EXPR
ESIÓ
N A
RTÍ
STIC
A E
XÉN
ERO
UN
HA
MIR
AD
A P
LUR
AL
Facu
ltade
de C
ienc
ias
da E
duca
ción
e do
Dep
orte
http
://fc
ced.
uvig
o.es
/gal
UN
IDAD
ED
E IG
UAL
DAD
E
EXPRESIÓN ARTÍSTICA E XÉNEROUNHA MIRADA PLURAL
As revisións cronolóxicas dende una visión exclusiva de mulleres e a súa presenza ou ausenza nos ámbitos artístico/creativos parecen quedar escasos. Con esta proposta pretendemos indagar na pluralidade de aspectos da expresión artística feminista e na súa revisión a partir do traballo de persoas do ámbito da creación en activo. Tamén pretendemos achegarnos á realidade da expresión plástica actual.
Traballamos dende o ámbito dos deportes artísticos e desde a plástica.
Desde a linguaxe da arte revisitaremos o feminismo a partires da relación entre feminino e feminista e a revisión da masculinidade.
No caso dos deportes artísticos revisaremos a súa afiliación ao feminino e os estereotipos de xénero arredor deste tipo de práctica físico-deportiva. Do mesmo xeito, analizaremos a conceptualización do artístico neste tipo de deportes. Valoraranse os diferentes compoñentes que conforman a estrutura interna relativa a composición e
valoración artística, así como o xénero como factor determinante do seu rendemento.
Con esta achega a expresión artística dende unha mirada plural de xénero buscamos:
Visibilizar a presencia femenina e feminista no ámbito da expresión plástica
Amosar os modos contemporáneos de expresión feminista en áreas artísticas: expresión corporal e expresión plástica
Revisar o concepto “masculino” nos ámbitos artísticos: expresión corporal e expresión plástica
Facer visible a figura masculina e a súa pertinencia no contexto feminista
Valorar o compoñente de xénero nos deportes artísticos
20 Sep. 2017Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de PontevedraSalón de graos
20 SEP. 2017
10.30 hA ARTE NO DEPORTE: COMPOÑENTES E XÉNERO
Elena Sierra PalmeiroDoutora en Educación Física, Experta Universitaria en Expresión Artística e Danza pola Universidade de A Coruña e a Universidade Técnica de Lisboa. Directora do Departamento de Educación Física e Deportiva da Universidade da Coruña. Xuíza Internacional de Ximnasia Rítmica, Entrenadora Nacional de Ximnasia Rítmica. Membro da Escola de Ximnasia da Federación Galega de Ximnasia. Membro do grupo de investigación da Universidade da Coruña: Educación, saúde e actividade física: estudios de xénero (ESAFEX)
12.30 h¿OS DEPORTES ARTÍSTICOS SON COUSA DE MULLERES?
Marta Bobo ArceProfesora Titular. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade de A Coruña. Doutora en Educación Física, Experta Universitaria en Expresión Artística e Danza pola Universidade de A Coruña e a Universidade Técnica de Lisboa. Xuíza Internacional de Ximnasia Rítmica, Entrenadora Nacional de Ximnasia Rítmica. Membro da Escola de Ximnasia da Federación Internacional de Ximnasia (FIG). Membro do grupo de investigación da Universidade da Coruña: Educación, saúde e actividade física: estudios de xénero (ESAFEX)
16.00 hALEN DOS XÉNEROS: PRÁCTICAS ARTÍSTICAS FEMINISTAS EN GALICIA
Ánxela CaramésDoutora en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (2016) e Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1999). Interesada pola narración e a imaxe audiovisual, cursou estudos de dirección e montaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña (2001) e realizou o programa de doutoramento Artes Visuais e Intermedia na UPV (2004), onde presentou a súa tese doutoral sobre xestión cultural feminista no contexto español.Desde 2005 traballa como axente cultural e crítica de arte; desenvolve proxectos expositivos, dirixe encontros de debate e reflexión crítica, e programa ciclos de vídeo ou performance nos que se interesa sobre a cultura visual, o impacto social e político nos procesos de creación, as cuestións de xénero e as dinámicas colaborativas, prestando especial atención aos artistas emerxentes.
17.30 hA REESCRITURA COMO COMENTARIO SOCIAL. POSIBILIDADES CRÍTICAS E TRANSFORMADORAS DAS FERRAMENTAS DIXITAIS
Cristian Gradín CarbajalArtista plástico. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Técnico superior en Realización de Audiovisuais e Espectáculos, Escola de Imaxe e Son de A Coruña.A súa obra trata temas como a infancia, a identidade masculina, ou a capacidade do dixital para redefinir e reconstruir o imaxinario popular. Ten traballado de xeito individual e co grupo El Ama de Casa Pervertida, participando en diversas exposicións e certámenes.Recibiu o Segundo Premio Nacional á Excelencia no Rendemento Académico Universitario, nos estudos de Belas Artes, curso académico 2007/2008 e o Premio Extraordinario Fin de Carreira da Universidade de Vigo na titulación de Licenciado en Belas Artes.
19.00hCORPO E CONTORNA SOCIAL NA PRÁCTICA ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA
M ª Covadonga Barreiro Rodríguez-MoldesDirectora da Licenciatura en Artes Visuais-Fotografía en ESAP, Escola Superior Artística de Porto (Portugal).Doutora con Mención Internacional pola Universidade de Vigo.A súa traxectoria vencéllase aos estudos de xénero desde o ano 2006, no que pasa a integrar o Grupo de Investigación “ES2” onde a principal liña de investigación se ocupa da experiencia creativa e a condición feminina: “A relación entre a muller e a arte actual dende visións estéticas, críticas, políticas e de mercado, incidindo especialmente no acontecer das interrelacións do binomio arte-muller no ámbito internacional, español e galego”
ORGANIZANCristina Varela Casal, María de los Ángeles Fernández Villarino, Ezequiel Rey Eiras, Begoña Paz García, Maite Abilleira GonzálezGrupo de investigación REMOSS
PATROCINAUnidade de igualdade da Uvigo
20 SEP. 2017
EXPR
ESIÓ
N A
RTÍ
STIC
A E
XÉN
ERO
UN
HA
MIR
AD
A P
LUR
AL
Facu
ltade
de C
ienc
ias
da E
duca
ción
e do
Dep
orte
http
://fc
ced.
uvig
o.es
/gal
UN
IDAD
ED
E IG
UAL
DAD
E
Top Related