Unidade 8. II República

182
UNIDADE 8 II REPÚBLICA Alegoría da república

Transcript of Unidade 8. II República

Page 1: Unidade 8. II República

UNIDADE 8II REPÚBLICA

Alegoría da república

Page 2: Unidade 8. II República

II República

• Introdución: proclamación e forzas sociais e políticas durante a 2ª República.

• Bienio reformista (abril 1931- novembro 1933)

• Bienio de dereitas (novembro 1933-febreiro 1936)

• Fronte Popular (febreiro-xullo 1936)

Page 3: Unidade 8. II República

II República

• A proclamación da 2ª República realizada o 14 de abril con grande entusismo pola maioría da poboación, trouxo consigo a democracia.

• Pero o entusiasmo inicial trocouse en pouco tempo nunha violenta tensión que fixo moi difícil a convivencia e o mantemento do réxime republicano.

Page 4: Unidade 8. II República

II RepúblicaA proclamación da República

• Incluso antes de coñecerse os resultados oficiais das eleccións municipais (12 de abril de 1931) proclamouse a República en diversas cidades e vilas.

• O primeiro Concello en facelo foi Eibar (Guipúzcoa) e a noticia espallouse con rapidez nesa mañá a través do telégrafo por toda España.

• As autoridades daban a noticia á multitude congregada diante dos respectivos concellos.

• En Galicia a candidatura republicano socialista triunfou naquelas poboacións onde a presenza obreira e republicana era máis activa (Pontevedra 70,3%, Ferrol 63,3%, Vigo 51,3% destacando o triunfo da Coruña 84,6%.

Page 5: Unidade 8. II República

Capital Monárquicos Antimonárquicos

Álava (Vitoria) 16 15

Albacete 10 22

Alicante 9 25

Almería 15 17

Ávila 12 7

Badajoz 12 20

Baleares (Palma de Mallorca) 32 9

Barcelona 11 39

Burgos 17 13

Cáceres 10 14

Cádiz 40 0

Castellón 4 26

Ciudad Real 8 16

Córdoba 7 27

Coruña, A 5 34

Cuenca 10 11

Girona 17 15

Granada 10 27

Guadalajara 7 34

Guipúzcoa (San Sebastián) 8 31

Huelva 10 23

Huesca 6 14

Jaén 10 22

León 8 18

Lleida 8 22

La Rioja (Logroño) 8 20

Lugo 21 7

Madrid 20 30

Málaga 15 33

Murcia 22 24

Navarra (Pamplona) 17 12

Ourense 12 11

Asturias (Oviedo) 14 26

Palencia 8 16

Pontevedra 7 19

Salamanca 12 19

Santander 15 25

Segovia 10 11

Sevilla 18 32

Soria 9 8

Tarragona 9 19

Teruel 5 14

Toledo 10 15

Valencia 18 32

Valladolid 18 26

Vizcaya (Bilbao) 11 35

Zamora 7 15

Zaragoza 16 31

TOTALES 604 981

Page 6: Unidade 8. II República

Coalición ou tendencia ConcelleirosAlcaldes

capitais de provincia

%

Monárquicos 40.324 10 49,5%

Conxunción Republicano-Socialista 36.282 37 44,6%

Esquerra Republicana 3.219 3 4,0%

Lliga Regionalista de Catalunya 1.014 0 1,2%

Nacionalistas vascos 267 0 0,3%

Partido Comunista 67 0 0,1%

Independentes e outros 267 0 0,3%

Total 81.440

Page 7: Unidade 8. II República

Resultados municipais en Galicia %

Monárquicos 1.334 39,8%

Republicanos 1.158 34,5%

Socialistas 121 3,6%

Comunistas 4 0,1%

Agrarios 405 12,1%

Filiación descoñecida 333 9,9%Total de concelleiros 3.355

Page 8: Unidade 8. II República

Resultados electorais nas principais cidades galegas (concelleiros)

 1931 RepublicanosSocialista

s Monárquicos Agrarios OutrosA Coruña 33 1 5Lugo 3 4 21Ourense 7 4 11 1Pontevedra 19 7 1Ferrol 13 13 7Santiago 19 13Vigo 19 18Total 113 22 82 1 1

% 51,6% 10,0% 37,4% 0,5% 0,5%

Page 9: Unidade 8. II República

Concello de Eibar (Guipúzcoa)1º concello onde se proclamou a república

Page 10: Unidade 8. II República

II RepúblicaA proclamación da República

• En Barcelona, Lluís Companys proclama a república desde o concello de Barcelona; pouco máis tarde Francesc Maciá desde a Deputación, facéndose eco das aspiracións nacionalistas, proclama a República catalana e o Estado catalán como Estado integrante da Federación Ibérica e invitaba aos demais pobos de España a unirse á federación.

Page 11: Unidade 8. II República

Barcelona. Praza de San Jaume

Valencia. Concello

Page 12: Unidade 8. II República

Francesc MaciáProclama a república catalana

Page 13: Unidade 8. II República

II RepúblicaA proclamación da República

• En Madrid ante a sorpresa e pasividade das autoridades monárquicas (Que quere que lle diga cando o pobo se deita monárquico e se ergue republicano?) comentou o almirante Aznar, presidente do derradeiro goberno monárquico a un xornalista.

• Contando co apoio popular, o comité da coalición republicano-socialista fíxose rapidamente co poder sen derramamento de sangue e coa maior orde posible.

• Ante estes acontecementos, o rei, que non tiña o apoio dos militares e aconsellado polos seus ministros, decidiu partir para o exilio.

Page 14: Unidade 8. II República

Vitoria (Álava)

Page 15: Unidade 8. II República

Madrid

Page 16: Unidade 8. II República

Proclamaciónda República

Page 17: Unidade 8. II República

Toledo

Page 18: Unidade 8. II República

Mulleres vestidas

Alegoría da República

Page 19: Unidade 8. II República

DelacroixA liberdade guiando ao pobo

Page 20: Unidade 8. II República
Page 21: Unidade 8. II República

Madrid. Rúa de Alcalá

Page 22: Unidade 8. II República

Madrid. Porta do Sol

Page 23: Unidade 8. II República

Madrid. Porta do Sol

Page 24: Unidade 8. II República

Madrid. Porta do Sol

Page 25: Unidade 8. II República

Madrid. Porta do Sol

Page 26: Unidade 8. II República

A Coruña. Praza de María Pita

Page 27: Unidade 8. II República

Símbolos: bandeira, escudo, himno

Himno de Riego

Page 28: Unidade 8. II República

II RepúblicaA proclamación da República

• Na noite do mesmo día 14 asume o poder do Goberno provisional e comeza a actuar: nomea a Niceto Alcalá Zamora, presidente do goberno, decreta a amnistía xeral, proclama as liberdades públicas e sindicais e comeza a elaborar as liñas do que serán as grandes reformas.

Page 29: Unidade 8. II República

II RepúblicaA proclamación da República

• O primeiro problema xorde en Cataluña pola proclamación do Estado catalán e da república federal.

• Provoca preocupación e desconfianza no goberno provisional, porque supoñía a transgresión do Pacto de San Sebastián, no que se establecía que tiñan que ser as Cortes constituíntes as que decidisen o modelo de Estado.

• O 17 de abril varios ministros viaxan a barcelona para acordar con Maciá un programa que acelerase a autonomía catalana. Recoñecemento dun órgano de goberno autónomo: Generalitat e ratificación dun estatuto elaborado polas forzas políticas catalanas e aprobado polas Cortes e aprobado en referendo polo pobo catalán.

• A II República recoñece o dereito á autonomía das rexións españolas.

