UNIDADE 6. O CLIMA E AS PAISAXES DA TERRA
Clima e paisaxes da Terra
1. Climas da Terra
2. Zona cálida: paisaxe ecuatorial
3. Zona cálida: paisaxe tropical
4. Zona cálida: paisaxe desértica
5. Zonas temperadas: paisaxe oceánica
06
6. Zonas temperadas: paisaxe mediterránea
7. Zonas temperadas: paisaxe continental
8. Zonas frías: paisaxe polar e de alta montaña
Introdución
O medio natural está formado polo relevo, solo, clima, vexetación e fauna.
É difícil atopar un medio autenticamente natural xa que os seres humanos modificaron a paisaxe: campos de cultivo, vilas, cidades, vías de comunicación...
Nos lugares pouco poboados (zonas polares desertos, alta montaña) a acción humana é menor.
Actividades: 6 introdución
1. ¿Con que zona climática da Terra
relacionarías cada unha das fotografías
que aparecen máis adiante?
2. ¿Cal destas paisaxes che resulta máis
familiar?
3. ¿Por que as paisaxes de clima frío están
menos transformadas pola acción
humana?
Nuuk, GroenlandiaGrecia
Malaisia
Introdución
As paisaxes poden ser naturais e
humanizadas. A paisaxe natural
caracterízase polo predominio dos
elementos naturais do medio e a nula
acción humana, todo o contrario das
paisaxes humanizadas, onde a intensa
transformación do territorio se debe á
presenza do ser humano.
1. Climas da Terra (páx. 78)
1.1. Zonas climáticas da Terra
A combinación dos elementos
climáticos (temperatura, precipitación,
humidade, presión, ventos...) e os
factores climáticos (latitude, altitude,
distancia ao mar...) dan como resultado
diferentes tipos de clima na Terra.
A Terra divídese en tres zonas
climáticas: cálida, temperá e fría.
PLANISFERIO DAS ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA
1. Climas da Terra (páx. 78)
Zona cálida
Atópase entre o Trópico de Cancro e o Trópico de Capricornio.
Chámase zona intertropical, é a que recibe a máxima insolación e iso explica as temperaturas elevadas. Na zona intertropical non hai inverno (a temperatura media do mes máis frío está por encima dos 18º C). Nesta zona só hai unha estación ou dúas (sempre cálidas).
Diferenciamos tres climas: ecuatorial,tropical e desértico.
1. Climas da Terra (páx. 78)
Zona temperá
Atópase nos dous hemisferios entre os Trópicos e os círculos polares
Presentan unha diversidade climática segundo a latitude, a altitude e a proximidade ao mar.
Diferenciamos tres climas: oceánico,mediterráneo e continental.
Os climas temperados teñen en común a existnecia de catro estacións: unha invernal (fría), outra estival (calorosa) e dúas intermedias outono e primavera.
1. Climas da Terra (páx. 78)
Zona fría
Abrangue as zonas polares (entre os círculos polares e os polos) e a alta montaña (por encima dos 2500 metros de altitude).
O clima polar e o de alta montañacaracterízanse pola duración e máis a crueza dos invernos. As precipitacións son escasas e a miudo en forma de neve.
Actividades: 1 climas da Terra(páx. 78-79)
Completa este
cadro
Zona
cálida
Zona temperá Zona
fría
Localización
Temperaturas
Características
Tipos de clima
Actividades: 1 climas da Terra(páx. 78-79)
1. ¿En que zona climática se atopa a
Península Ibérica? ¿e as illas Canarias?
2. ¿Cales son os elementos do clima e
cales os factores climáticos?
3. ¿Cales son as grandes zonas climáticas
da Terra?
4. ¿En que zona climática non hai inverno?
¿En que zona case non teñen verán?
2. Zona cálida (páx. 80)
2.1. Paisaxe ecuatorial
A paisaxe ecuatorial atópase
nas áreas do planeta situadas
ao redor do Ecuador: cunca
do Amazonas (América do
Sur), cunca do Congo e a
costa do golfo de Guinea
(África) e o Sueste de Asia.
Paisaxe ecuatorial
2. Zona cálida (páx. 80)
2.1. Paisaxe ecuatorial: clima
Clima: temperaturas moi elevadas (ao redor
dos 25º C), escasa amplitude térmica (non
supera os 4º C). Precipitacións abundosas
tódolos meses (ao redor dos 2000 mm anuais).
