”. Ese foi o comezo, o inicio dunha lexislatura en que se buscou o esmo-recer da cultura e da identidade baixo

pretextos como a liberdade idiomática ou a austeridade das tesoiradas.

O proceso de desmantelamento afec-tou a política lingüística, o ensino, as in-dustrias culturais propias e todo o ámbi-to social que lles cheirase aos dirixentes populares máis ou menos a identidade nacional. Ese rumbo político significou botar por terra ambiciosas estratexias creadas durante o bipartito ou mesmo cuestionar consensos estabelecidos no inicio da autonomía.

alerxia á palabra nacional

Desde o comezo da lexislatura o gober-no de Feijóo minimizou a identidade galega e fuxiu todo o que puido dunha palabra: nacional. A primeira vítima de-sa alerxia foron as seleccións galegas. A Xunta do PP retiroulles o seu apoio ás equipas nacionais. Os partidos da se-lección de fútbol foron cualificados co-mo “circos” e asegurábase que carecían de“interese deportivo”. En 2009, bo-

O proceso de desmantelamento afectou a política lingüística, o ensino, as industrias culturais propias e todo o ámbito social que lles cheirase aos dirixentes populares a identidade nacional

4 tema De portaDa

simplemente, por inanición. Un caso claro desa inanición pódese

ver no mundo editorial. Os diferentes selos viron como se pasaba da aproba-ción no Parlamento por unanimidade da lei do libro no ano 2006 a unha pa-rálise lexislativa do goberno popular. “A edición botou en falta sempre unha estratexia para o libro e unha aplicación real desa lei. Ademais, quedou pen-dente un modelo de presenza da lite-ratura galega no exterior. Tampouco se desenvolveu o plan de lectura e nunca chegou a funcionar de forma efectiva o Consello asesor do libro”, lembra Bra-gado. Outra lei anunciada no bipartito e que quedou adiada constantemente foi a lei de bibliotecas. “A lei estaba re-matada e acordada co Consello, mais o PP deixouna de lado e atrasouse anos”, explica Bará. A citada norma acabou por se aprobar nos últimos estertores da lexislatura, en xuño.

Por suposto, @s editor@s tamén su-friron os recortes desde o primeiro mo-mento, cando Roberto Varela mesmo chegou a suspender as axudas á tra-dución, para despois recuar e presen-talas cunha contía que non deixaría de baixar até hoxe en día. A tesoirada máis forte, “os recortes feroces” en palabras de Bragado, chegou cando a conse-llaría de Educación suspendeu en se-tembro de 2011 as axudas aos libros de texto en galego. Unhas axudas que se reducía co Partido Popular no go-berno en máis dun 60%, ao pasar de

rrábase así do calendario deportivo o partido amigábel da selección.

A alerxia repetiuse cos Premios nacio-nais de cultura, instauradas no goberno anterior e eliminados pola consellaría dirixida naquel momento por Roberto Varela. Os galardóns foron substituí-dos por uns Premios da Cultura, sen o nacional e sen dotación económica. A distinción reducíase a un diploma e unha figura. A polémica estaba servida e foi en aumento no momento en que o xurado elixiu a Agustín Fernández Paz no eido literario. O escritor, seguindo o manifesto promovido por Prolingua, rexeitouno “por dignidade”. “O PP non considera a cultura galega equiparable a outras culturas, por iso reducían os premios, os minimizaron e reduciron o seu prestixio. Ese é o complexo que te-ñen, o complexo do cal falaba Varela. É a concepción da cultura da dereita que hai neste país”, lembra Luís Bará.

Outra peza chave da construción na-cional que non sobreviviu ao cambio de goberno foi a memoria histórica. O goberno do PP desbotou de inmediato todas as iniciativas que se impulsaron a través da Consellería de Cultura e De-porte nacionalista ao redor da investi-gación da represión franquista, co gallo do Ano da memoria de 2006. “Era un aspecto ideolóxico que lles molesta-ba moito, foi o primeiro en caer”, sinala Luís Bará. Dese xeito, a función simbó-lica da Illa de San Simón desvirtuouse por completo, pecharon o convenio coas universidades para o proxecto As vítimas, os nomes e as voces e elimi-naron os proxectos de axudas para as exhumacións. O Consello da memo-ria -onde se atopaban Pousa Antelo, Díaz Pardo ou Mariví Villaverde- disol-veuse. Coa chegada do PP esqueceuse de todas esas iniciativas, como se todo aquilo nunca pasase.

a “asfixia” das industrias culturais

Os diferentes sectores culturais viviron dúas etapas diferentes na lexislatura do “desmantelamento”. A primeira fase veu marcada pola consellaría de Cultura e turismo, baixo a dirección de Roberto Varela, que entrou con mal pé no car-go e arrastrou ao longo da súa estadía en Galiza coas desafortunadas decla-racións: “a cultura galega limita”, a cul-tura galega está “acomplexada” e “en-simesmada”. A segunda iniciouse cun novo desmantelamento. Desaparecía a consellaría de Cultura. “Ese xa foi o golpe de graza, desvalorizouse o depar-tamento e, ademais, púñase á fronte a Anxo Lorenzo, como un premio polos seus servizos en Política lingüística”, ex-plica Bará. En ambas as dúas fases pre-dominou a estratexia de “minimizar” o feito cultural propio, as grandes tesoi-radas nas axudas e a hipoteca que sig-nifica a Cidade da cultura, inaugurada en xaneiro de 2011 e cuxa Fundación leva un gran volume dos fondos reser-vados á cultura. Por suposto, en todos os sectores da cultura botáronse por terra iniciativas do goberno bipartito, quer cun peche sonoro e directo, quer

mais só a medias, xa que as competen-cias estiveron divididas. Dunha banda, o organismo de Quintanilla encargouse da promoción exterior e as axudas ao sector recaeron na Agadic de Juan Car-los Fasero. Rompíase así unha promesa electoral do PP, quen aseguraba que ha-bería un organismo único para as políti-cas audiovisuais. Iso non aconteceu até que Jesús Vázquez, xa como conselleiro de Cultura, decidiu liquidar o Consorcio e deixar todo en mans de Fasero.

As tesoiradas tamén afectan o sector audiovisual e os profesionais ven con particular preocupación a situación das axudas ao talento, unha iniciativa que se puxo en marcha cun grande esforzo na Axencia de Manolo González e que tiveron como resultado películas como Todos vós sodes capitáns, 18 comidas ou Arraianos. Esas axudas están sumi-das agora mesmo na famosa “incer-teza” e a súa supresión significaría un novo golpe para o sector. “Non con-vocar estas axudas é poñerlles a male-ta na porta aos profesionais deste país”, sentencia Mourelos. A preocupación é máxima no sector e por iso un total de 41 beneficiari@s desas subvencións lan-zaron un manifesto para exixir a súa re-cuperación inmediata.

A ausencia de estratexia tamén é unha crítica recorrente para os diferentes co-lectivos das artes escénicas, que acusan a “improvisación” de Fasero nun eido que está a sufrir con virulencia as tes-oiradas e a crise, tal e como demostra

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: feira das industrias culturais galegas (Culturgal), fotograma da película Todos vós sodes capitáns, selección galega de fútbol, e representación do Centro Dramático.

21 de setembro de 2012

No comezo da lexislatura a consellaría de Cultura desentendíase do Culturgal. A feira das industrias culturais galegas quedaba orfa de apoios institucionais coa chega do PP

1.050.000 euros en 2009 a 400.000 euros en 2011.

falta de estratexias

A falta de estratexia é unha crítica cons-tante en todos os sectores. Para o sec-tor do audiovisual esta lexislatura estivo marcada pola “incerteza pura e dura”, aos ollos de Antonio Mourelos, presi-dente da Academia do audiovisual. “Non houbo estratexia, non sabemos que vai pasar con nada. Nin sequera coa TVG”, sentencia Mourelos. “Durante o bipartito había un barco con rumbo. Todos co-incidían en que había unha dirección”, engade Manolo González, director da Axencia galega do audiovisual, entidade que o goberno popular eliminou para a substituír polo Consorcio do audiovi-sual, como fiestra única para o sector. Cun ano de atraso, o Consorcio púxose a andar con Anxo Quintanilla á fronte,

tema De portaDa 521 de setembro de 2012

A ruptura total manifestouse, en primeiro termo e con gran contestación social, rachando o consenso lingüístico mediante a aprobación do chamado decreto do plurilingüismo. A campaña electoral de Feijóo en 2009 apoiouse, en parte, en grupos que en defensa do castelán denunciaron unha suposta imposición do galego que puña en perigo o español. Aqueles aplausos de Alfonso Rueda, número dous do PP galego, xunto a Gloria Lago e a líder de UpyD, Rosa Díaz, nunha manifestación en precampaña electoral, acabaron por se traducir no decreto do plurilingüismo no primeiro ano do goberno de Feijóo, con Anxo Lorenzo como secretario xeral dunha Política lingüística que cambiaba de rumbo e rachaba por completo coas premisas da normalización lingüística e a presenza do galego no ensino. O proceso dese decreto incluíu unha forte resposta social e educativa, que supuxo até cinco grandes marchas en Santiago encabezadas pola plataforma Queremos Galego e un recurso xudicial presentado pola Real Academia Galega. As bases do

RAchAR cOA nORmALIzAcIón decreto viron a luz en pleno Nadal, sustentándose, entre outros elementos, nunha enquisa entre as nais e pais do alumnado que custou máis de 100.000 euros. Segundo o goberno, procurábase o “equilibrio” entre o galego, o castelán e o inglés, aínda que a lingua propia quedaba vetada, por exemplo, nas materias de ciencias. Outras circunstancias arredaban o galego das aulas: o criterio das familias en infantil permitiría que o alumnado non escoitase nin chío na lingua do país até os seis anos.Paralelamente, no ensino decidiuse desartellar por completo o concepto da Galescola que, segundo o PP, resultaba “doutrinario”. A medida da consellaría de Educación, encabezada por Jesús Vázquez, consistiu en reformular as escolas infantís e rebautizalas cunha estrutura e un nome máis “neutros”. Nacía a Galiña azul e rematábase así coa suposta “politización” duns centros en que se impartía maioritariamente en galego, o cal supuña un adoutrinamento pernicioso, a ollos dos populares. Só o cambio de rótulos custou perto de 40.000 euros.

o peche da compañía Lagarta Lagarta. “Nós queremos un plan. Reunión tras reunión con Fasero pedimos que haxa un plan, mais non hai xeito”, explica Sal-vador del Río, presidente de Escena Ga-lega, quen asegura que “hai un problema de actitude” e que constantemente se está a “dificultar a relación coa adminis-tración”. O sector bota en falta un plan como o que desenvolveu o bipartito no final da súa lexislatura, en que se mar-caban 17 liñas de traballo e un investi-mento de 66 millóns de euros entre o ano 2009 e 2012. No entanto, ese plan foi desbotado por Roberto Varela e a súa consellaría xamais desenvolveu un proxecto propio.

Un dos grandes problemas que en-fronta o sector escénico refírese aos su-cesivos atrasos nos pagamentos, tantos das subvencións á produción como das funcións pendentes. “Os atrasos asfixian as compañías, que deben adiantar o fi-nanciamento e facer fronte aos impos-tos dunhas actividades que se pagan con moito atraso”, sinala Del Río.

Por se estas circunstancias non fosen suficientes, o sector afronta este ano dous novos golpes. O primeiro deles é a suspensión da Feira das artes escéni-cas. Neste ano 2012 e despois de case dúas décadas,o sector perde esta cita que o ano pasado xa foi desvalorizada e reducida a unha simple mostra. Agora resulta xa “impensable” e está “liquida-da”, asegura del Río. O segundo golpe foi a eliminación do programa de Ca-

miños de Cultura, unha iniciativa que permitía que os concellos de menor tamaño puidesen acceder a diferentes actos culturais. A Xunta cancelouno sen aviso previo ao sector. O teatro, a dan-za, o circo e a música, perderon deste xeito un gran número de actuacións e os concellos deixaron de ter acceso a unha chea de actividades.

No caso da danza, o cambio de go-berno significou un freo absoluto do seu lanzamento. Durante o bipartito creouse un Centro coreográfico que (ao igual que o Centro dramático) es-tivo máis dun ano sen dirección coa chegada de Feijóo, até que no verán de 2010 se escolleu a Mercedes Súa-rez como nova directora. “O pulo que significou o Coreográfico para a pro-fesionalización desapareceu por com-pleto. E a xestión da nova directora do centro non foi positiva. Baixouse o or-zamento, perdemos os obradoiros de formación, as residencias e as co-pro-ducións, que daban aire ás compañías. Ademais, a visión da danza de Suárez non se corresponde coa realidade da danza do país, que é eminentemente contemporánea. Ela dálle as costas a ese tipo de danza”, explica Nuria Sote-lo, presidenta de Danesga.

O drama da danza non remata aí, xa que nesta disciplina viviuse un despro-pósito absoluto ao redor da construción dunha sede para o CCG, un proxecto iniciado co bipartito e que contaba cun-ha axuda do ministerio de Cultura de

1,4 millóns de euros. Con todo, nunca chegou a se construír, xa que a Aga-dic de Fasero e o concello da Coruña se enfrontaron nunha polémica polos terreos onde se construiría. O gober-no local cedíalles unha parcela no Par-que Ofimático, mais a Agadic aseguraba que o terreo non contaba con garantías legais. O resultado foi que o prazo da subvención venceu e a Xunta tivo que lle devolver a Madrid os cartos da axu-da, máis intereses por un valor superior aos 60.000 euros.

Quizais un dos feitos máis elocuentes dese problema de “actitude”, que de-nuncian as industrias culturais, apareceu xa no comezo da lexislatura, como un presaxio do proceso de “desmantela-mento” que estaba por chegar. A con-sellaría de Cultura desentendíase do Culturgal na súa terceira edición. A fei-ra das industrias culturais galegas que-daba orfa de apoios institucionais coa chega do PP. Tivo que ser a concellaría de Cultura da Coruña a que ocupase o baleiro da Xunta neste eido e organizase un evento semellante, mais de tamaño máis reducido: o Achegarte. Posterior-mente recuperouse o Culturgal grazas ao empeño de diferentes asociacións profesionais que o puxeron a andar no-vamente. No entanto, neses primeiros compases da lexislatura, as industrias culturais comezaron a ser conscientes de que tocaban anos de resistencia, de tesoiradas e, por suposto, de “desman-telamento”.

Un dos grandes problemas que enfronta o sector escénico refírese aos sucesivos atrasos nos pagamentos, tantos das subvencións á produción como das funcións pendentes.

@s editor@s tamén sufriron os recortes desde o primeiro momento, cando Roberto Varela mesmo chegou a suspender as axudas á tradución

O goberno do PP desbotou de inmediato todas as iniciativas que se impulsaron a través da Consellería de Cultura e Deporte nacionalista ao redor da investigación

da represión franquista, co gallo do Ano da memoria de 2006.

6 política 21 de setembro de 2012

“Nos anos de autonomía non existiu un período de agresión coma este"

Facendo balance destes tres anos de lexislatura, lembras unha época peor para a lingua galega?Lembro, mais en termos históricos non o hai peor desde que existe autonomía. Evidentemente o franquismo foi peor, mais nestes anos de autonomía non existiu un período de agresión como este, dun goberno que se xacta de an-dar a patadas coa lingua galega. É un goberno que tamén herda determina-das situacións do período de Manuel Fraga Iribarne, aínda que cando menos, este puña unha carauta galeguista que neste caso nin se esforzaron en colo-car salvo en contadas ocasións, agora ao final da lexislatura.

en contraposición, congregáronse 100.000 persoas na praza do obra-doiro...Cada vez que vou fóra de Galiza a ter en-contros con outras entidades que traba-llan en defensa das súas linguas minori-zadas, encóntrome cunha reacción de sorpresa por parte da xente cando ob-servan as fotografías coas persoas que participan nesas manifestacións. Eu non coñezo nin en Europa nin no mundo nos últimos anos, unhas mobilizacións en defensa dunha lingua que convocasen tanta xente, como as que vimos desde o ano 2009 até este mesmo maio de 2012. O propio Feijóo non contaba con esta resposta social, foi a primeira sor-presa do Partido Popular. Agora cóm-pre facermos un chamamento a todas as persoas que participaron nesas mo-bilizacións que descansen o 22 de outu-bro, antes non [ri].

a aprobación do decretazo supuxo un dos fitos máis importantes da campaña contra o galego. A aprobación do decretazo demostra que non é unha política do Partido Po-pular galego, senón que vén marcado desde Madrid, realmente, porque senón non se podería comprender. Recorde-mos que o decretazo se aprobou tendo en contra todas as organizacións estu-dantís de Galiza, os movementos de re-novación pedagóxica, todos os sindi-catos e as organizacións de nais e pais excepto unha, vinculada ao Partido Po-

pular. É unha resposta unánime das en-tidades que representan a comunidade educativa. O PP o impuxo de forma uni-lateral e ese procedemento non agoi-raba nada bo. O que atopamos é unha situación calamitosa, onde na estima-ción máis optimista para a lingua gale-ga, menos dunha de cada cinco horas se imparten en galego no ensino non universitario.

xogou un papel importante a desobe-diencia do profesorado para mitigar os efectos do decretazo?Xustamente, porque a norma tivo varias liñas de retroceso especialmente graves. Dunha banda, a prohibición de que se poidan impartir en galego as materias cientifico-técnicas. É unha situación que non se produce en ningún outro lugar do Estado español e até onde eu coñezo, de Europa. Nin o PP noutras comunidades se atreveu a facer algo semellante. Do-utra banda, non se pode impartir máis do 50% do ensino en galego. Máis non, menos... non hai problema [ri]. Despois, outra liña é varrer o galego da educa-ción infantil, só o 10% dos centros de

dadanía argüíndo que non podía reali-zar o trámite. Coa entrada de Valentín García semellaba que cando menos esa corrección institucional mínima se co-rrixía, porén durou semanas. É impor-tante salientar que o presidente da Xunta se negou a dialogar, a pesar de que llo solicitamos en diversas ocasións desde a Mesa e Queremos Galego.

instrumentalizaron os organismos cuxas obrigas son contribuír ao pro-ceso de normalización lingüística?Non cumpriron coas funcións institucio-nais polas que existen. Ao longo destes tres anos e medio escoitámoslle a moita xente preocupada pola dificultade para poder vivir en galego, que se o departa-mento de Política Lingüística, tal e como o levou Feijóo, desaparecese, mesmo o podíamos notar para ben. Non é fácil explicar, por exemplo, que o responsá-bel dese departamento dedique parte da súa axenda a clausurar unha exposi-ción en español sobre vodas, bautizos e comuñóns da familia real española du-rante o franquismo.

por vez primeira no pleno do parlamen-to galego un deputado do pp empre-gaba o español na súa intervención e mesmo Feijóo traduciu o alba de Gloria de castelao no plenario. traspasaron todas as liñas vermellas?Si, absolutamente e demostra máis alá dunha grave incultura que non se atre-verían a facer con autores en lingua es-pañola; ganas de provocar, como o ca-so do presidente citando a Castelao en español. Demostran este tipo de exem-plos unha idea fundamental, que este goberno separa, nun momento no cal é máis necesaria que nunca a unidade da sociedade galega para asumir os re-tos que temos por diante. Cómpre, por tanto, recuperar o 21 de outubro ele-mentos que nos unen, como son a lin-gua e a cultura de noso.

mesmo se retirou un libro por dicir que “o galego é a lingua propia de Ga-liza”...O caso dese libro demostra realmente o que reivindicamos desde a Mesa ou desde Queremos Galego onde defen-demos principios tan básicos como que a lingua propia de Galiza é galego. Mais é algo que lles arde até o punto de cen-surar un libro de texto por dicilo.

carlos callón. presidente da mesa

Carlos Callón, presidente da Mesa pola norMalizaCión lingüístiCa e voCeiro da plataforMa Cidadá QuereMos galego, valorou Con serMos galiza estes tres anos e Medio de lexislatura en Materia lingüístiCa, para el, o período de Maiores agresións á lingua galega desde a Chegada da autonoMía.