Page 30: Unidade 8. II República

II RepúblicaAs forzas sociais e políticas na República

• A República orixinou actitudes de apoio e rexeitamento que dividiron a sociedade española e crearon un ambiente de tensión que foi aumentando ata desencadear a Guerra Civil de 1936.

• Diversos factores e circunstancias contribuíron a crear esta situación:

Page 31: Unidade 8. II República

II RepúblicaAs forzas sociais e políticas na República

1. Coxuntura internacional adversa (gran depresión económica 1929, solucións autoritarias , ditatoriais e facistas en Europa).

2. Sociedade dividida e enfrontada (tanto no rural como na cidade. Radicalización de posturas)

3. Fragmentación e polarización política. (podemos distinguir catro grandes grupos políticos e ideolóxicos)

Page 32: Unidade 8. II República

IDEOLOXÍA PROGRAMA BÁSICO PARTIDARIOS ORGANIZACIÓNS E PRINCIPAIS DIRIXENTES

ExtremaDereita

Autoritarios

1. Non aceptan a legalidade republicana.2. Decláranse antimarxista.3. Defenden a unidade da patria, a orde social e o catolicismo.

Oligarquía terratenente

Alta burguesía financeira e

industrial

FASCISTAS:Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (Onésimo Redondo)Falanxe Españaola (José Antonio Primo de Rivera). Unidas en 1934: FE-JONS.MONÁRQUICOS:Comunión Tradicionalista (carlistas).Renovación Española. Calvo Sotelo.

Dereitas1.Visión cristiá vida.2. Defensa dos derei-tos da propiedade privada, Igrexa, orde tradicional.

Pequenos e medianos

propietarios agrarios.

Burguesía urbana

Partido Agrario. (Martínez de Velasco)Acción Popular, base da CEDA, 1933. Gil Robles.Lliga Catalana (novo nome da Lliga Regionalista. 33)Partido Nacionalista Vasco.Organizacións sindicais católicas.

Republicanos

1. Defensa da república como forma de Estado.2. Laicismo.3. Reformsimo en distintos graos

Pequena burguesíaClases medias

urbanasMoitos intelectuais

DEREITADerecha Liberal Republicana. Alcalá Zamora.CENTRO-DEREITAPartido Republicano Radical. Lerroux.ESQUERDAAcción Republicana. Azaña.Partido Republicano Radical Socialista. Marcelino Domingo.ORGA. Casares Quiroga.ERC. Maciá, Companys.PG. Castelao, Alexandre Bóveda... (con matices)

Esquerdas

1. Defensa dos intereses dos traballadores industriais e xornaleiros agrícolas.2. Abolición da propiedade privada e das diferencias de clases.3. Oscilan entre o apoio e a oposición ós gobernos republicanos.

Obreiros industriaisXornaleiros agrícolas

SOCIALISTASPSOE e UXT: Largo Caballero, Indalecio Prieto.COMUNISTASPCE: Dolores Ibárruri.ANARQUISTASCNT, FAI: Durruti, Federica Montseny.

Page 33: Unidade 8. II República

Goberno provisional Abril-Xuño 1931

Alcalá Zamora. Dereita Liberal RepublicanaPresidente do Goberno

Fernando de los Ríos. PSOEXustiza

Casares Quiroga. ORGAMarina

Manuel Azaña. Accion RepublicanaGuerra

Alejandro Lerroux. Republicano RadicalEstado

Miguel Maura.. Dereita Liberal RepublicanaGobernación

Álvaro de Albornoz.. Republicano Radical SocialistaFomento

Largo Caballero.PSOETraballo

Page 34: Unidade 8. II República

Martínez Barrio.. Republicano RadicalComunicacións

Nicolau d’Olwer.. Acción Catalana RepublicanaEconomía Nacional

Indalecio Prieto. PSOEFacenda

Marcelino Domingo.. Republicano Radical SocialistaInstrución Pública e Belas Artes

Goberno provisional Abril-Xuño 1931

Page 35: Unidade 8. II República
Page 36: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (Abril 1931-novembro 1933)

• O goberno provisional constituído o 14 de abril tiña como obxectivo prioritario convocar eleccións xerais a Cortes constituíntes.

• Estas eleccións celebráronse o 28 de xuño e deron de novo o triunfo á alianza republicano-socialista, polo que o Goberno non se modificou.

• Os historiadores denominan a este período como bienio reformista, polas importantes reformas que se realizaron ou republicano-socialista polas forzas políticas que respaldaron ao goberno.

Page 37: Unidade 8. II República

Resultados eleccións 28-6-1931

PSOE; 114; 24%

Radicais-socialistas; 55;

12%

ERC; 36; 8%

Acción Republicana; 30;

6%

ORGA; 19; 4%

Republicanos de Centro; 50; 11%

Radicais ; 89; 19%

PNV-Lliga Rexionalista; 19;

4%

Agrarios; 24; 5%

Outros; 34; 7%

Page 38: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (Abril 1931-novembro 1933)

• Os obxectivos destas Cortes Constituíntes son:1. Elaborar a Constitución do novo estado.2. As Grandes reformas:• A cuestión relixiosa.• A reforma do exército.• A reforma agraria.• A reforma educativa.• A autonomía de Cataluña.

Page 39: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

Constitución de 1931• Democrática, reformista e cunha clara orientación social.• Republicana, soberanía popular, laicismo, autonomía dos

municipios e rexións.• Economía mixta: economía social de mercado.

Propiedade privada (aínda que podía ser expropiada, o que abría a posibilidade da reforma agraria. O Estado pode intervir en asuntos económicos (na producción e nas relacións laborais). Provocou a oposición das dereitas, propietarios, e dos industriais sen embargo os sectores máis radicais do movemento obreiro esixían máis.

• Debates tensos: dereitos dos cidadáns, voto da muller, relacións Igrexa-Estado, a organización territorial.

• Aprobada o 9 de decembro: 368 votos a favor, 89 ausencias, ningún voto en contra.

Page 40: Unidade 8. II República
Page 41: Unidade 8. II República

Constitución de 1931

Page 42: Unidade 8. II República

Sufraxistas españolas1932

Page 43: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

Constitución de 1931

• República de traballadores de toda clase. Estado integral compatible coa autonomía dos municipios e rexións: equidistancia entre Estado unitario e federal.

• Forma política de goberno: república parlamentaria. Unicameral. O presidente da República era electo polos deputados (seis anos): nomear e cesar ó presidente do Goberno, pero contando sempre previamente coa confianza das Cortes; tiña a facultade de suspender e disolver as Cortes (dúas veces no seu mandato). Podía ser substituído polas Cortes por abuso das súas prerrogativas. O presidente do Goberno e os seus ministros eran responsables ante as Cortes. Un sistema de confianzas e de contrapoderes complexos.

• Dereitos e deberes e liberdades dos españois claramente especificados: dereitos individuais, políticos e dereitos sociais: á familia, á educación e ó traballo.

Page 44: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da República

• Unha vez aprobada a Constitución foi elixido presidente da República Alcalá Zamora e xefe do Goberno Manuel Azaña.

• Este primeiro período republicano caracterizouse pola súa actividade reformista a través de innovadoras leis (moitas elaboradas xa polo Goberno provisional e refrendadas agora) que pretendían democratizar a vida política española, modernizar as súas estruturas e mellorar o nivel de vida das clases menos favorecidas.

• Estas leis afectaban aos intereses de grupos acostumados a exercer o poder e control (propietarios, terratenentes, Igrexa...), o que orixinou unha forte oposición a todo tipo de cambios que supuxeran a perda do seu predominio social e económico.

• Ao mesmo tempo que se produce a reorganización das forzas políticas de dereita.

