MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf ·...

28
día das letras galegas 17 de maio de 2007 MARÍA MARIÑO CAROU MARÍA MARIÑO CAROU

Transcript of MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf ·...

Page 1: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 1MARÍA MARIÑO 1MARÍA MARIÑO 1MARÍA MARIÑO 1MARÍA MARIÑO 1

díadas

letrasgalegas

17 de maio de 2007

MARÍAMARIÑOCAROU

MARÍAMARIÑOCAROU

Page 2: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 2MARÍA MARIÑO 2MARÍA MARIÑO 2MARÍA MARIÑO 2MARÍA MARIÑO 2

Seminario de Formación Permanente«María Mariño»

Armando Xosé Herrero MayorMª Luisa Mosquera Seijo

José Antonio Picado RodríguezMª del Carmen Valiñas RivasMª Cristina Vázquez Grandío

Seminario de Formación Permanente«Arredor de María Mariño»

Ana Fernández JonteMª Jesús Arcos López

Mª Isabel Hortas GonzálezMª Jesús Souto Pereira

Seminario de Formación Permanente«María Mariño na Rede»

Carlos Alberto Mouriz LópezSantiago Sobrino Josenje

Mª Cristina Vázquez Grandío

Asesor do CEFORE A Coruña

Antón Amil García

Edita:Seminario Permanente de Formación doProfesorado do CEIP «Galán»Oseiro-Arteixo (A Coruña)

ISBN:Depósito legal:

Page 3: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 3MARÍA MARIÑO 3MARÍA MARIÑO 3MARÍA MARIÑO 3MARÍA MARIÑO 3

A comezos do século XX, a agricultura enGalicia seguía a ser a principal fonte de riquezae daba emprego á maioría da poboación.

No entretanto, a situación do agro galegopresentaba un fato de graves problemas, todoseles herdados de épocas anteriores, sobre todoos problemas relacionados co réxime de pro-piedade da terra. O réxime foral, a reducida di-mensión das explotacións, as medidas protec-cionistas do goberno que prexudicaban os pro-dutos galegos... Este conxunto de problemas in-capacitaban a agricultura galega para integrar-se na economía capitalista, pero, diante de todo,había que rematar cos foros e co caciquismo.

As políticas da Restauración monárquicaimpulsada por Cánovas del Castillo amosában-se incapaces de resolver o grave problemaagrario e as protestas foron especialmente in-tensas no primeiro terzo do século XX.

Aparecen en Galicia nesta época organi-zacións vinculadas coa temática agraria: UniónCampesiña, Solidariedade Galega e a máis im-portante, Acción Gallega, liderada polo cregoBasilio Álvarez.

UN NOVO SÉCULOUN NOVO SÉCULOUN NOVO SÉCULOUN NOVO SÉCULOUN NOVO SÉCULO

A comezos do século XX o rexime de propiedade da terra tivo unhainfluencia moi negativa para que o agro galego poidera integrarseplenamente na economía capitalista. (Carretando madeira, Fisterra.Fondo fotográfico do Arxiu Mas)

Page 4: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 4MARÍA MARIÑO 4MARÍA MARIÑO 4MARÍA MARIÑO 4MARÍA MARIÑO 4

A incapacidade do sistema político parasolucionar os numerosos conflitos existentesdentro dun marcoconst i tuc ionalpropicia que, no1923, Miguel Pri-mo de Rivera en-cabece un golpede estado queacaba co réximeliberal.

O xeneralPrimo de Riveraexercerá o poder,de maneira dita-torial, ata o ano1930. Duranteesta ditadura pa-ralizouse o move-mento agraristaaínda que, no ano1926, se aprobaun decreto queestablece a re-dencion dos foros.

No ano 1929 fúndase a Organización Re-publicana Galega Autónoma, ORGA, e un anodespois, co Pacto deLestrove, créase a Fe-deración RepublicanaGalega.

O apoio do rei Al-fonso XIII á ditadura dePrimo de Rivera orixi-nou un forte descrédi-to da coroa e, en abrilde 1931, tras a victoriadas esquerdas naseleccións municipais orei sae para o exilio eproclámase a II Repú-blica.

A uniformizaciónestablecida para oconxunto de terras queformaban o estado es-pañol orixinou a reac-ción das comunidadessituadas na periferia peninsular.

Despois da vctoria das esquerdasnas eleccións municipais do 1931proclámase a II República e redác-tase unha nova constitución.