Na zona ecuatorial a evaporación e tan intensa
e a humidade tan elevada que abonda con que
as temperatura desdendan lixeiramente ao
baixar a tarde para que, case a diario, caia
unha choiva torrencial que as veces dura uns
minutos.
2. Zona cálida (páx. 80)
2.1. Paisaxe ecuatorial: ríos
Ríos:
caudalosos e
regulares. A
auga de chuvia
arrastra o solo
ata os ríos, os
cales presentan
unha cor
terrosa.
2. Zona cálida (páx. 80)
2.1. Paisaxe ecuatorial: vexetación
Vexetación: temperaturas elevada e as chuvias constantes
favorecen a existencia dunha vexetación exuberante, con moitas
especies vexetais: a selva, que en Asia se denomina xungla.
A selva é o medio natural de maior riqueza biolóxica do planeta, a
isto contribúe a diversidade de especies vexetais. Abundan árbores
altas que medran buscando a luz (algunhas poden acadar os 80 m
de altura ou máis), así como numerosos arbustos, herbas e flores. A
rentes do chan, no sotobosque, o ambiente é escuro e húmido.
Algunhas árbores son moi aprecidas pola beleza ou pola calidade da
súa madeira, como o ébano ou a caoba. As árbores aparecen
espalladas na selva, o que dificulta a súa explotación; pero iso non
impediu que as pitas forestais construídas para daren paso ás
máquinas de tronzar e aos vehículos de transporte causen un
grande impacto ambiental.
Selva ecuatorial
Destrución da selva
2. Zona cálida (páx. 80)
2.1. Paisaxe ecuatorial: fauna
Fauna: Moitísimas
especies de paxaros,
réptiles e insectos,
ademais de mamíferos.
Adoitan ser de
pequeno tamaño, o
que lles permite
movérense con
facilidade pola vizosa
vexetación. Algunhas
especies están en
perigo de extinción.Anaconda
2. Zona cálida (páx. 81)
2.2. Poboación
Os habitantes da selva americana e africana viven
da recolleita de froitos, da caza ou da agricultura
moi rudimentaria. A baixa densidade de poboación
das selvas fixo posible que estas persoas
sobrevivan sen poñeren en perigo a natureza.
En contraste coa escasa poboación das selvas
africanas e americana, as zonas ecuatoriais
asiáticas están moi poboadas. A selva retrocedeu,
e medran plantacións de arroz, cana de azucre, té
e heveas das que se obtén o caucho.
Actividades: 3 zona cálida: paisaxe
ecuatorial (páx.81)
1. ¿Como son as temperaturas do clima ecuatorial? ¿Cal é a temperatura media?
2. ¿Hai moita oscilación térmica ao longo do longo ano?
3. ¿Como son as precipitacións ao longo do ano?
4. ¿Cal é a precipitación anual?
Actividades: 2 zona cálida: paisaxe ecuatorial(páx.80-81)
1. ¿Onde se sitúa o clima ecuatorial?
2. ¿Cales son as súas características?
3. ¿Como son os ríos ecuatoriais? ¿Por
que?
4. Explica as características da vexetación.
3. Zona cálida (páx. 82)
3.1. Paisaxe tropical
A paisaxe tropical máis ao
norte e o sur do clima
ecuatorial (nos trópicos):
América central, América do
Sur, centro e sur de África,
Sur e Sueste de Asia e Norte e
Leste de Australia.
3. Zona cálida (páx. 82)
3.1. Paisaxe tropical: clima
Clima: temperaturas moi elevadas igual que na zona ecuatorial. Precipitacións marcan dúas estacións diferenciadas: unha estación húmida (verán) e a seca cando se produce o descenso de temperatura. Esta é máis longa cando maíor é a distancia ao Ecuador.
3. Zona cálida (páx. 82)
3.1. Paisaxe tropical: ríos
Ríos: o caudal
varía
notablemente.
Estiaxe na
estación seca e
enchente na
húmida que
pode producir
inundacións.
3. Zona cálida (páx. 82)
3.1. Paisaxe tropical: vexetación
Vexetación: o bosque tropical é propio das zonas máis próximas ao Ecuador. A vexetación é semellante á da selva, aínda que menos variada e as árbores están máis espaciadas. Ao longo dos ríos tropicais, o bosque faise máis denso, as copas das árbores mestúranse entre elas formando o bosque galería.
Con todo, a vexetación máis característica da zona tropical é asabana, formada por herbas e arbustos. As árbores son escasas e aparecen en pequenos grupos espalladas no medio da chaira. Durante a estación húmida a vexetación permance verde e vizosa, pero ao chegar a estación seca as plantas ofrecen un aspecto murcho e reseco; é por iso que os incendios son frecuentes.
