Post on 28-May-2019
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
TEMA 8. DESCARTES E O PROBLEMA DO MÉTODO E A EVIDENCIA DO "COGITO"
6.1. Marco histórico e conceptual.
6.1.1. Biografía e ObrasIr
6.2. O racionalismo Ir
6.2.1. Características.
6.3. O método cartesiano.Ir
6.3.1. Importancia do método
6.3.2. Características Ir
6.3.3. Regras do método Ir
6.3.4. A dúbida metódica Ir
6.3.4.1. Motivos da dúbida
6.4. Idea de Substancia en Descartes.Ir
6.4.1. Primeiro principio evidente: “cogito, ergo sum”.
6.4.2. Tipos de substancias.Ir
Antropoloxía cartesiana Ir
6.4.3. Tipos de ideas.Ir
6.5. Problema da veracidade divina Ir
6.5.1. Demostración da substancia divina Ir
6.5.1.1. Argumentos da demostración da existencia de Deus Ir
6.5.2. Demostración do mundo exterior. A estrutura da realidade. Ir
Páxina 1 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
6.1. MARCO HISTÓRICO CONCEPTUAL.
Á Idade Media séguelle o Renacemento (séculos XV e XVI), que
conducirá, tras a crise da Escolástica, á esixencia da independencia da
razón coa que se iniciará a filosofía moderna.
O chamado Renacemento, etapa que comprende os séculos XV e XVI e coa que se inicia o período Moderno, é ó movemento histórico
caracterizado por un renovado interese polo pasado grecorromano clásico. É
o renacemento da humanidade e da conciencia moderna tras unha longa
etapa de decadencia (Idade Media). Iniciase en Italia no século XIV e
difúndese polo resto de Europa durante os séculos XV e XVI.
A Idade Moderna considérase unha lenta pero profunda transformación
das estruturas económicas, sociais, políticas e ideolóxicas propias da Idade
Media. No ámbito económico, co desenvolvemento do capitalismo. No
ámbito político, co xurdimento dos Estados Nacionais e da burguesía (fronte
ao Clero e a nobreza da Idade media). No relixioso, coa Reforma
protestante. No filosófico, co Humanismo, filosofía secular que substitúe á
Escolástica medieval. E no científico, co desenvolvemento da investigación
empírica da Ciencia moderna.
Neste momento uns novos Estados-Nacións intentaban eliminar toda
estrutura feudal supranacional que debilitase o seu poder, como era a figura
do Papa, o que deu paso á Reforma e as guerras de relixión. Dita Reforma
consistiu nun movemento dentro da Cristiandade Occidental que pretendía
unha nova visión da relación entre o home e Deus, personalista e intimista,
máis acorde cos valores da Modernidade e moi diferente á idea social e
comunitaria da relixión que tiña o catolicismo medieval. Esta Reforma
iniciouse en Alemaña da man do monxe católico agustino Martín Lutero,
pero pronto estendeuse a outros países grazas a figuras tan destacadas
como a de Juan Calvino. Deste modo, Europa quedou dividida nunha serie
de países que recoñecían ao Papa como supremo e único xefe da Igrexa
Páxina 2 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
Católica, e os países que rexeitaban as pretensións de Roma e que recibiron
o nome de "protestantes".
Este feito provocou unha reacción da Igrexa Católica contra o
protestantismo coñecida co nome de "Contrarreforma", na que conscientes
da necesidade de reformarse, convocaron o chamado "Concilio de Trento"
para discutir as posibles reformas. Tralo Concilio, reafirmáronse todos os
puntos da doutrina milenaria católica fronte ás protestantes, reavivando
antigas ordes relixiosas, como a Orde dos carmelitas descalzos (reformada
en España por Santa Teresa de Jesús e San Juan de la Cruz), e a
Compañía de Jesús, fundada por San Ignacio de Loyola.
O triunfo desta Contrarreforma fixo regresar á obediencia católica a
numerosas nacións reformadas, en medio dun terrible período de guerras de
relixión. En Francia (país de onde é Descartes), logrouse acabar con estas
"guerras de relixión" mediante a promulgación do Edicto de Nantes, que
garantiu a liberdade relixiosa.. No s. XVII a Guerra dos Trinta Anos (1618-
1648), que afectou gran parte de Europa, foi en parte consecuencia da
división relixiosa do continente.