Page 45: Unidade 8. II República

ELECCIÓNS XERAIS

PRESIDENTES DA REPÚBLICA

PRESIDENTES DO GOBERNO

28-6-1931

19-11-1933

16-2-1936

Alcalá Zamora 12-12-1931

Azaña 3-5-1936

Alcalá Zamora 14-4-1931

Azaña 14-10-1931

Azaña 15-12-1931Lerroux 12-9-1933Martínez Barrio 8-10-1933Lerroux 18-12-1933Samper 28-4-1934Lerroux 4-10-1934Chapaprieta 25-9-1935Portela Valladares 12-12-1935Azaña 19-2-1936

Casares Quiroga 19-5-1936

Page 46: Unidade 8. II República

Manuel Azaña1880-1940

Page 47: Unidade 8. II República

Rúa Manuel AzañaPolígono das Roserias

(A Coruña)

Page 48: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA cuestión relixiosa

• No momento de proclamarse a república a maioría da xerarquía eclesiástica era moi conservadora, e non estaba disposta a perder o dominio ideolóxico, cultural e social que tiña desde séculos.

• Pero, ao mesmo tempo, existía unha forte corrente anticlerical, que tiña forte presencia nos partidos republicanos e nas organizacións sindicais de esquerdas, e que se manifestaba en ataques violentos a igrexas e conventos e pedía leis restritivas para os dereitos da Igrexa.

• O enfrontamento entre a Igrexa e o Estado acentuouse tras a aprobación da Constitución.

• A politica de secularización levada acabo polo Goberno (España deixou de ser católica, afirmou Azaña referíndose a que relixiosidade debía quedar limitada ás prácticas individuais)

Page 49: Unidade 8. II República

Cardenal SeguraArcebispo primado

de Toledo

Cuando los enemigos del reinado de Jesucristo

avanzan resueltamente, ningún católico puede permanecer inactivo

Comentario realizado 15 días despois de terse

Proclamada a República

Page 50: Unidade 8. II República

Queima do convento dos XesuítasMadrid. 1931

Page 51: Unidade 8. II República

Igrexa do Sagrado CorazónMadrid. 1931

Page 52: Unidade 8. II República

Relixiosa rescatada dun conventoMadrid. 1931

Page 53: Unidade 8. II República

Pintada nun convento queimadoMadrid. 1931

Page 54: Unidade 8. II República

Grupo de manifestantes que prendeu lumenun convento dos Xesuítas

Madrid. 1931

Page 55: Unidade 8. II República

Queima dun colexio relixiosoMadrid. 1931

Page 56: Unidade 8. II República

Localidades conqueima de igrexas

ou conventos1931

Page 57: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA cuestión relixiosa

• Incluía medidas como a separación da Igrexa e o Estado.• A extinción do orzamento do clero (vixente desde o

Concordato de 1851).• A liberdade de cultos.• Secularización dos cemiterios.• Matrimonio civil e divorcio.• Imposición de limitacións a Igrexa para actos públicos

(necesidade de autorización gobernativa para celebrar procesións e outros actos relixiosos no espazo público)

• Prohibición ás ordes relixiosas de ensinar e de realizar calquera tipo de actividade económica.

• Disolución dos Xesuítas...• A falta de flexibilidade por parte de todos fixo que a cuestión

relixiosa se convertese nun dos motivos claves do enfrontamento entre españois en 1936.

Page 58: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA reforma do exército

• O exército español presentaba graves deficiencias de estrutura:

1. Exceso de oficiais (macrocefalia) 1931: contaba con 16 divisións con 800 xenerais (bastaban 80). Tiña 21.000 xefes e oficiais para 118.000 soldados.

2. Distribución de unidades arcaica.3. Equipamento escaso e obsoleto.• A necesidade de reformalo era evidente, especialmente desde

o fracaso de 1898, pero non se realizara polas múltiples dificultades que se presentaban.

• Foi Azaña quen emprendeu a reforma do exército en profundidade con tres obxectivos básicos:

1. Eliminar o poder político dos militares.2. Reducir o número de oficiais, corpos e unidades.3. Aumentar a súa eficacia.

Page 59: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA reforma do exército

• O conxunto de medidas formaron a Lei Azaña que entre outras medidas establecía:

1. Esixencia de que todos os mandos xuraran fidelidade á República.

2. Supresión da lei de xurisdicións.3. Dereito de retiros, que permitía aos oficiais,

pasar á reserva ou retirarse voluntariamente co soldo íntegro.

4. Reorganización xeral das unidades do exército.5. Supresión da Academia Militar de Zaragoza (que

dirixía Franco desde 1928).

Page 60: Unidade 8. II República

Azaña nun actocon mandos militares

Page 61: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA reforma do exército

• A reforma creou malestar entre algúns sectores do exército.

• As queixas dos militares, ademais dos motivos persoais (destitucións, cambios de destinos), estaban relacionadas co proceso de creación de autonomías, que interpretaban como separatismo e o inicio da disolución da integridade da patria.

• Para contar cunha forza armada leal, a República creou un novo corpo: a Garda de Asalto, unha policía nacional republicana que debía utilizarse para controlar as manifestacións e asegurar a orde pública nas cidades.

Page 62: Unidade 8. II República

Azaña con Franco

Page 63: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA reforma agraria

• A España de 1931 era un país rural.• O 46% da poboación activa traballaba no

campo.• Dominaban os xornaleiros agrícolas sen

terras, os pequenos propietarios e arrendatarios con explotacións tan reducidas que eran insuficientes para a súa subsistencia.

• A situación era especialmente grave no campesiñado extremeño e andaluz.

Page 64: Unidade 8. II República

Propiedade mediana arrendadaExplotacións pequenas a curto prazo.

Latifundios cultivados por campesiños asalariados.

Pcropiedades medianas earrendadas a longo prazo.

Minifundios demasiado pequenosPara manter a unha familia

Distribución da propiedade da terra 1930

Page 65: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA reforma agraria

• A solución pasaba necesariamente pola reforma da propiedade da terra.

• Aspecto que se sabía ía atopar resistencia dos propietarios latifundistas.

• Pero sobre o que tampouco coincidían socialistas (defenden a socialización da terra e a súa explotación colectiva) e republicanos (expropiación e reparto das terras para fomentar a pequena propiedade e aumentar a produtividade)

• Isto provocou o retraso na elaboración da Lei de Reforma Agraria.

Page 66: Unidade 8. II República

Grandes propietarios Hectáreas

Duque de Medinaceli ............................ 79.146Duque de Peñaranda ............................ 51.015 Duque de Vista Hermosa ...................... 47.203Duque de Alba ...................................... 34.455Marqués de la Romana .........................29.096Marqués de Comillas ............................ 23.719Duque de Fernán Núñez ..................... 17.732Duque de Arión .....................................17.666Duque del Infantado ..............................17.171 Duque de Romanones ..........................15.171Outros 89 propietarios ....................... 249.985Total ................................................... 582.359

Page 67: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA reforma agraria

• As primeiras medidas foron tomadas polo Goberno provisional desde o ministerio de Traballo, dirixido polo socialista Largo Caballero.

• Entre elas figuraban:• Decreto de termos municipais que obrigaba aos patróns a

contratar xornaleiros residentes no concello (para impedir que traballasen xornaleiros doutros concellos cando os propios estaban en folga)

• Decreto de labor forzoso, que obrigaba aos propietarios a cultivar as súas terras.

• Prolongación automática dos contratos de arrendamento agrario.• Formación de xurados míxtos para solucionar os problemas entre

obreiros e patróns.• Implantación da xornada de 8 horas no campo.• Protección dos traballadores, con seguros como o de accidentes,

retiro e maternidade.

Page 68: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA reforma agraria

• As reformas das estruturas agrarias foi un proceso máis lento e complexo e, tras interminables discusións e atrasos, foi aprobada en 1932.