O crego Basilio Álvarez lidera AcciónGallega, organización vinculada coas loi-tas agrarias de Galicia. (Caricatura deCastelao)

Page 5: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 5MARÍA MARIÑO 5MARÍA MARIÑO 5MARÍA MARIÑO 5MARÍA MARIÑO 5

En Cataluña, Euskadi e, en menor medida,Galicia xurdiron con gran forza movementos rei-vindicativos dos seus feitos diferenciais: lingua,cultura, leis, tradicións..., son os nacionalismosperiféricos que se van opoñer ao nacionalismoespañol.

Son precisamente os integrantes destesmovementos en Galicia, Villar Ponte, Otero Pe-drayo, Bóveda, Castelao... os que loitarán te-nazmente pola consecución dun Estatuto de Au-tonomía para Galicia que é refrendado polosgalegos un 28 de xuño de 1936. Paralelamenteá acción política desenvólvese no país unha forteactividade cultural a través das publicacións Nóse A Nosa Terra.

O levantamento militar de xullo de 1936 pa-raliza a aprobación, por parte das Cortes, donoso primeiro Estatuto de Autonomía.

O trunfo nas eleccións lexislativas de febrei-ro de 1936 xa radicalizara as posicións en dousbandos políticos irreconciliables. O levantamen-to militar, encabezado por Francisco Franco,non consegue os seus obxectivos coa rapidezprogramada e durante tres anos, de xullo de1936 a abril de 1939, España vese envolta nun-ha Guerra Civil terrible.

As forzas conservadoras e tradicionalistas,xunto co exército e a maioría da igrexa apoianaos militares sublevados mentres que as cla-ses máis populares, os partidos de esquerda,os sindicatos, o mundo da cultura... apoian ástropas leais republicanas.

As transformacións económicas do primeiro terzo do século XX foronsignificativas no sector agro-gandeiro aínda que non suficientes paraequiparar á poboación galega a uns niveis óptimos. (No lavadeiro.Pontevedra. Fondo fotográfico do Arxiu Mas)

Page 6: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 6MARÍA MARIÑO 6MARÍA MARIÑO 6MARÍA MARIÑO 6MARÍA MARIÑO 6

No transcurso da guerra, no bando republi-cano, do que Galicia queda á marxe, vivíronseexperiencias revolucionarias no campo da polí-tica, da educación, da cultura... salientando aorganización das colectividades agrarias e in-dustriais coa participación de anarquistas e co-munistas.

A II República estaba ferida de morte e un1º de abril do ano 1939, Francisco Franco dápor rematadas as operacións militares. É o co-mezo dunha moi dura represión que conduciríaao exilio, ao cárcere e á pena de morte a millei-ros de cidadáns leais á República.

Esta represión producirá un illamento aín-da máis grande de Galicia con respecto ao res-to de España, sumindo ao noso país nunha «lon-ga noite de pedra» que duraría corenta anos,ata a morte do ditador.

Aínda que Galicia non foi de todo allea ao«boom» económico dos anos sesenta de Es-paña e Europa, o secular esquecemento danosa terra, sobre todo da Galicia interior, deter-minará un atraso económico estrutural que per-durará ata os nosos días.

O Estatuto de Autonomía foi refrendado pola ci-dadanía galega un 28 de xuño de 1936, vinte díasantes do comezo da Guerra Civil.

Page 7: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 7MARÍA MARIÑO 7MARÍA MARIÑO 7MARÍA MARIÑO 7MARÍA MARIÑO 7

María Mariño Carou naceu na vila coruñe-sa de Noia un 8 de xuño de 1907.

Estívose, durante moito tempo, no erro decrer que nacera un 25de xullo de 1918,unha data dada poloseu amigo Uxío Novo-neyra dende as páxi-nas de La Voz de Ga-licia ao informar aoslectores da morte dapoeta.

Un erro quizaispromovido por elamesma co aquel deagachar a súa verda-deira idade e queesta non tivera tantadiferenza coa do seumarido, erro que nonfoi descuberto atamoitos anos depoiscon motivo dunha ho-menaxe que lle dedi-ca a Asociación deEscritores en LinguaGalega e grazas áspescudas da Asociación Cultural Catavento de

maría mariñomaría mariñomaría mariñomaría mariñomaría mariño

María foi bautizada, ao día seguinte do seu nacemento na igrexade San Martiño, en Noia situada a poucos metros do domiciliofamiliar.

No número 8 da rúa Cega de Noia, naCoruña, pasou María os seus primeirosanos de vida. A casa sería demolida ereconstruída anos máis tarde.

Page 8: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 8MARÍA MARIÑO 8MARÍA MARIÑO 8MARÍA MARIÑO 8MARÍA MARIÑO 8

Noia que verificaron a data nos libros parro-quiais e no Rexistro Civil.