Imaxe: Riobó PradaOlalla Rodil

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

infantil declaran que ofrecen ensino en lingua galega.

a mesa e Queremos Galego levaron ao parlamento unha ilp a prol dos derei-tos lingüísticos, mais foi vetada polo partido popular. Hai quen pode pensar que son hiper-bólico, mais o goberno de Núñez Fei-jóo nestes momentos ten tics que son realmente totalitarios. O PP goberna con lexitimidade dentro do que son as re-gras de xogo, malia que non conta coa maioría dos votos, ora ben, que o PP te-ña maioría absoluta por un escano, non quere dicir que toda a sociedade galega sexa o PP. Tamén vemos eses tics totali-tarios na falta de corrección institucional, cando se nos impediu ter entrevistas co conselleiro de presidencia do goberno galego, algo que non acontecera nin cos gobernos de Fraga.

como foron estes tres anos para polí-tica lingüística?Na primeira etapa, con Anxo Lorenzo como secretario xeral, negábase a tra-mitar as denuncias presentadas pola ci-

política 7

A irrupción de candidaturas saídas da caverna ultra, como a de Mario Conde, ou a ameaza de sectores que miran cara a UPyD, levan o candidato do PP a xirar á dereita e facer aínda máis fincapé no seu españolismo para non perder solo electoral.

Malia cultivar unha imaxe supostamen-te moderna -sobre todo en Madrid, o que máis parece interesarlle- o can-didato do PP á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é un político de clara escola aznariana, que chegou a Monte Pío subido ao lombo das FAES e dos sectores máis reaccionarios, que celebraron que convertese Galiza nun laboratorio de probas para as políticas neoliberais que agora xa aplica o seu correlixionario Rajoy desde A Moncloa. Así, dado que para a posta en escena ten talento, Feijóo foi quen de ago-char entre determinados sectores a súa ideoloxía real, nunha táctica semellante á do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, do cal tamén se ten falado en términos case de “socialdemócra-ta”, cando a realidade é ben outra, co-mo demostran as cadeas perpetuas e a lexislación regresiva do aborto. Po-rén, Feijóo ten agora moitos proble-mas, e algún deles obrígalle a lembrar que é tan de dereitas como calquera, ou máis. A aparición de novas forzas que poden restarlle votos nese terreo así o dita.

competencia pola dereita

Unha das preocupacións do PP cháma-se Mario Conde. Un antigo banqueiro que pasou polo cárcere acusado de es-tafa, nada menos. Mais como bo popu-lista -no senso negativo do termo- este natural de Ourense vén de presentar candidatura mediante un experimento chamado Sociedad Civil y Democracia, a clásica formación de corte apolítico-centralista que pretende esconder unha ideoloxía achegada á extrema dereita. Nas súas listaxes aparecen persoas li-gadas ao Partido Popular, de forma es-pecialmente rechamante en Ourense, onde se lle sumaron coñecidos baltaris-tas, o que volve facer patente que Mario Conde conta con certo apoio tácito do clan que dirixe a deputación, tanto no persoal como nos medios de comuni-cación, con persoas moi próximas ao xornal La Región sumándose á vaga a prol do ex-banqueiro que encabe-za Intereconomía e o resto da caverna madrileña. En todo caso, no PP temen que Conde lles poida quitar votos, que quizais non lle dean para entrar no Par-lamento -nese caso pactarían con el-, mais si para restarlles escanos, algo que tamén podería ocorrer, sobre todo na circunscrición de Pontevedra, con UPyD, que malia ao seu escaso peso

en Galiza e os constantes insultos da súa líder, Rosa Díez, pode beneficiar-se do rebote do seu im-portante ascenso a nivel estatal.

A maiores, a galego-fobia de Galicia Bilingüe, como en 2009, intenta de novo influír nas urnas, nesta ocasión cun artigo de Gloria Lago publicado en prensa, onde desliza a súa concordancia con Mario Conde ou UPyD, marcando dis-tancias na súa vella alianza co PP, ao que lle empeza a resultar imposíbel que non se lle note a preocupación tamén por esta banda. Todas estas cuestións provocan que Feijóo pise o acelerador

cRónIcA POLÍTIcA

Rodri Suárez

Feijóo remarca o perfil de dereitas

en cuestións españolistas e aínda máis de dereitas.

sobredose de españolismo

Co crecemento do independentismo en Cataluña e Euskal Herria como música de fondo, o líder do PP xa amosou a súa faciana ultra, por exemplo con declara-cións de escola franquista como a que di que “Cataluña e Galiza pertencen a

España desde hai cinco séculos”, falsidade histó-rica que busca ese voto de bandeira española no balcón que agora pode-ría mirar outras opcións. É unha batalla pola de-reita inédita nos últimos tempos que, en contra-

posición, pode ser aproveitada polas for-macións máis partidarias do autogober-no, entre elas un BNG moi interesado en que a cuestión nacional ocupe un posto de relevancia no debate electo-ral ao se presentar como “única opción sen servidumes a Madrid”. Na capital do estado xa non está, por certo, Esperan-za Aguirre, o que tamén abre agora pa-ra Feijóo a posibilidade de se converter nun novo referente no territorio extre-mista español, cun ollo posto mesmo no liderado estatal do seu partido. Mais antes terá que gañar en Galiza. E non o ten nada doado.

campaña con detencións

A campaña electoral vén de vivir un enor-me maremoto coa detención do alcal-de de Ourense, Francisco Rodríguez, do PSOE, e varias persoas máis, acusadas de tráfico de influencias e suborno. A cha-mada operación Pokemon -que seguía aberta e con posibilidade de novas de-tencións ao peche desta edición- tamén afectou ao PP, por medio do alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio. O operativo leva a sinatura da mesma xuíza, Pilar de Lara, que levantou o chamado caso Ca-rioca. A pesar do respecto pola presun-ción de inocencia amosada polas prin-cipais forzas políticas, semella evidente que este caso estará tamén no centro da discusión en campaña. Precisamen-te, que a actuación policial tivese lugar nestas datas espertou todo tipo de sos-peitas. E malas sensacións.

Uns días antes, e tamén en precam-paña, a policía detivo a varios activistas do independentismo acusados de per-tenza a banda armada. Nese caso, Fei-jóo intentou xogar con esa cuestión un-ha baza electoral ao dicir que “esperaba unha condena enérxica de todas as for-macións políticas”, suxerindo non se sabe moi ben que. Nada limpo, semella.

humOR gRáfIcO tokio

Unha das preocupacións do PP chámase Mario Conde. Un antigo banqueiro que pasou polo cárcere acusado de estafa, nada menos

A campaña electoral vén de vivir un enorme maremoto coa detención do alcalde de Ourense, Francisco

Rodríguez (PSOE) acusado de tráfico de influencias e suborno

21 de setembro de 2012

8 política 21 de setembro de 2012

Sede do Parlamento galego.

palabras de futuro ou promesas de fala-barato

O da promesa electoral incumprida su-pón un dos lugares comúns máis reco-rrentes da política, tanto no chanzo na-cional como no estatal, desde a cada vez máis discutida Transición. Como to-do tópico, aliméntase de feitos reais, cir-cunstancia neste caso moi de actualida-de como queda probado, entre moitos exemplos, coa campaña de vídeos que está a difundir o BNG, na serie #Feijóo-Mentirán, onde se ve o candidato do PP asegurando bonanzas que nunca che-garon. Na conciencia da cidadanía están tamén inscritos eses 45 días que tardaría en rematar co desemprego.

os programas

É a actual época de precampaña un tempo de programas. Algúns aínda es-tán en trámites, outros xa son realidade. Por exemplo o do BNG, que foi deba-tido polas asembleas comarcais até ser aprobado no Consello nacional. O plan de goberno d@s nacionalistas móvese no rumbo trazado desde 2009 cara a unha maior claridade de esquerdas, que

Imaxes: SGRodri Suárez

Comezan a coñecerse os distintos programas electorais cara o 21-O. O BNG presenta unha proposta claramente de esquerdas, entrementres PP e PSOE volven prometer postos de traballo a milleiros.

se remarcou hai uns meses na asemblea nacional de Amio.

Os tres eixos que, xa convertidos en lema -traballo, democracia e soberanía-, conforman o núcleo da acción política do Bloque nos últimos meses e se ato-pan reflectidos no programa electoral. Sobre o emprego, a formación cuxa can-didatura encabeza Francisco Jorquera, márcase como obxectivo “axudar desde Galiza a derrogar as dúas últimas refor-mas laborais (unha do PSOE e outra do PP) para restaurar a conquista dos de-reitos laborais, reducir a taxa de tem-poralidade e crear emprego estábel en condicións laborais dignas (penalizaría-se a precariedade na licitación de obras ou servizos públicos), crear un Marco galego de relacións laborais, elaborar plans contra os sinistros laborais ou re-ducir de forma moi significativa as atri-bucións ás ETTs”.

Os servizos públicos son outro dos asuntos o BNG aborda no seu progra-ma, onde a respecto da sanidade fala de “apostar pola pública, recuperando ce-sións á privada ou revisando acordos, co-mo o do novo hospital de Vigo, ou anu-lando privatizacións, como a de Monte Carrasco”. Tamén defenden a transparen-

cia nas listaxes de agarda ou a atención sanitaria universal, polo tanto tamén para as persoas inmigrantes ou sen recursos, as que o PP quere deixar fóra do sistema. Canto a ensino, o Bloque fai fincapé no seu carácter público. Aposta por recupe-rar Preescolar na casa, uns libros de texto gratuítos mediante préstamo, fomentar o ensino do portugués ou levar a materia de relixión fóra do horario común. Canto a outras políticas sociais, o BNG inclúe entre os seus obxectivos o de “recuperar o sistema de benestar da asfixia financei-ra inducida polo PP, asegurando investi-mento social que dea o osíxeno preciso para atender as necesidades das persoas”. Entre outras medidas, fala de “desenvol-ver a Tarxeta social galega, potenciar o Servizo de axuda no fogar e outros pro-gramas para persoas idosas, desenvolver un Plan galego de inclusión ou reformu-lar a Risga co obxectivo de estabelecer un rendemento básico garantido para todas as persoas, comezando polas que se atopan en risco de exclusión”. Tamén hai apartados destinados ás políticas de igualdade, mocidade, vivenda (onde se quere potenciar a rehabilitación), deporte (con aposta por unhas seleccións gale-gas oficiais) ou ecoloxía.

Nunca tantas persoas presentaron candidatura ás eleccións galegas, algo máis de 1.500. Catorce formacións completaron listaxe nas catro circunscricións, son PP, PSOE, BNG, AGE, Compromiso, UPyD, SCD, Partido da Terra, Unificación Comunista de España, Converxencia XXI, Falange, Partido Animalista, Escanos en Branco e CDL. Tamén se presentan pola súas respectivas provincias forzas localistas, como Unión Coruñesa ou Democracia Ourensana. Canto ás listaxes, o BNG confía en Jorquera como cabeza de cartel, con Ana Pontón, Cosme Pombo, Tareixa Paz e Carlos Aymerich nos primeiros postos. En AGE, Beiras e Yolanda Díaz son un e dous respectivamente pola Coruña, con Fajardo en cabeza por Pontevedra, onde Compromiso presenta o ex-militante do PP Rafael Cuíña. O líder desta formación será Bascuas, que está acompañado en Ourense de Pérez Bouza. Pachi Vázquez preséntase tamén por Ourense, co ex-ministro de Zapatero, Francisco Caamaño, pola Coruña, o vigués Abel Losada por Pontevedra e Concepción Burgo por Lugo. O PP tira de conselleiros e altos cargos malia ao discutido da súa xestión, colocando en postos de cabeza a Beatriz Mato, Jesús Vázquez ou Raquel Arias.

nOmEs En LIzA

política 921 de setembro de 2012

Arrano Beltza e Ikurriña.

Euskadi: As eleccións máis lonxe de MadridUnhas eleccións en País Vasco sen ETA, e onde todo apunta a un amplo triunfo do nacionalismo, levan á artillería político-mediático española a navegar contra maré.

Non hai tantos anos sería impensá-bel: coincidencia de eleccións ga-legas e vascas e que a atención (e a artillería) política e dos medios de comunicación de Madrid se deita-sen sobre a cita da Galiza e non so-bre a da Euskadi. O cesamento do fogo da organización armada ETA, e con iso a desactivación dun dos reclamos máis potentes da dema-goxia españolista para contaminar o debate político, non só vasco se-nón tamén no nivel estatal, e o fei-to de que todo apunte unha ampla vitoria das forzas nacionalistas (PNV e EH Bildu), fan que desde Madrid se opte pola baixa intensidade para cubrir esta cita.

Así pois, @s vasc@s viven estes co-micios relativamente lonxe do es-trondo de Madrid. Son unhas elec-cións onde se xogará en boa medida o futuro de Euskadi e, xa que logo, de toda Euskal Herria.

A irrupción de EH Bildu (á quen as enquisas dan como segunda for-za e lambendo a primeira posición, outorgada nas sondaxes ao PNV por pouca diferenza) fai que apareza o debate pola independencia e outro modelo de sociedade en primeiro plano. Xa non hai desculpa para re-correr aos e ás 'violent@s' para con-verter en criminais, desde o estado, estas ideas e o seu apoio na cidada-nía vasca. Son a novidade, a forza al-ternativa e a candidatura emerxente, e sábeno. EH Bildu preséntase para gañar e para gobernar o país. Por iso xa presentou o seu grupo de gober-no, con reperto de consellarías (al-gunhas moi novidosas, como a de soberanía alimentar) nun paso claro e de responsabilidade que colleu a contrapé ás outras organizacións .

e as leis vellas, que?EAJ-PNV xógase moito nesta cita. É a organización-poder en Euskadi. O Partido. Desaloxado hai tres anos e medio de Ajuria-Enea (en virtude dun pacto PSOE/PP que o situou co-mo forza máis votada, e nun mapa electoral ficticio por mor da ilegali-zación de Batasuna) saben que a súa forza reside en boa medida en que durante 30 anos xestionou Euskadi. E queren/precisan volver. Nesta cita

Imaxe: S.GX.M.P

combinan a mensaxe independentis-ta (Joseba Egibar vai de número 1 por Gipuzkoa) coa autonomista 'avant la lettre'. Iso si, defendendo que son @s máis acaíd@s para xestionaren esta situación de crise.

constitucionalismo

Canto ao bando constitucionalista, ou unionista, o PP, como sempre, preséntase co discurso de se construír como valedor do Estado español fronte ao caos secesionista. O PSOE, para alén de intentar agora distanciarse dun PP con que co-gobernou nesta lexislatura (nun pacto que pasou por riba do PNV como forza máis votada e nun escenario electoral ficticio por mor da ilegalización de Batasuna), quere gañar posicións de cara a

ofrecerse para un pacto co PNV que evite unha coalición dos jeltzales e abertzales. Mesmo o Partido Popular recoñeceu que daría o seu voto a un lehendakari do PNV se iso implicaba marxinar EH Bildu.

Así pois, a forza máis nova cara a esta cita é a que está no albo dos ataques das 'veteranas'. A diferen-tes niveis e intensidades, PNV, PP e PSOE, coinciden en que un goberno de EH Bildu en Ajuria Enea sería unha catástrofe para o país. Entrementres unha parte considerábel da cidada-nía vasca, como nos bos tempos de Hertzainak, semellan preferir cantar aquilo de Pakean Utzi Arte (Deixá-denos en paz) e decidir o 21-O que a soberanía plena (nacional e eco-nómica) non é mal camiño.

Na cuestión lingüística, a fronte nacio-nalista promete derrogar o decretazo do galego no ensino e volver ás liñas mar-cadas no Plano xeral de normalización da lingua galega. A paralización definitiva das obras do Gaiás, fomentar un espa-zo de cultura e comunicación galego, a creación dun Centro Castelao, tamén un Centro galego da memoria histórica que celebre de forma oficial o 17 de agosto. O recoñecemento do dereito de auto-determinación e a plurinacionalidade do estado, a presenza directa de Galiza pe-rante da Unión Europea, a revisión do Se-nado ou a supresión das deputacións, son outros asuntos incorporados ao progra-ma nacionalista, que atopa dous eixes bá-sicos nas garantías democráticas e nun-has novas políticas económicas.

@s nacionalistas inclúen no seu pro-grama unha “Lei de consultas vinculan-tes para que as decisións que afecten ao futuro do pais sexan tomadas en refe-rendo”. Tamén considera “precisa” unha reforma legal que asegure que “a Tele-visión de Galiza e a Radio galega sexan públicas e non un instrumento ao servi-zo do goberno de quenda”. Así mesmo, defende rebaixar ao 3% a cota de votos necesaria para poder optar ao reparto de escanos, demandando tamén un maior debate e participación popular no Parla-mento. Canto á economía, o BNG fala de potenciar os “sectores produtivos”, “un-ha política enerxética propia e susten-tábel” e dunha reforma fiscal que faga pagar máis aquelas persoas máis ricas. Tamén se refire á defensa dos afectad@s pola estafa das preferentes -para o cal promete interpor recurso de inconstitu-cionalidade sobre a lei que legaliza esa fraude- e a creación dunha banca pú-blica galega “que financie a economía produtiva”.

Non se coñece aínda o programa de Alternativa Galega de Esquerda e Com-promiso debate a redacción do seu, onde nun principio a dirección propón incluír a reivindicación dun novo Estatuto de Autonomía, a creación dun Instituto de crédito galego en que ademais do sec-tor público, que sería maioritario, esta-ría o privado ou “unha Unión Europea verdadeiramente democrática (...) que defenda valores que nos son comúns, nomeadamente o modelo de econo-mía social de mercado”.

as promesas de pp e psoePola súa banda, á falta de seren públicos os programas, PP e PSOE xa fixeron varias promesas. No caso do partido no poder, unha vez máis, fala de traballo, desta vez centrado no desemprego xuvenil (Novas Xeracións terá un forte papel na campaña do 21-O). Unha Lei de galeguidade para a diáspora e un plan contra a pobreza in-fantil, son algúns dos poucos reclamos que se coñecen dun PP que prepara de novo unha campaña á contra. Pola súa banda, o PSOE de Pachi Vázquez tamén fala de emprego para as persoas máis novas, poñéndolles mesmo cifra: 25.000 novos postos de traballo, mais con sol-dos de 500 euros ao mes.

10 economía 21 de setembro de 2012

coa crise caen os salarios mais aumentan as rendas empresariaisOs salarios d@s galeg@s reducíronse pouco a pouco desde 2010 ao tempo que as rendas empresariais aumentan (por volta dun 5% nun ano). Imaxe clara dunha crise que non bate en todas as persoas por igual, nin moito menos.

A crise nótase no peto, tanto para ben como para mal. Nuns centos de petos que se desinchan entrementres outro engorda. A crise comezou a bater en 2009, mais foi na primavera de 2010 cando comeza a ser notoria a bifurca-ción entre caída de salarios e aumento das rendas empresarias (o denominado 'excedente bruto de explotación'). Unha tendencia que mesmo deixou pegada na conformación do PIB da Galiza, on-de en 2011 foi palpábel que a remunera-ción de asalariad@s perdía peso, cando os beneficios empresariais e rendas do capital gañaban posicións. No terceiro trimestre dese ano, as primeiras supu-ñan 6.803 millóns de euros e as segun-das 6.515 millóns.

A caída nos salarios é unha constante mes tras mes. Nos últimos períodos tri-mestrais eses descensos son constantes: caeron desde un 1,1 % (terceiro trimestre de 2011) até un 2,3 %. Pinga a pinga, fo-ron diminuíndo as remuneracións d@s asalariad@s á par, por certo, que o IPC ía (e vai) en aumento.

Paralelamente, as rendas de capital foron aumentando. Non desde o inicio da crise, senón desde un pouco despois. As rendas empresarias comezaron a se recuperar cara a marzo de 2010 e só en 2011 tiveron un aumento do 5%.

produtividade a costa dos dereitos

En estudos como '2011: Un mal ano para o emprego', elaborado pola secretaría de apoio técnico do Gabinete de eco-nomía da Confederación intersindical galega, chaman a atención sobre unha circunstancia: a actividade económica (e o beneficio empresarial) continúan medrando.

Hai crise, si, un feito que ten a súa prin-cipal constatación no desemprego (por volta de 270.000 persoas na Galiza nesta situación, cunha taxa de incremento por riba mesmo da media estatal en diver-sos sectores). Mais, como se constata no mencionado estudo, “menos traballa-doras e traballadores realizan un traballo maior (cae o emprego, medra a activi-dade económica, polo tanto aumenta a denominada produtividade aparente -dividir a produción entre o número de traballador@s- do traballo), cuxa plusva-lía acumula integramente o capital”.

Alén disto, e no que atinxe á Forma-ción bruta de capital, o investimento

Imaxe: SGX.M.P

empresarial mantén unha dinámica de descenso (caeu un 6,2% en 2010 e un 4,2% en 2011), un parámetro que amo-sa a falla de confianza do empresariado na situación económica ou ben a au-sencia de fondos para destinar a estes investimentos.

