A praia dos afogados

4
A PRAIA DOS AFOGADOS Domingo Villar naceu na cidade de Vigo no ano 1971. Na actualidade reside en Madrid, onde exerce de crítico gastronómico nunha emisora de radio e colabora en diversos medios de comunicación escritos. As súas obras están enmarcadas na novela negra. Escribiu dúas, moi populares, Ollos de auga e A Praia dos afogados , esta última conta tamén cunha película filmada en terras galegas. Os protagonistas desta historia son o inspector da comisaría de Vigo e o seu axudante, o aragonés Rafael Estévez. Un día apareceu un corpo nas rochas da praia de Paixón. Ao principio todo indicaba que se trataba dun suicidio, pero tras o informe e a autopsia do cadáver, o forense identificou o corpo, que era de Xusto Castelo, alcumado o Rubio, e mais o

Transcript of A praia dos afogados

Page 1: A praia dos afogados

A PRAIA DOS AFOGADOS

Domingo Villar naceu na cidade de Vigo no ano 1971. Na actualidade reside en Madrid, onde exerce de crítico gastronómico nunha emisora de radio e colabora en diversos medios de comunicación escritos. As súas obras están enmarcadas na novela negra. Escribiu dúas, moi populares, Ollos de auga e A Praia dos afogados, esta última conta tamén cunha película filmada en terras galegas.

Os protagonistas desta historia son o inspector da comisaría de Vigo e o seu axudante, o aragonés Rafael Estévez. Un día apareceu un corpo nas rochas da praia de Paixón. Ao principio todo indicaba que se trataba dun suicidio, pero tras o informe e a autopsia do cadáver, o forense identificou o corpo, que era de Xusto Castelo, alcumado o Rubio, e mais o mesmo di que foi asasinado pola forma da atadura das bridas que tiña nas mans. O inspector, entón, ponse a facer pescudas e encóntrase con que o morto estivera embarcado nun barco chamado “Xurelo” ala polo ano 1995 no que naufragaron. O capitán do barco aparecera morto unhas semanas despois, e os outros tres tripulante salváronse: Xose Arías, Xusto Castelo e Marcos Valverde. Ao mesmo tempo decatouse de que esa mesma noite do naufraxio desaparecera da vila de Aguiño una muller chamada Rebeca Neira que conversara cos mariñeiros antes de naufragaren…

Page 2: A praia dos afogados

O libro trata dunha historia policial que se desenvolve nestas vilas mariñeiras das rías Baixas: Vigo, Aguiño, Panxón e Monteferro.

Canto á estrutura, é unha novela dividida en capítulos e cada capítulo comeza cun título e unha palabra coa súa definición. Nesta obra podemos diferenciar tres partes básicas:

-A primeira, onde nos presenta o tema do relato que chegaría ata o exame do cadáver por parte de Leo.

-A segunda parte estaría formada por todas as pescudas que fai o inspector co seu axudante ata dar coa gravación da casa que está preto do faro onde apareceu o bote de Xusto Castelo.

-A terceira e última parte, onde encontran o asasino de Xusto Castelo, do capitán Sousa e de Rebeca Neira.

Os personaxes son persoas do ámbito real, entre as cales está o protagonista, Leo Caldas, inspector da comisaría de Vigo e colaborador nun programa de radio chamado “Patrullas nas ondas”. A el non lle resultaba moi interesante nin emocionante o programa. Era un fumador empedernido, amante do viño e da boa comida, que goza mirando as ondas do mar.

O inspector axúdase do seu colaborador Rafael Estévez,un zaragozano serio e forte. Rafael, que xa leva meses en Galicia non se acostuma á ambigüidade dos galegos e ao seu carácter en xeral.

O Rubio, Xusto Castelo, é o que aparece morto en Panxón; fai que se reabra o caso de Rebeca Neira, a investigación do Xurelo e do propio Xusto. Este, xunto cos seus compañeiros Arias, Valverde e o capitán Sousa naufragaron había uns anos no mesmo día que desaparecería Rebeca Neira.

Xosé Arias, un mariñeiro alto e corpulento, marchara a Escocia tras o naufraxio e volvera uns anos antes a Panxón.

Marcos Valverde é una persoa que conseguía todo o que se propoñía e dálle igual como alcanzar o seu obxectivo.

Outros personaxes secundario son o pai de Caldas, que posúe uns viñedos . Tamén cómpre nomear o tío de Leo que estivo moito tempo ingresado no hospital por una enfermidade e contra o final da narración saíu e foi vivir á casa do pai de Caldas. Tamén encontramos a Alba,

Page 3: A praia dos afogados

crese noiva de Caldas, pero que se separaron polo que conta a novela. Non obstante, Caldas segue acordándose moito dela.

A novela está contada en terceira persoa por un narrador omnisciente, e presenta frecuentes diálogos entre os personaxes.

Como xa dixen antes, este libro presenta uns espazos reais, que se poden recoñecer con facilidade, e que son escenarios das Rías Baixas: Vigo, Aguiño, Panxón e Monteferro. Canto ao tempo, desenvólvese no presente, nunha época semellante á actual, pero con frecuentes voltas ao pasado, por canto se reconstrúe outro caso acaecido.

A lingua que se utiliza na novela é fácil de entender, sen palabras descoñecidas que precisen a axuda do dicionario.

Algún dato de interese pode ser como ao final Caldas logra saber que o asasino de Sousa, Xusto e Rebeca é a mesma persoa… As bridas e o todoterreo da gravación son elementos fundamentais para dar con el.

A min persoalmente encántame este libro, porque narra perfectamente unha historia policial e é moi crible.

Samuel Ríos Iglesias, 3º ESO B