Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Transcript of Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Laura Rubio 2ºbach.B
CARVALHO CALERO
1910-1990
ÍNDICE1. Contexto
histórico……………………………………………….diapositiva 3
Primeiro terzo do século XX
Guerra Civil
Franquismo
Transición e democracia
2. Lingua e literatura do momento……………………………….diapositiva 6
Primeiro terzo do século XX
Durante o franquismo
A partir dos anos 60
O renacer da literatura
Anos 80 e 90
3. Datos biográficos do autor………………………………….....diapositiva 12
4. Movemetos cos que estivo relacionado o autor……………...diapositiva 13
5. Primeiras obras………………………………………………....diapositiva 14
6. Obra máis importante do autor……………………………….diapositiva 15
7. Comentario.…………………………………………………….diapositiva 16
8. Conclusión……………………………………………………....diapositiva 18
9. Fontes…………………………………………………………….diapositiva 19
CONTEXTO HISTÓRICO● No primeiro terzo do século XX, o sistema político dos caciques dominaba o
pobo● Como consecuencia diso os labregos vivían na pura miseria mentres as clases
altas se enriquecían● A emigración estaba moi presente na poboación sendo destino América (Bos
Aires, Cuba…) e máis tarde tamén países europeos (Suíza, Francia…)
XERARQUÍA SOCIALCASTELÁN
10%
LINGUA GALEGA
90%
CONTEXTO HISTÓRICO
GUERRA CIVIL 1936-1939
GALICIA QUEDA INMEDIATAMENTE EN MANS FRANQUISTAS
O FRANQUISMOPERÍODO DE GRANDE REPRESIÓN: EXILIO E FUSILAMENTOS
PRIMEIROS 20 ANOS:PERÍODO DE MOITA FAME E MISERIA
A POBOACIÓN VIVE DO RACIONAMENTO DE ALIMENTOS
● Créanse pequenos grupos de guerrillas con líderes coma Foucellas.
● Nos aos 60, ministros como Fraga introducen reformas aperturistas na economía.
● Membros do Opus Dei abren a economía española cara o capitaliso.
● Galicia convértese nunha fornecedora de enerxía ao resto do país.
● Modernízase o mundo agrícola.
O galeguismo volve acadar protagonismo coa creación de forzas interiores que queren facerlle cara á ditadura: UPG, liderada por Bautista Álvarez, e o PSG, liderado por Xosé Manuel Beiras.
● Nos 70 dase un auxe tanto universitario, coma obreiro e agrícola.
TRANSICIÓN E DEMOCRACIA
● Á morte de Franco é nomeado rei Xoán Carlos I.
● No ano 1978 apróbase por referendo popular a Constitución.
● Créase o esperado Estatuto de Autonomía aprobado no 1981.
● Apróbase a Lei de Normalización Lingüística no ano 1983.
Establece que temos o dereito de falar galego pero o deber de usar o castelán.
EN CANTO Á LITERATURA E Á LINGUA...
NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XXNACEN UN GRAN
NÚMERO DE ENTIDADES E
MOVEMENTOS A PROL DA LINGUA
E IMPULSAN A LITERATURA E A
LINGUA
AGRARISMOS1907
IRMANDADES DA FALA1916
SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
1923
GRUPO NÓS1921
DURANTE O FRANQUISMO● Prohíbese o galego en tódolos
ámbitos: Igrexa, Administración e ensino.
provoca...
● Aparición de moitos prexuízos ● Diglosia● Castelanismos, hipergaleguismos…● Sentimento de inferioridade dos
galegos e galegas● Desgaleguización
Desaparece a revista e editorial Nós, máis o SEG
Moitos dos nosos escritores buscan unha saída da persecución que se exercía sobre eles, no exilio
● A pesar de todo isto, o galeguismo sobrevive na clandestinidade ● En América créanse iniciativas culturais a prol da lingua galega● Entre 1946-1947 publícanse catro obras de poesía● Así comeza unha recuperación literarira progresiva ca creación da Ediotorial
Galaxia en 1950 de onde saen publicacións coma Grial.● Creación suplemento bilingüe da revista La Noche
● Prohíbese un ano despois da súa creación.
A PARTIR DOS ANOS 60
● Créase a cátedra de Literatura e Lingua Galega na USC
● Aperturismo en canto ás publicacións en galego e atenuación da censura: volve Grial.