Así pois, atopamos un escenario, a cri-se económica, no cal as rendas do ca-pital non se están a ver prexudicadas do mesmo xeito ou intensidade que as do traballo. A crise pon de manifesto que non tod@s somos iguais. Por se alguén aínda o dubidaba.

A taxa de incremento do desemprego na Galiza está por riba mesmo da media estatal en diversos sectores.

O 30 de xuño na Galiza estaban vixentes 840 convenios colectivos, que atinxían unhas 432.000 traballador@s. En 2012 toca negociar 583 convenios de empresa e 100 de sector, segundo o Consello galego de relacións laborais. No primeiro semestre só se fixeran os trámites para 53 de empresa e 4 sectoriais. Isto é, o 9 e o 4 por cento respectivamente, unha porcentaxe extremadamente baixa. O normal é que a metade de exercicio o 50% dos convenios ou máis estean en proceso de negociación.O propio Consello afirmaba que só o 17% dos convenios contemplaban unha cláusula de revisión salarial (a ferramenta que permite axeitar a evolución do soldo ao IPC). Hai seis anos esa porcentaxe era do 60%.

Traballar, Traballar e TraballarAlén disto, os datos do primeiro semestre de 2012 constatan que o incremento salarial medio foi do 1,52% (neses mesmos seis meses o Índice de prezo ao consumo aumentou en 1,8 por

hAI sEIs AnOs O 60% DOs cOnvEnIOs gALEgOs IncLuÍA unhA

cLáusuLA DE REvIsIón sALARIAL. hOxE é O 17%

cento. En resumo: o traballador perde poder adquisitivo). Mais iso foi acompañado doutro feito, como o é que no que vai de ano aumentaron as xornadas de traballo na Galiza, situándose na media de 1.769 horas (16 horas máis que en 2011)O propio Demetrio Fernández, presidente do Consello galego de relacións laborais, recoñeceu que o estado en que se atopaba a negociación colectiva na Galiza nestes momentos procuraba “evitar incrementos salariais” perante o temor ou risco de perder o emprego.Este escenario, ademais, existe entrementres se vai concretando a aposta de goberno español e patronal por desmontar a negociación colectiva, un paso imprescindíbel para a liberalización do mercado laboral. Desde as diferentes centrais sindicais alértase do enorme custo que a concreción na realidade desta aposta ideolóxica do PP vai ter no que se refire á grave precarización das condicións, rebaixas nos salarios e desprotección para as e os traballador@s.

Os beneficios empresariais e as rendas do capital gañaron presenza no PIB da Galiza fronte á remuneración d@s asalariad@s

“A crise é unha situación óptima para que a patronal negocie salarios á baixa e que garde todos os beneficios, con precaución antes de os reinvestir”

economía 1121 de setembro de 2012

a creación da axencia tributaria galega pon na picota 120 empregos

a débeda de Galiza aumentou con Feijóo a un ritmo de 2,5 millóns de euros diariosNúñez Feijóo foi quen, en tan só unha lexislatura, de duplicar a débeda galega, até os 7.627 millóns de euros. A maior cifra da serie histórica, que representa xa o 13% do PIB do país.

Núñez Feijóo presume de ser un dos pais do paradigma da 'austeridade' no Estado español. Aférrase a este título e continúa reivindicando a 'austeridade' como un dos grandes logros do seu mandato, mesmo cando ten en contra todos os datos tras tres anos e medio de lexislatura (emprego, desenvolve-mento...). Baseándose nisto pretende tecer un discurso (“fixemos os deberes antes por iso non nos interveñen”, “xa actuamos no seu momento, por iso agora non temos que recortar tanto” (sic)...) que poida presentar perante a cidadanía .

Mais tamén neste eido, como antes no emprego ou no crecemento e des-envolvemento, a realidade é cruel con Núñez Feijóo. Durante a lexislatura que vén de rematar a débeda da Galiza du-plicou o seu valor, ao pasar de 3.954 millóns de euros en 2008 até os 7.627 millóns en que a vén de cifrar o Banco de España. Iso representa máis do 13% do Produto interior bruto (PIB) da Gali-za, é a cifra máis alta da serie histórica. O rei da austeridade, logo, resultou en gobernador do endebedamento.

sen comparanza

O Banco de España sinala no seu in-forme, aliás, que nestes últimos doce meses a débeda de Galiza se disparou por riba do 10 por cento.

Este incremento da débeda produ-ciuse, ademais, nunha lexislatura de re-

Imaxe: S.GX.M.P

A creación da nova Axencia tributaria galega, segundo a proposta elaborada pola Xunta de Feijóo, suporía o peche de até 42 oficinas liquidadoras (OL) na Galiza, cuns prexuízos salientábeis para a poboación do rural, segundo denun-cian @s propi@s implicad@s.

Este colectivo afirma que a proposta do goberno galego supón unha varia-

S.Gción importante na xestión destas ofi-cinas "trasladándoa a só cinco departa-mentos territoriais, a pesar de que esta proposta levada a cabo anteriormente noutras comunidades, como Madrid e Estremadura durante a década dos '90, resultou un fracaso total, estando actualmente pendentes da firma dun novo convenio para as volver recupe-rar. Tamén se retiraron na Comunida-de balear causando un atraso de cento corenta mil expedientes".

Nun comunicado sinalan que o pe-

che destas oficinas pode causar o des-pedimento do 30% das persoas em-pregadas dos Rexistros da propiedade, uns 800 en toda Galiza, que directa ou indirectamente prestan servizos nas oficinas liquidadoras. Afirman que "todos os cidadáns se verían afectados, xa que debido á disper-sión da poboación galega, a maioría te-ría que contratar xes-tores ou se desprazar ás capitais de provin-cia, ocasionando un incremento dos seus gastos.

Na CIG lembran que Feijóo non ex-plicou como se realizará o labor dest@s

120 traballador@s que quedarían nun limbo a partir do día 1 de xaneiro. Non está previsto que haxa persoal especia-lizado que poida asumir de forma au-

tomática o traballo dest@s profesionais e non existe nada relacionado co fun-cionamento desas oficinas que estea desenvolvido, non se especifica quen seguirá cobrando os tributos máis alá do día 31 de dec-

embro nas provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo; e máis na provincia da Coruña, no caso de que non se asine o convenio c@s rexistrador@s.

hai nun goberno que incrementa en máis de 3.500 millóns de euros a dé-beda pública en só catro anos. Ou é que o señor Feijóo sabe o conto ao revés? A nós as contas non nos dan: se tan controlado temos o gasto e con todos os recortes que se fixeron (e que sofre a clase traballadora), onde foron parar estes 3.500 millóns de euros?”, pregúntase a CIG-Sanidade nun co-municado.

Diversos colectivos sociais e cida-dáns, alén de organización sindicais e políticas, reiteraron nestes meses a ne-

“Aumentou a débeda e nin sequera serviu para fortalecer servizos e sectores produtivos da Galiza”

A débeda da Galiza pasou de 3.954M. de euros en 2008 até os 7.627 millóns actuais.

cesidade dun debate en que se poñan sobre a mesa os termos reais da débe-da de Galiza. “Botan man da crise para xustificaren machetadas en sanidade ou educación, mais está á vista que nin contención de gasto nin desculpas ba-ratas, a débeda seguiu aumentando... en que?”, pregúntanse no Observato-rio Social.

Na mesma liña, nas entidades de tra-ballo de base lamentan que Galiza se endebedase e que esa débeda “non servise polo menos para fortalecer ser-vizos públicos e sectores produtivos reais na Galiza”.

Neste momento funcionan en Galiza 42 oficinas liquidadoras, con aproximadamente 120 traballador@s

cortes e retalladas sen fin por parte do goberno galego coa escusa, por riba, de reducir a débeda e o déficit. Unha necesidade imperiosa, insistían, para poder saír da crise e recuperar com-petitividade.

A folla de ruta seguida polo Parti-do Popular nos recortes (en sanida-de, educación, prestacións, servizos...) indica que neles residían as culpas da

débeda. Máis despois de varios miles de millóns recortados nestes eidos, a débeda nin se reduciu nin sequera se mantivo. Case se duplicou en apenas catro anos. Un ritmo medio de por vol-ta duns 2,5 millóns de euros de débe-da máis ao día.

a conta de que?“Gustaríanos saber canto de formiga

a capacidade transformadora do consumo responsábelNa Galiza actualmente existen perto de 20 colectivos de consumo consciente que agrupan máis de 1.500 de asociad@s ou unidades de consumo e facturan ao longo do ano ao redor de 1.000.000 de euros.

Agruparse baixo fórmulas colectivas, ben sexa en cooperativa, asociación ou gru-po, é o primeiro paso para colectivizar o esforzo de apostar por un consumo baseado en parámetros sustentábeis, de desenvolvemento local e arraigamen-to social.

“O consumidor é unha peza funda-mental no cambio social que pode incidir directamente en que os produtores da nosa contorna poidan vender con xustiza e dignidade” indica Clara Raposo, socia da Asociación de Consumo Responsábel e Comercio Xusto A Cova da Terra. Este colectivo, pioneiro na Galiza en pór en marcha unha tenda de comercio xusto, amosa unha visión do compromiso coa transformación social que pasa por va-rias etapas, xa que a sociedade galega pasou dun período en que viña de ser receptora de axuda a facer parte activa en accións solidarias e de cooperación norte-sur. Neste sentido, Clara Raposo asegura que trasladar a solidariedade clásica (a doazón) ao consumo foi un proceso tan laborioso como a aplica-ción dos mesmos principios de comer-cio xusto con outros países ao ámbito local, promovendo relacións xustas coas produtoras e produtores para acadar o cambio social e ecolóxico tamén nos eidos de proximidade.

Unha asociación de comercio xusto foi tamén o primeiro paso do que vai para cinco anos se transformou na Coope-rativa de consumo responsábel Panxea, momento en que deciden apostar por modelos de economía alternativa e so-lidaria, como a soberanía alimentar. Un dos seus socios, Gonzalo Gesto, ase-gura que “tanto a nivel de consumo co-mo de produción estamos nun estado inicial; os grupos e cooperativas aínda non podemos absorber toda a produ-ción de calidade e proximidade, por iso temos que ir cara a unha segunda fase en que entre todos os colectivos apoie-mos proxectos de produción e distribu-ción interna”.

Precisamente partillar información sobre provedor@s e proxectos pro-dutivos que van agromando, así como apoiar novas iniciativas de colectiviza-ción do consumo e mesmo promover a súa constitución en vilas pequenas e no rural, son algúns dos obxectivos da Rede galega de consumo responsábel e consciente. Fan parte desta rede a maio-

Imaxe: SGAna Cabaleiro

de valorizar as pequenas producións de horta, de manter a actividade no agro e non permitir que estas zonas morran, por iso a miña esperanza está posta na xente nova que agora se achega a nós a través dos grupos de consumo”.

Similar filosofía comparte a Coope-rativa Rainha Lupa de Quilmas (Carno-ta), que leva producindo 5 anos eco-loxicamente e está composta por 15 labreg@s. Céntranse en horta e cereal, que el@s propi@s moen para venderen parte como fariña e parte como pan xa elaborado. Tamén orientan a súa ven-da cara aos mercados locais e grupos de consumo e, neste momento, están introducindo novas actividades, como o traballo con abellas para a produción de mel e intentando ampliar a súa base de produtor@s.

Entre os proxectos produtivos apoia-dos desde colectivos de consumo des-taca o de AMIPA. Unha asociación de persoas con discapacidade intelectual que está a producir horta ecolóxica nos terreos do convento de Herbón, en Pa-drón. Outros proxectos orientados ao compromiso coa produción sustentá-bel son Millo e Landras, Arqueixal, Dai-qui, Milhulloa, A Cernada ou Como Ca-bras.

mercados locais e de rúa

A recuperación dos mercados populares como forma de potenciación da econo-mía local sen intermediari@s é outra das canles que se están abrindo para facilitar ás e aos consumidor@s o acceso a pro-dutos de calidade e proximidade. Neste eido podemos nomear o Mercado entre Lusco e Fusco que se celebra todos os martes á tardiña no parque compostelán de Belvís, en Compostela; ou o Mercado do Alimento Labrego, que ten lugar to-dos os sábados na praza contigua á Casa Común nos Tilos, no concello de Teo. De menor periodicidade son o Merca-do quincenal de produtores e artesáns que acolle a Praza do Souto de Cervo, que se celebra o segundo e cuarto do-mingo de mes; o Mercado Árbore que, desde o 1 de setembro, se celebra todos os primeiros sábados de mes na Praza da Pedra de Vigo; ou o Mercado de verán de Riotorto, que se celebra o segundo domingo dos meses de febreiro, maio, agosto e novembro. Máis puntualmente podemos citar a Feira de produtos locais de Redondela, que se celebrou o 11 de xuño; ou o Mercado Agroecolóxico de Quilmas en Carnota, que este ano con-tou con dúas edicións.

ría de colectivos deste tipo que operan na Galiza tratando de ampliar o seu ámbito, acadar maior visibilidade social e aco-meter conxuntamente tarefas de sen-sibilización e reivindicación.

Entre as asociacións cóntanse A Co-va da Terra (Lugo), Semente (Ourense), Amarante (Pontevedra, Vigo, Ourense, Compostela e Ribadeo) e o Grelo Verde (Verín). En cooperativas, Árbore (Vigo), A Xoaniña (Ferrol), Eirado e Panxea (ambas as dúas en Compostela) e Zocamiño-ca (A Coruña). Canto aos grupos, Loaira (Redondela), Fabas Lobas e Nabiza Ceibe (ambas as dúas en Compostela), Agrelar (Allariz), A Landra (Carballiño), Tarabela (Lalín), A Gradicela (Pontevedra), A Estru-ga (O Grove) e Karrikanta (Viveiro)

proxectos produtivos

Baixo a filosofía de producir con criterios sustentábeis, sen agrotóxicos, orientan-

Tenda da cooperativa de consumo Panxea.

do a comercialización cara á venda di-recta, sen intermediari@s, e no espazo máis local posíbel, nace a Asociación Lentura que agrupa a 13 produtor@s de concellos limítrofes a Compostela. É o resultado do Proxecto Amorodo, pro-movido en 2006 polos concellos de Ames, Rois, Dodro e Brión, tendo co-mo beneficiari@s preferentes as per-soas noas e mulleres. Lentura dedícase á produción principalmente de hor-ta e froita e participan en tres merca-dos de rúa locais, aínda que a súa maior vía de comercialización son os grupos e as cooperativas de consumo cons-ciente e responsábel. Isto permítelles unha estabilidade e supón unha forma de programar a produción en función dunha demanda preestablecida. Eduar-da Castrege, socia de Lentura, asegura que “aínda que para nós é unha vía com-plementaria de ingresos, é unha forma

12 economía21 de setembro de 2012

social 1321 de setembro de 2012

nunca máis prepárase contra o xuízo do prestigeApós dez anos da maior catástrofe ecolóxica sufrida no país, o vindeiro 16 de outubro iniciarase o xuízo oral polo caso do Prestige.

Máis de dúas mil persoas están cha-madas para se presentaren perante a maxistratura da Audiencia Provincial da Coruña o vindeiro día dezaseis de outubro. Porén, as dimensións do ca-so –en número de persoas acusadas e imputadas, tanto por responsabilidade directa como subsidiaria-- exixen dun dispositivo específico que dea acubi-llo ao xuízo de maiores dimensións da historia da Galiza. Cento trinta e tres testemuñas, noventa e oito probas pe-riciais, cincuenta e un letrad@s e vin-te e oito procurador@s completarán o aforo do recinto situado en ExpoCoru-ña. O executivo galego destinará máis dun millón de euros encamiñados a financiaren os custos do xuízo, des-de o servizo de vixilancia e interpre-tación até a adecuación dun espazo para prensa, liñas de comunicación e cables da sala.

Máis de sete meses pasarán –segundo as previsións-- até que @s maxistrad@s adopten unha decisión a respecto dos delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente, danos e desobedien-cia-resistencia, polos que están acusa-dos o capitán do petroleiro, Apostolos

Imaxe: SGOlalla Rodil

–por vez primeira no Estado español-- a reparación dos “prexuízos ecolóxicos relacionados coa fauna e a saúde das persoas” que contrapuxeron unha ma-rea branca á negrura do Prestige.a volta de nunca máis

Co gallo do décimo aniversario da ma-rea negra, a plataforma Nunca Máis sa-cará máis unha vez ás rúas o espírito da dignidade nunha concentración nacio-nal, que coincidirá co comezo do xuízo e que terá lugar na Coruña.

Segundo membros da plataforma, o obxectivo é demandar "xustiza para o pobo", pois aseguran que despois de "dez anos, hai aínda moito que aclarar sobre o que aconteceu e sobre os seus responsábeis".

Mais a campaña non ficará aí, Nunca Máis organizará actos comarcais o 13 de novembro coincidindo co décimo aniversario do atentado do Prestige.

Manifestación en Compostela no 2002.

decisións puñan en risco o seu posto de traballo e a riqueza natural do país. Ao berro de Nunca Máis e cunha ban-deira galega ennegrecida polo chapa-pote, @s galeg@s percorreron as rúas de Galiza e Madrid exixindo respon-sabilidades aos dirixentes políticos, ao tempo que devolvían a dignidade que lle roubaran a un pobo. Nin aquel Fraga que gobernaba con absolutas maiorías desde había trece anos, se libraba dos ataques de mariñeiros e mariscadoras. O que semellaba intocábel e indestru-tíbel, tatabexaba na súa cadeira parla-mentar entrementres daba explicacións polas súas saídas de cacería en plena emerxencia nacional.

Agora, cando se cumpren dez anos daquel loito que tinguiu o mar, a Au-diencia Provincial da Coruña xulgará o grao de responsabilidade de cada unha das partes imputadas ás que se lles pide

Mangouras, o xefe de máquinas, Niko-laos Argyropoulos, e o primeiro oficial, Ireneo Maloto. Xunto a eles, o único cargo político que será xulgado, Jo-sé Luis López-Sors, director xeral da Mariña Mercante durante o goberno de Aznar.

Nin o daquela presidente do goberno español, nin o que era entón ministro de interior, Mariano Rajoy, nin tampouco o defunto Manuel Fraga Iribarne, po-derán sentar na cadeira de imputados pola súa responsabilidade política na catástrofe. No entanto, o Estado es-pañol, como suxeito de dereito, será procesado por responsabilidade civil subsidiaria xunto coas navieiras Mare Shipping Inc e Universe Maritime Ltd. Pola súa banda, a plataforma Nunca Máis subirá ao estrado en calidade de acusación particular.

dez anos do loito

Unha década pasou desde aquel nov-embro de 2002 en que na Galiza esper-tou unha profunda e masiva conciencia ecolóxica e nacional. O que puido ser un accidente marítimo de importan-tes consecuencias, converteuse po-lo desleixo político e institucional na maior catástrofe ecolóxica da historia da Galiza. Milleiros de persoas erguían-se contra a insidia dos gobernos, cuxas

14 social 21 de setembro de 2012

mercar, tirar, queimar: así leva o pp a xestión dos residuos

En 1986, a Xunta de Galiza autorizou un proxecto para a construción dun vertedoiro mancomunado na serra da Cadeira, en Lourenzá. A idea era xuntar os residuos que xeraba toda a comar-ca da Mariña até un mesmo punto nun concello que, daquela, non tiña ser-vizo de recollida do lixo. Contra esta planta, que finalmente non saíu adian-te, houbo resposta: un 'non' rotundo concentrado nunha plataforma veci-ñal. Foi a primeira militancia que lem-bra Isabel Vilalba, daquela estudante dunha escola rural e agora secretaria xeral do Sindicato labrego galego. "Se construísen ese vertedoiro, as familias que viven do cultivo de faba se verían na obriga de abandonar os eidos e a día de hoxe non terían ingresos", expli-ca Vilalba. Malia termos no país nume-rosos exemplos como o da Lourenzá,

Imaxes: GalizaContrainfoBeti Vázquez

O empeño da Xunta en manter vivo o modelo caduco da incineración faise cun oco destacado na campaña electoral. O ecoloxismo galego exixe o peche de Sogama en 2017. Outro modelo, o da compostaxe, leva nove anos funcionando na Galiza.

as políticas desenvolvidas polo gober-no do PP tamén nos últimos tres anos canto ao tratamento de residuos se re-fire baséanse en tres premisas: mercar-tirar-queimar. A mobilización contra a instalación dunha segunda Sogama na Galiza, desta volta no municipio do Irixo, foi sonada. Ninguén quere unha planta de incineración perto das súas vivendas. Mais o debate non é onde se coloca o 'monstro', senón se o modelo fracasado que a Xunta intenta impo-ñer para o tratamento dos residuos é o máis acaído non só desde un punto de vista ecoloxista, senón tamén para a creación de emprego.

a couces coa lexislación europea "Arranxar o problema da xestión é xun-tar todos os vertedoiros nun?", pregunta María R. Lafuente, activista de Adega, en referencia a Sogama. A asociación ecoloxista é unha das impulsoras dun-ha ILP —Iniciaciva lexislativa popular— en que se propón xustamente mudar o

tou a Xunta a potenciar a reciclaxe e a incrementar, ao tempo, as contías pa-ra que a incineración —eufemismo de contaminación— non resulte tan ba-rata. Mais o PP fará ouvidos xordos "e manterá un prezo político, populista", critica María R. Lafuente, informando de que entrementres o prezo medio europeo se sitúa nuns 115€/tonelada, na Galiza non sobe dos 60€.

a falacia da creación de emprego O discurso gastado que promete pos-tos de traballo a costa do medio am-biente e da calidade de vida no rural xa non calla. Retomando aquela primeira militancia de Isabel Vilalba —SLG—, o proceder do PP segue a ser o mesmo. O proxecto da incineradora percorreu as comarcas do Carballiño —Cea e O Irixo— e do Deza —Dozón e Lalín— con intención de se instalar sempre "en lu-gares despoboados e coa base econó-mica no sector primario".