Con esta crise relixiosa, as concepcións tradicionais, garantidas pola
Igrexa católica (o xeocentrismo, as concepcións aristotélico – tomistas …) e
que se ensinaban nas universidades empezan a tambalearse. As verdades
sólidas e únicas ofrecidas pola Escolástica medieval son cuestionadas. Ante
este desacordo, os intelectuais buscan novas seguridades na ciencia que
empeza a despuntar. Unha ciencia da que se esperan seguridades, as
certezas absolutas que ata agora ofrecía unha igrexa única co monopolio da
verdade.
Pero a pesares da Contrarreforma, a nivel político, nas monarquías
occidentais o poder real se facía cada vez máis autónomo da Igrexa,
producíndose a separación entre o político e o relixioso. Isto conduciu,
nun sentido máis xeral, á separación entre o relixioso e o profano. O home
renacentista seguiu sendo cristián, pero o contexto en que vivía xa non era
Páxina 3 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
exclusivamente cristián: comezara a vía da secularización. Por todo isto,
dise que a filosofía moderna caracterízase pola afirmación radical da
AUTONOMÍA DA RAZÓN, xa que esta non se atopa sometida a ningunha instancia allea como a tradición ou a fe relixiosa. Así, a razón
é o principio supremo desde o que se fundamenta todo o coñecemento. Por
iso, a filosofía moderna consiste nunha análise da razón (teórica e práctica).
Esta análise da razón, da natureza ou dos límites do noso
entendemento ou o problema do método científico serán as cuestións
filosóficas fundamentais para as correntes filosóficas da Idade Moderna: o
racionalismo e o empirismo.
O Renacemento implica unha nova concepción do ser humano, xa
que a diferenza dos medievais, para os que por enriba das leis naturais está
a lei divina, á que todo se atopaba sometido, para os renacentistas, os seres
humanos foron creados en liberdade para actuar de acordo coa súa
conciencia. Esta exaltación do ser humano e do valor da vida supuxo
unha nova valoración da dignidade humana e da liberdade, así como a
confianza nas súas facultades, concretamente na razón. Razón que se
empeza a utilizar de forma autónoma.
Esta nova forma de ver o mundo que supón a Modernidade está
estreitamente vinculada ao desenvolvemento da ciencia ou mellor dito, á
revolución científica que se produciu durante os séculos XVI e XVII.
Esta revolución científica renacentista representa a culminación dun
lento proceso que xorde ó final da Idade Media:
a) A afirmación radical da autonomía da razón, iniciada ó final da Idade Media
con Ockham, e na que se establece que esta non debe someterse a
ningunha instancia allea como a tradición, a autoridade ou a fe relixiosa.
b) O impulso que deron os nominalistas do século XIV á observación e á experimentación e as novas necesidades de tipo técnico que foron
Páxina 4 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
xurdindo coa revalorización dese método de investigación de observación e
a experimentación.
c) O redescubrimento da tradición pitagórica que sostiña que o Universo posúe
estrutura e ordenación matemática.
A revolución científica dos séculos XVI e XVII está constituída por
un conxunto de teorías astronómicas e físico-matemáticas que supuxeron
unha auténtica revolución na historia do pensamento e da ciencia. O seu
período de desenvolvemento vai desde 1543, data na que Copérnico
publicou a súa obra “De Revolutionibus”, ata 1687, cando Newton publicou a
súa obra “Principia mathematica”.
A ciencia moderna ten unha concepción mecanicista da realidade: o
universo se explica a través de forzas mecánicas ou físicas, os corpos teñen
calidades reais físicas como o tamaño, a figura, o número, movemento
mecánico etc que son consideradas as realidades primarias dos corpos e
pódense formular matematicamente. Segue o exemplo das máquinas, que
se moven en virtude de leis causais, e rexeita as forzas ocultas ou máxicas..
Esta nova ciencia establecerase grazas á superación da cosmoloxía
aristotélico-tolemaica, da man de Copérnico (1473-1543), quen cambiou a
imaxe do universo ao superar o xeocentrisrno, que non podía explicar xa os
datos astronómicos, e propoñer o heliocentrismo, segundo o cal a Terra é
substituída polo Sol como centro do universo. Este novo modelo
cosmolóxico coperrnicano foi recoñecido por Kepler (1571-1630) quen quixo
verificar as hipóteses matemáticas sobre o movemento dos planetas,
establecendo as tres famosas leis sobre o movemento dos corpos celestes.