● En 1963 aparece o día das Letras Galegas ao conmemorarse o centenario da publicación de Cantares Gallegos.
● Volve aparecer a literatura en galego
O RENACER DA LITERATURA● Entre os anos 1936 e 1951 a narrativa en galego non existe, o encargado de iniciar a narrativa de
posguerra é Carvalho Calero con A Xente da Barreira.● O renacer literario empezouno a lírica.● No ano 1962 publícase Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro.● Entre os cincuenta e os sesenta aparecen unha serie de autores que crean unha obra universal:
Cunqueiro, Ánxel Fole, Blanco Amor, Neira Vilas● Aparece unha xeración de escritores chamado Nova Narrativa, que renova a posa e ao que pertence
Méndez Ferrín.
OS ANOS 80 E 90
Comezan a aparecer medios de difusión en galego tales como a TVG.
Créase a normativa oficial da lingua galega no ano 1982.
Aparece prensa monolingüe en galego: Teima, Luzes, A Peneira, Tempos
Nos noventa o galego accede á informática, creándose algúns programas en galego.
● Dunrante os 80 e 90 son abundantes as publicacións de estudos lingüísticos e literarios.
RICARDO CARVALHO CALERO FERROL 1910 - SANTIAGO 1990
ESTUDA DEREITO, FILOSOFÍA E LETRAS
PRIMEIRO CATEDRÁTICO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA
IDEÓLOGO DO REINTEGRACIONISMO
● BANDO REPUBLICANO● É CONDENADO A 12 ANOS
DE CÁRCERE POR SEPARATISTA
movementos aos que estivo vinculado
● Cando estuda en Santiago entra en contacto co SEG e co galeguismo.
● No 1931 participa na creación do PG, e na redacción do Anteproyeito de Estatuto da Galiza.
● Colabora con moitas revistas como A Nosa Terra, Nós...
● Durante a ditadura restablece o contacto cos galeguistas como Del Riego.
● É no ano 1950 cando colabora con Galaxia no proxecto galeguizador.
● A partir de 1958 pasa a formar parte da RAG.
● En 1972 obtivo a cátedra de Lingüística e Literatura Galega.
● Foi unha persoa clave no proceso de estandarización do galego, por ser ideólogo do reintegracionismo.
● En 1979 presidiu a Comisión de Lingüística da Xunta Preautonómica.
Escribe unhas normas ortográficas para o galego para a administración e o ensino, porén non chegaron á práctica por presión isolacionista.
PRIMEIRAS OBRAS
● Publica Vieiros no 1931● Editora Nós● Trátase dun poemario
● O silencio axionllado publícase en Santiago no ano 1934.
● Poesía
OBRA MÁIS IMPORTANTE DE CALERO
● A xente da Barreira é a primeira obra da posguerra.
● Publícase no ano 1951.
● Narrativa continuista: continua a temática da decadencia da fidalguía de Otero.
Gaña o primeiro concurso que fai a Editorial dos Bibliófilos Galegos en 1949.
Publica en 1963 a História da literatura Contemporânea.
Obra básica da crítica literaria galega.
1966
Trátase dunha novela que describe a xeración de mozos galeguistas republicanos. Contén moitos elemenos autobiográficos, pois Calero foi tenente na Guerra Civil.