María era filla dunha familia humilde forma-da por Xosé Mª Mariño Pais e Filomena CarouLado, veciños da bisbarra noiesa.

Foi bautizada na igrexa de San Martiño deNoia ao día seguinte do seu nacemento, sendoos seus padriños Peregrino López e ManuelaPérez.

Os primeiros anos de María pasan no nú-mero 8 da Rúa Cega, en Noia, aínda que osseus pais viviran anteriormente no lugar de OCouto onde tiveran os seus tres primeiros fillos:Mª Concepción, nada no ano 1898, Emilio, en1901 e Cándido, un ano despois. Nesta mes-ma vivenda da Rúa Cega nace a última das ir-más, Asunción, no ano 1908.

A situación económica de Galicia a princi-pios de século é dificil, como tamén e difícil asituación de numerosas familias que malvivencuns ingresos mínimos. Este tamén é o casoda familia dos Mariño que conta cos únicos in-gresos do traballo como zapateiro do pai. Diantedesta situación, os cinco fillos non teñen máissaída que poñerse a traballar dende moi novose, como consecuencia, deixar aparcados os es-tudos e a súa formación intelectual.

María asistiu pouco á escola, unha situa-ción que non era nada rara na época xa que amaioría das rapazas deixaban os estudos para

Os primeiros anos de María Mariño transcurren na súa vilanatal de Noia na que a súa familia malvive cos escasos ingresosaportados polo seu pai. (Becerrada en Noia. Fondo fotográfico doArxiu Mas)

Page 9: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 9MARÍA MARIÑO 9MARÍA MARIÑO 9MARÍA MARIÑO 9MARÍA MARIÑO 9

poñerse a traballar na casa ou servindo en casaallea. A rapazada ía á escola só a aprender aler e conseguir o dominio básico das opera-cións de cálculo máis importantes para desen-volverse na vida cotiá.

Cando María deixa a escola ponse a tra-ballar como costureira a domicilio nas casasdos veciños con máis posibilidades económi-cas. Algúns veciños comezan a chamala María«a costureira» e mesmo «a fiscala» xa que unfamiliar seu servira durante un tempo na casadun fiscal.

Un tempo antes do inicio da Guerra Civil afamilia Mariño trasládase a vivir á veciña locali-dade de Boiro na busca de mellores condiciónsde vida.

Nesta localidade coruñesa María tiña unhatía, Consuelo Carou, casada con Carlos Martí-nez. Ámbos os dous traballaban no Pazo deGoiáns, unha como cociñeira e outro comomordomo, ao servizo dun xeneral da Armada ea súa dona que, ao morrer sen descendencia,cederán a propiedade aos dous serventes.

Na importante biblioteca deste pazo, encompañía dos seus cinco curmáns, pasará Ma-ría moitas horas adquirindo unha formación li-teraria moi básica e estimulando a súa sensibi-lidade artística.

Na biblioteca do pazo de Goiáns, onde traballaba a súa tía, tivoocasión María Mariño de achegarse ao mundo literario e estimular asúa sensibilidade artística.

Page 10: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 10MARÍA MARIÑO 10MARÍA MARIÑO 10MARÍA MARIÑO 10MARÍA MARIÑO 10

Con case trinta anos de idade María tomao camiño da emigración e marcha coa súa irmáConcepción a Algorta, en Biskaia. Alí vaina atra-par a Guerra Civil e será testemuña dos com-bates pola conquista de Bilbao e de todas assúas poderosas instalacións industriais.

Produto destas vivencias será o seu librode relatos Los años pobres. Memoria de gue-rra y posguerra, escrito en castelán e que per-manece inédito. Nestes relatos describe assúas experiencias no cerco de Bilbao polas tro-pas sublevadas franquistas e a vida dos labre-gos desprazados polos combates.

A finais de xuño de 1937 as tropas sublevadas franquistas ocupana cidade de Bilbao. María Mariño estaba nesas datas vivindo nacidade coa súa irmá Concepción.

A entrada das tropas franquistas en Bilbao leva aparellada a destruc-ción das sete pontes sobre o Nervión co obxecto de evitar o seuavance.

Page 11: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 11MARÍA MARIÑO 11MARÍA MARIÑO 11MARÍA MARIÑO 11MARÍA MARIÑO 11

Unha vez rematada a contenda volta coasúa familia a Boiro, montando no lugar de Es-carabote unha escola para os nenos máis pe-quenos. O seu pai segue traballando de zapa-teiro nun baixo alugado.