• Lei de Bases da Reforma Agraria que autorizaba a expropiación, de terras concedidas en usufruto aos campesiños asentados nelas.

• Tamén foi aprobada a Lei de Intensificación de cultivos, que permitía a cesión de terras non cultivadas polos seus propios propietarios a xornaleiros.

• Para aplicación desta lei foi creado o Instituto de Reforma Agraria (IRA).

• A complexidade da lei, a falta de recursos financeiros e a oposición frontal dos propietarios agrícolas (unidos na Agrupación Nacional de Propietarios de Fincas Rústicas) fixeron que a reforma se aplicase con gran lentitude e as terras entregadas aos campesiños fosen escasas, coa conseguinte decepción e protestas dos campesiños pobres.

Page 69: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da República

A reforma agrariaReforma agraria hectáreas expropiadas

1932-1933 164.265 haFebreiro-xuño 1936 712.070 ha

Guerra Civil (1936-1939)* 3.141.880 ha

*España republicana

Page 70: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaReforma educativa

• O goberno de Azaña desenvolveu unha intensa actividade educativa tanto para diminuir as elevadas taxas de analfabetismo (30-50%) e de mellorar o nivel cultural de poboación como a modificar a mentalidade xeral, formando cidadáns libres e responsables capaces de levar a cabo a modrnización do país.

• Na Constitución estaba a nova filosofía educativa: ensino obrigatorio, gratuíto e laico.

Page 71: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaReforma educativa

• O Ministerio de Instrución Pública deseñou un ambicioso programa de escolarización que incluía a creación de numerosas escolas e a mellora da formación dos mestres (Escolas Normais), especialmente no ensino primario.

• O número de escolas aumentou en varios miles, os institutos de Bacharelato duplicáronse, mellorouse a calidade do ensino, desenvolvéronse clases para adultos, creáronse novos centros de investigación (Instituto de Ciencias Científicas), recoñeceuse o dereito do emprego das linguas de España, diminuíron as taxas de analfabetismo...

• Nunca na historia de España se fixera tanto en tan pouco tempo.

Page 72: Unidade 8. II República
Page 73: Unidade 8. II República

Escola pública,laica e mixta

nos tres niveis

Page 74: Unidade 8. II República

Escolarización durante a

II República

Page 75: Unidade 8. II República

Renovación pedagóxica: saídas escolares ao campo

Page 76: Unidade 8. II República

Construción de colexios e institutos. Dotación escolar

Page 77: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaReforma educativa

• O desexo de levar a instrución e a cultura a todos os lugares de España propiciou a aparición de novas experiencias.

• Entre elas destacaron as Misións Pedagóxicas, organizadas polo Ministerio e que levaron polos pobos teatro, cine, conferencias, libros... E A Barraca, agrupación teatral de estudiantes universitarios dirixidos por Federico García Lorca que percorreu España representando pezas de teatro clásico e popular, ás veces adaptadas polo propio Lorca.

Page 78: Unidade 8. II República

(Imaxe superior) representación da obra de Cervantes: El juez de los divorcios en

Monbeltrán (Ávila).Recital coral (imaxe inferior)

Page 79: Unidade 8. II República

Misións pedagóxicas

Carteis programa

Page 80: Unidade 8. II República

Difusión cultural

das Misións Pedagóxicas

Page 81: Unidade 8. II República

Espectáculo de marionetas para

Nenos en Guadalajara (Palacio do Infantado)

Copia do cadro Las hilanderas de

Velázquez exposto en Cebreros (Ávila)

Page 82: Unidade 8. II República

Audicións musicaisnos pobos

Page 83: Unidade 8. II República
Page 84: Unidade 8. II República

Localidades galegasonde se

impartiron actividades

das Misións Pedagóxicas

en 1933.Dirixidas por

Rafael Dieste

Page 85: Unidade 8. II República

Charla cultural en Malpica

Page 86: Unidade 8. II República

Traslado de material para

exposición entre O Pindo e Corcubión

Page 87: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA autonomía de Cataluña

• A Constitución republicana intentou conxugar as aspiracións de autogoberno dalgunhas rexións coa defensa do Estado unitario, establecendo que o Estado integral republicano era compatible coa autonomía de municipios e das rexións.

• Aquelas zonas que, en razón de afinidades históricas, culturais e económicas decidiran organizarse como rexión autónoma, deberían elaborar un proxecto de Estatuto de Autonomía e superar as seguintes condicións:

1. Ser proposto pola maioría dos concellos.2. Ser aprobado polos dous terzos dos electores da rexión

en referendo.3. Ser aprobado polas Cortes.

Page 88: Unidade 8. II República

Portada do Estatuto catalán

1932

Page 89: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA autonomía de Cataluña

• Os cataláns iniciaron o proceso de elaboración do Estatuto antes de aprobarse a Constitución.

• Unha comisión reunida en Nuria elaborou un proxecto que foi aprobado polos representantes dos concellos cataláns (case por unanimidade en xuño de 1931) e en referendo popular (cun 99% de votos afirmativos o 2-8-1931).

• A súa discusión en Cortes foi lenta e polémica, acelerándose tras a intentona golpista de Sanjurjo; foi aprobado en setembro de 1932 por 234 votos a favor de 24 en contra.

• O Estatuto garantía a Cataluña moitas das súas aspiracións.• Goberno: Generalitat, Parlamento.• Dispoñía polo tanto de facultades executivas e lexislativas.• Competencias amplas en: facenda, economía, educación e

cultura, transportes e comunicacións e orde pública (Mossos d’esquadra)

Page 90: Unidade 8. II República

CampañaA favor e en

contra do Estatuto de

Autonomía de Cataluña

1932

Page 91: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

O Goberno de Azaña e as grandes reformas da RepúblicaA autonomía de Cataluña

• As eleccións para formar o primeiro parlamento de Cataluña (20-11-1932) foron gañadas por Esquerra Republicana e Francesc Maciá converteuse no primeiro presidente da Generalitat, cargo que desempeñou ata a súa morte, sendo substituído (24-12-1933) por Lluís Companys.

• A transferencia de competencias foi lenta e o triunfo das dereitas no Estado central en 1933, agravou as dificultades.

• A tensión culminou o 6 de outubro de 1934 coa proclamación da República Catalá dentro da Federación Española.

• Na represión do movemento catalán foi suspendido o Estatuto e decretada a prisión para o Goberno catalán.

• En 1936, o goberno do Fronte Popular restaurou o Estatuto catalán.

Page 92: Unidade 8. II República

Francesc Maciá1º presidente da

GeneralitatDurante a II República

Lluís Companys2º presidente da

Generalitat

Page 93: Unidade 8. II República

Lluís Companys e o seu GobernoEncarcerados en

1934

Page 94: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

Sublevación de Sanjurjo e conflitividade social

• Desde o verán de 1931 apréciase un aumento de tensión política e social, constatable en disitintas frontes, pero especialmente grave entre os militares e xornaleiros que organizaron diversos actos de protesta contra o goberno de Azaña.

• Sublevación de Sanjurjo o 10 de agosto de 1932, José Sanjurjo (Xeneral do exército e director da Garda Civil) encabeza un levantamento militar en Sevilla contra a República contando co apoio de monárquicos, latifundistas andaluces e algúns militares descontentos.

• O goberno puido controlar a situación, e os participantes na sanjurjada foron detidos e condenados.

• Como reacción, os republicanos e socialistas deixaron de lado as súas diferenzas e aproximaron as súas posturas, o que permitíu a aprobación de leis como o Estatuto de Autonomía de Cataluña, a expropiación de terras a alta nobreza e a Lei de Reforma Agraria.