Máis tarde, Galileo Galilei (1564-1642) confirmou definitivamente este
sistema copernicano grazas a un instrumento novo: o telescopio. Ademais,
Galileo empregou o principio de inercia e estableceu o método experimental – hipotético dedutivo − como método científico no que se
unen a razón e a experiencia, os dous principios do coñecemento humano:
primeiramente a razón, despois de observar os fenómenos, constrúe unha
Páxina 5 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
explicación de carácter hipotético que trate de explicar a realidade natural,
que deberá ser expresada matematicamente.Nun segundo momento,
partindo desa hipótese, deduciranse as consecuencias desta na realidade
no caso de ser certa. E por último, a fase de experimentación, na que se
comprobaran na experiencia as consecuencias que se deduciron da
hipótese, as predicións que se estableceron para esa hipótese de ser certa.
Se, efectivamente, a hipótese queda comprobada a través dos seus efectos
ou consecuencias, converterase en lei científica e será formulada en termos
matemáticos. Este método é un sistema dedutivo no que a hipótese é
formulada pola razón, e a observación e a verificación experimental das
consecuencias desta son as que verificarán ou refutarán a hipótese.
Convértense nunha proba da capacidade e potencia da razón para explicar
os problemas da realidade natural (razón proxectiva).
Será Newton (1643-1727), quen consolide o método científico de
Galileo, empregando a concepción mecanicista e o uso das matemáticas para describir a realidade física. Recupérase así a tradición pitagórica que
impulsou a idea de que o universo, a realidade, ten unha estrutura
matemática intelixible racionalmente a través do método, concíbese que as
leis da razón matemática permítennos coñecer o funcionamento da natureza,
que está escrita en linguaxe matemática, para o que é necesario combinar teoría e experiencia.
Este é o modelo que se impuxo na revolución científica dos séculos XVI e XVII, e que deu lugar a unha nova ciencia autónoma fronte á filosofía e, especialmente, ante a fe. Deste modo, establécese un novo concepto de ciencia racional e matemática que entende o mundo como un sistema mecanicista, determinado e predicible. Trátase dun cosmos, dunha orde racional que se pode descubrir pola razón humana, mediante o método científico.
Todo isto influirá enormemente nas principais filosofías da Modernidade, que teñen a intención de avanzar nun coñecemento
Páxina 6 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
certo e seguro, Ese será o obxectivo das dúas correntes filosóficas deste período: o racionalismo e o empirismo., que se interesarán polo cuestión gnoseolóxica e o problema do Método, propoñendo cada unha metodoloxías científicas diferentes: o método dedutivo o Racionalismo, e o experimental ou indutivo o Empirismo.
O Racionalismo é a corrente filosófica do S.XVII, iniciada por Descartes, a que tamén pertencen Malebranche, Spinoza e Leibniz, e que afirma a autonomía da razón, o innatismo das ideas e o ideal dedutivo do coñecemento, baseado no modelo de razoamento matemático
O Empirismo é a corrente filosófica británica dos séculos XVII-XVIII, representada por Locke, Hume e Berkeley, que se opón ao racionalismo negando o innatismo e afirmando que todo o noso coñecemento provén da experiencia sensible, de modo que non pode ir máis aló dela..
Así, a estrutura matemática da realidade e o rigor e fiabilidade desta, a facultade e potencia da razón como única fonte e orixe exclusivo de coñecemento certo e seguro e o método dedutivo como modelo de método científico, así como a importancia dun único método para a ciencia, para toda a ciencia, como criterio de demarcación desta, serán principios adoptados polo racionalismo como fundamentos da súa filosofía.
O inicio do coñecemento na experiencia, a importancia da observación e experimentación como límites do noso coñecemento posto que sen estes principios a razón non pode establecer coñecemento certo, a importancia da contrastación e verificación no campo das ciencias empíricas, e en concreto da ciencia que servirá como modelo, a física, e o método experimental ou indutivo como
Páxina 7 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
garantía de coñecemento serán, a súa vez, principios incuestionables para os empiristas británicos.
