50º Aniversario O Sur · 2020. 9. 2. · longametraxe, e O Sur, baseada nun relato da súa parella...

Post on 13-Feb-2021

0 views 0 download

Transcript of 50º Aniversario O Sur · 2020. 9. 2. · longametraxe, e O Sur, baseada nun relato da súa parella...

  • 50º AniversarioSesión do 22 de setembro de 2020 O Sur

    El Sur. España, 1983. Cor, 93 min. Drama | Dirección e guión: Víctor Erice | Fotografía: José Luis Alcaine | Música:Enrique Granados | Intérpretes: Omero Antonutti (Agustín), Icíar Bollaín (Estrella, 15), Sonsoles Aranguren (Estrella, 8),Lola Cardona (Julia), Rafaela Aparicio (Milagros) | Produción: Chloe Productions, TVE, Elías Querejeta PC

    SINOPSEa

    “A Gaivota” é un caserón situado nosarredores dunha cidade do norte deEspaña. Nela viven Agustín, médicoe zahorí; a súa muller, mestra repre-saliada polo franquismo, e a súa fillaEstrella. A nena, desde a súa infan-cia, sospeita que o seu pai oculta unsegredo.

    O SUR: A ARCADIA DE VICTORERICE (J Montañés, D Izeddin)

    O Sur é un poema inacabado. A pelí-cula, incompleta a xuízo do seu di-rector, tiña inicialmente un percorridodun guión de 400 páxinas e un plande rodaxe de 81 días que foi inte-rrompido no 48. Escribiuse e falousemoito sobre cales foron as razónsque levaron a Elías Querejeta a inte-rromper o proxecto (falta de diñeiro,un guión demasiado longo que se-gundo o produtor contiña dúas pelí-culas diferentes, desavinzas per-soais, etc.) e non continuar coa his-toria de Estrella; con todo, polémicasaparte, ninguén pode discutir que abeleza narrativa plasmada por VíctorErice na película que finalmente seestreou é asombrosa.a

    O actor Omero Antonutti lembra conagarimo a un Erice que se dirixía a elnun italiano perfecto e como lle fas-cinou o seu carácter detallista. En OSur, Antonutti interpreta a Agustín, unmédico que vive unha existencia co-tiá nunha cidade do Norte dos anos50. De carácter solitario, ten fascina-da á súa filla Estrella, quen tanto nasúa infancia como na súa adolescen-cia tentará descifrar as sombras queagochan un segredo que marcou alume ao seu pai. Na historia latexa odevezo de Agustín de volver ao Sur,evocación da súa particular Arcadia-nome que ten o cinema que apare-ce no filme-, aquel lugar idílico onde,

    segundo os clásicos, reina a felici-dade.a

    Erice cegara 10 anos antes con Oespírito da colmea, a súa primeiralongametraxe, e O Sur, baseada nunrelato da súa parella a escritoraAdelaida García Morales, confir-mouno como un dos cineastas máisdestacados da historia do cinema.Autor tamén doutra película extra-ordinaria coma O sol do marmelo,esta vez rodada desde un punto devista documental, a súa obra non ti-vo unha continuidade acorde contan excepcional talento e desgracia-damente algúns dos seus proxectosnon puideron ver a luz.a

    A composición visual é absoluta-mente determinante na película. Odirector de fotografía José Luís Al-caine e o daquela operador de cá-mara Alfredo Mayo, dúas institu-cións do cinema español, desenvol-veron un labor que é consideradocomo un dos traballos máis brillan-tes da cinematografía europea. Al-caine decidiuse por dotar á películadun ton grisáceo, que orixinalmentesó correspondía ao período quetranscorría no Norte, e aínda reco-ñece a súa decepción cando a ro-daxe da parte localizada en Carmo-na (Sevilla) foi abortada, xa que alídesexaba debuxar a explosión lumí-nica do Sur e, deste xeito, lograr unforte contraste entre ambas. “Antes,cando a maioría das televisións eranen branco e negro, a referencia eraa pintura cando nos enfrontabamosá cor... Entón inspirábannos os ca-dros de Caravaggio, Vermeer ouRembrandt”, explica Alcaine, cuxainnovadora aposta mesmo sorpren-deu ao propio Erice na primeira pro-xección, aínda que este inmediata-mente se mostrou moi satisfeito cotraballo de Alcaine.

    A película gustou moitísimo desde asúa estrea, a súa proxección no fes-tival de Cannes foi moi exitosa, perofinalmente non puido reproducir aviaxe ao desexado Sur, onde Estre-lla ía coñecer ao seu tío (FernandoFernán Gómez) e descubrir “a vidaque o seu pai non viviu”, en palabrasde Icíar Bollaín.a

    Pensar agora como sería esta pelí-cula tal e como a concibiu Víctor Eri-ce na súa totalidade é case unhaucronía. Sinxelamente, hai que gozarcos marabillosos 95 minutos damontaxe final. Porque o máis tristedeste doloroso desencontro entreprodutor e director foi a imposibilida-de de gozar de novas películas dunbinomio que representa o mellor dahistoria do cinema español. Nun mo-mento de turbulencias financeiras ehorizontes escuros, onde a Europade hoxe olla con receo ao seu Sur,talvez sexa tempo de buscar o noso.

    CRÍTICA (Ángel Fdez. Santos)

    (...) É apaixonante e admirable com-probar as variantes especificamentefílmicas que Erice ideou e puxo enmarcha para dar á súa película unhaidentidade perfectamente diferencia-da do seu soporte literario. Para con-tar a mesma historia válese de me-dios inimaxinables en literatura, in-venta escenas só posibles no cine-ma, crea unha cadencia propia, in-traducible, e da elexía narrada extraeunha secreta musicalidade, imposi-ble de imaxinar sobre unha cuartillaen branco. De pura literatura Ericededuce, cun talento cegador, purocinema. A fermosura do filme é inde-finible. Hai que velo e aínda así, á vi-sión seguirá a mudez do espectador,porque a historia e a súa maxistralvisualización sitúannos no bordo doinefable, máis aló das palabras.

    VVindeira sesión, mércores 23: M, o vampiro de Düsseldorf · Fritz Lang