Page 95: Unidade 8. II República

Intento de golpe de Estado de

José Sanjurjo en Sevilla. 1932

Page 96: Unidade 8. II República

Zona dos Castros A Coruñaa Avda. Xeneral Sanjujo pasa a denominarse Avda. de Oza

polo cumprimento da Lei de Memoria Histórica no 2016

Page 97: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

Sublevación de Sanjurjo e conflitividade social

• Conflitividade social. As medidas reformistas do Goberno para mellorar a condición social dos traballadores no campo foron obstaculizadas polos grandes e medianos propietarios que, en moitos casos, deixaron de traballar a terra e non contrataban braceiros.

• Estas actitudes provocaban a desesperación pola falta de traballo, situación que orixinaba tumultos e alteración da orde pública.

• Os sindicatos convocaban folgas e manifestacións.• Nalgúns punto de Castela, Andalucía e Extremadura

producíronse ocupacións ilegais de terras (finais de 1931-comezos 1932): Corral de Almaguer (Toledo), Palacios Rubios (Salamanca), Castilblanco (Badajoz) e Arnedo (Logroño)

Page 98: Unidade 8. II República

Nos acontementosde Castilblanco (Badajoz) catro

Gardas civís foron mortos por

manifestantes a finais de decembro

1931

Xuizo aos manifestantes

implicados nos feitos de

Castilblanco de finais de decembro

1931

Page 99: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

Sublevación de Sanjurjo e conflitividade social

• Conflitividade social: Casas Viejas• O acontecemento máis tráxico deste tipo de

conflitos sucedeu nesta localidade gaditana (actualmente denominada Benalup).

• Zona de fame endémica, desemprego e pobreza extrema, agravada polo boicot dos patróns á República.

• O día 10 de xaneiro de 1933, os seus habitantes proclamaron o comunismo libertario, colectivizaron as terras, cortaron as liñas telefónicas e cavaron trincheiras.

Page 100: Unidade 8. II República

Casas Viejas.1933

Page 101: Unidade 8. II República

Casas Viejas.1933

Page 102: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

Sublevación de Sanjurjo e conflitividade social

• Conflitividade social: Casas Viejas• A represión foi especialmente sanguinaria cos

campesiños sublevados (entre os que estaba o anarquista Curro Cruz alcumado Seisdedos foron acurralados, algúns queimados na case onde resistían e outros fusilados sen xuízo previo.

• Estes feitos ocasionaron un forte impacto na opinión pública e foron utilizados polas dereitas para desprestixiar ao Goberno.

• Ademais, os revolucionarios da esquerda querían acabar con esta república que cualificaban de burguesa e que non atendía ás demandas sociais do pobo.

Page 103: Unidade 8. II República

Casas Viejas.1933

Page 104: Unidade 8. II República

Casas Viejas.1933

Page 105: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

Reorganización das dereitas e ruptura da coalición gobernamental

• Ao longo de 1933 as dificultades para a coalición republicano-socialista que formaba o Goberno foron en aumento, tanto polas mutuas acusacións entre os membros destes partidos, como pola presión exercida polas forzas conservadores e de dereitas que se reorganizan.

• Reorganización das dereitas. Coa crise da monarquía desapreceran os partidos conservadores tradicionais, pero coa chegada da República apareceron novos grupos dos que formaron parte todos aqueles descontentos coa lexislación reformista e laica. Diferenciamos tres tendencias:

Page 106: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

Reorganización das dereitas e ruptura da coalición gobernamental

1. Minoría: ideoloxía fascista, defensa da unidade e grandeza de España, superioridade do Estado ó Individuo, antiparlamentarismo, antidemocráticos, corporativistas, antimarxistas, rexeitamento do pluralismo partidista, emprego da violencia para combater ao inimigo: marxistas e anarquistas. Ramiro Ledesma e Onésimo Redondo: JONS, José Antonio Primo de Rivera: Falange. Refundidas en 1934: FE-JONS. Seguidores especialmente mozos, grupos de carácter paramilitar: camisa azul, xugo e frechas...

2. Monárquicos-autoritarios: nostálxicos do pasado: nobres, grandes terratenentes, alta burguesía. Comunión Tradicionalista (1931): carlista. Renovación Española (Alfonsinos): Calvo Sotelo. Contrarios á República, ás reformas e defensa da orde social tradicional e economía baseada na produción interior (autárquicos).

Page 107: Unidade 8. II República

José Antonio Primo de RiveraFundador da Falange

Page 108: Unidade 8. II República

Acto de fundación da Falange Española

29/10/1933Teatro da Comedia

(Madrid)

Page 109: Unidade 8. II República

Tomás Domínguez ArévaloConde de Rodezno

Repesentante de Comuñón Tradicionalista (Carlista)

Page 110: Unidade 8. II República

José Calvo SoteloRenovación Española(monárquico alfonsino-

autoritario)

Page 111: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

Reorganización das dereitas e ruptura da coalición gobernamental

3. Outros: o fundamental non era o modelo de réxime (monarquía ou república) pero si a defensa dos valores católicos e da propiedade privada: Partido Agrario e Acción Popular (AP, nome que a partir de 1932 recibirá Acción Nacional, fundada en 1931). Acción Popular e Derecha Regional Valenciana uníronse na CEDA dirixida por Gil Robles. Pretenden revisar a Constitución para adecuala ós principios da doutrina social e política cristiá.

Page 112: Unidade 8. II República

José Mª Gil RoblesLíder da CEDA

Cofederación Española deDerechas Autónomas

Page 113: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

Reorganización das dereitas e ruptura da coalición gobernamental

• Ruptura da coalición gobernamental. A coalición formada por republicanos de esquerda e socialistas foise debilitando ao longo de 1933 (factores internos: falta de entendemento, externos: represión de Casas Viejas, presión das dereitas cada vez máis organizadas, perda de apoio popular manifestado nas municipais de abril de 1933)

• Azaña demite e Lerroux (Partido Radical) forma un novo goberno (setembro-outubro), fracasa. Novo presidente Martínez Barrio (Radical) con outros partidos republicanos. Convoca eleccións para novembro.

Page 114: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio Reformista (1931-1933)

Reorganización das dereitas e ruptura da coalición gobernamental

• A campaña electoral foi intensa.• As forzas da dereita presentaron unha fronte

común formada pola CEDA, Renovación Española, agrarios e independentes.

• No seu programa figuraba a revisión da Constitución, da lexislación laica e a paralización das reformas, especialmente a agraria.

• Os republicanos e socialistas presentáronse por separados na maioría das circunscripcións.

• Os anarquistas chamaban á abstención.• Por primeira vez votaban as mulleres.

Page 115: Unidade 8. II República

Facendo cola.Eleccións novembro

de 1933

Page 116: Unidade 8. II República

Eleccións novembro de 1933Presenza de mulleres

Page 117: Unidade 8. II República

Facendo cola.Eleccións novembro

de 1933

Page 118: Unidade 8. II República

Eleccións novembro de 1933Presenza de mulleres

Page 119: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

Introdución

• As elección de novembro foron gañadas polas forzas de dereitas.

• O partido máis votado foi a CEDA de Gil Robles, seguido do Partido Republicano Radical de Lerroux.

• O PSOE perde a metade dos seus anteriores escanos, e os republicanos de esquerda quedaban practicamente sen representación.

• O presidente Alcalá Zamora nomeou xefe do Goberno a Lerroux, que contaba co apoio da CEDA.

• Este segundo período foi chamados polas esquerdas como Bienio Negro polas súas connotacións reaccionarias e conservadoras.

• Mentres que algúns historiadores califícano como Bienio Rectificador (polo labor revisionista, ou Bienio Radical-cedista polos partidos que apoiaron esta etapa.

