Borja encontro rces

1
ENCONTRO RCES 20 de MAIO de 2016 A iso das 8:45 da mañá chegábamos ao pavillón un pequeno grupo de rapaces e rapazas con idea de pasalo do mellor xeito posible. Os máis despistados depositaban as súas legumes na caixa que levábamos , a cal subiron ao bus dúas persoas con forza a hora de partir rumbo a Ferrol. O camiño non se nos fixo para nada longo, o contrario, debido a que levábamos moita enerxía e moitas ganas de pasar unha boa xornada. Ao baixar do bus xa me agardaba a primeira sorpresa do día, os amigos da radio Sergio e Lucía querían que eu fora o encargado de realizarlle a entrevista ao conselleiro Xosé Manuel Rey Varela, ao chegar xa, ás 10.20! E así foi, ao principio cun chisco de nervios pero ao final quedei bastante satisfeito polo traballo realizado e ledo de coñecer a este gran home. A continuación estaban case todos no salón de actos agardando ao meu entrevistado para dar a benvida á xornada, de seguido tomou o mando César García Rincón. El sería o meu seguinte entrevistado, pero antes diso fixo un monólogo espléndido sobre como e que sacar partido da vida. A entrevista realiceina en compañía de Aldara, e non sei a ela, pero a min César encantoume tanto a nivel persoal como profesional, unha persoa moi levadiza e coa que pasaría horas e horas falando con el, xa que ten bo sentido do humor e sabeo utilizar que é o máis importante. Como ía narrando, de súpeto entrou o actor Rubén Ríos para presentar a película “Vida” e os seus actores, en combinación púxonos un avance da propia, que polo que vin e escoitei a xente quedou con bo sabor de boca e ganas de vela, igual ca min. O seguinte que fixemos foi un descanso para estirar as pernas e comer algo que a mañá ía ser longa, enlazando coa preparación do programa de radio cos compañeiros de Abrente, no cal tanto Sergio como Lucía nos axudaron moito para execútalo da mellor maneira posible diante de moita xente, alí estivemos antes de ir a comer, ensaiar e máis ensaiar pero ó final dou os seus froitos tanta implicación. Tódolos participantes do voluntariado comemos xuntos, aquí teño que ser crítico e dicir que a comida non era moi abundante, pero tamén felicito aos que servían que puxeron moito interese por que todo saíra ben e así foi. Por último tocounos executar o esperado programa de radio, moitos nervios e moita impaciencia nos nosos rostros, chegara a hora, eran ás 17:15 e comezaba a entrar a xente para vernos. Tocoume subirme ao escenario e encontrei a tranquilidade necesaria no meu compañeiro Carlos que era o que me transmitía, tranquilidade e seguridade. Saíu todo a perfección, o que máis me conmoveu foi o aplauso do público, xa que fomos aos que máis nos aplaudiron, por algo será, jeje! Por último fixeron unha fotografía a tódolos participantes, ao final creo que todos nos quedamos con ganas de máis, pero tocou a hora de regresar á nosa terra, Monfero, alí agardábannos os nosos pais cheos de preguntas e eu polo menos con moitas ganas de contarlles esta experiencia magnífica e recordada! BORJA MARTÍNEZ GARCÍA (2º ESO)

Transcript of Borja encontro rces

ENCONTRO RCES – 20 de MAIO de 2016

A iso das 8:45 da mañá chegábamos ao pavillón un pequeno grupo de rapaces e rapazas con idea de pasalo do mellor xeito posible. Os máis despistados depositaban as súas legumes na caixa que levábamos , a cal subiron ao bus dúas persoas con forza a hora de partir rumbo a Ferrol.

O camiño non se nos fixo para nada longo, o contrario, debido a que levábamos moita enerxía e moitas ganas de pasar unha boa xornada. Ao baixar do bus xa me agardaba a primeira sorpresa do día, os amigos da radio Sergio e Lucía querían que eu fora o encargado de realizarlle a entrevista ao conselleiro Xosé Manuel Rey Varela, ao chegar xa, ás 10.20! E así foi, ao principio cun chisco de nervios pero ao final quedei bastante satisfeito polo traballo realizado e ledo de coñecer a este gran home.

A continuación estaban case todos no salón de actos agardando ao meu entrevistado para dar a benvida á xornada, de seguido tomou o mando César García Rincón. El sería o meu seguinte entrevistado, pero antes diso fixo un monólogo espléndido sobre como e que sacar partido da vida. A entrevista realiceina en compañía de Aldara, e non sei a ela, pero a min César encantoume tanto a nivel persoal como profesional, unha persoa moi levadiza e coa que pasaría horas e horas falando con el, xa que ten bo sentido do humor e sabeo utilizar que é o máis importante.

Como ía narrando, de súpeto entrou o actor Rubén Ríos para presentar a película “Vida” e os seus actores, en combinación púxonos un avance da propia, que polo que vin e escoitei a xente quedou con bo sabor de boca e ganas de vela, igual ca min. O seguinte que fixemos foi un descanso para estirar as pernas e comer algo que a mañá ía ser longa, enlazando coa preparación do programa de radio cos compañeiros de Abrente, no cal tanto Sergio como Lucía nos axudaron moito para execútalo da mellor maneira posible diante de moita xente, alí estivemos antes de ir a comer, ensaiar e máis ensaiar pero ó final dou os seus froitos tanta implicación. Tódolos participantes do voluntariado comemos xuntos, aquí teño que ser crítico e dicir que a comida non era moi abundante, pero tamén felicito aos que servían que puxeron moito interese por que todo saíra ben e así foi.

Por último tocounos executar o esperado programa de radio, moitos nervios e moita impaciencia nos nosos rostros, chegara a hora, eran ás 17:15 e comezaba a entrar a xente para vernos. Tocoume subirme ao escenario e encontrei a tranquilidade necesaria no meu compañeiro Carlos que era o que me transmitía, tranquilidade e seguridade. Saíu todo a perfección, o que máis me conmoveu foi o aplauso do público, xa que fomos aos que máis nos aplaudiron, por algo será, jeje!

Por último fixeron unha fotografía a tódolos participantes, ao final creo que todos nos quedamos con ganas de máis, pero tocou a hora de regresar á nosa terra, Monfero, alí agardábannos os nosos pais cheos de preguntas e eu polo menos con moitas ganas de contarlles esta experiencia magnífica e recordada!

BORJA MARTÍNEZ GARCÍA (2º ESO)