COMENTARIO Algumhas persoas tendem a incidir no tópico de que a ortografía é umha representaçom convencional dos sons, e, portanto é indiferente que adoptemos umha ou outra, com tal de que exista umha tradiçom escolar que nos permita interpretá-la, que nos permita descodificar a mensage escrita. Se existe essa tradiçom, seria antieconómico inovar na matéria, pois a forma estabelecida, polo mesmo feito de funcionar, demonstra a sua eficácia, e apresenta-se como extravagante e inútil introduzir novidades, que esigem umha reeducaçóm dos usuários. E isto ainda que o sistema vigente seja insatisfactório do ponto de vista científico, ou contenha incogruências, ou represente un fonetismo arcaico. Se está em vigor é que se verifica como útil na prática, e nengum dos defeitos que se registem na sua estrutura, assobardam os límites do teórico, e estám mais que compensados pola sua eficácia empírica. Calquer propósito de cámbio, como nom sejam aqueles que se vaiam impondo no uso real de jeito espontáneo para simplificar a grafia cando se simplifica de feito a pronúncia, deve ser rejeitado como contrário à lei do menor esforço que há reger a conduta técnica da sociedade, dentro da qual cai a técnica escrita. Umha ortografía tam irregular como a inglesa, que responde a umha estapa de foneticismo da língua superado hai muitos séculos, mantém-se frente aos esforços de racionalizaçom que se intentárom, porque o custo da revoluçom que suporia introduzir um novo sistema mais acorde com a situçom actual da língua, se estima muito maior que o que suponhem as dificultades de aprendizado que tenhem que vencer os escolares actualmente. [...] Entom, qual é a postura que perante o problema da ortografía galega adoptam os que formulam essas consideraçons? Umha postura fundada aparentemente, em puras razons económicas. Hai que aforrar gastos, e seguir como até agora. Mas como é esse agora? Porque é evidente que o feito de debatermos estes problemas é em si mesmo umha demonstraçom de que o agora nom é monocolor ou monolítico. Os imobilistas, de um jeiro ou outro, com matizes mais ou menos acusados, o que pretemdem- muitas vezes sem ter plena consciência disso- é que utilizemos a ortografía castelhana. Durante muitos séculos, o galego foi umha língua puramente oral, na qual nom só nom se escreviam, como dizia Castelao, os recibos da contribuiçom, senom nengumha classe de documentos nem textos literários. [...]
COMENTARIO
GALEGO: nome primitivo de todo o conxunto de falas e normas que se desenvolven na franxa atlántica da península e se extenden.
IDEAS DE CARVALHO CALERO:
● Os galegos e galegas teñen dúas opcións: ou aceptar a desgaleguización ou coller conciencia e loitar pola lingua, pero ten que ser a vontade do pobo.
● Non cree que a solución estea en expulsar radicalmente o castelán de Galicia, senón que temos que reanudar o contacto coas formas do galego que se produciron na parte ocidental da península que é o que chamamos portugués.
● A normativa que se entende como oficial no aspecto ortográfico é unha norma que no ten en conta a sustantividade do noso idioma polo que se o galego é lingua oficial non ten que empregar a ortografía castelá.
● TEXTO ESCRITO EN REINTEGRADO: Calero é o pai do reintegracionismo, aínda que el mesmo admite ser un fillo del.
● REINTEGRACIONISMO: doutrina que quere devolver a súa propia natureza e esencia ao galego, baseándose nos fundamentos históricos da lingua.
● PROBLEMA DA ORTOGRAFÍA: este problema radica en que durante séculos o galego non tivo tradición escrita polo que se segue a norma do castelán por ser o idioma de poder.
● PAPEL DO ESTADO: pouco a pouco e con prudencia ir introducindo esta norma na sociedade e non renunciar a ela, aínda que isto non se consegue sen a vontade dos cidadáns.
SOLUCIÓN: restaurar os tecidos danados, substituír os termos castelanizados polos que se usaban antes de que a lingua quedara convertida nunha fala rural durante o século XV, trátase de devolverlle ao galego a súa esencia para o cal hai que manter os contactos coas formas antigas do galego-portugués.
CONCLUSIÓN● Nos últimos anos da súa vida viuse marxinado e mesmo difamado
polas súas ideas reintegracionistas por parte dos intelectuais galegos do momento cando a RAG foi tomada polo IGL. Escribiu unhas normas ortográficas pero non se puxeron en vigor polo seu carácter reintegracionista. Nunca se lle adicou o día das Letras Galegas, a pesar do seu traballo pola lingua.
● Con este traballo descubrín unha figura moi relevante para a historia da literatura e a lingua galega que foi borrada totalmente do panorama cultural galego e non se lle deu aínda a homenaxe que se merece polo seu gran traballo.
FONTEShttps://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_de_Galicia#R.C3.A9xime_Ditatorial_.281939_e_1975.29
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/aulavirtual2/pluginfile.php/6642/mod_resource/content/0/O_GALEGO_DE_1936_A_1975.pdf
https://carvalhocalero.academiagalega.org/
http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/carballo-calero-ricardo.html
http://marlou-literaturagalega.blogspot.com.es/2011/06/o-nacemento-das-literaturas-romanicas.html
https://galegofb.wikispaces.com/file/view/Tema6_Socioling%C3%BC%C3%ADstica.pdf
https://gl.wikipedia.org/wiki/Ricardo_Carballo_Calero
https://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_da_lingua_galega
https://www.youtube.com/watch?v=r-VT_RBt0Co&t=2667s