Page 120: Unidade 8. II República

Resultados eleccións 19-11-1933

CEDA; 115; 25%

Partido Radical; 102; 22%

PSOE; 59; 12%

Partido Agrario; 30; 6%

Lliga; 24; 5%

Comuñón-Tradicionalista; 21; 4%

Renovación Española; 14; 3%

ERC; 17; 4%

PNV; 11; 2%

Acción Republicana; 5; 1%

PRG; 6; 1%

Outros (12 partidos); 69; 15%

Page 121: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

A política rectificadora

• As medidas foron claramente antirreformistas.• A reforma agraria foi desmantelada (anulación das expropiacións

da alta nobreza, liberdade total de contratación, anulación do decreto de terreos municipais). Provocando o empeoramento das condicións de vida dos xornaleiros e agudizando as tensións: os grandes propietarios non contrataban aos sindicados.

• O sistema de autonomías foi paralizado, obstaculizando a aplicación do Estatuto catalán e atrasando as dicusións dos estatutos vasco e galego.

• Os créditos para a construción de escolas diminuíron e paralizouse a Lei de Congregacións.

• Amnistía para os implicados no golpe de Estado de Sanjurjo.• Sen embargo: non se reformou a Lei Azaña sobre o exército,

limitándose a colocar en postos claves a militares de súa confianza.

Page 122: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

A política rectificadora

• As folgas en conflitos aumentaron considerablemente (anarquistas: insurreccións e folgas repercusión en Aragón e La Rioja. UXT e PSOE radicalizaron as súas posicións e buscaron alianzas obreiras para loitar polo triunfo revolucionario e presentar unha fronte común ante o avance das dereitas e o fascismo.

• Nace a Alianza Obreira, formada por forzas políticas e sindicais de esquerda. A idea partiu de Cataluña, formándose e numerosos pobos e cidades comités locais de Alianza Obreira.

• A tensión no campo aumentou. En xuño de 1934 os campesiños convocados pola Federación Nacional de Traballadores da Terra da UXT levaron a cabo unha folga no sur de España que foi duramente reprimida.

• En Cataluña o goberno central anulou a lei de rabassaires que permitía acceder á propiedade da terra dos arrendatarios de fincas. Os deputados catalanistas abandonaron as Cortes e o goberno catalán continuou coa reforma.

Page 123: Unidade 8. II República

Coflitividade socialanterior a outubro de 1934

Page 124: Unidade 8. II República

Número de obreiros en folga

347.660 336.177369.164

841.353767.277

32.800

11930 1931 1932 1933 1934 1935

Page 125: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

Os sucesos de outubro de 1934

• En outubro de 1934 Gil Robles condicionou o apoio parlamentario que prestaba a Lerroux á entrada no Goberno de membros da CEDA.

• Lerroux accedeu.• En resposta, as forzas de esquerda, convencidas

en que Gil Robles quería destruír a República, protagonizaron diversos actos de protesta:

• A folga xeral.• A proclamación do Estado catalán.• A Revolución de Asturias.

Page 126: Unidade 8. II República

Revolución (toma do poderlocal ou provincial)InsurrecciónFolga pacífica

Outubro de 1934

Page 127: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

Os sucesos de outubro de 1934A folga xeral

• Convocada pola UXT para o día 5 en toda España, contou cun apoio irregular dos anarquistas e comunistas e tivo eco nalgunhas cidades como Sevilla, Córdoba, Valencia, San Sebastián, Barcelona, Bilbao ou Madrid.

• A escasa planificación e o cansanzo dun verán repleto de folgas, frustrou a tentativa.

• O Goberno declarou estado de guerra, mobilizou ao exército e neutralizou os focos en folga.

Page 128: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

Os sucesos de outubro de 1934O Estado catalán

• En Cataluña a rebelión tivo unha dobre vertente:• Por un lado os obreiros, seguindo as consignas da

Alianza Obreira, protagonizaron unha folga xeral.• Por outro, a Generalitat, dominada pola esquerda e

dirixida por Lluís Companys, sublevouse contra o Goberno central e proclamou a formación do Estado catalán dentro da República Federal Española.

• A falta de coordinación de obreiros e Generalitat e a escasa participación da CNT facilitou o control da situación polo exército.

• O Estatuto de autonomía foi suspendido e os membros da Generalitat foron detidos e condenados a distintas penas de cárcere.

Page 129: Unidade 8. II República

Lluís Companys e o seu GobernoEncarcerados en

1934

Page 130: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

Os sucesos de outubro de 1934Revolución de Asturias

• En Asturias e norte de León o chamamento á folga xeral deu lugar a unha intensa insurrección obreira que pretendía facerse co poder político e controlar os medios de produción.

• A alianza entre todas as forzas obreiras: anarquistas, socialistas e comunistas, baixo a consigna de Unión de Hemanos Proletarios (UHP) permitiu que os mineiros provistos de dinamita e armas ocuparan os cuarteis da Garda Civil e dominaran unha gran parte da rexión incluído Oviedo.

• Nos pobos ocupados polas forzas obreiras, os concellos foron substituídos por comités revolucionarios.

• Nas zonas controladas polos anarquistas organizáronse auténticas comunas nas que se decretou a socialización dos medios de produción e a abolición do diñeiro.

Page 131: Unidade 8. II República

Revolución de outubro de 1934Cartel anunciador da revoluciónCamións con detidos nas rúas de Gijón.Grupo de mineiros articipantes na revolta.

Page 132: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

Os sucesos de outubro de 1934Revolución de Asturias

• Nas zonas controladas polos comunistas estableceuse a ditadura do proletariado.

• Nalgunhas zonas rexistráronse actos de violencia anticlerical (queima de igrexas, asasinato de sacerdotes).

• Para controlar a situación, o Goberno enviou tropas da Lexión e dos regulares de Marrocos ao mando do xeneral Franco.

• Progresivamente fíxose baixo o control da zona.• O día 18 a revolución remataba.• Atrás quedaban 2.000 mortos, 30.000 detidos,

despedimentos, multas, suspensión de sindicatos, condenas a morte e longas penas de cárcere.

Page 133: Unidade 8. II República

Mapa Revolución de Asturias.

Outubro de 1934

Page 134: Unidade 8. II República

MineirosOutubro de

1934

Page 135: Unidade 8. II República

Guaje mineiro

Outubro de 1934

Page 136: Unidade 8. II República

RevoluciónOutubro de

1934

Page 137: Unidade 8. II República

RevoluciónOutubro de

1934

Page 138: Unidade 8. II República

Chamamento gobernamental

á rendiciónOutubro 1934

Page 139: Unidade 8. II República

Información naPrensa

conservadora sobre

Outubro 1934

Page 140: Unidade 8. II República

OviedoOutubro 1934

Page 141: Unidade 8. II República

Imaxes da Cámara Santa da Catedral de Oviedo

Outubro 1934

Page 142: Unidade 8. II República

OviedoClaustro da Universidade

Outubro 1934

Page 143: Unidade 8. II República

OviedoHotel Inglés

Outubro 1934

Page 144: Unidade 8. II República

OviedoHotel Inglés

Outubro 1934

Page 145: Unidade 8. II República

GijónDesfile das tropas regulares

Outubro 1934

Page 146: Unidade 8. II República

Detención de insurrectos Asturias. Outubro 1834

Page 147: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

Os sucesos de outubro de 1934Revolución de Asturias

• Os acontecementos de Asturias tiveron unha fonda repercusión.

• Produciuse unha forte dereitización do réxime republicano (a CEDA aumentou a súa presenza no poder e moitas das melloras sociais foron anuladas).

• As forzas de esquerdas agrupáronse para a defensa da amnistía para os deitidos, defensa na que destacou Dolores Ibárruri (Pasionaria) membro da dirección do PCE.

Page 148: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

Cara ás eleccións de febreiro de 1936

• Tras os sucesos de outubro e ao longo de 1935, a inestabilidade do goberno foi en aumento.