Lembra Mar Vila, sindicalista da Fruga, que a contaminación producida pola incineración de lixo "non é inmediata", mais as explotacións agrogandeiras e as produtoras que venden horta verían "seriamente afectada" a súa actividade, especialmente aquelas que apostaron pola alimentación ecolóxica. "En Franza, as granxas que están perto dunha inci-neradora víronse abocadas ao feche", explica Vila, e Vilalba apunta que insis-tir neste modelo de xestión do lixo na Galiza supón "un ataque" ao rural que supón "cortarlles o esforzo e o futuro" a produtores e produtoras.

Imaxes dunha das mobilizacións contra a incineradora no Deza.

modelo de xestión "para cumprir coa normativa europea". Explica Lafuente que o modelo predominante debera basearse "na redución, a reutilización, a reciclaxe, a compostaxe e, por últi-mo, a incineración con recuperación de enerxía".

Na Galiza, cun volume de residuos que nun 80% van parar á planta de So-gama en Cerceda, a metade quéimanse e a outra metade, case na súa totalida-de, vai parar ao vertedoiro da Areosa, sen recibir ningún tipo de tratamento. A enerxía que se produce é menor que a que se emprega para o propio proce-so de incineración e, segundo os datos que a entidade colocou na súa memo-ria de 2009, a reciclaxe representa un-ha porcentaxe que non chega ao 2%, fronte ao 24% de media na UE.

"O forno ten capacidade para 500 mil toneladas ao ano, e alí chegan 900 mil. O que non se queima almacéna-se", apunta a activista ecoloxista. Con estas cifras, a Comisión Europea ins-

social 1521 de setembro de 2012

A outra cara do modelo de xestión de residuos da Xunta está a funcionar na Galiza desde o ano 2003 en Lousame, na comarca do Barbanza. Seis anos após a inauguración, recibiu un premio de Ecoembes, o sistema de xestión do colector amarelo do lixo, por ser a planta do estado en que máis se practica a reciclaxe e onde máis envases se recuperan.Con todo, e nunha tentativa de botar embaixo esta alternativa, a propia Ecoembes, ao ritmo que marcou o PP, decidiu en 2010 pagar só unha parte dos materiais reciclados, eludindo o pagamento de todo o plástico tipo film que supere a media estatal de reciclaxe, e contravindo unha Lei de envases que sinala que o material recuperado se abonará "en función da calidade e non da cantidade".Hai máis. Ao redor do mito da creación de emprego, os datos negan o argumento da Xunta e apuntan a que a compostaxe xera máis postos de traballo. Así as cousas, en Sogama traballan 91 persoas, entrementres na planta de Lousame hai emprego para 150

hAI ALTERnATIvA, funcIOnA nA gALIzA E EsTá nO bARbAnzA

operari@s. Os empregos que xera Sogama por cada 100 mil toneladas tratadas son 14, o ratio máis baixo de todas as incineradoras do estado. En comparación, a planta do Barbanza ten 150 empregad@ para 34 mil Tm/ano polo que, de asumir un volume de residuos igual ao da planta de Cerceda, xeraría 438 postos de traballo. Considerando o orzamento da incineradora do Irixo —200 millóns de euros— e os empregos que prometeron crear —200—, resulta un investimento de 1 millón de euros por emprego. Co ollar posto en Lousame e na alternativa de xestión que desde alí se potencia, e que funciona, desde o movemento ecoloxista galego a aposta pasa pola construción de plantas de compostaxe nas bisbarras da Galiza, facendo así fincapé na proximidade, e pola posta en funcionamento dun sistema de reciclaxe onde as prioridades sigan a orde lóxica que marca a normativa europea: redución, a reutilización, a reciclaxe, a compostaxe e, por último, a incineración con recuperación de enerxía.

Por tanto, aínda que a instalación dunha planta incineradora supón a creación de postos de traballo, nestes proxec-tos nunca se di nin cantos son nin en que condicións se desenvolverán. Pa-ra alén disto, o número de persoas que perderá o seu medio de ingresos será moito maior.

máis unha labazada ao rural "Opómonos ao uso do noso monte para este tipo de iniciativas que atacan unha poboación eminentemente envellecida con propaganda ficticia sobre a crea-ción de postos de traballo". Quen fala agora é Xosé Manuel Pérez, da Plata-forma incineradora no Deza non, espe-cialmente activa tamén contra a colo-cación no Irixo dunha segunda Sogama. E de propaganda ficticia @s integran-tes destes colectivos cidadáns saben moito. O PP do Irixo distribuíu entre a veciñanza un pasquín en que apor-taba 12 razóns para recibir a incinera-dora cos brazos abertos, entre as que estaban contribuír para que non suva —con 'v'— o recibo da luz, ser a envexa de Europa ou destinar beneficios á loi-ta contra a fame. E non, non foi unha brincadeira.

Ás portas da campaña electoral ca-ra ao 21-O, o debate sobre o modelo de xestión dos residuos ten xa un lu-gar destacado. O BNG presentou varias preguntas parlamentares ao respecto, e "existe un texto elaborado por con-senso" entre a fronte nacionalista e o PSOE en contra do sistema que a Xunta se empeña en defender. "Na ILP para a

que andamos a procurar apoios vese que existen outras alternativas que, pa-ra alén de ser máis sustentábeis, mes-mo xerarían máis postos de traballo", subliña Pérez. Deseguido recalca que "falan de 500, despois baixan a 200, pri-meiro inclúen os camioneiros, despois quítanos... e nunca chegamos a saber realmente que empregos nos van ofre-cer". O voceiro da Plataforma veciñal do Deza fai tamén fincapé no impacto paisaxístico que unha actividade co-mo a incineración tería na contorna, "facéndolle sombra" —en palabras de Vila— a calquera iniciativa que aposte polo agroturismo. "É unha proba máis dos ataques que Feijóo perpetrou con-tra o rural", centrado en facer do monte veciñal terreo produtivo para favorecer a empresa privada e a reserva de solo barato para colocar nel aquelas infra-estruturas "que ninguén quere".

sogama falsificou informes 5 anos "Deberiamos ter algún informe do que acontece en Cerceda", reclama Xosé Manuel Pérez. E o que hai son dúas sen-tenzas do TSXG —Tribunal superior de xustiza de Galiza— do ano 2009 que si-nalan que Sogama manipulou e ocultou durante cinco anos e de maneira de-liberada os informes correspondentes aos niveis de contaminación provocada polo vertedoiro da Areosa. Á súa Sala do social foron derivados daquela os recursos de dous traballadores despe-didos pola empresa pública ao acusalos directamente de falsificar esas análises. Nesta liña, o Superior galego resolveu

que tales despedimentos —do xefe de área técnica e do responsábel de Cali-dade e Medio Ambiente— eran impro-cedentes, obrigando á súa readmisión ou indemnización. Porén, na relación de feitos probados recoñece que, efec-tivamente, os datos emitidos entre 2003 e 2008 estaban manipulados.

"O modelo que impera na Galiza é o de incinerar e ter un macrovertedoiro", denuncia María R. Lafuente —Adega—, e Mar Vila —Fruga— engade que tal mo-delo se caracteriza tamén por carrexar os residuos que se producen en zona urbana e queimalos nunha planta no rural. Na liña, e retomando a precam-paña, o movemento ecoloxista galego —Amigos da Terra, Adega, Cemma, Fe-deración ecoloxista galega e Socieda-de galega de historia natural— vén de lanzar o seu Programa pola terra, que no seu punto 8 contempla "pechar a incineradora de Sogama en 2017 e pro-mover a redución e a reciclaxe dos re-siduos urbanos".

xaque á soberanía alimentar

"En Lousame prodúcese compostaxe, mais a que nós mercamos vén de fóra", ironiza Mar Vila, quen se mostra con-vencida de que Sogama "acabará fe-chando". Con todo, a aposta do PP non foi nunca outra allea ao modelo cadu-co de Sogama, unha planta que funcio-na desde 1992. Tanto ten que coloque contra a parede a base da economía no rural, agricultura e gandería, así como o dereito á soberanía alimentar do po-bo galego.

En Lousame funciona unha planta de compostaxe premiada por ser a que máis recicla e máis envases recupera de todo o Estado español

A incineración que tanto defende o PP ataca o rural con propaganda sobre a creación de emprego e pon en xaque a soberanía alimentar

O PP do Irixo distribuíu un pasquín en que alentaba a incineración como práctica que "destina beneficios para frear a fame no mundo"

16 social 21 de setembro de 2012

Evitármonos ser a “Galicia caníbal”

Un curso sobre a crise dos estudos de humanidades e a

tradición galeguista á luz de "Nós"

Na última campaña electo-ral de Novembro do 2011, lin as declaracións dun-ha veciña que declarou sen ambigüidades que

daquela votaría ao PP porque nece-sitábamos un cambio coa esperanza de que as cousas melloraran. Esta-ba en paro cobrando a prestación e posteriormente se non topaba traba-llo solicitaría a axuda para maiores de 52 anos. Falei con ela fai pouco tempo e estaba indignada e moi preocupada, porque non podería cobrar a presta-ción para maiores de 52 anos, porque na última reforma atrasan esta axuda aos 55 anos.

Esta situación fíxome pensar en to-das aquelas persoas que desespera-das confiaron ao PP o seu presente e o seu futuro. Esta muller votou contra si mesma, perdeu un dereito que xa tiña ganado e reflexionei sobre os miles de casos parecidos aos da miña veciña.

Penso naqueles miles de funciona-rios ou persoal laboral das Administra-cións, que votaron ao PP na confianza de todas aquelas promesas da campa-ña electoral, e logo o seu voto foi uti-lizado para desacreditalos, diminuír o seu salario, incrementarlle a xornada de traballo, ou directamente amorti-zar (eliminar ) o seu posto de traballo. Votaron contra eles mesmos.

Penso naqueles miles de traballado-res/as que votaron ao PP para que lo-go aprobarán unha reforma laboral, e que foron despedidos por esta refor-ma cunha indemnización miserable. Ou que por esta mesma reforma lles baixaron “legalmente” o salario, ou lle incrementaron a xornada de traballo. Por esta reforma e por este voto, ago-ra cobran menos e traballan máis. O seu voto os fixo máis pobres e máis explotados.

A ciencia e a tecnoloxía poden axu-dar ao progreso humano, mais só con elas, sen humanidades, sen ética e sen espírito, non pode avanzar unha sociedade. Do mesmo xeito, a Gali-za non pode existir sen a súa cultu-ra e lingua proprias. Sabíano ben as persoas da xeración e a época “Nós”; por iso, souberon unirse e traballar xuntas nos distintos eidos da cultura e a vida galega: alén das súas distintas ideoloxías políticas e coas súas con-tradicións, uníaas unha nidia e xe-nerosa aposta por Galiza. Na crise gravísima do galego e das humani-dades que vimos hoxe, cómpre vol-ver os ollos a estas grandes persoas, unidas arredor dun revista de nome identificador.

Este é o proxecto dun curso uni-versitario organizado conxuntamente pola “Asociación proCentenario de Nós 2020” e a Universidade de Vigo-campus de Ourense, para a derradei-ra semana de setembro; o primeiro encontro científico dos plans socio-pedagóxicos desta asociación, naci-da hai pouco máis dun ano coa idea de dinamizar a cultura e a sociedade galega desde o ideario de Nós. Esta preocupación e este interese reunirá máis dunha trintena de importantes docentes das tres universidades ga-legas no propio campus de Ourense. O propósito expreso é acadar catro finalidades: 1ª) Informar o alumna-do e a cidadanía acerca do estado en que se atopan os estudos de Hu-manidades en Galiza e no galego. 2ª) Reflexionar sobre causas e axentes da desvalorización que sofren, en con-creto os estudos de Galeguística a ollos do alumnado do ámbito univer-sitario. 3ª) Someter a revisión o lega-

Manuel Simón Graña Victorino Pérez PrietoSindicalista Teólogo

Penso nos miles de pequenos co-merciantes que seguiron confiando no PP e que incluso fixeron campaña nas súas cafeterías e nos seus comer-cios cos seus clientes, e que grazas ao seu voto, agora liberalizan as rebaixas e amplían a xornada comercial para fa-vorecer as grandes superficies, soben o IVE e para colmo seguen pechando empresas e segue a subir o desem-prego; por tanto os seu clientes cada vez teñen menos rendas e consumen menos. Todos eles votaron contra si mesmos.

Penso nos miles de persoas sen em-prego, que creron naquelas grandes mentiras da campaña electoral e que agora teñen unha perspectiva peor de atopar traballo, que lles baixaron a prestación de desemprego ao 50% e que a gran maioría xa non cobrará os 420€ . Tamén penso en todas as per-soas afectadas polas preferentes que votaron ao PP e que por decreto lei quítanlles o 70% dos seus aforros para darllos precisamente a aqueles quen llos roubaron.

Tamén nos miles de pensionistas que tamén confiaron no PP e agora pagan parte dos medicamentos e coa súa escasa pensión, teñen que axudar aos seu fillos, fillas, netos e netas que perderon o traballo polas reformas que eles votaron.

Supoño que todas estas persoas, ao igual que miña veciña, síntense estafa-dos por un gran fraude electoral. Pro-meteron algo e están facendo todo o contrario, e isto non está penalizado, nin é delito nin lles obriga a dimitir.

Só agardo que agora nas eleccións autonómicas non cometamos o mes-mo erro, porque se volve a gañar o PP darémoslle vida a canción dos resen-tidos, “Galicia caníbal”, estaremos de-vorándonos a nós mesmos.

do cultural e literario do Galeguismo, propondo vías de relectura dos tex-tos clásicos; centrando o foco sobre a revista “Nós” (1920-1936), como pu-blicación emblemática, coas persoas que máis sobresaíron, en especial os mestres do “Grupo Nós” ourensán: Otero, Risco, Cuevillas e os demais da “Sociedade Nós”. 4ª) Comprobar o estado en que se atopa o patrimo-nio histórico-cultural ourensán e o das fundacións galeguistas vincula-das á cidade.

No transcurso das xornadas entre o 25 e o 28 de setembro, haberá nu-merosas palestras, relatorios e comu-nicacións. A docencia estará a cargo dun grupo de máis de 30 docentes das universidades galegas, como Ra-món Villares, Xosé Ramón Barreiro, Xusto Beramendi, Manuel Gonzá-lez, Alonso Montero, Isaac A. Estra-vís, Pilar García Negro, Víctor Fez. Freixanes, Olivia Rodríguez, Carme Blanco… ou Camilo Fernández Val-dehorras, director do curso, e máis quen isto escribe. Complementaria-mente, o curso inclúe unha mesa re-donda sobre “Ideoloxías e políticas do Galeguismo na Galicia actual e a Unión Europea”, con Camilo Noguei-ra, Xosé Manuel Beiras, Emilio Pérez Touriño e Daniel Barata.

É un luxo poder levar adiante un curso como este nos tempos que co-rren. Ás persoas interesadas en par-ticiparen e recibiren os seus créditos universitarios, cómprelles inscribirse na secretaría do Campus e aboaren 30 euros antes do 25 de setembro. Poden atopar información do cur-so e da propria asociación na páxina da ApCNos2020: http://pronos2020.wordpress.com/.

internacional 17

Grecia marcou a senda que seguiron o resto dos países rescatados

Grecia converteuse na sala de experi-mentos da chamada troika, a UE, o BCE e o FMI. Foi o primeiro país en pedir o rescate e as políticas que adoptaron fo-ron o mapa de ruta que seguiron o resto dos países rescatados, Irlanda, Portugal, Italia e o Estado español.

Para os medios de comunicación, o pesadelo grego comezou o 23 de abril de 2010 cando o primeiro ministro, Yorgos Papandreu, pediu oficialmente o resca-te. Con todo, o goberno heleno levaba meses, desde que gañara as eleccións o 9 de outubro de 2009, cun plan para re-ducir o déficit público mediante recortes sociais e o aumento de impostos.

Papandreu anunciou na súa chegada ao goberno que a débeda pública era maior do que dicían os seus anteceso-res, pois estaba ao 113,4% do PIB. Meses máis tarde, o New York Times dáballe a razón ao publicar que o maior banco de Estados Unidos, Goldman Sachs, pro-moveu transaccións que permitiron ao anterior goberno heleno ocultar miles de millóns de euros en débeda ás auto-ridades europeas.

Nesta primeira etapa pre-rescate, ca-pitaneada por Papandreu, foi cando su-biu por primeira vez o IVE, ao 21%. O goberno non tardaría nin seis meses en o volver incrementar ao 23%. A pesar dos esforzos do goberno PASOK, Gre-cia era un barco á deriva arrastrado po-los mercados. As axencias de cualifica-ción de risco non deixaban respirar o país. A primeira en recalificar a débeda grega en bono lixo foi Standard & Po-ors, catro días despois de que o gober-no pedise oficialmente o primeiro res-cate. A bolsa de osíxeno que supuxo o primeiro préstamo de 110.000 millóns de euros, que a troika daría de 2010 até 2012 cun prazo de devolución até 2014 e que despois se negociou até 2017, non foi a solución, senón unha soga para a poboación helena. A economía grega non fixo máis que empeorar, o que mo-tivou que un ano despois, o 21 de xullo de 2011, pedise un segundo rescate de 109.000 millóns de euros.

a austeridade que mata

O desemprego chegou ao seu máximo histórico no país, o 23%. O país só vive para pagar as súas débedas. Os intere-ses e os gastos financeiros do préstamo lévanse a maior parte do gasto, o 71%

Imaxe: SGT.Barberena

En Grecia celebráronse máis de vinte folgas xerais nos últimos anos.

O incremento de impostos, a redución do número de funcionari@s e o atraso da idade de xubilación, son as medidas que adoptaron todos os gobernos.

en 2012. Paradoxalmente, entrementres os orzamentos do estado reducen as partidas para sanidade ou educación, o gasto en armamento aumentou un 66% en 2011.

As pensións retállanse unha e outra vez. O goberno Papandreu foi o primeiro que aprobou unha reforma que supuxo o recorte de até o 26% dalgunhas coti-zacións e o atraso da xubilación até os 65 anos, antes estaba nos 60 anos. Ta-

mén reformou as pensións das persoas empregadas públicas ás que lles aumen-taron os anos de cotización de 35 a 40 para obteren a máxima cotización.

@s funcionari@s foron as persoas máis afectadas do rescate heleno. Os despe-dimentos sucédense en cada reforma. Aos primeiros 15.000 postos perdidos foron o anuncio de que se chegarán a perder 150.000 empregos públicos no ano 2015. Moitos destes despedimentos

chegan coa venda das empresas públi-cas. O plan de privatizacións comezou a poñerse en marcha en xuño de 2011 coa venda do 10% da operadora OTE a Deutsche Telekom. Ademais anunciouse que uns 400 organismos estatais deben fusionarse, reducirse ou suprimirse, co-mo a Oficina nacional de turismo (EOT), o Organismo de desemprego (OAED), as lotarías, autopistas, a compañía de pe-tróleo (ELPE), a do gas (DEPA), centros de sanidade, universidades... As medidas de austeridade tamén suprimiron dous terzos dos concellos para aforrar 1.185 millóns de euros. Dos 1.034 concellos pasáronse a 355 que como mínimo te-ñen poboacións de 10.000 habitantes.

As persoas traballadoras públicas non foron as únicas afectadas, a abolición dos convenios colectivos provocou un descenso dos soldos nun 20% nas em-presas privadas. Ademais, houbo unha rebaixa do 22% do salario mínimo até situalo nos 585 euros mensuais.

