Post on 08-Feb-2017
UNIDADE 6: ECOSISTEMAS
Que é un ECOSISTEMA?Un ECOSISTEMA está formado por un grupo de seres vivos (comunidade) que interaccionan
entre eles e co ambiente que os rodea. Os ecosistemas teñen dous compoñentes:
- Factores bióticos (seres vivos),
compostos de materia orgánica, que forman
a BIOCENOSE
- Factores abióticos (non vivos): auga,
solo, luz, temperatura, pH, etc. A parte non
viva dun ecosistema denomínase
BIOTOPO.
Os ecosistemas necesitan MATERIA e ENERXÍA para funcionar:
MATERIA:
- no biotopo: materia inorgánica, nas rochas, minerais, solo, auga, etc
- nos seres vivos: materia orgánica
- limitada
A MATERIA RECÍCLASE nos ecosistemas
ENERXÍA:
O SOL é a principal fonte de enerxía para a maioría dos seres vivos dos ecosistemas:
ilimitada
- Os organismos AUTÓTROFOS (plantas, algas e algunhas bacterias) transforman
unha pequena parte da enerxía solar en enerxía química, ao usala para transformar a
materia inorgánica en orgánica.
- Os organismos HETERÓTROFOS (animais, protozoos, fungos, bacterias) obteñen a
súa enerxía dos autótrofos ou doutros heterótrofos: cadeas tróficas
A ENERXÍA FLÚE nos ecosistemas.
A maioría da enerxía dos organismos
pérdese en forma de calor, feces,
etc. Só unha pequena parte pasa ao
seguinte nivel trófico.
A OBTENCIÓN DE MATERIA E ENERXÍA:
Todos os organismos obteñen a enerxía a partir das moléculas orgánicas, aínda
que non todos as conseguen do mesmo xeito:
PRODUCTORES
(autótrofos)
CONSUMIDORES (heterótrofos)
DESCOMPOÑEDORES: transforman a
materia orgánica en inorgánica
(reciclan a materia)
CADEA TRÓFICA
Relacións tróficas (alimentarias):
CADEAS TRÓFICAS
Relacións tróficas (alimentarias):
REDES TRÓFICAS (varias cadeas tróficas interconectadas)
A ENERXÍA PÉRDESE NOS ECOSISTEMAS:
Regla do 10%: da enerxía almacenada nun nivel
trófico só un 10% (como media) pasa ao seguinte
nivel.
PIRÁMIDES TRÓFICAS ou ECOLÓXICAS:
A) DE NÚMERO DE INDIVIDUOS
INVERTIDANORMAL
B) DE NÚMERO DE BIOMASA
(cantidade de materia orgánica)
INVERTIDA
NORMAL
C) DE ENERXÍA
Podería haber pirámides de enerxía invertidas?
CICLO DO CARBONO:
(Fotosíntese, respiración, descomposición, disolución nos océanos, formación de
rochas/combustibles fósiles, combustión)
CICLO DO NITRÓXENO
(fixación biolóxica, nitrificación, asimilación, desnitrificación...)
Rhizobium
CICLO DO FÓSFORO
POBOACIÓN: grupo de individuos da mesma especie que viven nun mesmo lugar
nun mesmo tempo.
Canto pode crecer unha poboación?
- taxa de natalidade
- taxa de mortalidade
- inmigración
- emigración
Cando unha especie coloniza unha nova área, se as condicións son favorables,
experimentará un CRECEMENTO EXPONENCIAL: (curva en J)
Pero... esto pode manterse no tempo?
Qué pasará cando os recursos (alimento, espazo…)
comencen a escasear, ou o ambiente non sexa
favorable (enfermidades, clima adverso…)?
Autorregulación dos Ecosistemas:
Cando unha poboación aumenta, normalmente aparecerán factores limitantes que
limitarán o seu tamaño:
Factores Limitantes dun Ecosistema:
- Factores abióticos: alimento, luz, temperatura, auga, solo...
- Factores bióticos: relacións con outros sers vivos:
Relacións Intraespecíficas: COMPETENCIA
Relacións Interespecíficas: COMPETENCIA, MUTUALISMO, SIMBIOSE,
COMENSALISMO, PARASITISMO, DEPREDACIÓN
Podemos clasificar estes factores según sexan:
- dependentes da densidade da poboación: enfermidades, competencia (e
a maioría das relacións bióticas)
- independentes da densidade da poboación: temperatura, luz, sequías...