A figura de María Mariño non pasa desaper-cibida no pequeno lugar de Escarabote. O seuporte e maneira de ser contrastan coa do restoda veciñanza, tanto que se lembran dela comoque tiña un toque de cidade que non era pro-pio do lugar. Esa mesma sensación de singu-laridade é a que tiñan os veciños de Noia nosprimeiros anos da súa vida, xa que se lembrandela como unha rapaza rara e diferente á quelle gustaba pasear pola ribeira e extasiarse nacontemplación da paisaxe.

En Boiro coñece a un mestre composte-lán, Roberto Pose Carballido, que tiña a escolana parroquia de Santiago de Lampón e co quecasa o trinta e un de maio de 1939.

Nesta cerimonia, celebrada na parroquiade Santiago de Lampón, actúan de padriñosAlfonso Carou e o seu cuñado, Manuel Pose.

É precisamente neste momento cando apa-recen as primeiras contradicións coa súa ida-de.

Por unha banda no Rexistro de Matrimo-nios Canónicos consta que ten trinta anos pero

Os veciños de María Mariño en Escarabote,Boiro, lémbrana coma unha persoa singular, dife-rente ao resto da veciñanza.

Page 12: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 12MARÍA MARIÑO 12MARÍA MARIÑO 12MARÍA MARIÑO 12MARÍA MARIÑO 12

no Rexistro Civil aparece con vinte e seis. A ida-de real era de trinta e dous anos, oito máis queo seu home, que só contaba con 24.

Por que Mariño oculta a súa verdadeira ida-de? Posiblemente por manter, no posible, anorma social de que a muller tiña que ser me-nor que o marido home xa que casar cun homemáis novo, estamos a falar do ano 1939, esta-ba mal visto.

A comezos do curso, o matrimonio partecara Euskadi onde Roberto consegue unha es-cola na localidade costeira de Elantxobe, en Bis-kaia, permanecendo nela durante cinco cursos.

Nese tempo María queda embarazada edá a luz un neno que morre ao mes e medio denacer. Coa traxedia aínda recente voltan paraGalicia, sendo destinado Roberto primeiramen-te a Arzúa e posteriormente, á escola de Ro-meor do Courel, na provincia de Lugo.

Nesta pequena aldea mórrelle, en 1947, anai, Filomena Carou, de setenta anos e coa queMaría estaba moi unida. Este novo golpe, xuntocoa morte dos seus dous irmáns, Emilio e Cán-dido, afunden a María nun forte estado de aba-temento e tristeza.

Por indicación do seu amigo o médicoXosé Baltar trasládanse á aldea de Parada, apoucos quilómetros de Romeor, onde Roberto

En Elantxobe, Biskaia, vivirán María e Roberto durante cinco cursos.O seu seguinte destino escolar será Arzúa, na Coruña.

Page 13: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 13MARÍA MARIÑO 13MARÍA MARIÑO 13MARÍA MARIÑO 13MARÍA MARIÑO 13

seguirá dando clases na súa pequena escola eracharán co isolamento do anterior destino.

A escola de Parada, un edificio de dúasplantas: escola e vivenda, está a rentes da cha-mada Casa da Fonte, propiedade dos pais dopoeta Uxío Novoneyra que tamén eran propie-tarios do edificio escolar.

Os Novoneyra, unha das familias máis eco-nomicamente potentes do Courel, en palabrasdo tamén poeta Manuel María, establecerán re-lacións de amizade coa parella recén chegadae posibilitarán o acceso de María Mariño aomundo da poesía.

Fachada de acceso á vivenda da escola de Parada. O baixo era oaulario e o andar superior estaba dedicado á vivenda familiar.

A pequena escola de Romeor, no Courel, é o novo destino de Rober-to e da súa muller . Aquí morre a nai de María e esta sofre unha fortedepresión.

Page 14: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 14MARÍA MARIÑO 14MARÍA MARIÑO 14MARÍA MARIÑO 14MARÍA MARIÑO 14

A relación de amizade de María e Robertocon Uxío Novoneyra non comeza ata o ano 1953,despois de que este volte cun permiso do ser-vizo militar para recuperarse na casa paternadunha enfermidade.

A partir do ano 1957 comezará María aescribir poesía, primeiro en castelán e un anodespois en galego.

As primeiras poesías en galego serán re-collidas nun volume titulado Palabra no tempoque non será publicado ata o ano 1963 polaEditorial Celta de Lugo, rexida entón polo librei-ro-editor Francisco Esteban González e que ini-ciaba a colección Tesos Cumes. Esta publica-ción foi posible polas xestións do propio UxíoNovoneyra que consegue un prólogo de RamónOtero Pedrayo e ilustracións de Raimundo Pa-tiño.