A perda de nivel adquisitivo agravouse polos novos impostos. Ademais da suba do IVE até o 23%, as gregas e gregos de-ben pagar novas taxas como a da pro-piedade inmobiliaria, onde se pagan 4 euros por metro cadrado en calquera tipo de propiedade. Canto ao tabaco, o alcohol e os combustíbeis aumentaron o seu prezo nun 10%.

Todas estas medidas, adoptadas en beneficio do capital financeiro trans-nacional para lle asegurar o cobro da débeda, tiveron unha consecuencia: o empobrecemento da poboación grega. En 2011, o Banco de Grecia presentou un informe en que aseguraba que o 13% das familias non teñen ningún ingreso. Perante esta situación, as folgas xerais sucédense mes tras mes. Nos últimos tres anos máis de 23 folgas xerais acon-teceron no país. Ningunha conseguiu parar os recortes. En outono de 2011 Pa-pandreu prometeu un referendo sobre o segundo rescate que nunca se celebrou e acabou coa súa dimisión e a creación dun goberno de unidade nacional. Até o ano seguinte non se convocaron elec-cións, que tiveron que ser repetidas en dúas ocasións, o 6 de maio e o 18 de xu-ño, perante a axustada vitoria de Nova Democracia sobre Syriza.

Mais a peor perda para a poboación grega foi a da súa soberanía nacional. Co segundo rescate a troika reforzou a vixi-lancia sobre o país coa chegada dos cha-mados “homes negros”, os supervisores da troika. Foi a maior cesión de soberanía dun estado en tempos de paz.

21 de setembro de 2012

O empobrecemento da poboación e a perda de dereitos e servizos repítense en todos os países que foron rescatados. Aínda que os motivos do endebedamento cambian dun país a outro, as medidas de austeridade, non. No caso de Irlanda tamén houbo unha redución do funcionariado, unha de cada dez persoas serán despedidas até o ano 2015, unhas 23.000 e o IVE subiu até o 23%. Canto ás pensións, baixáronse nun 10% e elevouse a idade de xubilación aos 66 anos.

As mEDIDAs DE IRLAnDA E ITALIA O caso italiano coincide na redución do número de funcionari@s, un de cada dez será despedid@ nos vindeiros anos e, tamén, no incremento na idade de xubilación, para os homes até os 66 anos, con 42 anos cotizados, e para as mulleres, aos 62 anos, con 41 cotizados. Con todo, os plans de austeridade de Italia tiveron novidades a respecto dos outros países. Na loita contra a evasión fiscal creou un imposto do 1,5% nos capitais que volveron a Italia e prohibiu operacións en efectivo por riba dos 1.000 euros.

18 pUBliciDaDe 21 de setembro de 201218 PUBLICIDADE 21 de setembro de 2012

Podes preencher o formulario electrónico en sermosgaliza.com ou, se o preferires, enviar esta folla cuberta quer por mail quer por correo postal a:Sermos Galiza, Rúa do Preguntoiro nº 9 – 1º andar; 15.705 – Santiago de Compostela)

Folla de subscrición

Subscríbete!

NOME: __________________________________

APELIDOS: _______________________________

NIF: ____________________________________

ENDEREZO: ______________________________

CONCELLO: ______________________________

PAÍS: ___________________________________

ENDEREENDEREZO E-MAIL: ________________________

NÚMERO DE CONTA: _______________________

TÍTULAR E ENTIDADE: _______________________

TIPO DE SUBSCRICIÓN E PREZO

ANUAL (155 euros)

SEMESTRAL (80 euros / 160 ano)

TRIMESTRAL (41,5 euros /166 ano)

PROTECCIÓN DE DATOSEn cumprimento do estabelecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal informamos que, preenchendo este formulario, os seus datos quedarán incorporados e serán tratados nos ficheiros de Sermos Galiza S.A. Así mesmo, as persoas interesadas porderán solicitar a modificación ou cancelación dos mesmos enviando un correo electrónico a: [email protected].

DATOS PERSONAIS

Prezo 3,50€Número 7. Ano 0

Sexta feira, 20 de xullo de 2012

Po

r un

ha R

ep

úb

lica g

aleg

a . pÁ

x. 3

-5

En

trevista a Lau

ra Min

teg

ui, c

and

idata d

e E

H B

ildu

a Len

dakari. p

Áx

. 16-17

Gu

errille

iras: a mem

oria so

terrad

a. pÁ

x. 18

En

trevista a Sale

ta Go

i. pÁ

x. 2

2-2

3

Suplemento eSpecial día da patria páxinas interiores

coa forza do nunca máis

Foto: Riobó Prada

Prezo 3,50€Número 4. Ano 0Sexta feira, 29 de xuño de 2012

A o

fen

siva do

PP

co

ntra a lin

gu

a cu

mp

re 5

ano

s. pÁ

x. 9

Can

do

o d

arwin

ismo

po

lítico

man

da. p

Áx

. 12-13

An

o V

idal B

olañ

o: ab

rigo

para o

teatro

. pÁ

x. 2

7

En

trevistas: A

ntía C

al pÁ

x. 2

2-2

3 e X

ulia A

lon

so p

Áx

. 32

Foto: Mulheres Transgredindo

Foto: Mulheres Transgredindo

Prezo 3,50€

Número 5. Ano 0

Sexta feira, 6 de xullo de 2012

Saírmo

s do

eu

ro p

ara rep

en

sarmo

s Eu

rop

a. pÁ

x. 3

-5

Terro

rismo

mac

hista, o

u c

om

o to

rcer a c

ara dian

te d

un

pro

ble

ma p

olític

o. p

Áx

. 15

A p

ern

a armad

a do

esp

año

lismo

. pÁ

x. 19

A p

elíc

ula g

aleg

a qu

e as c

rianzas n

on

po

den

ver p

Áx

. 31

Foto: Riobó Prada

Sermos da Azul!

Suplemento eSpecial día da patriapáxinas interiores

Foto: Riobó Prada

Prezo 3,50€

Número 6. Ano 0

Sexta feira, 13 de xullo de 2012

O g

uió

n d

un

saqu

eo

. pÁ

x. 3

-5

En

trevista a Su

so Se

ixo: "O

go

bern

o te

n q

ue ve

r qu

e h

aberá u

nh

a resp

osta c

on

tun

den

te". p

Áx

. 8

Cate

dral, d

em

ago

go

de p

ed

ra. pÁ

x. 10

-11

Rep

resió

n sin

dic

al, crim

inalizac

ión

da lo

ita ob

reira. p

Áx

. 13

Foto: Sermos Galiza

Galiza precisaba un medio de comunicación que falase a súa lingua, que fose crítico e subversivo.XA O TEMOS!Agora Sermos Galiza precisa de ti. SUBSCRÍBETE!

Deportes 1921 de setembro de 2012

"É moi importante que se recoñeza o traballo que fixemos ao longo de todos estes anos"

por que a natación?O meu primeiro deporte paraolímpico foi o baloncesto. Xoguei moitos anos com-paxinándoo coa natación. Sempre digo que os mellores anos que pasei na miña deportiva foron co baloncesto, mais sa-bía que para gañar tería que ser coa nata-ción. Sempre foi un entorno en que me movía ben e chegou con poñerlle tra-ballo e técnica para obter moi bos resul-tados: dezaseis medallas paraolímpicas, oito delas de ouro.

antes de ir a londres pensaba que gaña-ría máis medallas despois de Beijing?Marchei de Vigo hai dous anos a un Cen-tro de alto rendemento a Madrid, con moitas ganas e moita ilusión de gañar medallas. O traballo transformouse en tres medallas e aí seguimos, con moitas ganas. A da ilusión gañeina eu só, sempre a pelexar, día a día. Meterme na piscina de primeira feira a sábado para conse-guir despois de catro anos baixar esas centésimas de segundo.

como foi a benvida a Galiza despois das medallas de londres?Foi moi diferente das outras veces. Non é que houbese unhas mellores que outras, sempre sentín a calor e os ánimos de to-do o mundo, máis nesta houbo un cam-bio porque os medios de comunicación se implicaron tanto a nivel estatal como a nivel galego. É moi importante que se recoñeza o traballo que fixemos ao lon-go de todos estes anos, non tanto por min senón pola xente que comeza. Hai toda unha promoción que comezou e que veu encantada. Vai sendo hora de que se lle recoñeza o seu traballo.

como foi a relación coas persoas máis novas?Moi boa. A verdade é que eu falo até coas pedras (risos) e tiven boa relación con toda a equipa. A moit@s xa @s coñecía de antes, cunha parte mesmo xoguei a baloncesto. Tamén cos contrincantes, a maior parte de vinte e tantos anos. Houbo moi bo ambiente, mesmo por veces de maneira moi afectiva. Sempre houbo un-ha relación moi boa como deportistas.

o mundo d@s deportistas paraolímpic@s entre paraolimpíada e paraolimpíada é

en Londres, coa metade do orzamento, fixeron uns xogos que non teñen nada que lle envexar. As instalacións de Lon-dres son incríbeis.

no tratamento do paraolimpísmo pensa que aínda hai moito que mellorar? Hai uns días déronlle o premio príncipe de asturias a dous futbolistas e non ao co-mité paraolímpico internacional...Creo que o Comité paraolímpico inter-nacional merecía gañar. Aínda máis este ano en que coincidía coa Paraolimpíada, sería perfecto. Aínda así tamén o mere-cen os que o gañaron. Coido que estes premios buscan resaltar o esforzo e dar a coñecer outros deportes. O fútbol non precisa que o vendan, véndese só. Para o noso deporte sería toda unha axuda.

pensa que hai apoios abondos para o de-porte paraolímpico?Desde que se creou o Plan ADO o de-porte paraolímpico tivo unha traxectoria moi boa. Temos agora atletas moi im-portantes, é un bo comezo. Agora xa se anunciaron recortes e coido que debe-rían deixar un mínimo para manter o ni-vel. Nós non somos alleos á sociedade e aféctanos. O deporte non é tanto unha cuestión de cartos. Non porque teñas máis recursos económicos gañas máis medallas, ás veces. Tamén conta o en-tusiasmo e iso non se paga. Aquí temos moi bos deportistas e seguiremos loi-tando por traer bos resultados.

Hai unha fotografía que se repite: a me-dalla xunto a unha cracha que pon Vigo. cando veremos unha representación ga-lega oficial nuns xogos paraolímpicos?Desde que cheguei a Vigo nos anos '70 sempre me sentín como se nacese aquí. A partir dos meus éxitos deportivos a xen-te que me coñecía sempre me apoiou. Sempre sentín a calor de Vigo e desde que comecei a nadar hai unha proba que sempre dedico a Vigo: a de 50 metros libres. Sempre levo esa cracha no peito porque Vigo é a cidade que me animou a seguir aí.

Ter unha representación galega oficial nos xogos Paraolímpicos dependerá de como evolucione o Estado español. A política non é nada estática. Estados que antes non existían agora existen. No caso de que Galiza tivese outras seleccións, como a de fútbol, non tería ningún pro-blema en ter tamén unha participación oficial nuns xogos paraolímpicos.

sebastián 'chano' rodríguez. nadador paraolímpico

sebastián 'Chano' rodríguez naCeu en Cádiz en 1957. vigués de adopCión desde os anos '70, leva Catro xogos paraolíMpiCos gañando Medallas e deMostrando Que a idade no deporte non Conta se hai ilusión. as tres Medallas Que trouxo de londres son unha perfeCta proba.

Imaxe: Bernal RúaAntón Escuredo

Chano Rodríguez.

de comunicación, uns obrigados polos outros, seguíronos. Foi o caso de TVE, que por vez primeira nos seguiu en Te-ledeporte con retransmisións en directo, ademais de contar co seguimento que se fixo en internet.

Que se che pasa pola cabeza segundos antes de competir?Prepárase todo. Adestras fóra e dentro da auga. Cando vas é a morte. Tentas gozar todo o posíbel e gañar. Tod@s estamos alí para gañar.

Despois de catro paraolimpíadas, notou cambios?Nunca houbo retroceso. Algunhas me-llores que outras, mais sempre con pasos cara a adiante. A Grecia non se lle pediu moito polos medios económicos que ti-ña, aínda así fixo un esforzo moi grande para ternos alí. Non foi o mesmo que Beijing, onde todo era ao grande, ha-bía diñeiro por toda a parte. Con todo,

bastante descoñecida. como vive o res-to do ano?Traballando moito para que me fagan entrevistas como esta (risos). Agora en serio... Tentar chegar ao máximo en ren-demento deportivo nunha Paraolimpía-da e que teña a maior resonancia social. Todo isto mudou moito. Londres marcou un antes e un despois. Falando do depor-te, Londres foi incríbel non só porque o pobo inglés neste aspecto se implicou. Tiveron o Centro acuático a tope, non había entradas desde un ano antes, tan-to pola maña como pola tarde. Despois as instalacións... e un trato próximo, sen paternalismos, sen condescendencia por ningún tipo de minusvalía, como depor-tistas cento por cento, que en definitiva é o que somos, co handicap cada un da minusvalía que teña, mais cando estamos na cancha ou estamos na auga sentímo-nos e facemos o mesmo que calquera outr@ deportista. Foi importante porque @s ingles@s o fixeron. Aquí os medios

20 memoria 21 de setembro de 2012

Imaxes: Gael González

Na memoria de Pedro Galán Calvete, militante das Mocidades Galeguistas asasinado en 1936

Pedro Galán Calvete foi asasinado polos fascistas cando contaba só 19 anos. O seu corpo aparecía na Corvei-ra, en Culleredo, nestes días do mes de setembro do ano 1936. Máis un ano, Galiza Nova e o BNG do barrio de Monte Alto organizaron un acto de homenaxe a este militante das Mo-cedades Galeguistas.

Galiza Nova quixo lembrar con esta conmemoración que hai máis de 75 anos na cidade da Coruña había unha mocidade nacionalista organizada.

Galán Calvete era un mozo que na-ceu na Coruña, en Monte Alto, no nú-mero 106-108 da rúa da Torre.m Es-tudou nas escolas de ensino primario en galego, dirixidas por Ánxel Casal. Coa súa compañeira paseaba polas rúas da cidade. Neses espazos his-tóricos, hoxe inzados de tendas de iogur xeado que abriron por San Ni-colás e por toda a cidade, xusto na rúa Bailén, subindo desde San Nico-lás até Panadeiras, é onde prenderon a Pedro Galán.

Un mozo que se formou aquí, que traballaba na fábrica de xabróns “La Toja”, que pasaba por estas rúas, que apoiaba o nacemento de aso-ciacións deportivas como o Club do Mar e que participaba na organización xuvenil na-cionalista da altura. No ro-teiro tentouse recuperar e poñer en valor a no-sa historia, visitando os lugares relaciona-dos coa vida de Galán Calvete.

das mocidades a nós

Persoas como Galán Calvete, que dedicaban parte do seu tempo de le-cer ao traballo político co soño de ver unha Galiza liberada, son as que nos serven de exemplo para facermos o traballo nece-sario hoxe.

Se hai máis de 75 anos o contexto era complicado, hoxe tamén o é. Están privan-do a mocidade do dereito ao ensino público de calidade, do dereito ao traballo, do derei-to a vivir dignamente na pro-pia terra. Perante esta política de recortes de dereitos, que tantos

Galán Calvete dedicou parte do seu tempo de lecer ao traballo político co soño de ver unha Galiza liberada

anos e co esforzo de tan-tas persoas se consegui-ron, só temos unha opción. E non é a que nos inoculan constantemente con cuali-ficativos como “necesario e absolutamente imprescindí-bel” ou “non hai alternativa”. Nese sentido, Galiza Nova re-

colle o testemuño das Moce-

peDro GalÁn calVete

O cobarde quando tem da força abrigo

a tudo se adelanta e tudo atreve,

Pedro Galán, te dérom morte aleve

e em tanto que a ti choro a eles maldigo.

Mas nom quero que umha lágrima te leve

nengum dos versos que em silêncio digo

para honrar-te, meu caro e fiel amigo

a quem o fado deu vida tam breve.

Nom mais durou de quanto dura um grito

de protesta contra o mílite insurreito.

E qual o teu pecado, o teu delito?

Alzar-te contra ele, frente a frente,

e acusou-te sem lei e sem direito

do seu próprio delito delinqüente.

(Jenaro Marinhas del Valle, 1936)

Imaxes do acto celebrado en Monte Alto.

dades Galeguistas Estamos orgullos@s de Pedro Ga-

lán Calvete e por iso é tan importante para nós, porque nos identificamos nel, xa non só polas súas ideas, senón pola súa idade. Temos esa forza e a paixón que el nos deixou, pois eles mataron o seu corpo, mais nunca os sentimentos de valentía e patriotis-mo que nos deixou aquí.

Galiza Nova e o BNG do barrio de Monte Alto homenaxean a figura do militante de Mocedades Galeguistas.

Alba Sánchez / Daniel GarcíaResponsábeis locais e comarcais de Galiza Nova A Coruña

21cUltUra21 de setembro de 2012

Escritor e músico, Roi Vidal desen-volverá nestes meses un singular tra-ballo de investigación. Está a escribir a biografía de Roberto Vidal Bolaño, seu pai, un libro que conta ver publi-cado por volta do primeiro trimestre do próximo ano en Positivas, a edi-torial que publicará a obra completa do autor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2013.

Van alá dos anos do momento en que Roi Vidal decidiu escribir a biogra-fía do seu pai, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. O círculo que rodeaba o primeiro autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas polo seu tra-ballo teatral, encomendoulle ao fillo asumir o traballo de construír a súa biografía, nun proxecto que inclui-ría a publicación da obra completa. A iniciativa atopou con demasiados problemas e quedou suspendida até que a Real Academia Galega escolleu o nome de Vidal Bolaño para a con-memoración do próximo ano.

Foi entón cando Roi Vidal se vol-veu atopar coa biografía do pai, un proxecto en que, dalgunha maneira, tamén está implícita a súa propia his-toria. “Enténdoo como unha maneira de devolverlle o que el me deu. Vai ser unha historia persoal, claro es-tá, mais con todos os datos e fontes aos que teño acceso”, explica Roi Vi-dal, interesado de maneira especial en descubrir como o neno do barrio compostelán de Vista Alegre chega a se converter nun gran dramaturgo e a persoa de dimensión máis ampla na nosa historia teatral. Nesa primei-ra etapa está comprometido, fasci-nado por se atopar coa infancia da cal pouco sabía. Diante dun exercicio similar estaba o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo, que no ano 2008 publicou a súa Memoria do pai, coa biografía de Xosé Mª Álvarez Blázquez (Editorial Galaxia)

“Ao ser o seu fillo teño a vantaxe de que teño acceso fácil ás dúas persoas que máis relación tiveron con el na súa vida, a miña nai e Belén, que foi despois a súa muller, e tamén a súa propia nai, miña avoa”, comenta Roi, de tres persoas que o achegarán a moitos episodios persoais que nin el propio coñece e que está descubrindo a través do seu papel de biógrafo. En especial nesa primeira etapa que non compartiron xuntos por razóns bio-gráficas e en que está agora a traba-llar, Roi Vidal sorpréndese ao coñecer cada novo dato desa primeira etapa

Vidal por VidalO fillo de Roberto Vidal Bolaño prepara unha biografía do dramaturgo.

Imaxe: SGCarme Vidal

Formas de discriminación

Diana Varela PuñalEscritora

Ten sentido se-parar a expre-sión ar t íst ica por sexos? Coi-damos que non.

Estudos nos que non apare-ce unha soa muller, ou apa-rece de xeito testemuñal. Antoloxías de poetas-mu-lleres nas que non aparece ningún home. Institucións dirixidas, sistematicamen-te, por homes. Coa mesma lóxica, por que non se fan outras clasificacións: gor-dos e fracos, loiras e more-nos, crentes e ateas… Cal é a diferenza entre estas ca-tegorías e a outra, masculi-no/feminino, que adoito se emprega na arte. Unha ac-titude similar noutros ám-bitos sería cuestionada e provocaría, con toda a ra-zón, a protesta.

Tal clasificación é ilóxi-ca, absurda, obsoleta; o que é peor, secundada por un sector feminino que a acepta, non sei se por crer nela, ou por non desapro-veitar as plataformas e pro-mocións que reporta; malia relegarnos a unha especie de gueto, “poesía femini-na”, de recanto tolerado, anecdótico, pero sen aca-dar a verdadeira conside-ración de poeta. A condi-ción sexual é íntima e non debe ter relevancia á hora de xulgar os produtos do intelecto; pode inclusive poñernos a carón dunha persoa ideoloxicamente oposta.