• A finais de 1935, o escándalo do estraperlo provocou unha forte crise e desprestixio de Lerroux.

• Gil Robles confiaba ser o substituto, pero Alcalá Zamora, temeroso da reacción popular, preferiu nomear a republicanos de centro para presidir o goberno (Chapaprieta, Portela Valladares).

• As crecente dificultades obrigaron a convocar novas eleccións para febreiro de 1936.

Page 149: Unidade 8. II República

Escándalo de Estraperlo• Especie de ruleta trucada

inventada por Strauss e Perlo que proporcionaba grandes beneficios aos seus propietarios.

• Lerrous e varios familiares próximos foron acusados de estaren a beneficiarse, o que orixinou un escándalo que lle custou a presidencia do Goberno.

Page 150: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

Cara ás eleccións de febreiro de 1936

• Paralelamente producíuse a reorganización das forzas políticas, tanto de dereitas como de esquerdas.

• Os monárquicos e conservadores formaron, a finais de 1934, o Bloque Nacional, manifestamente contrario ao réxime e á Constitución da República.

• Os partidos republicanos de esquerda únense en 1934 formando Esquerda Republicana, presidida por Azaña.

• Desde as esquerdas deféndese a creación dunha ampla coalición contra as dereitas e o fascismo.

• En xaneiro de 1936 asínase o pacto de creación da Fronte Popular con participación das principais forzas de esquerda; o seu programa preséntase como continuador das reformas do primeiro bienio republicano.

Page 151: Unidade 8. II República

II RepúblicaBienio de dereitas (Novembro 1933- Febreiro 1936)

Cara ás eleccións de febreiro de 1936

• A campaña electoral para as eleccións de febreiro de 1936 foi moi axitada de elevada violencia verbal, con ataques mutuos entre os candidatos das formacións que a elas concorrían.

• A esquerda presentábase unida.• Pero as dereitas non presentaron un

programa único (CEDA, Bloque Nacional, Falanxe), aínda que nalgunhas zonas fixeron pactos puntuais para as eleccións (Fronte Nacional Contrarrevolucionaria)

Page 152: Unidade 8. II República

Carteleríada Fronte Popular

Eleccións febreiro 1936

Page 153: Unidade 8. II República

CarteleríaEleccións febreiro

1936

Carteleríada Fronte Popular

Eleccións febreiro 1936

Page 154: Unidade 8. II República

Cartelcontra aFronte

Popular

Page 155: Unidade 8. II República

Carteleríada CEDAEleccións

febreiro 1936

Page 156: Unidade 8. II República

Mitin de Manuel Azaña en Bilbao

febreiro 1936

Page 157: Unidade 8. II República

Eleccións febreiro 1936Candidatura gañadora

por provinciasEsquerda

Centro

Dereita

Page 158: Unidade 8. II República

Resultados eleccións 16-2-1936

PSOE; 88; 19%

Izquierda Republicana; 79; 17%

CEDA; 101; 20%

Unión Republicana; 34; 7%

ERC; 22; 5%

PCE; 14; 3%

Renovación Española; 10; 2%

Centro Democrático; 21; 4%

PNV; 12; 3%

Lliga; 12; 3%

Comuñón Tradicionalista; 15; 3%

Partido Galeguista; 3; 1%

Outros (20 partidos); 62; 13%

  Esquerdas Centro Dereitas

Votos (estimación) 4.363.903 556.008 4.155.153

% votos (estimación) 48% 6% 46%

Page 159: Unidade 8. II República

Celebración do resultado electoral

Na praza de Cibeles (Madrid)

1936

Page 160: Unidade 8. II República

II RepúblicaFronte Popular (Febreiro-xullo 1936)

Introdución

• As eleccións do 16 de febreiro deron o triunfo á Fronte Popular.

• O 19 Azaña formou un goberno composto só por republicanos de esquerda, conforme ao pactado antes das eleccións.

• O seu obxectivo era retornar ás reformas emprendidas no primeiro bienio.

• En abril o presidente da Repúblia, Niceto Alcalá Zamora, foi destituído polas novas Cortes (por disolver estas máis veces das permitidas pola Constitución).

• No seu lugar foi elixido Azaña, mentres Casares Quiroga foi nomeado presidente do Goberno.

Page 161: Unidade 8. II República

II RepúblicaFronte Popular (Febreiro-xullo 1936)

Introdución

• O goberno da Fronte Popular iniciou a posta en práctica do seu programa de forma inmediata.

• Decretou unha amnistía que afectou a 30.000 presos.

• Restableceu as leis derogadas no bienio de dereitas (Estatuto Catalán, Lei de reforma agraria, recuperou a política reformista no ensino).

• Modificou a cúpula do exército trasladando aos xenerais máis conservadores e proclives ao golpismo (Goded a Baleares, Franco a Canarias e Mola a Pamplona).

Page 162: Unidade 8. II República

Saída de presos amnistiados do

cárcere 1936

Page 163: Unidade 8. II República

O coruñés Santiago Casares

Quiroga será nomeado

presidente do Goberno da

República en abril de 1936

Page 164: Unidade 8. II República

Esquerda: Casa Museo de Casares Quiroga (Rúa Panadeiras-A Coruña). Arriba: interior da casa

escritorio-biblioteca. Abaixo: queima de libros durante a guerra civil peirao da Coruña

Page 165: Unidade 8. II República

Praza e monumento a Casares Quiroga no Polígono de Elviña.

Fotografías tomadasdunha presentación realizada polo

alumnado de 1º ESO do IES Elviña-IES Agra de Leborís

no IV Encontro Lingüístico curso 2010-2011

Page 166: Unidade 8. II República

Amnesia ou memoria histórica?Casares Quiroga non foi, non existiu

• O gobernador civil da Coruña manda retirar a partida de nacemento do rexistro civil do presidente do goberno da República Española, Santiago Casares Quiroga.

• Non é ningunha broma. Pasou o 26 de novembro de 1937.

• Oficio do gobernador civil da Coruña, José Mª. de Arellano:

• O nome de Santiago Casares Quiroga será borrado de tódolos rexistros sendo indigno de figurar no Rexistro Oficial de Nacementos que se leva no xulgado municipal, instituido para seres humanos e non para alimañas... O nome noxento de Casares Quiroga deberá borrarse de forma que as futuras xeracións non atopen máis vestixio seu que a súa ficha antropométrica de foraxido. 

• A Coruña  27 de novembro de 1937• (o texto orixinal está redactado en castellano)

Page 167: Unidade 8. II República

A súafilla

a actrizMaría

Casaresque taménten o nome

dunha rúa no

barrio de Elviña

Page 168: Unidade 8. II República

II RepúblicaFronte Popular (Febreiro-xullo 1936)

Introdución

• O goberno da Fronte Popular iniciou a posta en práctica do seu programa de forma inmediata.

• Decretou unha amnistía que afectou a 30.000 presos.

• Restableceu as leis derogadas no bienio de dereitas (Estatuto Catalán, Lei de reforma agraria, recuperou a política reformista no ensino).

• Modificou a cúpula do exército trasladando aos xenerais máis conservadores e proclives ao golpismo (Goded a Baleares, Franco a Canarias e Mola a Pamplona).

Page 169: Unidade 8. II República

II RepúblicaFronte Popular (Febreiro-xullo 1936)

Introdución

• A pesar da rapidez con que o Goberno iniciou a aplicación de reformas, para os sindicatos e os partidos obreiros había que ir moito máis rápido non só no tempo, senón da profundidade das mesmas, é dicir, crían chegado o momento de pór en práctica a esperada revolución social.