A filosofía dos empiristas tamén estivo fortemente influída polos
acontecementos históricos que se sucederon en Europa. Nas Illas
Británicas, existía unha forte oposición entre os puritanos (que defendían o
poder do Parlamento e pretendían conservar a autoridade das Sagradas
Escrituras e a pureza da primitiva Igrexa), e os anglicanos, apoiados polo rei
Carlos I, quen disolve o Parlamento e implanta unha monarquía absoluta.
Como consecuencia deste antagonismo respecto da cuestión política
sobre Monarquía Absoluta ou Parlamento, producíronse dúas revolucións. A primeira, a Guerra Civil inglesa de 1640-1660, na que executouse a
Carlos I, sendo sucedido polo líder puritano Cromwell, quen instaurou unha
ditadura que supuxo un aumento do puritanismo que buscaba a volta as
raíces cristiás para purificar a Igrexa anglicana da influencia católica por
considérala "papista". E en segundo lugar, a revolución gloriosa de 1688, que levou ao poder á burguesía, instaurando no trono a Guillerme de Oranxe
e María Estuardo e establecendo unha monarquía parlamentaria e o
recoñecemento de certos dereitos cidadáns. A instauración deste réxime foi
o ideal polo que sempre traballou Locke. O Parlamento adoptou a
"Declaración de Dereitos" que limitaba o poder dos monarcas e garantía o
dereito do Parlamento a eleccións libres e a lexislar. Ademais, o rei non
podía suspender o Parlamento nin impoñer impostos sen a aprobación do
mesmo.Tamén se aprobou a "Lei de Tolerancia", pola que se garantía a
liberdade de cultos. Polo tanto, a revolución supuxo o triunfo final do
Parlamento sobre o rei, finiquitando a monarquía absoluta en Inglaterra e a
teoría do dereito divino a gobernar. Foi nesta época cando Locke publica os
"Dous tratados sobra o goberno civil", considerado unha xustificación teórica
da Revolución Gloriosa.
A partir destes acontecementos sociais e políticos, débense entender o
interese dos filósofos empiristas nas cuestións políticas e non só
gnoseolóxicas. De aí a decisiva importancia da filosofía política de Locke e a
Páxina 8 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
súa influencia posterior como teórico do liberalismo ou as críticas á relixión,
especialmente de Hume, quen consideraba que a relixión non pode
fundamentarse nin racional nin moralmente, senón de xeito instintivo, de
forma que ten a súa orixe nos sentimentos.
Biografía e Obras.Indice
René Descartes, considerado como o pai do recionalismo francés, naceu o 31 de marzo de 1596 en La Haye de Touraine (Francia). A súa familia pertencía á baixa nobreza, sendo o seu pai e o seu irmán maior maxistrados do Tribunal superior de Bretaña, en Rennes.. En 1604 e ata 1614 estudou no colexio da Flèche en Anjou, escola rexida polos xesuítas e dunha apertura intelectual pouco usual para a época, ademais de ser unha das máis prestixiosas da Europa dese momento.
En 1616 graduouse en Dereito pola universidade de Poitiers. Con todo, non se atopaba realmente satisfeito do ensino e coa sólida formación clásica recibida. Descartes interesouse pronto polas matemáticas, única disciplina que pode considerarse un "auténtico saber" porque é a que nos achega "certeza" ou imposibilidade de dubidar.
Este motivo impulsa a Descartes a abandonar os seus estudos e dedicarse ao esparexemento e as viaxes. En 1618 alístase no exército e exerce como soldado durante aproximadamente dez anos. Esta profesión e as posteriores viaxes permitíronlle completar a súa formación académica coas aprendizaxes obtidas do “gran libro do mundo”. En 1619, descobre a súa verdadeira vocación: a filosofía. Pero esta xorde como filosofía do coñecemento ou gnoseoloxía e deriva ata desenvolver como unha ontoloxía ou unha filosofía do ser. É por este motivo polo que Descartes apaixónase pola cuestión do método, único camiño que permitirá recompor e unificar non só a pluralidade de ciencias senón a propia sabedoría humana.
Páxina 9 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
Vai vivir a París e finalmente retírase a Holanda, lugar que se converteu no refuxio de numerosos filósofos e científicos debido á súa tolerancia ante os momentos de intolerancia relixiosa e intelectual que se viven en Europa neses anos. Alí Descartes viviu con algunhas interrupcións ata 1649.
