Post on 20-Jan-2017
Estimados compañeiras e compañeiros;
Temos o pracer de convidarvos á celebración do 25 aniversario da Coordiandora Galega de ONGD que terá lugar o vindeiro venres 3 de xuño, en Santiago de Compostela.
A celebración contará con dúas partes:
Ás 21 h.: proxección do documental de Agareso sobre os 25 anos da Coordinadora Galega de ONGD. Será en Aire centro de Arte (rúa Caldelería, 50).
A partir das 22,30 h.: pinchos, boa compañía e concerto do Coro da Rá. Será no SQC Café (rúa das Orfas, 2).
Gustaríanos moito contar coa vosa presenza!Podedes confirmar asistencia ata o 31 de maio no enderezo galiciasolidaria@galiciasolidaria.org
Atentamente,
Gema Filgueira GarridoPresidenta da Coordinadora Galega de ONGD