Segundo nos impos afastando do Ecuador, como a estación das chuvias é cada vez máis curta, medra unha vexetación máis pobre, de folla dura e matogueiras espiñenteas, entre as que aparecen zonas de solo espido. Nestes casos a sabana deulle paso á estepa.
Sabana
3. Zona cálida (páx. 82)
3.1. Paisaxe tropical: fauna
Fauna: variedade de aves, bolboretas, avespas e morcegos. Na sabana viven moitos animais hervíboros: elefante, rinoceronte, gacela, cebra, antílope... E os seus depredadores: león, hiena, guepardos.
Elefantes
3. Zona cálida (páx. 83)
3.2. Poboación
Algúns pobos indíxenas da sabana, como os Masai e os
Mara (Kenya), son pastores e practican a gandería
extensiva, aínda que a aridez da estación seca e o atraso
da chuvia lles poden orixinar dificultades aos seus rabaños
e provocar fames negras.
Outros pobos da sabana son agricultores. Os grupos
humanos combinan a agricultura coa gandaría viven en
poboados estables e practican unha rotación dos cultivos.
As plantacións: xunto a agricultura tradicional atópanse
extensas plantacións de cacao, café, canda de azucre, té,
tabaco, piña... Estas plantacións pertencen polo xeral a
compañías estranxeiras, as cales empregan man de obra
do país e lles venden os seus produtos aos países ricos.
Masai
Secadeiro de cacao
Actividades: 3 zona cálida: paisaxe tropical(páx.82)
1. ¿Como son as temperaturas do clima tropical? ¿Cal é a temperatura media?
2. ¿As precipitacións distribúense de xeito regular ao longo do ano?
3. ¿En que meses chove máis? ¿En cales menos?
4. ¿Hai diferenza entre as temperaturas do clima tropical e as do ecuatorial? ¿E entre as precipitacións?
Actividades: 3 zona cálida: paisaxe tropical(páx.82-83)
1. ¿Onde se sitúa o clima tropical? ¿Cales
son as súas características principais?
2. ¿Como son os ríos da paisaxe tropical?
¿En que se diferencian dos ríos do
réxime ecuatorial?
3. ¿Cal é a formación vexetal típica da
paisaxe de clima tropical?
4. Zona cálida (páx. 84)
4.1. Paisaxe desértica
Os desertos cálidos atópanse
ao redor dos trópicos, xunto
ás correntes mariñas frías e
en zonas continentais
afastadas da influencia do
mar.
4. Zona cálida (páx. 84)
4.1. Paisaxe desértica: clima
Clima: temperaturas moi elevadas todo o ano. Danse oscilacións térmicas moi grandes entre o día (moi caloroso) e noite (fría). Precipitacións escasas (menos 250 mm) e irregulares, xa que se concentran algúns meses do ano. Ademais nos desertos a secura do aire é extrema (só o 20%). O aire seco ten gran capacidade de evaporación, reseca a terra e absorbe rapidamente a auga de chuvia.
4. Zona cálida (páx. 84)
4.1. Cursos da auga e vexetación
Cursos da auga: non hai cursos de auga permanentes. Nalgúns desertos atópanse uadis, que son cursos de auga que permanecen secos a meirande parte do ano. Só levan auga cando chove.
Vexetación e fauna: viven poucas plantas (vexetación xerófila) e escasos animais.
4. Zona cálida (páx. 84)
4.2. Poboación
Os desertos son zonas pouco poboadas. Grupos
de pastores nómades viven nos límites do
deserto, onde os seus rabaños de cabras e mais
os seus camelos pastan en estepas pobres.
A poboación sedentaria dos desertos vive xunto
aos oasis, escasas zonas onde hai auga
procedente de correntes subterráneas, que saen á
superficie a través de mananciais e de pozos. A
auga tamén pode proceder do desxeo da neve
das montañas próximas.
Tuareg
Oasis
http://gl.wikipedia.org/wiki/Tuareg
http://gl.wikipedia.org/wiki/Dubai
Dubai
4. Zona cálida (páx. 85)
4.2. Desertos da Terra
Desertos tropicais atópanse situados nas zonas próximas aos trópicos. Os máis coñecidos son os do Sáhara, o de Arabia e o de Kalahari.