Comeza a súa época creadora; en 1628 termina a súa obra fundamental "Regras para a dirección do espírito" que, escrita en latín, publicaranse logo da súa morte. Esta obra plasma a súa intención de crear unha ciencia universal de carácter matemático.
En 1634 escribe Descartes o seu "Tratado do Mundo", obra que non se atreveu publicar cando recibiu a noticia da condena que sufriu Galileo Galilei en Roma. O seu tratado contiña tamén tese heliocentristas, así como afirmacións sobre o movemento da terra. Parte desta obra será incorporada máis tarde en traballos posteriores.
Descartes mantivo sempre unha postura conciliadora e precavida que evitou o enfrontamento coa Igrexa. Quizais debido a que pretendía non quedar fóra dos círculos "oficiais".
En 1637 publicou o "Discurso do Método" acompañada de tres pequenos tratados: "Dióptrica", "Meteoros" e "Xeometría", escritos en francés, o cal supuña unha novidade e un intento de que a súa obra estendésese entre os círculos menos dogmáticos e academicistas.
En 1641 publícanse en París as súas “Meditacións Metafísicas” en latín. Pronto publicáronse en francés xunto cun grupo de obxeccións de varios autores e Respostas do propio Descartes.
Descartes non se librará dos ataques eclesiásticos. En 1644 publica a súa obra “Principios da filosofía”, que dedica á princesa Isabel de Bohemia e que se presenta en forma de libro de texto. Descartes desexaba que puidese ser utilizado no ensino "oficial" aínda que se apartase de moitos dos preceptos aristotélicos aceptados.
En 1649 Descartes é invitado pola raíña de Suecia a Estocolmo co fin de instruíla na súa filosofía.
Páxina 10 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
En Suecia Descartes atopábase só e atarefado nalgunhas cuestións complicadas e o 11 de febreiro de 1650 morre dunha pneumonía. O duro inverno sueco así como o hábito da raíña de reunirse con el na biblioteca ás cinco da mañá, debilitaron a saúde do filósofo, que estaba afeito a unha vida máis repousada.
Enterrado en Estocolmo, o seu corpo foi trasladado a París en 1666.
OBRAS Indice
REGRAS PARA A DIRECCIÓN DO ESPÍRITO (1628): Nesta obra póstuma, Descartes inicia un novo modo de reflexión científica e preséntanos un conxunto de regras que, como o seu título expresa, axúdanos a dirixir a nosa razón na búsqueda do coñecemento e a verdade.
REGRAS I – IV: abórdase a nova teoría do saber e da ciencia, falando da unidade da ciencia como fundamento da nova idea do saber, e da certeza como o carácter esencial da ciencia. Tamén aborda as operacións do entendemento polas que establece o coñecemento certo e na regra IV desenvolve o sentido da importancia do método na búsqueda da verdade.
DISCURSO DO MÉTODO (1637): a obra máis famosa, publicada en latín e, innovadoramente, tamén en francés (lingua nacional-> reivindicacións nacionais do momento). A temática é moi similar ás meditacións, pero a diferenza está en que esta obra está dirixida ó publico en xeral, dun xeito divulgativo, mentres que aquela é para un lector máis especializado. PARTE II: É a parte máis famosa da obra, onde Descartes explica a
necesidade dun novo método para as ciencias en xeral e a filosofía en particular. Expón os pasos do método que descubriu como camiño para perfeccionar o coñecemento e enumera e explica as catro regras dese novo método: evidencia, análise, síntese e enumeración
PARTE IV:.Parte central do discurso, onde Descartes establece a proposición "penso, logo existo" como primeira evidencia e premisa
Páxina 11 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
fundamental do seu método, xa que este razoamento é tan sólido e veraz que non pode ser rebatido nin ignorado expón o obxectivo do método. Expón os motivos da dúbida metódica, e os argumentos para probar a existencia de Deus como garantía de verdade.
MEDITACIÓNS METAFÍSICAS: (1641) O libro está composto por seis meditacións nas cales Descartes rexeita toda crenza no que non sexa absolutamente certo e logo intenta establecer o que se pode saber con seguridade. Intentará sentar definitivamente as bases seguras e sólidas que necesitan as ciencias e a filosofía. Estas serán: a falibilidade dos sentidos, a demostracións da existencia de Deus e da substancia pensante, como separada e independente do corpo ou substancia corpórea.
