LA HISPANIA VISIGODA
-
Upload
luisamariaarias -
Category
Education
-
view
110.534 -
download
1
description
Transcript of LA HISPANIA VISIGODA
No ano 409 os suevos, os vándalos e os alanos
chegaron á Península. Eran pobos que procedían do
norte de Europa e levaban moitos anos en loita contra
os romanos.
Os romanos pediron axuda aos
visigodos e aliáronse
con eles para loitar contra os
invasores.
Dese modo os visigodos
asentáronse
na península Ibérica e
expulsaron
aos vándalos
e os alanos.
Os suevos resistiron durante
máis tempo no Noroeste
da Península
Os visigodos mantiveron a división romana da
península en cinco provincias que eles
chamaban ducados. O gobernador da provincia
é o dux que era nomeado polo rei.
Dentro de cada
provincia
formábanse divisións
menores chamadas
condados que
estaban gobernadas
por Condes.
A invasión visigoda non supuxo
unha ruptura coa civilización
hispanorromana porque:
·Os visigodos, xa antes da súa
chegada á península, conviviran cos
romanos e asimilaran a cultura
clásica e a súa lingua, o latín.
·Os visigodos estaban en clara
minoría numérica respecto dos
hispanorromanos: non podían
cambiar a súa estrutura social nin
económica.
Ao principio os visigodos non tiñan un
exército permanente, só a Garda Real e
algunhas milicias en zonas fronteirizas ou
nalgunhas cidades importantes, por exemplo
en Mérida.
Segundo a lei, o
exército formábano
todos os homes libres
que vivían nun radio de
100 millas do lugar
onde se produce a
agresión estranxeira ou
a sublevación en caso
de rebelión interna.
Ao final, os nobres
organizaban os seus
propios exércitos
privados.
Os suevos e os visigodos compartiron o
dominio da Península durante un oitenta anos.
Despois, os visigodos enfrontáronse a eles e
lograron o control de case todo o territorio
·Os nobres tiñan o poder político e militar. Eran os donos da maior parte das terras e posuían moitas
riquezas.·Os campesiños eran a maioríada poboación. Algúns tiñan as
súas propias terras pero a maioría traballaban as terras
dos nobres a cambio de comida e vivenda
A sociedade visigoda estaba formada por dous
grandes grupos: os nobres e os campesiños
A economía visigoda era de carácter agrícola e
gandeiro Continuaron a mesma actividade
económica da Hispania romana. Mantéñense as
formas típicas do mundo romano, pero as
reparticións de terras conseguen que estean máis
repartidas.
A explotación da terra seguía organizada ao
redor de grandes villae. A man de obra non era xa
escrava, senón que se trataba de colonos.
Os visigodos desenvolven un importante labor
lexislativo regulando as actividades agrarias,
tentando manter o equilibrio entre gandaría e
agricultura.
grandes villae. A man de obra non era xa
escrava, senón que se trataba de colonos.
Os visigodos desenvolven un importante labor
lexislativo regulando as actividades agrarias, tentando
manter o equilibrio entre gandaría e agricultura.
grandes villae. A man de obra non era xa escrava, senón
que se trataba de colonos.
Na ourivaría destaca a
fabricación de xoias con
metais e pedras preciosas de
broches, crucifixos e coroas
votivas que colgaban nos
altares dos seus templos
A arquitectura relixiosa
A Igrexa empeza a construír os seus propios
edificios. Son poucas as igrexas que quedaron.
Caracterízanse por:
·ter planta basilical ou cruciforme
·estar cubertas por teitos de madeira ou de bóveda
de canón
·o uso do arco de ferradura
Un dos principais reis
visigodos foi Leovigildo (568-
586).
Este rei trasladou a capital do
reino a Toledo e conseguiu
derrotar aos suevos e
pacificar aos vascones que
resistían no norte.
Ademais tratou de conseguir
a unidade cos hispano
romanos para o que
suspendeu a lei que prohibía
os matrimonios entre
hispanos e xermanos.
A relixión dos visigodos era o arrianisno. Esta
diferenza nas súas crenzas relixiosas dificultou ao
principio a fusión dos visigodos cos
hispanoromanos ata que, no ano 587,subiu ao
trono Recaredo.
Recaredo neste mesmo ano convoca o terceiro
concilio de Toledo no cal rei e corte convértense ao
catolicismo e proclama o catolicismo relixión
oficial do reino.
Desta forma conseguiu que os hispanorromanos
participen na política do reino e que a Igrexa, por
primeira vez na historia da península, empezase a
xogar un papel político importante.
O reinado de Recaredo foi a etapa de máis
unidade entre visigodos e hispano romanos e ata
mediados do século VIII viviuse o momento de
maior esplendor do reinado visigodo.
Recesvinto foi outro rei
que destacou por
conseguir a unión
lexislativa entre
visigodos e
hispanorromanos .
No seu reinado
elaboráronse leis
comúns para todos de
maneira, que no século
VII, o reino visigodo xa
estaba unificado
En el año 711 el reino visigodo estaba dividido en dos
bandos enfrentados por el poder en una guerra civil.
Tras la muerte de Vitiza fue nombrado rey D. Rodrigo
y los hijos de Vitiza pidieron ayuda a los musulmanes
que dominan el norte de África y que derrotaron a don
Rodrigo en la batalla de Guadalete.
Una vez en la Península, y aprovechando la debilidad
de los visigodos los musulmanes prosiguieron su
conquista de la Península.
Visigodos y Musulmanes
Coa morte de Don Rodrigo
desaparece o reino visigodo e
comeza o imperio musulmán
Guía de Uso Didáctico
1-Nome da actividade: Edad Media: Hispania Visigoda
2-Etapa/nivel/curso: Terceiro Ciclo Primaria
3-Área/Materia/Asignatura: Coñecemento do Medio
5-Obxectivo fundamental:
Coñecer e comprender quen eran os visigodos e o seu paso pola
Península Ibérica.
6-Breve descrición do proceso:
Pódese utilizar:
a) como material de apoio para a explicación do profesor
b) como material para que os alunos en grupos aborden estas
aprendizaxes e expoñan posteriormente o que aprenderon.
c) Como material de apoio para o estudio do tema
7-Autora: Marifé Lara Romero
8-Traduciu e convertíu a Power Point: Luisa María Arias Prada
Correo electrónico:[email protected]
( Videos de Artehistoria )