Desertos costeiros fórmanse cando unha corrente mariña fría pasa preto da costa. As augas frías non favorecen a evaporación, o aire é seco e cando se arrefría non produce chuvia. Este é o caso dos desertos de Atacama, o de Namib e o Gran Deserto de Area.
Desertos interiores illados da influencia mariña por elevadas cordilleiras como por exemplo o de Gobi, e o de centro oeste norteamericano.
Actividades: 4 zona cálida: paisaxe desértica(páx.84)
1. ¿Como son as temperaturas do clima desértico? ¿Cal é a temperatura media?
2. ¿Como son as precipitacións?
3. ¿Hai diferenza entre as temperaturas e precipitación ao longo do ano?
Actividades: 4 zona cálida: paisaxe desértica(páx.85)
1. ¿En que zonas da Terra se sitúan as paisaxes desérticas?
2. Explica as características das paisaxes desérticas.
3. ¿Como é o curso da auga no clima desértico?
4. ¿Que características presentan os desertos de area? Describe os desertos de pedra.
5. Zona temperada (páx. 86)
5.1. Paisaxe oceánica
A paisaxe oceánica localízase entre os paralelos 40º e 60º ao norte e sur do Ecuador. No hemisferio norte abrangue a costa occidental de Europa e de América do Norte, e no hemisferio sur, a costa sur de Chile, de Arxentina, Sueste de Australia, Tasmania e Nova Zelandia.
5. Zona temperada (páx. 86)
5.1. Paisaxe oceánica: clima
Están situadas nas franxas costeiras e vense afectadas polos ventos do Oeste, que ao pasaren sobre os océanos, evaporan moita auga. Ao entraren en contacto coa terrá fórmanse chuvias suaves e persistentes.
A acción do océano suaviza as temperaturas, de xeito que estas non son moi rigorosas (nin moi baixas, nin moi altas) e presentan poucas diferenzas entre as estacións.
5. Zona temperada (páx. 86)
5.1. Paisaxe oceánica: ríos
Ríos: o caudal é
abundante e
regular durante
todo o ano
debido ás
continuas
chuvias.
5. Zona temperada (páx. 86)
5.1. Paisaxe oceánica: vexetación e fauna
Vexetación: as temperaturas suaves e as chuvias costantes e regulares permiten que se desenvolva o bosque de folla caduca, formado por carballos, castiñeiros, faias... Estas árbores perden as súas follas cando comeza o frío. Nalgunhas partes, como en Galicia, foi substituído por outras especies de repoboación como o piñeiro e o eucalipto que son de folla perenne.
Cando nunha zona hai néboas persistentes, a humidade é moi alta ou os ventos son moi violentos, no canto de bosque medra unha vexetación de matogueira espiñenta denominada landa.
A formación vexetal máis característica da paisaxe oceánica é o prado, que xorde tras a tronza dos bosques. Os prados atopan no clima oceánico unhas condicións óptimas para o seu crecemento (moita humidade e temperaturas suaves) e proporciónalle unha alimentación natural ao gando.
Fauna: nos bosques de folla caduca viven os mamíferos (osos, raposos, xabarís...) e diversas aves. Nas landas habitan pequenos roedores, como ratos, toupas, e gran número de aves.
Carballeira
LandasPrado
Paisaxe oceánica
5. Zona temperada (páx. 87)
5.2. Poboación
Presentan diversas formas de paisaxe:
Europa Occidental a rexión atlántica está moi poboada,
con grandes cidades e importantes zonas industriais. Os
bosques seguen sendo abundantes, combinados con
prados para o gando e zonas de cultivo (millo, pataca...).
Oeste de América do Norte, Sur de Chile e Arxentina
zonas pouco poboadas, abunda o bosque que está
pouco explotado.
Australia, Tasmania e Nova Zelandia, a herba é moi
abundante o que permite a cría extensiva da gandaría
bovina e ovina.
Actividades: 5 zona temperada:
paisaxe oceánica (páx.86)
1. ¿Como son as
temperaturas?
2. ¿Como son as
precipitacións?
1. ¿Que zonas da Terra ocupa o clima
oceánico?
2. ¿Cales son as características dos ríos
das paisaxes oceánicas?
3. ¿Que características presenta o clima
oceánico en Europa Occidental? ¿Por
que se denomina clima atlántico?
Actividades: 5 zona temperada: paisaxe oceánica (páx.87)
6. Zona temperada (páx. 88)
6.1. Paisaxe mediterránea
A paisaxe mediterránea
localízase en zonas costeiras
da cunca do mar
Mediterráneo, California, costa
central de Chile, O Cabo e
costa Sur e Sudoeste de
Australia.
