Cámara estenopeica construccion

8
A CÁMARA ESTENOPEICA I.E.S. Nº 1 de A Estrada Edu. Plástica e Visual Prof.: A. Sanmartín Construcción

Transcript of Cámara estenopeica construccion

Page 1: Cámara estenopeica construccion

A CÁMARA ESTENOPEICA

I.E.S. Nº 1 de A EstradaEdu. Plástica e Visual

Prof.: A. Sanmartín

Construcción

Page 2: Cámara estenopeica construccion

MATERIAL PARA A CONSTRUCCIÓN DA CÁMARA 

Serve calquera recipiente que non permita pasar a luz, podemos reciclar botes

e caixas para fabricarnos unha estenopeica (caixas de galletas, arroz, chocolate

en po...). As caixas de cartón adoitan dar máis problemas á hora de conseguir

que non entre nin un fío de luz.

Moitas veces queremos construír a cámara á medida das nosas necesidades.

Podemos usar para elo cartón pluma, madeira, metal, etc.

INTERIOR DA CÁMARA

É conveniente que pintemos o interior da nosa cámara con pintura negra mate,

deste xeito non se producirán reflexos nas paredes interiores que poidan crear

imaxes falsas sobre o material sensible.

Page 3: Cámara estenopeica construccion

O ESTENOPO

É o orificio polo que entra ao interior da cámara. O seu diámetro regula a

cantidade de luz, sería o equivalente ao diafragma dunha cámara convencional.

O tamaño do estenopo que temos que utilizar é aproximadamente o diámetro

dunha agulla.

Este diámetro vén condicionado pola distancia focal que nunha cámara

estenopeica é a distancia que hai desde o estenopo ata o lado oposto, onde se

sitúa a emulsión sensible.

Canto máis pequeno sexa o estenopo, máis nítida formarase a imaxe pero mais

tempo necesitarase para queimar o negativo. Para facer o buraco podemos

utilizar agullas de coser.

Page 4: Cámara estenopeica construccion

A DISTANCIA FOCAL E O ÁNGULO DE CAMPO

 

A distancia focal é a distancia que hai entre o estenopo e o plano onde se forma

a imaxe (plano focal). Determina o ángulo de campo que vai cubrir a nosa

cámara e está directamente relacionada co formato.

Se queremos construír unha cámara de focal "normal" (que cubra uns 50 graos

de ángulo de campo) a distancia focal (distancia entre parede de buraco e

parede con material fotosensible) ten que coincidir coa medida da diagonal do

formato.

Por exemplo, se temos un negativo de 9 x 12 centímetros, acharemos a

diagonal: F como a raíz cadrada da suma dos lados ao cadrado, isto a raiz de 81

mais 144, ou sexa que a diagonal será 15 cm. De modo que, para este

exemplo, unha caixa de 15 cm de longo daranos unha cámara de distancia

focal normal.

Page 5: Cámara estenopeica construccion
Page 6: Cámara estenopeica construccion

É importante que o material sobre o que se realiza o estenopo sexa

delgado á vez que resistente, sendo aconsellable usar estaño ou

aluminio de pouco gramaxe. Tamén convén lixar os bordes do

estenopo e volverlle a pasar a agulla, así conseguimos que non quede

rebaba e evitamos a difracción da luz ao chocar cos bordos rugosos.

A continuación mostramos os números de agullas que se poden atopar

no mercado coa súa medida en milímetros correspondente:

Nº 5=0,8mm Nº 6=0,72mm Nº 7=0,65mm Nº 8=0,58 mm

Nº 9=0,51mm Nº 10=0,46mm Nº 11=0,40mm Nº 12=0,35mm

Nº 15=0,27mm.

Page 7: Cámara estenopeica construccion

Se mide menos de 15 cm, teremos unha focal curta que cubrirá un

campo de máis de 60 graos, é dicir conseguimos un gran angular. Se

temos unha caixa maior de 15 cm, cubriremos un ángulo de campo

menor de 45 graos e así obteriamos un teleobjetivo. Ata poderiamos

deseñar unha cámara con distancia focal variable simplemente

situando a emulsión sensible máis cerca ou máis lonxe do estenopo.

A relación entre estes dous elementos, a distancia focal e o ángulo de

campo é inversamente proporcional: a maior distancia, correspóndelle

un menor ángulo de campo e viceversa.

Page 8: Cámara estenopeica construccion

COMO DETECTAR ERROS E RESOLVELOS

Negativo oscuro Exceso de exposición

Negativo claro Falta de exposición

Imaxe negativa pouco nítida a) estenopo demasiado grande

b) movemento durante a exposición

Negativo correcto pero sen brancos

limpos

Lixeiro veo debido a unha pequena

entrada de luz

Parte do negativo oscuro Entrada de luz

Imaxe negativa con zonas a modo de

estrías negras ou brancas

Difracción por falta de lijado no

estenopo

Imaxe negativa correcta pero que

non cobre o papel

a) distancia focal curta para ese

formato

b) buraco externo da caixa pequeño