POTENCIAL BIÓTICO dunha poboación é a
máxima taxa á que pode reproducirse cando esta
ten todos os recursos que necesita (máxima taxa
de natalidade, mínima taxa de mortalidade)
RESISTENCIA AMBIENTAL inclúe todos os
factores que limitan o crecemento das poboacións
(tanto bióticos como abióticos)
RESILIENCIA ou elasticidade dos ecosistemas: capacidade de volver ao
estado inicial despois de sufrir unha perturbación, é dicir, unha alteración
na súa estructura e funcionamento.
A resistencia dos ecosistemas naturais aos cambios provocados pola
actividade humana depende da resiliencia:
- da súa riqueza e composición de especies nativas
- da estrutura física (solo, auga, microorganismos, fungos, plantas,
animais)
- de que as súas funcións non se interrumpan
Así, en condicións reais, unha poboación se encontra cunha resistencia
ambiental que limita o seu crecemnto, e a gráfica que amosa o seu
crecemento é a curva en S (CRECEMENTO LOXÍSTICO):
CAPACIDADE DE CARGA (K) é o
tamaño máximo de poboación que pode
soportar un ambiente determinado.
Evolución da poboación humana.
Que tipo de crecemento sigue? Por que crees que
é así?
Cando unha poboación acadou a súa
capacidade de carga, o seu tamaño
estabilízase en torno a ela, con pequenas
variacións periódicas chamadas
FLUCTUACIÓNS.
Os cambios no ambiente (plagas, enfermidades, novos depredadores,
competencia.... ) poden levar a acadar a unha nova capacidade de carga:
Estratexias de supervivencia: estrategas do r e estrategas do k
Estrategas do R:
- reprodúcense moi rápidamente (altas
taxas de natalidade)
- descendencia moi numerosa
- invirten pouca enerxía en coidados
dos descendentes: moitos deles
morren
- viven en ambientes cambiantes e
inestables
- bacterias, insectos, peixes...
Estrategas do K:
- baixa taxa de reproducción
- producen poucos descendentes
- gran inversión no coidado da
descendencia, que se desenvolve e
crece lentamente
- viven en ambientes estables, aos
que están moi ben adaptados
- especies de gran tamaño
Os ecosistemas cambian no tempo: SUCESIÓNS ECOLÓXICAS
Unha SUCESIÓN ECOLÓXICA é unha secuencia ordenada dos cambios que
sufre unha comunidade ao longo do tempo, tanto na composición (especies)
como na estructura, ata que acada un estado de estabilidade chamado
comunidade climax.
- As sucesións ocurren porque os seres vivos modifican o seu ambiente
facéndoo cada vez máis favorable para organismos máis complexos.
Factores ambientais como o clima (sequías, inundacións…), incendios,
erupcións volcánicas… tamén poden alterar os ecosistemas.
Con tempo suficiente, e
condicións ambientais
favorables, un encoro
pode transformarse
nun bosque.
Cando unha sucesión comeza de cero nunha zona donde non houbo
ningunha comunidade previa (por exemplo, nunha duna, ou nunha nova
illa volcánica) chamámola SUCESIÓN PRIMARIA.
As especies pioneiras, con pequenas necesidades nutricionais,
pequeno tamaño, e resistentes as condicións cambiantes, son as
primeiras en establecerse no terreo nú. Son estrategas do r como
liques e mofos. A actividade destes organismos
producen a meteorización da rocha
(tanto física como química).
Cando os primeiros colonizadores morren, a súa materia orgánica axuda a
crear un solo fértil, no que poderán establecerse outros organismos algo
máis complexos: fieitos, herbas, arbustos, e, finalmente, árbores.
FIEITOS HERBAS, ARBUSTOS
A medida que os seres vivos van morrendo, o humus (a parte orgánica do
solo) aumenta, e o solo faise máis profundo e estructurado.
Os k-estrategas
empezan a sustituir
aos r-strategists, xa
que son mellores
competidores en
ambientes estables.
As especies animais seguen os cambios nas especies de plantas a medida
que a sucesión avanza.
Finalmente todos os ecosistemas progresan na sucesión ata que chegan a un
estado final chamado COMUNIDADE CLÍMAX, na que se acada a máxima
biodiversidade e estabilidade.
Diferentes COMUNIDADES CLÍMAX en diferentes latitudes.
Carballeira
Aciñeira
Bosque de faias
Bosque tropical
As SUCESIÓNS SECUNDARIAS suceden cando un ecosistema é destruido
total ou parcialmente por causas naturales ou artificiais (incendios, erupcións
volcánicas, inundacións...). Estes ecosistemas manteñen o solo, polo que as
sucesións secundarias normalmente son máis rápidas que as primarias.