Segunda meditación contén o argumento de Descartes sobre a certeza da propia existencia a partir da dúbida absoluta. A conciencia implica a existencia, principio que Descartes resumiu na súa famosa sentenza: penso, logo existo. Podo pensar e dubidar se o mundo existe ou non pero está claro que cando penso iso o meu pensamento efectivamente existe.
6.1. O RACIONALISMO Indice No século XVII comeza a filosofía moderna con Descartes, caracterízase
pola autonomía absoluta da razón, que xa non se atopa supeditada á fe. Non
coñece ningunha instancia allea a ela mesma, constrúese no ámbito supremo en
relación co coñecemento e co comportamento. Descartes pertenceu á primeira
das correntes filosóficas modernas, o racionalismo, onde tamén destacaron
Spinoza, Malebranche e Leibniz. No racionalismo, por unha banda, a razón
constitúese no principio supremo e único no que se fundamenta o saber; e por
outra, as matemáticas exemplifican o ideal de saber que se pretende instaurar.
Entendemos por Racionalismo a corrente filosófica do S.XVII, iniciada por
Descartes, a que tamén pertencen Malebranche, Spinoza e Leibniz, e que afirma
Páxina 12 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
a autonomía da razón, o innatismo das ideas e o ideal dedutivo do coñecemento,
baseado no modelo de razoamento matemático
6.1.1. Características.Indice
. As características xerais desta corrente filosófica son as seguintes:
a) Consideración da razón como a principal e única fonte de coñecemento: A razón
posúe en si mesma, sen necesidade de recorrer a ningunha outra facultade, a
capacidade para coñecer a totalidade da realidade.
b) Afirmación da existencia dunha única razón para todos os homes: É unha
facultade igual para todos, e a diferenza radica no uso que desta se fai.
c) Se só existe unha razón, só debe existir un único método, que servirá como
criterio de demarcación, e unha única ciencia (unificación e universalidade da
ciencia a través do método).
d) Método matemático como modelo a seguir: O razoamento matemático procede
con orde, rigor e exactitude, de forma dedutiva, de tal modo que unicamente os
matemáticos puideron presentar razóns evidentes e indubidables para mostrar as
súas verdades. Por iso débese aplicar este método ó resto das ciencias. Método
científico = “more matemático”.
e) Método dedutivo como método a seguir pola razón: A razón pode avanzar no
coñecemento dunha verdade a outra, se segue o método adecuado. Este debe
consistir en comezar polos principios evidentes e indubidables (axiomas ou
primeiros principios), e ir deducindo a partir destes outros coa mesma garantía de
verdade.
f) Menosprezo da experiencia sensible e negación por tanto, da validez dese tipo de
coñecemento.
g) Afirmación de principios ou ideas innatos: Existen unha serie de ideas innatas,
que son connaturais ó entendemento e inmediatamente intuíbles por este.
h) Afirmación da intuición intelectual (ou evidencia) como fundamento do
coñecemento certo e seguro e da convicción na infalibilidade da razón.
i) Correspondencia entre a orde de pensamento e a realidade: Cando razoamos
correctamente as ideas que xorden na nosa mente reflicten e teñen a mesma
estrutura que a realidade extramental, coas cousas tal e como son.
Páxina 13 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
j) Recurso a Deus como garantía de verdade e coñecemento: Deus é o autor tanto
da razón humana como dos obxectos da realidade, por tanto non nos enganaría e
non permitiría que nos enganásemos ata ese punto.
6.2. O MÉTODO CARTESIANO Indice
6.2.1. Importancia do método
A proliferación en todos os ámbitos que se viviu no Renacemento (correntes naturalistas e humanistas, Reforma e contrarreforma, método hipotético-dedutivo e método experimental…) tivo a súa reacción no século XVI. Comeza a sentirse a necesidade de seguridade, orde, de disciplina e dun método de análise e estudio da realidade.
Así o obxectivo fundamental de Descartes é establecer os fundamentos do coñecemento absolutamente seguros e inamovibles. Entende que a multitude de respostas, algunhas contraditorias, e a dispersión en ámbitos e disciplinas do coñecemento producen tal inseguridade que non permite avanzar ó coñecemento e máis concretamente á filosofía. Por iso, intenta afianzar o que denomina o “edificio do coñecemento” sobre uns alicerces tan certos e seguros que nin as máis duras embestidas dos escépticos o poidan mover.