Otero Pedrayo, no prólogo escrito no seupazo de Trasalba, salienta a profundidade e no-vidade da poesía de María, a orde das súaspalabras cheas e maduras, froitos de fondasexperiencias, alaba o seu ritmo antigo e xentile compara a súa métrica cos regueiros nadosna neve.

María comezará a escribir poesía no Courel, a par-tir do ano 1957.

Page 15: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 15MARÍA MARIÑO 15MARÍA MARIÑO 15MARÍA MARIÑO 15MARÍA MARIÑO 15

O éxito deste primeiro libro de Mariño foiclaro entre os intelectuais e poetas do momen-to e o seu nome comeza a sentirse nos círculosliterarios galegos.

Algunhas persoas rachan co seu illamentoliterario, Ramón Piñeiro, Ánxel Fole e ManuelMaría... pero a súa figura estará envolvida nun-ha nube de misterio e mesmo se chegará a du-bidar, durante algún tempo, da súa existencia.

Nun artigo publicado por Manuel María narevista A Casa da Gramática, no ano1998, que-da ben definida a imaxe de Mariño: ...era falan-gueira e comunicativa. Mais ben alta, delga-da, agraciada, dona dunha grande expresivi-dade e un pouco cantareira. Falaba cunha levelentitude e usaba o galego noiés. Contaba cou-sas da Noia da súa infancia, gardando pudo-rosamente a súa intimidade....

Foto, de 1960, na solaina da Casa da Fonte, propiedadeda familia Novoneyra.María Mariño é a segunda pola esquerda. De pé estáUxío Novoneyra e sentados Saleta, o seu marido Ma-nuel María e Roberto Pose, marido de María.

Page 16: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 16MARÍA MARIÑO 16MARÍA MARIÑO 16MARÍA MARIÑO 16MARÍA MARIÑO 16

Despois de Pa-labra no Tempo Ma-ría seguiu escribindo.Son desta época osdous libros inéditosLos años pobres. Me-morias de guerra yposguerra e Más alládel tiempo, escritosambos os dous encastelán e para os quepediu a Ánxel Foleque os prologara.

Os últimos anosda súa vida son osque dedicou ao poe-mario Verba que co-meza, uns poemasmarcados pola súaenfermidade incura-ble e pola súa manei-ra de enfrentarse ámorte e ao rápido paso do tempo. Este poe-mario será editado polo Concello de Noia noano 1990 como homenaxe á poeta.

Un dezaoito de maio de 1967 faleceu enParada do Caurel, a aldea que a acollera du-rante os últimos vinte anos da súa vida e na queconstruíra a súa obra poética. Tiña sesenta anose os seus restos foron soterrados ao día seguin-te no cemiterio de Seoane.

Artigo de Uxío Novoneyra publicadoen La Voz de Galicia ,o 11 de xuño de1967, no que se informa da morte deMaría Mariño.

Necrolóxica de María María pubricada na Vozde Galicia o 20 de maio de 1967.

Page 17: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 17MARÍA MARIÑO 17MARÍA MARIÑO 17MARÍA MARIÑO 17MARÍA MARIÑO 17

A María Mariño corresponderíalle, pola súaidade, estar incluída na Xeneración do 36 peronon comparte ningunha das características queaglutinan aos seus membros.

Estaba fóra das correntes literarias do mo-mento por mor do seu illamento e da súa parti-cular formación literaria. O seu amigo Novone-yra, nun artigo publicado no 1982, en A NosaTerra, afirma que quizais é María a poeta quemenos libros leu que case non leu libros...

Como consecuencia deste isolamento físi-co e literario apenas terá contacto coa intelec-tualidade da época. O seu nome comezará afacerse popular despois da publicación do seuprimeiro libro, ao aparecer reseñas do mesmoen xornais e publicacións periódicas.

Mantén contacto, nalgún caso epistolar,con Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Fole ou Ma-nuel María.

A lingua empregada por Mariño é a linguausada no Courel, coas súas voces, xiros e ex-presións cotiás. Os limitados estudos acadé-micos da poeta permítenlle usar o idioma contotal liberdade, afastándose das normas esta-blecidas cando estas lle lastran a expresión dassúas vivencias.

A primeira obra poética de María Mariñoestá recollida no volume Palabra no Tempo.

Este libro, publicado polas xestións do ta-mén poeta courelán e veciño de María Mariño,Uxío Novoneyra, aparece no ano 1963.

