Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da

3
ENCONTROS PARTICIPATIVOS BIBLIOTECA VERDE 2015 MONOGRÁFICO: CONSUMO CONSCIENTE, RESPONSABLE E TRANSFORMADOR Esta información está impresa en papel 100% reciclado e FSC BIBLIOTECA VERDE BIBLIOTECA VERDE PROPOSTAS SUSTENTABLES PARA UN MUNDO MELLOR Sustentable

Transcript of Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da

Page 1: Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da

ENCONTROS PARTICIPATIVOS BIBLIOTECA VERDE 2015 MONOGRÁFICO: CONSUMO CONSCIENTE, RESPONSABLE E TRANSFORMADOR

Est

a in

form

ació

n es

tá im

pre

sa e

n p

apel

100

% r

ecic

lad

o e

FSC

BIBLIOTECA VERDEBIBLIOTECA VERDEPROPOSTAS SUSTENTABLESPARA UN MUNDO MELLOR

Sustentable

Page 2: Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da

CASTRILLÓN I 28 DE XANEIRO Hortas urbanas: unha vía cara ao autoconsumo As hortas urbanas buscan cidades flexibles

coa práctica da agricultura ecolóxica e da

alimentación saudable; fan partícipe a

comunidade e posibilitan a transmisión de

coñecementos; favorecen os espazos verdes,

sustentables e de ocio; utilizan soares en desuso

de maneira creativa e comunitaria; e promoven

alternativas de consumo. Pensas que estas

iniciativas lle corresponden á Administración

ou á cidadanía? Ven coñecer e debater sobre os

proxectos que hai no noso contorno.

Cunha representación dos colectivos Hortas do Val, de Feáns, e Hortas Urbanas de Monelos e a experiencia a nivel particular dunha veciña do barrio.

ÁGORA I 19 DE FEBREIRO Consumo consciente: ideas prácticas Comida, roupa, enerxía, ocio, banca,

telefonía... Cando intentamos consumir de

maneira “diferente”, son moitas as preguntas,

dificultades e inseguridades que encontramos

no camiño. Ofrecémosvos un espazo ameno

e participativo para aclararnos dúbidas e

inspirarnos con novas propostas.

Con Toni Lodeiro, autor do libro Consumir menos, vivir mejor e redactor da revista Opciones. Consumo y estilos de vida transformadores.

INFANTIL E XUVENIL 25 DE MARZO Comunidades en transición: Pódese reducir a dependencia do petróleo? Se cres que existe outra forma de consumir e

que a vida sen petróleo é posible, interesarache

vir a esta charla para coñecer o movemento

“Comunidades en transición”, cuxo obxectivo

principal é dotar as comunidades de ferramentas

para loitar contra o cambio climático e reducir

así a súa dependencia do petróleo.

Con Rocío García Carregal membro da

asociación ACIDE (Asociación cidadáns

polo desenvolvemento)

ROSALES I 23 DE ABRIL Consumo transformador: estilos de vida sustentables Como vivir mellor consumindo dunha maneira

máis consciente? Como buscar opcións que

apoien modelos transformadores de produción-

distribución-consumo-refugallo? Estas e outras

preguntas guiarannos nun diálogo participativo

sobre estilos de vida satisfactorios e

sustentables de cara a transformarmos as nosas

relacións como sociedade e coa natureza.

Con Conchi Piñeiro, membro de Altekio,

iniciativas hacia la sostenibilidad, cooperativa

de promoción de estilos de vida sustentables

de Madrid

MONTE ALTO I 27 DE MAIO Moda sustentable, unha alternativa á industria Todos vestimos con roupa das grandes cadeas

de moda pero, que sabemos realmente do que

hai detrás da produción e creación de cada

unha das prendas que máis nos gustan?

A man de obra, os tecidos e a súa procedencia,

a súa distribución, custos etc. son algunhas

das dúbidas que xorden en canto se fala da

industria da moda.

Con Nanda Couñago, Directora de AMARANTE

SETEM, impulsora da Plataforma MOV3.Galicia

Viste Consciente

Todas as charlas comezan ás 19:00h e teñen entrada libre, ata completar a capacidade.

ENCONTROS PARTICIPATIVOS BIBLIOTECA VERDE 2015MONOGRÁFICO: CONSUMO CONSCIENTE, RESPONSABLE E TRANSFORMADOR

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña, apostamos por iniciativas

responsables co medio e queremos apoiar e difundir proxectos sustentables

que están tendo lugar no noso contorno máis cercano. Por iso nos comprace

presentarvos o II CICLO DE ENCONTROS BIBLIOTECA VERDE.

Volvemos con ilusións renovadas para este segundo ciclo e moi

satisfeitos tras o resultado do primeiro: en 2014, coñecemos experiencias

interesantísimas sobre banca ética, bioconstrución, permacultura,

alimentación consciente, xestión enerxética… e tivemos a oportunidade

de debatermos sobre estes temas de actualidade que nos concernen a

todos. Moitas grazas pola vosa participación!

Retomamos o ciclo de encontros cun monográfico sobre consumo

consciente, responsable e transformador que, sen dúbida, abriranos

perspectivas novas, ofreceranos opcións atractivas e, sobre todo,

proporcionaranos espazos para compartirmos experiencias alternativas

ao consumo convencional.

Contaremos, entre outros, con integrantes da iniciativa cidadá Hortas

Urbanas, o autor de Consumir menos, vivir mellor e a plataforma galega

de moda sostible MOV3.

Agardámosvos para seguirmos creando

xuntos propostas sustentables para un

mundo mellor.

Page 3: Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da

Biblioteca Municipal Ágora Rúa Ágora, s/n, 15010 A Coruña T.: 981 189 886 [email protected]

Biblioteca Municipal Castrillón Praza de Pablo Iglesias, s/n, 15009 A Coruña T.: 981 184 390 / fax: 981 184 391 [email protected]

Biblioteca Municipal Estudos Locais Rúa Durán Loriga, 10, 1º, 15003 A Coruña T.: 981 184 386 / Fax: 981 184 385 [email protected]

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos, 1, 15006 A Coruña T.: 981 184 298 / Fax: 981 184 295 [email protected]

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil Rúa Durán Loriga, 10, bx., 15003 A Coruña T.: 981 184 388 / Fax: 981 184 385 [email protected]

Biblioteca Municipal Monte Alto Praza dos Avós, s/n, 3º, 15002 A Coruña T.: 981 184 382 / fax: 981 184 383 [email protected]

Biblioteca Municipal Os Rosales Praza Elíptica, 1, 15011 A Coruña T.: 981 184 389 / fax: 981 184 351 [email protected]

Biblioteca Municipal Sagrada Familia Rúa Antonio Pereira, 1-3, bx., 15007 A Coruña T.: 981 184 392 / fax: 981 184 393 [email protected]

www.coruna.es/bibliotecas