• Pola contra, Falanxe (que non tiña representación parlamentaria) incrementou a súa afiliación e puxo en práctica a dialéctica dos puños e as pistolas coa finalidade de provocar ás organizacións de esquerdas, estratexia que levou ao cárcere a José Antonio Primo de Rivera e á prohibición da actuación do seu partido na vida pública.

• A violencia foi en aumento; os atentados dun e doutro signo (bombas, tiroteos, paseos) eran continuos e as folgas e os disturbios crecentes.

• O problema da desorde pública foi empregado polos grupos de dereitas para desacreditar ao réxime republicano e ao Goberno da Fronte Popular.

Page 170: Unidade 8. II República

II RepúblicaFronte Popular (Febreiro-xullo 1936)

A autonomía do País Vasco• En xuño de 1931, unha asemblea de concellos vascos e navarros

reunidos en Estella e convocada plos nacionalistas en colaboración cos carlistas, aprobou o proxecto de Estatuto de Autonomía que non foi aceptado polos republicanos, debido ás concesións ao clericalismo e tradicionalismo.

• En 1932 Navarra segregouse do proxecto autonomista.• En agosto de 1933 foi elaborado un novo Estatuto que foi aprobado

polos concellos de Biscaia e Guipúscoa, pero non por Álava.• Sometido a referendo (5-9-1933), foi aprobado con maioría en Biscaia e

Guipúscoa, pero en Álava só obtivo o 44% de votos afirmativos.• Presentado nas Cortes, os gobernos radicalcedistas paralizaron a súa

discusión, complicándose máis o proceso porque os concellos de Álava solicitaron, en febreiro de 1934, a retirada da súa provincia do ámbito territorial da Autonomía.

• En outubro de 1936, xa iniciada a Guerra Civil, as cortes aprobaron o Estatuto, que unicamente se puido aplicar na zona non ocupada polos sublevados, Xosé Antonio Aguirre (PNV) foi elxido presidente do primeiro Goberno Vasco

Page 171: Unidade 8. II República

II RepúblicaFronte Popular (Febreiro-xullo 1936)

A autonomía de Galicia• Antes da proclamación da II República a defensa do galeguismo e da

autonomía de Galicia estaba asumida por algunhas entidades culturais e polos republicanos, especialmente a ORGA e a Federación Republicana Galega. Unha vez establecida a República, durante os meses de maio e xuño de 1931, varias institucións e grupos (Seminario de Estudos Galegos de Santiago, Secretariado de Galicia en Madrid, Instituto de Estudos Galegos da Coruña, FRG) elaboraron proxectos de Estatuto, pero algúns deles resultaron incompatibles coa Constitución porque consideraban a Galicia como un Estado autónomo dentro da República Federal Española.

• A finais de 1931, a confluencia de diversas personalidades e grupos galeguistas fundaron en Pontevedra o Partido Galeguista, o seu obxectivo básico era a conquista da autonomía de Galicia.

• En 1932, por iniciativa do concello de Santiago e do seu alcalde, López Pol, iníciase a elaboración dun novo proxecto de Estatuto, compatible coa Constitución, que foi discutido e aprobado (19-12-1932) nunha asemblea de concellos celebrada en Santiago.

• O triunfo das dereitas en novembro de 1933 paralizaron o proceso que no se puido retornar ata despois do triunfo da Fronte Popular.

Page 172: Unidade 8. II República

II RepúblicaFronte Popular (Febreiro-xullo 1936)

A autonomía de Galicia

• O 28 de xuño de 1936, tras unha intensa campaña a favor da autonomía e na que destacou a actividade de galeguistas como Castelao, Alexandre Bóveda, o pobo galego aprobou o Estatuto de Autonomía (cunha participación do 74,5% e o 99% dos votos afirmativos).

• O 15 de xullo de 1936 foi presentado o texto nas Cortes españolas para a súa discusión e aprobación, pero tres días despois producíuse o a sublevación militar contra o Goberno da República.

• Galicia foi ocupada rapidamente polo exército reblede e a autonomía morreu baixo a opresión franquista.

• As Cortes republicanas trasladadas a Cataluña por mor da guerra, nun acto máis simbólico que efectivo, admitiron a trámite parlamentario o Estatuto de Galicia en febreiro de 1938, pero non foi discutido nin aprobado.

Page 173: Unidade 8. II República

Carteis a favor do Estatutode Castelao e Camilo Díaz

Page 174: Unidade 8. II República

Carteis a favor do Estatutode Isaac Díaz Pardo

Page 175: Unidade 8. II República

Carteis a favor do Estatuto

de Luis Seoane

Page 176: Unidade 8. II República

II RepúblicaFronte Popular (Febreiro-xullo 1936)

A conspiración militar

• A derrotas das dereitas e o medo á revolución social estimulou a elaboración de proxectos golpistas de carácter militar coa intención de acabar co Goberno de esquerdas.

• Os grupos conservadores viron no exército o único medio que podía facer fronte ao que consideraban a ameaza do comunismo.

• Para materializalo contaron co apoio de varios oficiais, moitos deles pertenecentes á Unión Militar Española.

• Baixo a dirección de Mola, os militares conxurados foron concentrando as accións e o papel de cada un deles.

• O plano xeral consistían en que o exército de África fose o primeiro en sublevarse, secundado logo por levantamentos graduados na Península nas vintecatro ou trinta e seis horas seguintes.

Page 177: Unidade 8. II República

II RepúblicaFronte Popular (Febreiro-xullo 1936)

A conspiración militar

• Mola sublevaríase en Pamplona, Queipo de Llano en Sevilla, Villegas e Fanjul en Madrid, González de Lara en Burgos, Cabanellas en Zaragoza, López Prieto e Varela en Cádiz, Patxot en Málaga, Cascajo en Córdoba, Goded en Baleares, asumindo tamén o mando de Barcelona; Franco en Canarias e o protectorado español de Marrocos, onde contaba coa intervención de Yagüe.

• Os militares deterían ás autoridades militares e civís fieis ao Goberno da República, así como os dirixentes locais das forzas obreiras e proclamarían o estado de guerra.

• O exército de África, unha vez asegurado o dominio do protectorado, debía trasladarse á Península, transportado pola Mariña, e converxer rapidamente sobre Madrid, onde se establecería un Directorio militar encabezado por Sanjurjo.

Page 178: Unidade 8. II República

Algúns militares que participan na

conspiración militar do 18 de xullo

Mola. Pamplona

Queipo de LlanoSevilla Cabanellas.Zaragoza

Sanjurjo. Lisboa

Fanjul. Madrid Goded. MallorcaFranco. Canarias

Page 179: Unidade 8. II República

II RepúblicaFronte Popular (Febreiro-xullo 1936)

A conspiración militar

• O 12 de xullo un comando de extrema dereita asasinou ao tenente de Garda de Asalto e militante de esquerdas, José Castillo, como represalia, ao día seguinte, un grupo de Gardas de Asalto, asasinaron a Calvo Sotelo.

• O seu enterro non foi só unha manifestación política, senón unha declaración de guerra.

• Ante a multitude que saudaba co brazo en alto, Antonio Goicoechea (activo militante de Renovación Española) declarou: Ante Deus que nos oe e nos ve, empeñamos solemne xuramento de consagrar a nosa vida a este triple labor: imitar o teu exemplo, vingar a túa morte, salvar España. Que tod é un e o mesmo, porque salvar a España será vingar a túa morte, e imitar o teu exemplo será o camiño máis seguro para salvar a España.

Page 180: Unidade 8. II República

Portada do xornal Ahora onde se

realiza unha reportaxe sobre os

asasinatos de José Castillo e

José Calvo Sotelo

Page 181: Unidade 8. II República

Cadaver de José Calvo Sotelo

Page 182: Unidade 8. II República

Enterro de Calvo Sotelo