Os seus poemas corresponden ao perío-do que vai desde o ano 1958 ao 1963. Son se-tenta poemas distribuídos en tres partes bendiferenciadas.

A OBRA POÉTICAA OBRA POÉTICAA OBRA POÉTICAA OBRA POÉTICAA OBRA POÉTICA

Sinatura de María Mariño Carou

Page 18: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 18MARÍA MARIÑO 18MARÍA MARIÑO 18MARÍA MARIÑO 18MARÍA MARIÑO 18

A primeira parte está integrada por 35 poe-mas e neles aparecen as vivencias da nenezda poeta ata a súa chegada ás terras do Courel.

¡Son aquela!Son aquela sempre soiaque paseaba a ribeiraa ver si nela atopaba,a ver si nela afogaba.

Neste grupo tamén aparece a súa intensarelación coa súa nai Filomena.

Arrecendo a túa chambra, que ontegardei sen lavar,

arrecendo a túa mantilla e ¡volvo denovo a olvidar!

¡atopeiche!Pousa está a túa manciña na tixeira

que eu colgueicomo medalla -¡ouro vello!- na ca-

dea do teu ser.

Texto manuscrito de María Mariño do poema Son a suma

Page 19: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 19MARÍA MARIÑO 19MARÍA MARIÑO 19MARÍA MARIÑO 19MARÍA MARIÑO 19

Podemos atopar nesta primeira parte dePalabra no Tempo referencias á súa Noia na-tal e aos lugares e celebracións ás que acudiuna súa infancia e adolescencia.

¡Ribeiras de mar enxoito!¡Ribeiras de preamar!Quedas, vellas ribeiras,agardan un mar e outro mar.

Os seráns nas Rías Baixasollan con luz de aurora,coa súa mirada queda,silencio daquela hora...

Nos vinte e nove poemas da segunda par-te María establece un contacto coa natureza, coarealidade do mundo que a rodea e reflexionasobre si mesma. Todos eles son breves poe-mas de dous a seis versos, algúns deles dividi-dos en dúas partes numeradas.

Mestas voces leva o díapola calzada do sol.Sae dela e queda nunha.Anque un xordo pode oíla,non se lle entende o seu son.

O río canta de vello.Do vento é o mismo zoar.Chove, chove. O sol quenta.Somos algo do seu berce¿ou el é todo o que hai?

Verba que comeza, editado polo Concello de Noia, está ilustradocon debuxos orixinais de Raimundo Patiño.

Page 20: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 20MARÍA MARIÑO 20MARÍA MARIÑO 20MARÍA MARIÑO 20MARÍA MARIÑO 20

A terceira e última parte do libro está com-posta por tan só seis sonetos nos que afondana súa relación coa natureza.

Viste a Natureza vestido feito por min.Visto eu dela o mellor forro,visto eu dela o seu corpín.Teño nela o meu socorro.

Palabra no Tempo estivo prologado porRamón Otero Pedrayo que deixou a primeirainterpretación da vida e da obra de María Mari-ño, invitando aos lectores a un repaso atentodos seus poemas para un mellor coñecementopropio.

O segundo libro deMariño Verba que co-meza terá que esperarata o ano 1990, ano noque o Concello de Noiaedita un libro homenaxeno que se recollen vintee sete poemas inéditos,o prólogo de Otero Pe-drayo de Palabra noTempo, un poema ma-nuscrito, numerosas crí-ticas e estudos sobre asúa obra e algunhas fo-tografías da escritora,do Courel e da Noia deprincipios de século asícomo ilustracións deRaimundo Patiño.

Anteriormente, no ano 1983, a AsociaciónCultural Catavento organizou unha homenaxe áescritora. Esta homenaxe incluía a colocacióndunha placa na rúa Cega, a casa noiesa ondeMaría viviu na súa infancia, e unha mesa redon-da na que intervirían Novoneyra, Avilés de Ta-ramancos, Helena Villar Janeiro, Ana Romaní,Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña eCarlos Oroza.

Nesta mesa redonda reivindicouse, desdeunha óptica nacionalista galega, a figura de Ma-riño, tanto literaria como politicamente ao tem-po que se denunciaba o seu esquecemento.

Portada de Verba que comeza, edi-tado polo Concello de Noia, en 1990.

Page 21: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 21MARÍA MARIÑO 21MARÍA MARIÑO 21MARÍA MARIÑO 21MARÍA MARIÑO 21

Verba que comeza, naedición do Concello de Noia,consta de vinte e sete poe-mas. Ese mesmo ano a re-vista A Trabe de Ouro publi-ca outros catro poemas, quenon foran incluídos no libro dehomenaxe por problemaseditoriais, e que son aporta-dos por Uxío Novoneyra. Encompilacións máis actualiza-das inclúense outros douspoemas inéditos, chegandoao total de trinta e tres.