Clima: veráns calorosos e secos
afectados pola influencia de aire
subtropical. Os invernos son
suaves (acción moderadora do
mar). Os mínimos de chuvia danse
en verán. Durante o outono, as
precipitacións son abundantes e
mesmo torrenciais.
6. Zona temperada (páx. 87)
6.1. Paisaxe mediterránea: clima
Ríos: o caudal
escaso e irregular.
No verán levan
pouca auga;
mesmo están
secos. Despois do
verán, é habitual
que unha tomenta
provoque riadas e
inundacións.
6. Zona temperada (páx. 88)
6.1. Paisaxe mediterránea
Vexetación: bosques de folla perenne (piñeiros e aciñeiras). Árbores baixas, de tronco leñoso e follas pequenas, duras ou cubertas de peluxe que as protexe da calor e evita unha evaporación excesiva. Por debaixo do bosque abunda a matogueira espiñenta de folla pequena. Cando a tronza, o pastoreo ou os incendios fan desaparecer o bosque, medra matogueira mesta: maquis e garriga.
Fauna: non viven grandes mamíferos. Abundan ratos de campo, coellos, lebre, algún tipo de serpe e outros répitles e numerosos insectos.
6. Zona temperada (páx. 88)
6.1. Paisaxe mediterránea
Durante séculos, as chuvias torrenciais arrastraron gran
cantidade de materiais que se depositaron nos litorais e nos
fondos dos vales ata formaren chairas. Estas son de pouca
extensión pero moi fértiles e aptas para a agricultura.
Alí onde o relevo é abrupto, os solos son pobres e a auga,
escasa, os cultivos son os propios do secaño: cereais, vide,
oliveira. A gandaría dominante é ovina.
O regadío favoreceu o desenvolvemento dunha agricultura
intensiva, e a construción de canles e de encoros facilitou os
cultivos de horta (verduras e froitas). Os invernos suaves
permitiron introducir plantas como o arroz, algodón ou os
cítricos.
Actualmente cultívase en invernadoiros.
6. Zona temperada (páx. 89)
6.2. Poboación
Viñedo Olivar
Trigo
Triloxía de cultivos de
secaño mediterráneo
Invernadoiros
El Ejido
Actividades: 6 zona temperada:
paisaxe mediterránea (páx.88)
1. Compara o climograma mediterráneo co oceánico. ¿Cando chove menos no clima mediterráneo? ¿Dáse esta estacionalidade tan acusada no clima oceánico?
2. ¿En cal dos dous climas os veráns son máis calorosos?
1. Explica cales son as características
principais do clima mediterráneo.
2. ¿Como son os ríos na paisaxe
mediterránea? ¿Por que se producen
riadas e inundacións?
Actividades: 6 zona temperada:
paisaxe mediterránea (páx.89)
7. Zona temperada (páx. 90)
7.1. Paisaxe continental
A paisaxe continental atópase en lugares afastados das grandes masas de auga e, polo tanto, illados da súa acción reguladora. É a paisaxe das terras interiores de Europa, Asia e América do Norte.
Paisaxe continental
Clima: as rexións interiores dos continentes, ao non recibiren a influencia reguladora do mar, presentan temperaturas extremas (quéntanse moito no verán e arrefrían moito no inverno) e prepitacións escasas que se concentran principalmente no verán.
Os invernos adoitan ser moi secos, se ben nas zonas máis próximas ao mar poden caer algunhas precipitacións, aínda que pouco importantes. No verán, o requentamento do solo e mais do aire provoca temperaturas moi elevadas.
7. Zona temperada (páx. 90)
7.1. Paisaxe continental: clima
Ríos: Malia as escasas precipitacións, o caudal dos ríos e considerable xa que recollen a auga das extensas zonas chás por onde circulan, dando lugar a cuncas fluviais de gran superficie.
7. Zona temperada (páx. 90)
7.1. Paisaxe continental: ríos
Dnieper
Vexetación: No hemisferio norte as condicións climáticas orixinan dous tipos básicos de paisaxe natural.
As zonas situadas máis ao norte, onde os veráns son menos calorosos, esténdese o bosque de coníferas ou taiga, integrada por piñeiros, abetos, alerces ou biudeiros. Estas árbores reciben o nome de coníferas porque as piñas teñen forma de cono.
