Vicente risco

17
Vicente Risco (Ourense,1884 - Allariz, 1963)

Transcript of Vicente risco

Page 1: Vicente risco

Vicente Risco(Ourense,1884 - Allariz, 1963)

Page 2: Vicente risco

Membro da Xeración Nóse teórico do nacionalismo galego

Page 3: Vicente risco

ESTUDOS E PROFESIÓN• Estuda Dereito en Santiago.• Exerce como funcionario de Facenda.•Marcha a Madrid cursar Maxisterio.• Regresa a Ourense como catedrático de Historia da Escola Normal.

Page 4: Vicente risco

PUBLICA AS REVISTAS• La Centuria (1917), con Arturo Noguerol.

• Nós (1922), da que foi director literario.

Page 5: Vicente risco

PERSONALIDADE ACTIVA• Ingresa nas Irmandades da Fala (1917).• Participa no Seminario de Estudos Galegos, onde dirixe a sección de etnografía e folclore.• Ingresa na Real Academia Galega (1929), cun discurso titulado “Un caso de licantropía”.

Page 6: Vicente risco

ACTIVIDADE POLÍTICA• Funda o Partido Nazonalista republicán de Ourense, con Ramón Otero Pedrayo (1931).• No ano 1935 foi nomeado membro do Consello executivo do Partido Galeguista.• Únese á Dereita Galeguista (1936).

Page 7: Vicente risco

Evolución idealista:Da rebeldía da mocidade no galeguismo á ideoloxía máis conservadora e católica da madurez.

Page 8: Vicente risco

ETAPAS VITAISNa súa vida pódense apreciar tres etapas ben diferenciadas:• Pregaleguista. Ata a publicación da revista La Centuria (1917).• Galeguista. Época das Irmandades da Fala e ata a Guerra Civil (1936)•Nacional-catolicista. O resto da súa vida.

Page 9: Vicente risco

PregaleguistaTratábase dunha etapa esteticista, antisocial, caracterizada polo exotismo. O propio Risco cualificou esta súa primeira etapa de “antisocial, antigregaria, individualista e introvertida”. Vivía espiritualmente afastado, atraído polo de lonxe considerándose «anormal por supernormal», introvertido, convencido do principio básico de que «ser diferente é ser existente». Unha das manifestacións desta «cobiza do lonxe» era, en efecto, o interese cultural polo xeográfico e historicamente distante: a India, África Central, o Tíbet, Exipto, Babilonia, etc

Page 10: Vicente risco

GaleguistaMais a partir dos anos vinte encetou unha nova etapa, cunha reacción violenta, caracterizada polo compromiso .A autenticidade desta conversión, —da inadaptación ao nacionalismo—, non permite marxe ningunha para a dúbida. Foi radical, foi un cambio de existencia, a adopción dun novo programa de vida. O seu ideario galeguista entendeu que a cultura vive e medra nas tensións entre o local e o universal, e como consecuencia debe participar do xeral e do particular. Levado por esa idea, a través da tradución, promoverá a recepción de textos doutras literaturas.

Page 11: Vicente risco

Nacional catolicismoA segunda conversión de Risco terá como orixe a Guerra Civil, poñendo a súa pluma ao servizo da defensa dunha Igrexa obsesionada polo comunismo. Así, Risco adheriuse aos que se rebelaron en armas contra a República para poder sobrevivir nunha Galiza na que non houbo guerra e si unha feroz represión: o que el fixo foi o que ditaba a época. Pero non sacou proveito ningún do seu franquismo: viviu na precariedade, ás veces dura, os anos da posguerra e incluso tivo que sufrir dous expedientes de depuración.

Page 12: Vicente risco

OBRA

Page 13: Vicente risco

XÉNEROS CULTIVADOSAínda que publica algúns textos poéticos e dramáticos será na narrativa e no ensaio onde máis saliente.

Poesía Unicamente textos soltos en revistas e xornais.Teatro. Só publicou O bufón de El Rei (1928)

Page 14: Vicente risco

Ensaio. Destacamos entre outros títulos:Teoría do nacionalismo galego (1920)Nós os inadaptados (1933)Mittleuropa (1934)

Narrativa:Do caso que ll'aconteceu ô Dr. Alveiros (1919)O lobo da xente (1925)A Coutada (1926)O porco de pé (1928)

Page 15: Vicente risco

CARACTERÍSTICAS• Individualismo e elitismo intelectual ou

intelectualismo (fronte ao ruralismo imperante)• Irracionalismo e crítica da ciencia (firme

defensor do esoterismo).• Historicismo e culturalismo.• Espiritualismo, relixiosidade e misticismo.

(fronte ao materialismo mediterráneo)• Intencionalidade didáctica.• Humor crítico.

Page 16: Vicente risco

Un pensamento…Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada Terra é coma se fose o mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo de norte a sur, de leste a oeste noutro tanto; poderala volver a andar outra vez e máis. Non a has dar andado. E cada vez que a andes has atopar cousas novas e outras has botalas de menos. Pode ela ser pequena en extensión. En fondura, en entidade, é tan grande como queiras, e dende logo, moito meirande de como ti a ves. […]Do grandor do teu espírito depende todo; canto máis pequeno sexa máis terra precisará. Se o teu pensar é fondo, a túa Terra, para ti, non terá cabo; nela estará o mundo con todos os seus climas. Se o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; pequeno es ti, que endexamais poderás concibir nada grande.

Page 17: Vicente risco

Multifacético e controvertido:Vicente Risco