Os poemas de Verbaque comeza reflicten as dife-rentes posicións da escrito-ra diante da morte que xapresentía e que lle vai anun-ciando o seu propio deterioro físico.

Onde queda o meu camiño?Meu camiño aquil de sol enteiro,de auga e de chuvia,de vento e loita.Donde queda?Derruboume e non sei del.Non me ergo.Derruboume dinde a súa escada -miña forza-,cuio fondo aquil que por min fala,magóame, die faime.

En Obra Completa recóllense to-dos os poemas de Mariño asícomo a biografía e a análise dasúa obra literaria.

Dedicatoria de María Mariño á Vi-sitación Vila, veciña de Parada,da que fora madriña de voda.

Page 22: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 22MARÍA MARIÑO 22MARÍA MARIÑO 22MARÍA MARIÑO 22MARÍA MARIÑO 22

As composicións están en verso libre, nu-meradas e sen título.

Algúns dos temas que trata son comúns aoseu primeiro libro pero aquí, en Verba que co-meza, están enfocados baixo a perspectiva daenfermidade e do sufrimento.

Neste libro María trata o tema universal damorte, desde un punto de vista individual, a súapropia morte, como desde un punto de vistacolectivo de destrución total da natureza e doser humano.

Tamén son frecuentes as referencias ao marao que representa coma unha forza poderosacapaz de estragalo todo, de levar todo por dian-te.

«Fun, son e serei castigo dunha ondaarrolada na pena que chamou Marola».Ninguén lle oieu, mais un vento furón soupo

de sie enredándose en min quebrou seu nome.

En palabras de Anxel Fole, a poesía deMaría Mariño e «algo moi delicado e fondo, algomoi doente e memorable».

María Mariño

Page 23: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 23MARÍA MARIÑO 23MARÍA MARIÑO 23MARÍA MARIÑO 23MARÍA MARIÑO 23

1Campanas que tocadestodas do mesmo xeito,unhas chegádesme á almae outras ó pensamento.

¡Pobos donde eu vivín!Algúns eran máis feitose queríanme enganar,máis eu nunca sentínneles o meu fogar.

O meu fogar téñoo en ti:no teu vivir e nas tres pontese das campanas os toques,toques que eran para min.

Fora de ti cando as oio,e sendo o mesmo tocar,recólloas no pensamento,xa non pasan máis alá.

2¡Ribeiras de mar enxoito!¡Ribeiras de preamar!quedas, vellas ribeiras,agardan un mar e outro mar.

3Os seráns nas rías Baixasollan con luz de aurora,coa súa mirada queda,silencio daquela hora...

De Palabra no Tempo

noianoianoianoianoia

Page 24: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 24MARÍA MARIÑO 24MARÍA MARIÑO 24MARÍA MARIÑO 24MARÍA MARIÑO 24

eU NON SEI ...eU NON SEI ...eU NON SEI ...eU NON SEI ...eU NON SEI ...

Atrancóuseme no paso unha migalla de aurora.Era a Lúa soia,era o Sol que voces daba,era néboa envolta,era auga que corría,era vento, era a Terra toda.

Uces e toxos crucei,crucei o mar desde o fondo,crucei pincheiras e cumes.

Fun rolando río abaixo,erguinme, crucei dos pinos,das carballeiras,da pandeireta,da gaita tamén crucei,do lumieiro,de muros vellos,de picaños medas,dos follatos o ruxir,dos refreixos que me envolven,das mociñas,dos seus vermellos refaixos,da roca-fuso -baile en liño-,dos pendellos donos de lúa,do rouco can de palleiro,do noso alalá,do hórreo, das calexas tamén crucei.