Valoren, critiquen a arte pola súa calidade, sen dis-criminacións, privilexios e separacións de colexio de monxas. Se as revolucións se consagran cando os seus ideais se aceptan in-conscientemente pola so-ciedade, a integración da muller como artista non se acadou, pois séguese sen pasar por alto a condición sexual. Abertas outras fron-tes, cómpre seguir loitando pola normalización.

op

inió

n

na cal a vida conduce o teatro. Dese tempo é, por exemplo, a folla parro-quial de Fátima, no Barrio do Cas-tiñeiriño, que levaba o cura obreiro Antonio Gómez e onde aparecen os seus primeiros artigos.

a través dos lugares

Está recompilando datos e consultan-do fontes mais xa ten na cabeza, des-pois dalgún tempo de reflexión, como vai ser a estrutura da obra biográfica. Estará artellada arredor dos lugares máis importantes na vida de Vidal Bo-laño, os teatros, mais tamén as ca-sas, os bares ou as cidades. “Lembro os espazos por épocas, no caso dos bares, o Gaiola ou o Rúa Nova”, co-menta rememorando o tempo com-partido co pai.

Roi Vidal leva con tranquilidade ser o fillo do autor homenaxeado no Día das Letras Galega. Orgullo tívoo

Roberto vidal co seu fillo Roi Vidal.

desde sempre. “De neno, cando me preguntaban na escola cal era a pro-fesión de meu pai, eu dicía director, iluminador, produtor, autor de teatro e dobraxe”, lembra o fillo que participa activamente nos actos de homenaxe de Vidal Bolaño.

primeira homenaxe en compostela

O 27 de outubro no Salón Teatro de Compostela -o mesmo espazo on-de foi velado- terá lugar a primeira homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, cando se cumpren dez anos da súa morte. Presentado por Carlos Blan-co e coa participación de Chévere ou Leo, entre outras actuacións teatrais e musicais, tentarase contar ademais coa presenza e a participación de per-soas relevantes na vida de Roberto Vidal Bolaño. “Será tamén unha ho-menaxe dos amigos á persoa e non só ao home do teatro e dramaturgo”, comenta o fillo.

“A mellor forma de celebralo neste ano é a de celebrar o teatro galego, porque esa foi a súa teima, centrarse só na súa persoa sería desaxeitado. Defendía o papel fundamental que o teatro ten na sociedade galega e defendía, nese sentido, a liña ence-tada polas Imandades da Fala”, expli-ca cando faltan tres meses para que comece un ano en que o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño será o autor do Día das Letras Galegas.

O 27 de outubro no Salón Teatro de Compostela terá lugar a primeira homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, cando se cumpren dez anos da súa morte.

camilo nogueira. xxxxx

22 cUltUra ENTrEviSTA 21 de setembro de 2012

camilo nogueira. ensaísta e político

por que agora unha crítica ao españo-lismo? a constitución española fala xa dunha 'patria común' e dunha 'nación indivisíbel' en 1978.Efectivamente, mais a Constitución foi redactada nun momento puntual, e cómpre superarmos a visión da tran-sición. Non porque haxa ningún pro-pósito en Madrid de recoñecemento da diversidade, senón porque en Catalun-ya e Euskadi está conseguido un espa-zo político propio, e en Galiza agarda-mos que se conquira no futuro. Ese é o contexto. Véndese a idea do separa-tismo como se estivesemos cen anos atrás, mais a independencia a día de hoxe non significa colocar unha barrei-ra en ningures, senón ter a capacidade de decidirmos como un estado. Mais o nacionalismo español, tan rancio e que non ten en conta a realidade his-tórica, non garante que se produza isto de maneira pacífica e acordada.

nun contexto socioeconómico como o actual, onde o mundo se analiza baixo a lupa da crise capitalista, é posíbel fa-larmos de cuestión de clase e cuestión nacional como loitas separadas?Non. En Europa non hai unha crise eco-nómica, senón política, e non se poden separar. E por esta crise política esta-mos a deixar aberta a acción dese ca-pitalismo que trata de mudar mesmo

Imaxes: Riobó PradaBeti Vázquez

as conquistas históricas do estado do benestar. Nun territorio de 500 millóns de habitantes poden manterse as con-quistas históricas dos traballadores sen atentar contra os seus dereitos, sen per-der a vontade da independencia.

pensar unha Galiza na Ue, non é quitar-lle unha canga e colocarlle outra?Si... pode ser. Mais a independencia non hai que entendela como autosuficien-cia, senón poder decidir sobre os teus asuntos como estado soberano. Non se trata de pensar nunha Galiza con fron-teiras, senón na realidade que supón o autogoberno neste tempo.

Vén de se pechar a primeira lexislatura en que non só non temos competencias novas senón que moitas ficaron sen se desenvolver. Feijóo citou o avance ca-ra ao autogoberno como un dos eixos da súa campaña. Viches algún espasmo nesa liña nestes tres anos?Non, non, non. Preguntáronme nunha entrevista na televisión que opinión tiña de Feijóo e dixen que non fixo nada.

Facer fixo... [sorrí] Si, mais nada bo! Nin sequera administrou o que había, senón que reduciu as nosas capacidades, come-zando polo propio orzamento. Creo que... vai perder. Se as enquisas lle dan unha baixada do 10% a Rajoy non vexo por que iso non vai afectar aquí. Per-derá en votos, aínda que a distribución de deputados sexa perversa.

"A convivencia nun estado que nos nega é imposíbel"após saudar Con entusiasMo os raios de sol Que Quentan nestes días as pedras de CoMpostela, CaMilo nogueira senta diante dun Café disposto a debullar as teorías Que defende nos seus últiMos dous ensaios, 'para unha CrítiCa do españolisMo' e 'a rota do sol'. sentaMos Canda el, para Conversar ao redor da MarxinaCión Que a galiza vén soportando nos libros de historia Que se esCriben en Madrid, da subordinaCión da nosa lingua en favor do español doMinante ou dunha ConstituCión Que nega as naCións sen estado.

Camilo Nogueira, ensaísta e político do BNG.

22 cUltUra ENTrEviSTA 21 de setembro de 2012

"a imposición, como oficial, da lingua do poder dominante. a centralización da educación como instrumento de do-minio cultural e social. a instrumenta-lización da protección social pública" É un parágrafo do libro. podería valer co-mo breve balance do seu goberno?Si, é perfectamente actual.

no libro refíreste ás prácticas que guia-ron a transición desde o antigo réxi-me. traballou Feijóo en prol do rearma-mento da idea dun estado unificado?Está claro. O decreto do galego é o exemplo máis evidente. Non só non respectaron a idea de que ninguén ten por que vir aquí dicirnos que facer co galego, senón que supuxo un retroceso respecto das conquistas da transición. Eu fun, con Esquerda Galega, quen pre-sentou no Parlamento galego a Lei de normalización lingüística...

e a lei de símbolos...Si. E se ollas aqueles debates verás como, respecto a hoxe, mesmo nos partidos españois mudou a mentali-dade. Aquelas leis foron aprobadas por unanimidade, e recoñeceuse co-mo propia a bandeira do nacionalis-mo, e o himno do nacionalismo. Eu atrévome a dicir que neste momento a bandeira galega, na Galiza, é máis aceptada que a española.

"Non queren recoñecer unha cousa: a nós, e aos cataláns e aos vascos, non hai ningún estado que poida dicirnos como usar a nosa lingua!"

"Nós non necesitamos para nada de Madrid e, dos partidos que se presentan o 21-O, o BNG é o que leva un programa máis coherente"

23cUltUra ENTrEviSTA21 de setembro de 2012

comparaches a cuestión nacional co feminismo. es d@s que pensa que rei-vindicar a loita feminista dentro do na-cionalismo é redundante?Non, non. Fixen esa comparación por-que, aínda que semella que xa se vai abandonando esa teoría, parecía que como eramos nacionalistas xa eramos feministas, e ecoloxistas, e é absurdo! O nacionalismo galego é feminista, si, e é ecoloxista, tamén. Mais pode haber un nacionalismo de dereitas. O femi-nismo é unha causa en si propia, igual que o nacionalismo.

o argumento central de Para unha crí-tica do españolismo e dalgúns dos en-saios que inclúen en A rota do sol á negación sistemática de Galiza como país. mais houbo unha nobreza galega que estivo gobernando...[interrompe] Si! Imos ver. Cando se pro-duciu a chamada doma e castración da Galiza houbo un fenómeno dobre: por un lado a sociedade galega foi marxi-nada e polo outro as clases dirixentes galegas participaron da monarquía es-pañola e nos momentos republicanos. Tiveron moito que ver no estado es-pañol, mais cunha Galiza marxinada. A riqueza do pobo estaba ao servizo das clases poderosas. A Igrexa tiña feudos baseados na dominación do campe-

reino independente, o suevo-galaico, e non fai parte da historiografía por-tuguesa. Non se recoñece nin sequera iso. E sobre a lingua, para que se com-prenda a miña postura, que o traballo feito até o de agora por exemplo polo Instituto da lingua desde un punto de vista do coñecemento do galego foi excelente. Mais a decisión que se to-mou naquel tempo, pretendendo facer do galego unha lingua diverxente do portugués e, polo tanto, poñendo unha norma ortográfica diferente e separada até do galego popular, foi un erro his-tórico que negou mesmo as posturas de Murguía e Castelao. Non se trata de aceptar a norma lusista, senón que in-ventaron unha norma, cando o galego era usado por todo o mundo mesmo en documentos oficiais. Isto non sig-nifica en absoluto que falemos como os de Lisboa! Temos que falar como falamos nós.

cando xorde o movemento naciona-lista galego?Cando eliminaron as provincias tradi-cionais e respondendo a unha situación de soberanía conquistada coa revolu-ción francesa. As monarquías españolas crearon entidades de dominación aquí, mais mantiveron a Xunta do reino, con competencias propias e recoñecedora

da personalidade de Galiza. Foi anula-da, e de sete provincias representadas nunha organización galega pasaron a catro dependentes cada unha de Ma-drid, mais sen relación entre elas, nin-gunha relación. Esa anulación última da nosa personalidade fixo agromar a conciencia de nación. a sentenza do tc sobre o estatut nega dunha banda as nacións sen estado e, doutra, recoñece unha realidade cul-tural propia nalgúns territorios...[interrompe] Desde o punto de vista da España unificada nacida hai 500 anos por obra dos Reis católicos négase todo. Os obstáculos tamén afectan á cultura. Non queren recoñecer unha cousa: a nós, e aos cataláns e aos vas-cos, non hai ningún estado que poida dicirnos como imos usar a nosa lin-gua! As restricións son económicas e sociais, mais tamén culturais, e unha convivencia nun estado que nos nega é imposíbel.

como encaixa a definición de 'naciona-lidade histórica' na doutrina do tc?Non encaixa. Directamente, négaa. Esa sentenza di que o alcance das compe-tencias de Catalunya corresponde de-cidilo en Madrid ou ao TC. É ese posi-cionamento é gravísimo.

catalunya vén de celebrar a Diada, con dous millóns de persoas nas rúas. imaxinas algo así na Galiza?[sorrí] Se non o imaxinase non estaría no BNG. Non o imaxino, quéroo!

Fechas a candidatura do Bloque pola coruña para o 21-o. como se afron-tan estas eleccións?Os nacionalistas temos que conven-cer da nosa capacidade como nación. Non é negar que obxectivamente sen ela non somos unha nación, pois hai razóns históricas para afirmalo, máis que en Catalunya. Mais o feito de nos constituír nunha entidade estatal requi-re da conquista da vontade da maioría da poboación. Nós non necesitamos para nada de Madrid. Galiza ten unha renda por habitante do 92% da renda europea, que non se plasma na capaci-dade recadatoria porque o sistema fis-cal nega esta realidade. Que razón hai para dicir que non podemos? Mais iso é o que se difunde como ideoloxía en Galiza, e moitos non teñen elementos suficientes para decatarse de que non é verdade. De todos os partidos que se presentan o 21-O, o BNG é o que leva un programa máis coherente. Acertou nas posicións de loitas sociais que se deron en Galiza neste tempo, e entrou na batalla de que no Estado español ten que haber unha mudanza institucional que recoñeza máis cedo que tarde o carácter nacional de Catalunya, Eus-kadi e, por suposto, Galiza.

23cUltUra ENTrEviSTA21 de setembro de 2012

siñado. 'Tratade ben os galegos', dicía Rosalía. Non nos trataban ben porque eramos diferentes! Traballadores e po-bres había en todos os territorios, mais os galegos que traballabamos fóra era-mos os únicos que falabamos a nosa lingua. Eran os dous fenómenos: as cla-ses dirixentes galegas, apoiándose nas riquezas xeradas polas xentes galegas, mandaban en Madrid; e, ao tempo, a Galiza era unha nación sometida po-dendo ser un país rico, tanto ou máis que Catalunya. Con todo, colocáron-nos como territorio excéntrico, cando estamos máis perto do Atlántico que Madrid. Zona marxinal sería, en todo caso, a meseta madrileña.

tivemos nós antes reis do que castela leis, dicía castelao.[sorrí] Si.

Dedicas un ensaio á independencia do galego e a converxencia no gale-go-portugués, contra unha norma ar-tificial e máis próxima ao español. mais Galiza tamén foi negada na historio-grafía portuguesa.Claro. Posibelmente polo afán de fuxir da rapiña española non recoñeceron a súa orixe galega e crearon o mito da Lusitania. Non recoñecen nada ante-rior ao século XII. Braga foi a capital dun

24 cUltUra CrÍTiCA

No lombo dunha ave durmidaComo xa comentabamos ao falar de Atl, a última novela de Manuel Louren-zo, o xénero da distopía parece estar a vivir un particular florecemento na literatura galega dos últimos anos Se naquel caso analizabamos a proximi-dade da obra co xénero da ciencia ficción, 15.724 formúlanos un punto de partida completamente diferente, cunhas coordenadas que sitúan a súa historia máis perto da fábula con tras-fondo político que dos avatares xera-dos polos avances tecnolóxicos.

A Patria na que discorre a acción está situada no lombo dunha ave dur-mida, cercada por murallas que a de-fenden do exterior e gobernada polo Gran Mariscal. A súa sociedade regu-laméntase polo Libro dos Protocolos e o seu pasado está fixado por todo un conxunto de lendas que os nenos repiten nas súas escolas. Ao mesmo tempo, as súas xentes viven ligadas a determinados ritos sociais, dos que o máis destacábel é a festa da noite do armadillo, animal que figura na súa bandeira e ao que se lle presta unha especial veneración.

Será precisamente unha desas noi-tes de celebración na que o curso da vida de Gordo e Samuel R., os do-us irmáns protagonistas, orfos den-de moi nenos e marcados posterior-mente por distintas perdas familiares, mudará radicalmente e os levará a contemplar a verdadeira face do po-der implacábel e totalitario que dirixe a sociedade na que viven.

A obra presenta un argumento complexo que nos fai acompañar aos protagonistas dende a primei-ra infancia até a noite decisiva que marca o comezo da trama máis im-portante da novela, case na metade do libro. Se ben esa demorada intro-dución permite comprender mellor as complexas características da Pa-tria na que se desenvolven os feitos e tamén o dificultoso devalar dos seus protagonistas, o certo é que o ritmo da narración non deixa de verse al-

cRÍTIcA LITERARIA

go afectado e fai desexar por mo-mentos unha maior profundización nalgúns dos seus personaxes, polo menos equivalente á que gozamos na primeira parte.

Por outra banda, un dos grandes acertos do autor é o de presentar-nos transcricións directas dos medios de comunicación e das fontes lexis-lativas da Patria. Desta forma, entre a acción que dirixe un narrador om-nisciente intercálanse distintos frag-mentos do Libro dos Protocolos, así como emisións de radio e reportaxes xornalísticas que nos permiten elabo-rar un xuízo moito máis directo sobre o que está a acontecer do que supo-ría a súa simple descrición. Ao mes-

Xesús Constela.

Tras a química e o entendemento que foi xurdindo ao longo da confluencia dos camiños dest@s catro grandes músic@s, o destino que tantas veces os fixo coin-cidir profesionalmente, axudou para que no presente ano 2012 vise a luz Acada-canto: un traballo que mestura temas de diversa procedencia.Se nos fixamos nas letras, penso que o poderiamos escoitar cen veces segui-das sen perder a concentración. Temos para escoller desde as máis simples e di-rectas, e non por iso peores, até as máis profundas e encubertas. Ademais da envoltura tremendamente

cRÍTIcA musIcAL

acadacanto

Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillermo

Fernández e Xosé lois romero

Música de Salitre, 2012

CD

rica que conseguiron tecer Guille e Xosé Lois, non podo deixar de asombrarme ao escoitar o grao de perfección que Guadi e Xabier acadaron no empaste das súas tan diferentes voces: nos finais das frases, na ornamentación, nos matices... tan-to que case se diría que musicalmente son dúas nadadoras sincronizadas que gañaron a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos (e ben merecida!). Como punto negativo, aínda que os te-mas están moi ben fiados pola empatía que existe entre @s catro integrantes, non me acaba de convencer a gran di-ferenza estilística que existe no reper-

torio: coido que hai unha dicotomía demasiado notábel entre as versións ou temas tradicionais e os de autoría propia: estas últimas tirando máis ca-ra á música moderna ou pop e cunhas melodías demasiado “rabudas”, compa-radas co doadas de escoitar que son as do primeiro grupo. Mais, en definitiva, sen dúbida podemos dicir que consti-túe outro disco que cómpre engadir á gran colección de obras mestras que ten a música galega. “Fun á fonte beber auga debaixo dunha pereira, soio por ver os teus ollos, que a sede moita non era”. Olga brañas

mar as súas propias decisións.Ao mesmo tempo, e como resulta

doado concluír, outro dos temas fun-damentais de 15.724, será o cuestio-namento do poder absoluto do Es-tado á hora de dispoñer da vida dos seus súbditos, tocando moi de per-to e dunha forma bastante orixinal, a cuestión dos seus aparellos represi-vos, sinaladamente o funcionamen-to das estruturas penitenciarias e o tema, clave no desenvolvemento da trama, da pena de morte.

Alí onde outras obras reflectiron o perigo do control total e da tentación totalitarista que poden producir nos gobernos as novas tecnoloxías, 15.724 asenta precisamente o seu valor no lado contrario. Non é necesario un grande acervo tecnolóxico para con-trolar e manipular á poboación, che-ga cun recoñecemento nominal de certos dereitos básicos, elementos de distracción e a inestimábel coopera-ción dunha prensa que non cuestio-na en ningún momento a versión que dá o poder e que non dubida en lin-char mediaticamente ás vítimas por este sinaladas. Aspectos todos que se cadra teñen máis que ver coa no-sa realidade do que poida parecer a primeira vista.

A nova obra de Xesús Constela en-márcase, por tanto, nesa nova corren-te da literatura galega que, falando dende a fantasía, non deixa de tender lazos cara á face máis escura dos no-sos tempos. mario Regueira

15.724

Xesús Constela

Xerais, 2012

248 páxinas

17,50 euros

mo tempo esta técnica permítenos ter un retrato global da sociedade na que transcorren os feitos e a forma na que funciona, transcendendo a sim-ple historia persoal dos protagonistas para ofrecernos a perspectiva social e política da súas desventuras. Con-templamos así a feble vixencia que teñen os dereitos recoñecidos pola lexislación básica do pais, a configu-ración do Gran Mariscal como cabe-za visíbel dunha ditadura populista e, moi especialmente, a manipulación que a prensa sensacionalista efectúa sobre unha poboación que, idiotizada en ritos baleiros e crenzas irracionais dende o primeiro ensino, é incapaz de formar o seu propio criterio e to-

21 de setembro de 2012

Saudades do Verão

Gente que amo anda a despe-dir-se do mar. E do campo. É tempo de regresso, às neu-rociências e às turbaletras, na velocidade de cidades e

vilas pequenas que dispensam por igual a consciência dos frutos rurais. É mês de colheita e vindima, o mês de encher arcas e celeiros e adegas e de estru-mar terras para as próximas sementei-ras. Todos nós já pouco disso sabemos e depois das férias andamos pendentes de novos horários, conhecer alunos em estréia e eles a espreitar-nos em novos professores quando não professores novos. Mas anda por trás da tarefa la-buta geral o igual instinto ancestral. As livrarias lançam às montras livros es-colares com promoções de cadernos e mochilas e um cheiro de borrachas e lápis desvia doutras fragrância e do declínio lento da luz solar que agoniza em entardeceres cada vez mais breves, distraindo-nos das primeiras chuvas que em breve arrebatem as iniciais folhas amarelecendo. E contudo a vida urba-na tem também um gesto recolhedor e ao tempo inaugural e, como pare-ce haver inclusive algum vagar, antes das demandas de exames e trabalhos,

as pessoas sentem-se mais propícias a eventos –para coletar porventura nas uvas das letras o propósito inconsciente de fazer vinho de reserva nas estantes a catar durante o inverno.