As raíces das árbores son longas e pouco fondas. Deste xeito aproveitan mellor os nutrientes das follas e os restos vexetais que caen no chan, xa que oso solos da tiaga son pobres.
Máis ao sur, en lugares onde as temperaturas durante o verán son altas e as precipitacións, escasas, a taiga dálles paso a extensas zonas de herba: estepas e pradarías.
Fauna: cervos, alces, esquíos, lebres de montaña...
7. Zona temperada (páx. 90)
7.1. Paisaxe continental: vexetación e fauna
Taiga
Estepa
PAISAXES
CONTINENTAIS
http://gl.wikipedia.org/wiki/Taiga
http://gl.wikipedia.org/wiki/Estepa
As árbores da taiga son utilizadas polo ser humano
para a fabricación de celulosa, que despois se dará
transformado en papel.
As paisaxes da estepa ou pradería son extensas
chairas de solos xeralmente profundos e fértiles, que
aturan invernos moi rigorosos e veráns moi cálidos.
Estas zonas esteparias son lugares moi axeitados
para o desenvolvemento da gandaría e para o cultivo
extensivo de cereais, pois os campos son fértiles e,
ademais, moi chans, o que permite a utilización de
maquinaria para poder traballar a terra.
7. Zona temperada (páx. 91)
7.2. Poboación
Actividades: 7 zona temperada:
paisaxe continental (páx.90)
1. ¿Como son as
temperaturas do
clima continental?
2. ¿Como son as
precipitacións?
1. ¿En que lugares da terra se localiza o
clima continental?
2. ¿Por que cres que o clima continental
recibe este nome?
3. ¿Que características reciben os ríos?
4. ¿Como é a vexetación?
Actividades: 7 zona temperada:
paisaxe continental (páx.91)
A paisaxe polar atópanse nos extremos da Terra ao norte dos círculos polares.
As temperaturas son moi frías, normalmente inferiores aos 0º C, e poden chegar ata os -40ºC. Unicamente no verán, as temperaturas superan os 10ºC. A chuvia é practicamente inxeistente e as escasas precipitacións son de neve. Como consecuencia podemos dicir que hai desertos fríos.
A vexetación (que sae nalgunhas áreas polo desxelo en verán) é a tundra formada por mofos, liques e pequenas flores. Nas zonas próximas aos polos, sempre xeado, non existe vexetación.
8. zona fría: paisaxe polar (páx.92)
Tundra
Paisaxe polar
http://gl.wikipedia.org/wiki/Tundra
Tradicionalmente a tundra de América foi habitada
polos esquimós, pobos cazadores e pescadores.
No norte da península Escandinava viven os
lapóns, dedicados ao pastoreo de rabaños de
renos.
Na actualidade, a vida destes pobos mudou moito
coa introdución da tecnoloxía moderna e a
facilidade das comunicacións; ademais, nas zonas
polares explótanse recursos minerais, entre eles,
o petróleo.
1. zona fría: paisaxe polar Poboamento (páx.92)
Thulé. Groenladia
Actividades: 8 zona fría:
paisaxe polar (páx. 92)
1. ¿Como son as temperaturas do clima polar? ¿Cal é a temperatura media?
2. ¿Como son as precipitacións? ¿Cando chove máis? ¿Cando chove menos?
A paisaxe de alta montaña atópase nas altitudes superiores aos 2.500 m. Son climas fríos.
As temperaturas son baixas durante todo o ano, e as precipitacións abundantes, pero diminúen segundo as nubes ascenden polas abas da montaña e descargan a súa humidade. Nos cumes das montañas as precipitacións caen en forma de neve.
A vexetación varía segundo tres factores: latitude, altitude e orientación. Pero en tódolos casos a vexetación dispón de socalcos ou niveis de diferente altitude.
8. zona fría: paisaxe de alta montaña (páx.93)
Dedícanse principalmente á
gandería e explotación do
bosque. Produción de enerxía
hidroeléctrica e turismo.
8. zona fría: paisaxe de alta montaña
Poboamento (páx.93)
Actividades: 8 zona fría:
paisaxe alta montaña (páx. 93)
1. ¿Como son as
temperaturas do
clima de alta
montaña?
2. ¿Como son as
precipitacións?
Actividades: 8 zona fría (páx. 93)
1. ¿Onde se sitúa o clima polar? ¿e o de
alta montaña?
2. ¿Por que se di que as rexións polares
son desertos fríos? ¿Como é a tundra?
3. ¿Como é a vida das persoas que habitan
na alta montaña?
Top Related