De Verba que comeza

Page 25: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 25MARÍA MARIÑO 25MARÍA MARIÑO 25MARÍA MARIÑO 25MARÍA MARIÑO 25

1902Maioría de idade do Rei Alfonso XIII.1907Aparecen as primeiras organizacións agrarias.Nace en Noia María Mariño Carou o oito de xuño.1909Comeza a Guerra de Melilla.Semana Tráxica de Barcelona.1910Creación da CNT.1912Asesinato de Canalejas.1916Fúndase a Irmandade da Fala da Coruña.Comeza a loita contra do sistema foral.1917Folga Xeral.Creación das Xuntas Militares de Defensa.1918Reivindícase en Lugo a cooficialidade do galego e o cas-telán.1921Desastre de Annual.Constitúese a Federación de Sociedades Galegas de BosAires.1923Iníciase a Ditadura de Primo de Rivera.1924Créanse en Pontedeume (A Coruña) as primeiras coope-rativas leiteiras galegas.1925Desembarco de Alhucemas.Rendición de Abd-el- Krim.1926Apróbase, polo goberno de Primo de Rivera, o decretode redención forzosa dos foros.1929Fúndase a Organización Republicana Gallega.1931Eleccións municipais.Proclamación da República.Exilio de Alfonso XIII.Elaboración da Constitución republicana.Goberno de centro-esquerda.Fundación do Partido Galeguista.

CRONOLOXÍACRONOLOXÍACRONOLOXÍACRONOLOXÍACRONOLOXÍA

Page 26: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 26MARÍA MARIÑO 26MARÍA MARIÑO 26MARÍA MARIÑO 26MARÍA MARIÑO 26

1933Goberno de dereitas.Fundación de Falange Española.1936Goberno da Fronte PopularReferéndum e aprobación do Estatuto de Autonomía deGalicia.Alzamento militar.Comeza a Guerra Civil.1938María Mariño asiste ao cerco de Bilbao polas tropasfranquistas.1939Fin da Guerra Civil.Inicio da Ditadura Militar franquista.Voda de María Mariño con Roberto Pose Carballido otrinta e un de maio.1940Proclamación da lei da Masonería e o Comunismo.Neutralidade e non belixerancia de España na SegundaGuerra Mundial.Actividade guerrilleira contra a ditadura.1941Saída para a URSS da División Azul.1942Promulgación da Lei das Cortes.Promulgación do Foro dos Españois.1944Publicación de Sempre en Galicia de Alfonso R. Caste-lao.1945Supresión do saúdo fascista.Illamento internacional de España e bloqueo de frontei-ras.1947Morte en Romeor de Filomena Carou, nai de MaríaMariño.1950Falecemento de Castelao.Fundación da Editorial Galaxia.1953Asinatura do Concordato coa Santa Sede.Acordo cos EEUU e cesión das bases militares deTorrejón, Rota, Morón...María Mariño coñece ao poeta Novoneyra.1955Entrada de España na ONU.1957Comeza o despegue económico de España.

Page 27: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 27MARÍA MARIÑO 27MARÍA MARIÑO 27MARÍA MARIÑO 27MARÍA MARIÑO 27

1959Creación de ETA.1960Desenvolvemento económico.Apoxeo da industria turística.Chegada das remesas económicas dos emigrantes.Migración campo-cidade.Creación da Seguridade Social.1963Publícase o libro de poemas de María Mariño Palabra noTempo.1967Morre María Mariño en Parada do Courel o dezaoito demaio.1983Homenaxe da Asociación Cataventos de Noia a Mariñocoa descuberta dunha placa na rúa Cega de Noia e a ce-lebración dunha mesa redonda de poetas e intelectuais.1990O concello de Noia edita o libro homenaxe Verba quecomeza, de María Mariño, con vinte e sete poesías.

María Mariño entre Manuel María e UxíoNovoneyra, na solaina da Casa da Fonte.

Page 28: MARÍA MARIÑO CAROU - Galiciacentros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas/carou/biografia_web.pdf · MARÍA MARIÑO 4 A incapacidade do sistema político para solucionar os numerosos conflitos

MARÍA MARIÑO 28MARÍA MARIÑO 28MARÍA MARIÑO 28MARÍA MARIÑO 28MARÍA MARIÑO 28

PPPPPARA SARA SARA SARA SARA SABER MÁIS...ABER MÁIS...ABER MÁIS...ABER MÁIS...ABER MÁIS...

AGRAFOXO, Xerardo: Memorias do fran-quismo. Noia, Editorial Toxosoutos, 2002

AGRAFOXO, Xerardo: Biografía de MaríaMariño. Vigo, Editorial Galaxia, 2007

ARIAS CHACERO, Patricia, Xerardo: An-toloxía poética. Vigo, Editorial Galaxia, 2007

CONCELLO DE NOIA: Verba que comen-za. Libro de Homenaxe. Noia, Gráficas Semen-teira, 1990

BLANCO, Carmen: Literatura Galega damuller. Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 1991

SANJURJO FERNÁNDEZ, Victoria: Obracompleta.Vigo, Edicións Xerais de Gali-cia,1994

VILLARES, Ramón: Historia de Galicia.Madrid, Obradoiro-Santillana, 1998