Antoloxía de Lois Pereiro por Mariña Amo

Post on 30-Jul-2015

490 views 6 download

Transcript of Antoloxía de Lois Pereiro por Mariña Amo

Lois pereiro

MARIÑA AMO SECO

LOIS PEREIRO

AcrósticoSOMENTES INTENTABA CONSEGUIR DEIXAR NA TERRA ALGO DE MIN QUE ME SOBREVIVISE

SABENDO QUE DEBERÍA TER SABIDOIMPEDIRME A MIN MESMO DESCUBRIR QUE SÓ FUN UN INTERLUDIOATROZ ENTRE DOUS MUROS DE SILENCIO

SÓ PUIDEN EVITAR VIVINDO Á SOMBRAINOCULARLLE PARA SEMPRE A QUEN AMABA DOSES LETAIS DE AMOR QUE ENVELANABA A SÚA ALMA CUNHA DOR ETERNA

SUSTITUÍNDO O DESEXO POLO EXILIO INICIEI A VIAXE SEN RETONO DEIXÁNDOME LEVAR SEN RESISITENCIA Ó FONDO DUNHA INTERNA ANIQUILACIÓN CHEA DE NOSTALXIA.

ATROCITY EXHIBITIONDeixa un bico no espello

Onde arde a miña sombra pola noiteE que podrezan xuntas a imaxe da túa asencia,

Siluetada en roxo cos teus lavresE o perfíl violento do meu soño

Que exendra amor gris fume Un odio carmesín

Na lingua e nos dentes sangue e semen

ENCAIXES DE INERCIA O día que o meu sangue teña forzaPara murchar e arrincar a edra do amorvirá con paso firme a inercia do costumea tecerme en desastres noutro estilo con fíos de emoción e águllas torpescurando a nova insaniaco antídoto da lóxicadeixando novas redes no meu sexo pra manter a edra viva -o seu veleño –na idea que destúe no “ennui” que crea

Nada Cun saúdo ó corpo

a terra e Nada

dérolle a terra extraña á frol maldita

da súa peor imaxe ó seu cadavre

en plena posesión do seu futuroaduviñándose na súa pel

o alento envolto en seda dunha amante presente na súa ausencia

as mans xeadasun perfumo mortal

e outra vez nada

CURIOSIDADESaber que está un á mortee o corpo é unha paisaxe de batalla :unha carnicería no cerebro.

¿Permitirías ti, amor deserto, que nesta fevre penitente abrise a deradeira porta e a pechase detrás miña, sonámbulo e impasíble ,ou porías o pé entre ela e o destino?

If I die before I Wake...O pasado apodrece baixo a terra e o presente non flúe ,é un rio morto

Pero esta vez non haberá resurreccióne o futuro é por forza alleo a min

Poderíano escoller como epitáfioCuspídeme enriba cando pasedes Por diante do lugar no que eu repouse Enviándome unha húmida mensaxe De vida e de furia necesaria