Compostela é rica em adegas dessas e acontecimentos vários, algo que a gente que amo bem sabe, por isso insinuo para ela que se tiver a fortuna de poder ainda furtar-se mais longe, antes da chega-da do frio, salte na próxima semana ver o camarada Ruffato em Lisboa, cidade cuja luz e convívio do mar atenuariam o drama da despedida última do verão. Estará no próximo 27 lançando o seu li-vro De mim já nem se lembra, pela edi-tora Tinta da China. O acontecimento será na esplanada do Le Chat, Jardim 9 de Abril, ao lado do Museu Nacional de Arte Antiga, a partir das 21:00. Com ele estará sendo lançado ainda Dois Rios, de Tatiana Salem Levy, e ambos apre-sentados por Dulce Maria Cardoso. Luiz Ruffato foi o padrinho desta última no 10 de Julho em São Paulo, apresentan-do O retorno, e ainda O Livro de José Luís Peixoto. Todos estes quatro títulos podem dar boa vindimadura, e mes-mo sem participar na solenidade so-cial deles os próprios festejos havido e

escritas e enviadas pelo primogénito, fa-lecido em acidente. Na nota final da 'Ex-plicação necessária', o narrador adver-te reproduzi-las integralmente, "apenas atualizando e corrigindo a ortografia e muito raramente a pontuação –procurei manter sua quase-oralidade". Como no caso do Estive em Lisboa e lembrei de você, em que nos preambulava tratar-se de transcrições de conversas gravadas, os vestígios de realidade aqui (como as Helena e Simone que cita e conhece-mos bem) são poderoso mecanismo na verosimilhança da narrativa. Mas se o trabalho intencional com a lingua-gem, se o literário não estivesse atingi-do, a simulação das cartas que confere à obra o ar de depoimento e revelação de intimidades ficaria no anedótico. O resultado é assim bem superior. Essas cinquenta cartas (e o aparato táctico colocado em volta) convidam e como-vem o leitor para espreitar a memória de uma família, a perseguição do conforto burguês de salário, habitação, renda e até o automóvel que lógica ou ironi-camente também pode matar. Enfim, nestes dias de esquecer mar, eis estas páginas que chegam em breve do outro lado dele.

Do outro lado do rioCarlos Quiroga

Amor baixo o espiño branco (Shu zhi lian shan zha)

Xa tivemos ocasión de vela en CineEu-ropa. Un luxo de festival para Com-postela nunca agarimado dabondo. As opinións á saída das proxeccións non participaban de xeito unánime do entusiasmo. Ían do fervor á cen-sura do director por optar por unha secuencialidade narrativa en exceso lineal, case primaria, recorrendo a in-tertítulos e por abusar das elipses tem-porais. Para algunhas persoas lambía no ridículo. Á marxe da aparente au-sencia de toma de posición política; inaudita, case meritoria tendo en conta que o contado acontece no contexto da revolución cultural china, unha di-tadura represiva que pretende como obxectivo a supervivencia do estado en detrimento da individualidade da cidadanía. Imaxínense, pois, o mérito dun director que non toma posición ao rodar unha cinta como esta, a inuti-lidade da empresa. Estamos a falar dun home que se viu obrigado a abando-

shan zha shu zhi lian

Dirección: Zhang Yimou.

Guión: lichuan Yin , Xiaobai Gu , Mei ah / ai Mi

intérpretes: Zhou Dongyu, Shawn Dou, Xi

Meijuan, Li Xuejian, Cheng Taishen, Sarina.

China 2010

Drama. 121 min.

cRÍTIcA DE cInEmA nar os seus estudos e a pasar dez anos como operario téxtil nunha granxa de traballo re-educativo. O realizador, nun mesmo ano, 1999, de dúas cintas que denuncian e estremecen, que desar-man a persoa máis pintada, arte fíl-mico de magnitude cósmica: Nin un menos e O camiño á casa. Non será que Zhang Yimou si toma partido ta-mén desta volta e culpa directamente o réxime despótico do signo fatal da historia de amor que nos conta?

A árbore do título alude ao valor do pobo chinés; ao sufrimento provocado pola ocupación e a guerra contra Xa-pón. A liberación nacional comunista simbolizada pola cor vermella dos froi-tos do espiño branco que dá a benvida á aldea de montaña á cal é enviada Jing para completar a súa re-educación. Unha rapaza aínda inocente que che-ga desde a cidade. Cidade e progreso contraposta na dialéctica maoísta á vila miserenta e campesiña. Debe ter conta de cada paso que dá. A nai e os irmáns pequenos dependen dela. Seu pai é un disidente político metido no cárcere. Jing é observada polos ollos do esta-do. Ten toda a traza de ser o comezo dunha cinta política, mais evoluciona de xeito que semella evadir a actitu-de crítica (non meritoriamente se real-mente fose así). O director constrúe unha historia de amor en que o social

a haver provam que estarão disponíveis por perto. Para a Tatiana, que conhe-ci em Julho de 2005 em Compostela, naquela semana mágica em que tam-bém estiveram o Ruffato e o Peixoto, e para este e ainda para a Dulce Ma-ria Cardoso, que já participou num dos Encontros na Raia que daqui promove-mos, teremos que abrir espaço priva-do nalgum momento. Por enquanto e reincidindo, porque ele se predica 'ga-lego militante', mais uma palavra sobre o novo livro do mineiro. Dele conheço a mimada edição especial da Ed. Mo-derna de São Paulo (2007), e até umas 'propostas de atividades' que visam um aproveitamento da obra em sala de aula. É um romance epistolar em que o au-tor ostenta usar a correspondência fa-miliar e publica as cartas de um irmão. A edição portuguesa chega quando o equivoco sobre a veracidade das car-tas e a confusão com a realidade extra-literária do Ruffato já foram desfeitas. Ao abrir uma caixa pequena e ignorada, encontrada no quarto da mãe falecida, a caixa onde "minha mãe abrigara seu coração esfrangalhado”, o narrador se depara com um maço de cartas cuida-dosamente enfeixadas e que teriam sido

ideolóxico en que realizou as visual-mente fermosísimas Hero, A casa das dagas voadoras e A maldición da flor dourada. De feito, comezou nisto do cinema como director de fotografía. O Oso de Ouro en Berlín, por Sorgo Vermello (1987), e a Espiga de Oro en Valladolid ou o Premio a Mellor Direc-tor en Cannes, por A semente do cri-santemo (1990), convertérono no máis internacional e interesante dos realiza-dores da chamada Quinta xeración do cine chinés. A súa relación co réxime é ambivalente: censura de guións, prohi-bición de exhibición dalgunha das súas películas e co-dirección da cerimonia de apertura dos xogos olímpicos de Beijing 2008. Dous anos de atraso son o desfase habitual entre a estrea das súas cintas e a chegada aos circuítos comerciais europeos. Se cadra a últi-ma, The flowers of war, chega antes: o protagonista é Cristian Bale.

Somos sociais, políticos, por natu-reza. Outra cousa é o grao de com-promiso. A anestesia social é allea ao cinema de Yimou. Arredor de nós, ra-dicalismos doutro signo disfrazados de democracia descabezan escolas e hospitais con fouces hergestellt in Deutschland. A ausencia de toma de posición constitúe unha postura ra-dical, cooperante co estabelecido, co perverso estabelecido. J. carou

é só o marco. El é Sun, fillo dun alto cargo militar. Intelixente, bondadoso. Pertencen a diferentes clases sociais. A sensatez e o estado aconsellan pru-dencia, represión amatoria. A relación ten que ser clandestina. Sensacionais no seus primeiros papeis os dous ac-tores protagonistas. A posta en escena é pulcra, espida. Repito, Yimou cons-trúe unha historia de amor. Honesta, delicada, sincera. Esguizada pola dor. Unha construción así, fílmica, literaria ou real, constitúe un logro incompa-rábel con ningún outro.

Zhang Yimou volve con esta pelí-cula ás súas orixes, despois de case tres lustros (ten xa sesenta) de veraneo

25cUltUra CrÍTiCA21 de setembro de 2012

26 cUltUra PENSAMENTO 21 de setembro de 2012

O troco do ponto de vista crítico

Vítor VaqueiroEscritor

Aínda que o aparecemento da fotografía fica até o pre-sente situado no ano 1826, coa imaxe Point de vu du Gras, tirada por J. N. Niép-

ce (SG 14, p. 26, 7.9.2012), o momen-to institucional fixado historicamente foi o día 19 de agosto de 1839, data no que o cientista franco-catalán François Arago apresentou o invento nas Aca-demias de Belas Artes e Ciencias, re-unidas en sesión conxunta. En grande medida, o devandito acto encenou a consideración que a fotografía mostra-ba perante os ollos da sociedade: unha disciplina que compartillaba ámbitos da ciencia e da arte, feito que habería de condicionar o evoluir posterior do novo meio, marcado pola relación di-recta que a fotografía estabelece coa realidade. Partindo desta idea, a crítica e a teoría fixaron, historicamente, tres pontos de vista a respeito da imaxe fo-tográfica.

A primeira focaxe teórica levada a ca-bo sobre o novo meio foi a que consi-deraba a fotografía como reprodución da realidade. Este discurso apareceu coa inauguración do proprio feito de fotografar e viña inducido pola forte fidelidade ao real, pola eficacia da fo-tografía como potente meio de repre-sentación. Tratábase dun discurso re-lacionado coa mímese, conceito cuxas orixes se poderían xa pesquisar en Pla-tón, que inducía a interpretación da fo-tografía como espello da realidade, co-mo meio “obxectivo” moi subordinado á máquina, e —até certo ponto— inde-pendente da subxectividade de quen preme o disparador, perspectiva con-cretizada, por volta de 1890, na célebre publicidade de Kodak: “you press the buttom, we do the rest”. Esta focaxe dominou o século XIX e os comezos do XX, sofrendo unha fenda coa chegada do pictorialismo —fins do XIX— e resul-tando ferido case de morte nos tem-pos adxacentes ao comezo da I Guerra Mundial. Cómpre, porén, subliñar que este ponto de vista, embora minoritario e en constante recúo, segue a ser visí-bel, de maneira ocasional, ao longo do século XX. Tal actitude viña cinxida a unhas condicións técnicas que esixían o emprego de tripé e pulaban un pon-to de vista horizontal que alicerzaba na frontalidade, na utilización da luz na-tural como fonte de iluminación e no sobranceo da perspectiva, o cal criaba unha pretensa sensación de obxectivi-dade que deitaba proxectos de voca-ción esencialmente documental. Al-gúns exemplos dos produtos obtidos son os traballos de fotografía de gue-rra de Roger Fenton, Alexander Gard-ner ou Felice Beato, as reportaxes de

lista (1920), o enunciado do principio de incerteza de Heisenberg (1927), a obra de Freud e o aparecemento da psicanálise así como o afortalamento da madurez fílmica —Griffith, expre-sionismo— constitúen algúns esteos das novas perspectivas sociais e cul-turais que abrollan nese tempo que, na arte, se acostuma definir como o das vanguardas. Como consecuencia da aparición de emulsións máis sensíbeis, ópticas máis luminosas e cámaras lixei-ras desaparece a escravitude ao tripé, o cal dá como resultado a liberación do ponto de vista. No plano formal, os contrapicados e as deformacións fa-ranse presentes, por exemplo, na obra do fotógrafo soviético Aleksander Ro-dchenko, a mistura de realidades e es-pazos aparecerá na fotomontaxe e es-ta nova subxectividade verbalizarase

nas Photo Notes de Eugene Smith de 1948: “The journalistic photo-grapher can have no other than a personal approach, and it is im-possible for him to be completely objective. Honest, yes. Objective, no”. Nesta conceición, a imaxe fo-tográfica acharíase no territorio da convención e o símbolo.

Finalmente, o terceiro ponto de vista é o que encadra a fotografía no dominio do indicio e da pegada, estabelecendo coa realidade un-ha relación semellante á que xera o fume coa fogueira, a pegada na area da praia co pé, o cheiro coa comida ou a sombra co obxec-to que a proxecta. Esta reflexión chántase a partir das últimas dé-cadas do século XX e recolle, sis-tematizándoas, certas achegas de tempos diferentes: a herdanza do fotograma, executado xa no pe-ríodo de entreguerras por Man Ray ou Moholy-Nagy, a relación proposta por Roland Barthes en-tre o referente e a imaxe e, natu-ralmente, o fondo cepticismo no que atinxe ao estatuto da imaxe fotográfica que pasou de consi-derarse o verdadeiro a ser vista como unha cousa simplesmente verosimil. Certamente, esta pos-tura afortalouna o xurdimento da fotografía dixital, que sementou na sociedade o receo a respeito da fotografía e a idea de simula-cro. Neste ponto de vista, a imaxe fotográfica sitúase no ámbito da viciñanza e do index. Unha gran-de parte da crítica contemporá-nea analisa a fotografía baixo es-ta óptica. Do camiño percorrido polo pensamento no último sé-culo a fotografía resulta ser unha influínte testemuña.

exploración do mundo de Maxime du Camp ou o volume de 1899, How the Other Half Lives, de Jacob Riis. Baixo esta focaxe, a fotografía pertencía á or-de da semellanza e do ícone.

O segundo achegamento á prácti-ca fotográfica é aquel que a olla co-mo unha codificación, análise ou in-terpretación da realidade. Xorde así un notábel troco a respeito da anterior conceición. Agora a realidade é plural e, dependendo de quen a observe e fo-tografe, apresaranse as súas diferentes fasquías e manifestacións. Dita formu-lación adianta na Europa abalante, axi-tada e revolucionaria que presenciou a Grande Guerra, a Revolución Sovié-tica, o ascenso do nazismo e a II Gue-rra Mundial. É obvio que a fotografía, inserida na contorna social na que se desenvolve, non puido deixar de reflec-tir os movementos múltiplos que —na Política, na Ciencia ou na Arte— xor-den nese período e poñen en cuestión as nocións de absoluto, subvertendo, ao tempo, ideas como as de obxec-tividade e verdade: a formulación da teoría da relatividade (1905—1915), a emerxencia do construtivismo (1919), o surximento do movemento surrea-

A primeira focaxe teórica consideraba a fotografía como reprodución da realidade. O segundo achegamento é aquel que a olla como unha codificación, análise ou interpretación da realidade

A quimera da prata

Fotografías, de arriba a abaixo: Vista xeral de Compostela (Charles Thurston Thompson), Sen título (Cindy Sherman) e Recorte con coite-lo de cociña (Hannah Höch).

27cUltUra21 de setembro de 2012

Algo máis de 120 congresistas foron acollidos na Universidade, lugar onde se desenvolveu o amplo programa aca-démico, que contou cunha recepción no magnífico edificio da Asemblea de Gales, cunha cea oficial e con actua-cións musicais para rematar as xeiras de traballo. Difícil escoller entre tan-ta oferta de relatorios e sesións, difícil axustarse a un horario polo diálogo e posta en común, de pouco tempo se dispuña para a vida social, para andar as rúas da cidade e evocar o seu pa-sado mineiro e a importancia do seu porto.

A AIEG transporta a investigación so-bre a cultura galega cada tres anos a unha cidade, cada tres anos nunha As-emblea elíxese unha directiva nova res-ponsábel da organización do próximo congreso e de dar visibilidade á aso-ciación. Craig Patterson da Universi-dade de Caerdydd foi o presidente da Asociación neste último trienio, agora a nova presidenta é Débora Campos, xornalista e profesora da Universida-de de Bos Aires, responsábel máxima da organización do próximo congre-so en 2015 que vai levar á Asociación

Rosalía de Castro protagoniza o Congreso Internacional de Estudos Galegos en CaerdyddEntre o 12 e 14 de setembro celebrouse na cidade de Caerdydd, capital do País de Gales, o X Congreso Internacional de Estudos Galegos, baixo o lema: Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos Estudos Galegos.

Imaxe: Fani MosqueraMarga Romero

a un dos principais portos do río da Prata. Será cando a AIEG, creada po-la profesora e investigadora Kathleen March, cumpra 30 anos.

Pode semellar singular que persoas coñecidas, que se poden ver e oír en Galiza se reúnan cada tres anos nun lugar máis afastado, cuestionarse mes-

mo a realización lonxe dun congreso no que, como en todos, unhas persoas escoitan a outras. Un dos obxectivos da AIEG desde o nacemento foi dar visibilidade á importancia que os es-tudos galegos tiñan no ámbito univer-sitario mundial, comunicar eses ámbi-tos e espazos, reunir a diáspora. É así

Luis Bará presentou o novidoso Proceso Rosalía 2013.

como hai que comprender todo este esforzo. Cada congresista volve como sempre, esta vez do País de Gales, con contidos diversos na valixa, mais este congreso pasará a historia pola espazo que ocupou a figura e a obra de Rosa-lía de Castro, investigacións e inicia-tivas novas que se desenvolveron ao longo das sesións baixo o epígrafe de Obradoiro Rosaliano, que incluíu re-latorios, presentación dos seminarios rosalianos en Barcelona, do novidoso Proceso Rosalía 2013 que desvelou Luís Bará, unha iniciativa de política cultu-ral para conmemorar os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos que supoña unha posta ao día de Rosalía de Castro, en diálogo coa cidadanía. Houbo espazo para a o monográfico A renovación metodolóxica dos estu-dos rosalianos de Grial e Anxo Anguei-ra, Presidente da Fundación Rosalía de Castro, detívose na edición da obra ga-lega completa que publicará Edicións Xerais. Unha pequena frustración foi a ausencia da lingua do País de Gales, que só atopamos no nome da cidade, topónimo que (con)vivía sempre coa ameaza do inglés. Magoa non estable-cer en ningún momento relacións coa realidade lingüística do país que nos acollía, nun congreso en que Galiza, figuraba como motivo.

1 2 3 4 5 6 7 8

1234567 89

horizontais 1. vai en contra dela con intención de causarlle dano ou de vencela. Símbolo químico do boro. 2. Cento un, en números romanos. Suspensión momentánea da respiración. 3. instrumento para medir a capacidade auditiva. 4. Abreviatura de “tonelada”. Aparello de pesca. Consoante. 5. Extremidades superiores das aves. Pequena pa de ferro que serve para raspar. 6. Subir a un lugar valéndose das mans e das pernas. Símbolo do rubidio. 7. Acomodase, arranxase. 8. Día da semana. Adverbio interrogativo. 9. Terceira persoa de singular do presente de indicativo do verbo “ser”. Producir rima ou asonancia.

verticais 1. Aceptarase con submisión toda disposición que emane dunha autoridade. 2. Pequeno movemento involuntario que se repite con frecuencia. Operación que consiste en xuntar dúas ou máis cantidades nunha soa. 3. Preposición. Artigo indeterminado. Cuspe que escorre pola boca. 4. Localidade coruñesa. 5. Triste, pesaroso. 6. Laxes dun monumento megalítico. Sensación percibida polo sentido do oído. 7. Símbolo químico do erbio. Prefixo que significa “antes”, “anterior a”. vogal. 8. Árbore africana. Antiga cidade mesopotámica. solucións (horizontais): 1.- Atácaa. B. 2.- Ci. Apnea.

3.- Acúmetro. 4.- T. Nasa. B. 5.- Ás. raspa. 6.- rubir. rb. 7.- Amañase. 8.- Sábado. U. 9.- E. Asonar.

PAsATEmPOs carlos l. medrano

encrucillado enigma

Un rei da antiga Persia saíu de caza unha mañá e atopouse cunha campesiña que estaba a arar.—Canto gañas ao día? —preguntoulle.—Tres dracmas, señor —respondeu a labrega—. O primeiro cómoo, o segundo póñoo ao xuro e o terceiro devólvoo.O monarca non entendeu aquilo e pediulle á muller que lle aclarase as súas palabras. Só entón soubo a que se refería: co primeiro dracma comía ela; co segundo dáballes de comer aos seus fillos, que a alimentarían tamén a ela no futuro, que é como poñer o dracma a rédito; e co terceiro mantiña o seu pai e así devolvíalle o que este fixera por ela.—Moi bien explicado —repuxo o rei—. E agora prométeme que non lle contarás isto a ninguén ata veres a miña cara de novo cen veces.A muller prometeullo solemnemente e o monarca, satisfeito, regresou ao seu palacio.O rei, sentado á mesa cos seus ministros, propúxolles esta adiviña:—Unha labrega gaña tres dracmas ao día. Come o primeiro, pon a xuro o segundo e devolve o terceiro. Cal é a solución?Ninguén daba coa resposta. O primeiro ministro montou a cabalo, percorreu os campos e foi dar coa labrega que o rei atopara. Rogoulle que lle explicase a adiviña, se a coñecía.—Así é, señor, mais non podo revelar a resposta xa que lle prometín ao rei non facelo ata ver polo menos cen veces a súa cara.Con todo, o primeiro ministro deu coa forma de que a muller lle indicase a solución sen incumprir a súa palabra. De feito, regresou ao palacio e deulle ao rei a resposta exacta á adiviña. Como o conseguiu?

solucións O primeiro ministro sacou unha bolsa con cen moedas e foillas dando á campesiña, de unha en unha, de xeito que vise a efixie do monarca impresa en todas.

