Fundamentos diédrico

Post on 16-Apr-2017

657 views 1 download

Transcript of Fundamentos diédrico

xeometría descriptivasistema diédrico

fundamentos

1º bacharelato – debuxo técnico

SISTEMA DIÉDRICO

O sistema diédrico ou de Monge (polo matemático e científico francés Gaspard Monge, 1746-1818) é un sistema de representación, que emprega a proxección cilíndrico-ortogonal sobre dous planos perpendiculares entre si, chamados plano horizontal e plano vertical de proxección.

Estes dous planos córtanse determinando unha recta chamada liña de terra, deste xeito o espazo queda dividido en catro cadrantes ou diedros.

O sistema diédrico é un sistema de representación de medida que reproduce unha forma tridimensional sobre un soporte bidimensional. Esa imaxe ten as súas dimensións en verdadeira magnitude.

liña de terra

O sistema diédrico é un sistema de representación de medida que reproduce unha forma tridimensional sobre un soporte bidimensional. Esa representación terá as súas dimensións en verdadeira magnitude.

SISTEMA DIÉDRICO

Os planos de proxección quedan divididos por medio da liña de terra de xeito que temos catro semiplanos.

- plano horizontal anterior.- plano horizontal posterior.- plano vertical superior.- plano vertical inferior.

SISTEMA DIÉDRICO

Existen tamén dous planos auxiliares que dividen cada cadrante en dúas partes iguais.Son os bisectores, que forman un ángulo de 45º cos planos de proxección. O primeiro bisector atravesa o primeiro (I) e terceiro (III) cadrantes. O segundo bisector atravesa o segundo (II) e cuarto (IV) cadrantes.

SISTEMA DIÉDRICO

Os elementos que se representan poden situarse en calqueira dos catro diedros nos que está dividido o espazo, anque de xeito habitual faise no primeiro cadrante (sistema europeo) ou no terceiro cadrante (sistema americano).

SISTEMA DIÉDRICO

En determinadas situación se emprega un terceiro plano de proxección, perpendicular aos outros dous, que recibe o nome deplano de perfil ou plano lateral.

SISTEMA DIÉDRICO

Nesta situación na que o sistema convírtese en triédrico tamén traballaremos fundamentalmente no primeiro cadrante.

SISTEMA DIÉDRICO

No sistema diédrico, unha vez feita a proxección dos elementos, atopamonos cunha situación tridimensional que deberá convertirse en bidimensional por medio do abatemento dos planos de proxección, ata situalos nun único plano. Esa representación é o que chamamos representación no sistema diédrico.

SISTEMA DIÉDRICO

A disposición dos planos de proxección queda do xeito que se ve na imaxe inferior. Para recoñecer que é unha representación no sistema diédrico a liña de terra simbolízase por medio de dous pequenos guións por debaixo e nos extremos desta liña.

Proxección dun puntoO elemento máis sinxelo que podemos representar é o punto.Todo punto quedará representado polas súas proxeccións.A proxección sobre o plano horizontal recibe o nome de primeira proxección, sobre o vertical é a a segunda proxección e sobre o plano de perfil chámase terceira proxección. Para diferencialas levan o correspondente subindice, ou sexa, un punto P queda representado polas súas proxeccións P1, P2 e P3.

Coordenadas dun puntoO punto ten unha situación no espazo que queda definida polas súas coordenadas x, y e z.As coordenadas no sistema diédrico reciben os nomes de: - desviación (distancia ao plano de perfil = x),

- alonxamento (distancia ao plano vertical = y),- cota (distancia ao plano horizontal = z).