O rei de Persia e a labrega

28 cUltUra viAXES NA MiñA TErrA

Piornedo é un bo lugar para facer base e, desde alí, per-correr distintas rutas para nos internarmos nos Anca-res. Son moitas as opcións.

Podemos subir a algúns dos cumes dos Ancares, facer unha longa e du-ra travesía polos máis representati-vos, dar pequenos paseos por algún dos camiños que se empregan para

Os Ancares III

subir o gando aos prados ou visitar poboacións próximas como Vilare-llo, Donís ou Moreira, sen esquecer un percorrido entre as pallozas e hó-rreos e a visita a algunha das pallozas museo, onde nos podemos mergullar na forma de vida tradicional da xen-te dos Ancares. Se queremos coller o coche, podemos percorrer o val de Ancares e as poboacións leonesas de

Autores: Colectivo XEA (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta)Imaxes: Colectivo XEA

Froitos de capudre ou carnabudo (Sorbus aucuparia), unha árbore moi común nos bos-ques dos Ancares.

Carballo no camiño do Cotarón.

Vista desde o Mostallar cara ao val de Piornedo. No val de Piornedo (val de Bous) houbo un glaciar de 6 km de lonxitude e 180 m de espesor.

Víbora de Seoane (Vipera seoanei cantabrica). Endémica do norte peninsular que en Galiza só se atopa nos Ancares, Courel e Trevinca.

O Mostallar desde a cabana dos Extremeños.

21 de setembro de 2012

29cUltUra viAXES NA MiñA TErrA

Páxinas

patrocinadas pola

Vicepresidencia

Primeira da

Deputación de

Lugo. Área de Cultura e Turismo

Vista desde o Mostallar cara ao val de Burbia. As caídas da serra na vertente leo-nesa son máis abruptas e teñen desniveis máis fortes.

Pontella sobre o rego de Piornedo. Prados no val de Piornedo.

21 de setembro de 2012

como chegar: Saímos de Piornedo por un camiño que baixa cara ao río até chegar a unhas brañas onde se cruza o río por unha pequena pontella. Enriba temos os cumes da Pena do Oso do Cotarón.Desde alí podemos dar volta ou facer unha ruta máis completa subindo por un cami-ño á esquerda que leva á Braña Vella, ou subir por un sendeiro que nos achega aos montes da aba da Pena do Oso e ao Co-tarón (cada unha das variantes alongaría a camiñada en outros 2 km).

vAL DE PIORnEDO (1)

Distancia: 2 km (ida e volta)

Dificultade: Baixa

Duración: 1 horas

Unha pequena camiñada para coñecer o val glaciar de Piornedo ou de Bous, no rego da Veiga Cimeira ou da Ponte de Bous, onde podemos contemplar unha fermosa paisaxe e unha boa representación da flora e fauna dos Ancares en montes, prados e brañas.

como chegar: A ruta parte da igrexa de Piornedo, no fondo da vila. Seguimos o ca-miño que ascende sen coller ningún desvío e levando sempre á esquerda a Penalonga, cruzamos o río e chegamos á zona chan da Campa Redonda. Continuamos subin-do até as ruínas das cabanas dos Estreme-ños e despois polo sendeiro que se desvía á esquerda pola Golada do Porto (entre a Penalonga e o Mostallar) e ao chegar ao tendido de arames ascéndese até o cume por unha costa moi forte. Poderíase facer a volta baixando pola Bra-ña Vella.

subIDA AO mOsTALLAR (2)

Distancia: 12 km (ida e volta)

Dificultade: Media (alta no tramo final)

Duración: 6 horas

Unha camiñada de montaña que nos vai permitir gozar dunha espléndida paisaxe e de fermosas panorámicas dos cumes dos Ancares galegos e leoneses, así como dunha rica flora e fauna das brañas, de prados de montaña e de matogueira.

Tejedo, Pereda ou Candín, seguir o val do Rao até Murias ou nos ache-gar a Doiras, aínda que algúns dos percorridos podemos realizalos á ida ou á volta, segundo por onde veñamos.

Nesta entrega imos facer refe-rencia a dúas rutas, unha pequena, ao alcance de calquera persoa, sen gran preparación, e outra algo máis dura para subir ao Mostallar, cume máis alto dos Ancares galegos con 1.924 m. Os tempos que indicamos son relativos, xa que o camiño na montaña non depende só da distan-cia, senón tamén da pendente ou do estado do terreo, sen esquecer a idade e estado físico das persoas

que a realicen ou a curiosidade que nos fai parar en cada recuncho pa-ra observar un animal, unha planta ou a paisaxe.

A mellor época é a finais da pri-mavera e comezos do verán, ou o outono, e as persoas máis atrevidas poden probar tamén no inverno, pa-ra gozaren das espectaculares pai-saxes nevadas.

30 cUltUra DE DESEñO

Imaxes: L.D.Lola Dopico

Sago, sete centímetros de perfección

O deseño en cuestión de moda ten moi-tos xeitos de nos sorprender e desafiar a nosa imaxinación. Hoxe falamos dunha deseñadora que atopou un xeito moi especial de canalizar a súa gran paixón pola moda e tamén de facer uso do seu coñecemento do oficio dun xeito coi-dado e exquisito.

Ana Piñeiro naceu en Aldán e vén dun-ha tradición costureira. As súas mans po-súen ese coñecemento profundo que lle permite voar acariñando cada pun-tada, ensamblando fragmentos un tras outro, dándolle forma de modo comple-tamente artesanal aos seus broches.

Estas pezas teñen, nunca mellor dito, gran personalidade. Cando ves as bone-cas– broche de Sago decátaste desegui-da de que estás perante un traballo feito por alguén que procura a perfección. Como se da directora de reparto dunha película se tratase, Ana vai creando un-ha colección de personaxes que son as protagonistas de Sago. Vai escollendo e definindo os atributos máis axeitados para cada unha das personalidades con que constrúe as bonecas. Afastada das tendencias e dos continuos cambios da moda, Ana leva desde 2007 construíndo o seu proxecto. Chámanse Esther, Ke-vin, Ana, Alicia, Teresa, Marina, Veróni-ca, Lara, Sukia, María, Tosca, Cristina e,

por suposto, Malicia. Cada nome propio agocha unha personalidade moi con-creta: a rebelde, a preppy , a feminina, a melancólica e despois está Malicia, a única que foi reeditando con diferen-tes estilos, aínda que fiel a súa esencia, algo perversa e algo gótica.

Esta antiga estudante de dereito pron-to se decatou de que o seu camiño era outro, lonxe dos volumes sobre lexis-lación. Decidiu comezar a formarse en deseño na escola Mestre Mateo de Compostela, para posteriormente se in-corporar á equipa dunha firma de des-eño infantil moi consolidada. Tras dous anos nese traballo decide poñer en pé un proxecto propio. Como ela conta-ba, “vivía nun piso pequeno así que sa-bía que tiña que empezar a facer algo que non me ocupase moito espazo e para o que non necesitase moitos car-tos, que só necesitase o meu traballo”. Aínda que no comezo explorou a posi-bilidade de facer distintos complemen-tos, camafeos, diademas, etc. Pronto as bonecas-broche foron ocupando un-ha parte cada vez máis importante da súa actividade, até que finalmente pa-saron a se converter no único produto que elabora Sago.

As bonequiñas-broche de Sago es-tán feitas con esmero. A selección de tecidos e materiais para a súa elabora-ción seguen os padróns de calidade das me-llores coleccións

21 de setembro de 2012

de moda, alén do máximo coidado cos complementos. Aínda así, a escala fai que todo teña características ben dife-rentes, “un tecido non se comporta igual se manexas un metro ou un centímetro”, polo que ás veces procura reproducir un efecto cun material completamente diferente do orixinal.

Foise facendo un oco comercial dis-tribuíndo as súas pezas en numerosas tendas de toda Galiza e despois pola xeografía de todo o estado, contando con puntos de venda moi interesantes, como foi a súa colaboración coa es-pectacular tenda de Alma Aguilar, en Madrid

Enfrontándose aos tormentosos vai-véns da crise, Ana abriu a posibilidade de facer as súas pezas por encargo.

Os prezos destas pezas oscilan en-tre os 60 euros que custan os broches da colección, até os 120€ que custan, como mínimo, as bonecas feitas por encargo. Desde que lle encargas unha boneca enviándolle unha foto cun esti-lo concreto, na cal ela reproduce com-pletamente os últimos detalles, até a elaboración dunha embalaxe coidadí-sima e exclusiva, todo o fai ela propia de principio a fin, procurando cada peza e reproducindo cada elemento. Inviste, habitualmente, entre catro e cinco días na elaboración de cada boneca por en-cargo, traballando nove ou dez horas e

facendo multitude de probas, axei-

pUntos De Venta GalizaZarza (Vigo)

La Habitación de Lolita

(Cangas de Morrazo)

Lo Más Fashion Showroom

(A Coruña)

Séguea no Facebook:

http://www.facebook.com/sagodc

tando cada detalle, até obter o resulta-do que está a procurar nesa clonación da futura propietaria cun tamaño duns sete centímetros.

Non se conforma con menos que a exactitude en cada detalle e, como ela propia recoñece, goza buscando a perfección. “Gústame que o resultado sexa igual á foto que me enviaron, non vale que teña un aire ou sexa pareci-do, quero que sexa igual, se non é así, non o fago”

A destreza de Ana e esa vontade de perfección quedan prendidas en cada puntada que dá forma aos broches-bo-neca de Sago, e fan destas pezas un produto único e diferente para poñer na solapa ou onde queiras. As poñas onde as poñas non pasarán desapercibidas. Non deixes de ver a nova Malicia e máis a última incorporación, Blueberry.

31cUltUra OkAPi NO COUrEL

Vinte e cinco candeas no aniversario de Titiricircus

Imposíbel, único, máis difícil aínda! O feito de que un espectáculo conme-more o seu vinte e cinco aniversario é un acontecemento tan singular que a festa ten que ser grande. En Redondela, a casa dos Tanxarina, Titiricircus volverá estar, máis unha vez, diante do público nunha xornada especial en que un libro e un audiovisual serán os agasallos.

Máis dun milleiro de actuacións e vinte e cinco anos representándose fan de Titi-ricircus a obra galega de teatro de moni-creques máis representada. Desde o ano 87 en que se xerou nunha viaxe da com-pañía por Europa, a obra non deixou nun-ca de ser representada até gañar marcas únicas no noso teatro. Dalgunha maneira ía ser a marca de identidade de Tanxa-rina, a compañía que lle deu vida e que segue manténdoa nun lugar privilexiado da súa actividade. “Da rúa pasou aos tea-tros e responde ao noso modo de facer, con mestura de autores e monicreques”, explica Eduardo Alberto Rodríguez, máis coñecido como Tatán, un dos actores que estivo en todas e cada unha das máis de mil representacións da obra.

Canda el están desde o inicio Miguel Borines e Andrés Giráldez, unha tríade que continúa na compañía e que será protagonista da festa que se prepara en

Imaxes: KalandrakaCarme Vidal

O álbum asinado por Tanxarina, ilustra-do por Pablo Pastor e editado por Kalan-draka, relata con imaxes e texto a historia de dous artistas dun circo desapareci-do que lembran o pasado de esplendor cos seus monicreques. Polas súas páxi-nas pasan os máis singulares personaxes, aqueles que fan do circo de carpa alta un lugar onde a imaxinación e a reali-dade se mesturaban, un mundo que ti-ña as súas propias normas e sorprendía en cada novo número. Tanxarina home-naxea a través do libro @s artistas do cir-co e @s monicrequeir@s, aquel@s que, como eles propios, van de cidade en ci-dade, de vila en vila, levando a súa obra para ser vista por públicos distintos. Máis de mil veces se fai falta, durante vinte e cinco anos se é preciso. Como os dous pallasos que cando o circo desaparece deciden facer un con monecos e levalo por todo o mundo.

Festa, audiovisual, libro e, claro está, novas representacións do Titiricircus, un

espectáculo do cal gozaron crianzas de xa varias xeracións e que continúa sorprendendo cativas e cativos que, con gusto, axudarán a apagar as 25 candeas do aniversario.

Como podemos ler nunha extraor-dinaria páxina onde a furgoneta dos monicrequeiros atravesa o mundo en-teiro: Longa vida ao Titiricircus!

Redondela. “Pasou de xardíns escolares a bares, representouse en América e en África”, explica Tatán, quen conta como en cada actuación a obra “se refresca” e mesmo se axusta ao lugar onde se re-presenta.

Titiricircus está, como di Tatán, rodea-do de amizades, convidados tamén ao seu aniversario. Un amigo moi singular é Pablo Pastor, o ilustrador do libro que, con motivo do aniversario, publica Ka-landraka. Pablo é un máis da familia. Ve-ciño tamén de Redondela, soubo como ninguén ilustrar a maxia do Titiricircus, cuns debuxos que delatan o autor, o creador das fantásticas imaxes que cada ano enchen a vila anunciando o Festival internacional de monicre-ques de Redondela, unha iniciativa que ten a man de Tanxarina. Equi-libristas, pallas@s, encantador@s de cobras ou monicrequeir@s, pasan polas páxinas dun libro que amplía o mundo do Titiricircus e deixa pegada desta especial data de conmemora-ción. “Cando collín o libro souben que el e o autor das imaxes eran parte da nosa vida”, confesa Tatán.

en redondela, onde residen

Tamén de Redondela é Cuchi Ca-rreira, autor do documental “25 anos de Titiricircus”, que se estreará o sá-bado na vila da cal Tanxarina xa se considera compañía residente. “Es-

tivemos nunha antiga farma-cia e máis no vello cuartel, agora nunha nave veciña da estación de tren. Somos de Redondela, participamos na súa vida cultural e nunca fixemos por marchar”, afirma Tatán.

Na festa de aniversario convocan to-do o público que viu até este momento Titiricircus nas súas máis de mil repre-sentacións, todas as persoas que a in-cluíron nas súas programacións, com-pañeiros de profesión que compartiron esta longa vida do espectáculo e os moi-tos amigos e amigas que foron gañando no camiño.

21 de setembro de 2012

xornalista e artesá

consello de Administración Nemésio Barxa, Paula Castro, Xoán Colazo, Xoán Costa, Pura Ferreño, isabelle kerdudo, rubén Camilo Lois, Manuel Mera, Francisco Miranda, Néstor rego, Marga romero, Olalla rodil e Xurxo Souto.Deseño e maquetación Ángela Costas e María Sabarís.

Enderezo rúa do Preguntoiro, 9 1º Santiago de Compostela.correo-e [email protected] Teléfono 981 51 91 02Edita Sermos Galiza S.A. Depósito legal C 955-2012www.sermosgaliza.com Twitter @SermosGaliza facebook sermosgaliza

"a artesanía dáme o benestar que non tiña co xornalismo"

Imaxe: M. A. JorgeCarme Vidal

Esmeralda López Castro.

Esmeralda López Castro

De días sen paraxe con planos de co-municación, notas de prensa ou redes sociais, Esmeralda López Castro pasa ao seu obradoiro na Ulla para pintar ma-rabillosos testos. O tempo colle outro ritmo e ela sente a tranquilidade e o be-nestar que non atopa no xornalismo. Na súa casa da Ulla crea os seus testos para dar cor, alegría e vida. É certo que ilu-minar, iluminan. Coa marca “O taller da bubela” anuncia moitas sorpresas.

Unha xornalista que se pasa á artesanía. tan mal está a profesión?Chegou un momento en que pensei que o xornalismo non me estaba a dar moitas satisfaccións. O estado dos me-dios, os eres, o desemprego, a situación laboral lamentábel da profesión... Non estaba para moita festa. Ademais, eu traballo no ámbito da comunicación, con picos de estrés moi altos. No meu obradoiro o ritmo é distinto e atópome moito mellor.

o da artesanía víñalle de atrás?Sempre me gustou facer cousas, tiña inquietudes creativas. Creo que fixen de todo! Para min é unha necesidade. Son autodidacta e só agora estou dándolle un xiro ao que até este momento era afección. Máis que artesanía diría que fago ilustración e deseño aplicado en distintos soportes.

por que o seu obradoiro é o da bubela?Porque é un paxaro moi simpático. Ta-mén hai outra razón máis persoal. De adolescente eu peiteábame cun floco de punta e meu avó dicíame que parecía unha bubela. Agora traballo no mesmo espazo onde el tiña o seu obradoiro de zapateiro.

por que se lle deu polos testos?Testos e outras tantas cousas en que an-do e onde quero experimentar. O dos testos pode ser o máis singular. Por aquí non se fai moito, mais en México é moi habitual pintar os testos. Píntoos a man, con diferentes estilos. Tomo como base produtos cotiás aos cales a xente non lle dá valor e eu imprímolles outra con-dición a través da pintura. Cada testo é único.

cores non lle faltan...Son para casas con vida, con enerxía. Un día colocando os testos no soportal da miña casa decateime de que lle daría moita máis calor se estivesen pintados. Creo que nos fai falta máis alegría e vida. O deseño branco, aséptico, minimalista que se impuxo coa axuda de Ikea equi-para todas as casas. Os meus testos le-

algunha feira e o resultado foi bo, gus-toume a experiencia. Agora estou a pun-to de abrir a web para activar tamén o envío a domicilio e teño xa un punto fixo de venda en A formiga no carreiro, a primeira tenda colaborativa para ar-tesanía que abriu en Pontevedra.

claro! como experta en comunicación vai aplicar as novas tecnoloxías na venda dos seus produtos! o marketing!Para nada! En casa do ferreiro coitelo de pau! Emprego as redes sociais mais, fíxate, aínda teño a web en construción. Tampouco promociono tanto, entre outras cousas, porque non daría feito! Hai testos que me levan un día enteiro. De todos os xeitos, estou a pensar no packaging para o Nadal, algo singular e que quede bonito. Aínda teño moi-tos cabos soltos canto á comunicación, mais a verdade é que as redes sociais estanme a valer de moito.

no seu facebook hai persoas que col-gan fotos da súas ventás ou casas e gá-

banse de ter un testo do taller da bube-la. pode chegar a funcionar como unha marca?Sería xenial, que a xente fose buscan-do pezas do Taller da Bubela, terei que intentalo... (risas)

xa que se botou a vender, pensa que pode ser esta unha saída laboral?Polo de agora non penso moito. O tem-po está para tirar para adiante e facer un pouco de todo. Vou seguir facendo traballos de comunicación cando haxa, mais vou estudar tamén as posibilidades da artesanía. Se lle puxese aos testos o prezo que tiñan que ter, quedarían na casa. Ganancia non dá moita, a dicir ver-dade, mais que sei eu, ao mellor diversi-ficando...Xusto agora veño de rexistrar unha SL cun feixe de actividades, como está a facer todo o mundo, para ir dedi-cándose ao que se poida! O importante tamén é explorar o que se pode facer e tentar estar a gusto. A min a artesanía proporcióname o benestar e o sosego que non me dá o xornalismo.

van outro rexistro e responden a outra forma de construír o teu espazo.

ten o obradoiro na súa casa e a súa casa nunha aldea da Ulla. a xornalista retí-rase do mundo urbano para crear coas mans?Alí o ritmo é distinto, estou tranquila e atópome coa natureza. De feito, teño previsto traballar con produtos da miña zona. Non temos unha artesanía singu-lar, somos terra de viño e augardente, mais agora estou tentando aproveitar, poño por caso, os vimbios que se em-pregaban para atar as vides. Estou ta-mén a facer broches e pendentes con canas de bambú, cortando toros e po-ñéndolles ilustracións a cores.

Dicía que comezou na súa casa, como decidiu saír para vender os testos fó-ra?Comecei a poñer imaxes no facebook (http://www.facebook.com/otallerda-bubela) e a xente escribía preguntando onde se podían mercar. Despois fun a