Para iso necesita dúas cousas:
a) Un principio certo e seguro, totalmente indubidable, do que se teña a absoluta seguridade da súa verdade.
b) Un método, polo cal, apoiándose nese principio certo e seguro, lle permita ampliar e avanzar no coñecemento.
O uso de método resulta imprescindible porque o coñecemento científico non pode darse sen ese requisito: a utilización do método científico. Descartes decide buscar o seu propio método ante a insatisfacción dos coñecidos. Parte de que ese método debe ter un valor
Páxina 14 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
universal (válido e único para todas as ciencias) e que debe ser o único método a utilizar por todas as ciencias.
TEXTO 1: DESCARTES – Regras para a dirección do espírito, Regra IV
“1. Emporiso é ben mellor nin pensar en investigar a verdade sobre cousa
ningunha que facelo sen método: pois é moi certo que os estudos desordenados
e as meditacións escuras desta caste confunden a luz natural e cegan os
enxeños; e aqueles que así se afagan a camiñar nas tebras a tal punto enfebrece
a agudeza dos seus ollos que, ao pouco, non poden aturar a luz do día; o cal
ademais é confirmado pola experiencia, pois moi frecuentemente [cantas veces]
vemos que aqueles que nunca se dedicaron ás letras, pronuncian xuízos sobre as
cousas comúns e correntes con moita máis solidez e claridade que aqueles que
botan a vida nas escolas. Por método entendo as regras certas e fáciles tales
que, se alguén as observa rigorosamente, nunca tomará nada falso por
verdadeiro e, sen gastar as forzas do seu espírito inutilmente, senón sempre
aumentando o seu saber progresivamente, chegará ao verdadeiro coñecemento
de todo aquilo do que sexa capaz.”
RENÉ DESCARTES; “Regras para a dirección do espírito”, Regra IV: É necesario
un método para ir en busca da verdade.”
Por iso Descartes proponse tres obxectivos:
i. Formular unhas regras sinxelas e de fácil aplicación.
ii. Fundamentar o valor absoluto e universal do método.
iii. Demostrar a súa fecundidade en todas as ramas do saber.
Descartes define o seu método como “un conxunto de regras certas e fáciles, grazas ás cales quen as observe exactamente nunca tomará nada falso por verdadeiro e, non empregando inutilmente esforzo
Páxina 15 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
ningún da mente, senón aumentando gradualmente a ciencia chegará ó coñecemento de todas aquelas cousas das que sexa capaz” (Regras para
a dirección do espírito, Regra IV).
6.2.2. Características do método.Indice
As características deste método cartesiano son:a) Natural: brota da mesma razón y consiste no uso propio de esta. A
facultade ou luz natural da razón é idéntica a todos os seres humanos, é unha e a mesma para todos. A diferenza está no uso que se fai dela, un bo ou recto uso ou mal uso. Para iso necesitamos o método, para facer un bo uso desa facultade e progresar no coñecemento.
b) Universal: válido e único para todas as ciencias. O método servirá como criterio de demarcación da ciencia, de tal modo que será único para todas as ciencias e todas elas deberán usar o mesmo método como garntía de fiabilidade.
c) More matemático: baseado no procedemento matemático para manter o rigor, a fiabilidade e exactitude das matemáticas. A matemático é a ciencia modelo para Descartes por ter esas vantaxes e, a pesar dos fallos que esta disciplina presenta, o procedemento e esta disciplina convértese en referencia de coñecemento certo e seguro
d) Simple: son catro regras sinxelas, de fácil e sistemática aplicación. Deben ser simples porque a multitude de preceptos da lóxica ou da propia matemática as veces fan que non se garde a estrita observancia sempre desas regras. Por iso, Descartes elixe un método de catro regras sinxelas pero que son sempre aplicadas e observadas no coñecemento
e) Coñecemento baseado na intuición e na dedución.
Páxina 16 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
i. Intuición: luz natural que permite á razón captar inmediatamente ideas simples sen posibilidade de dúbida ou erro. Na 1ª regra Descartes establece o principio de evidencia, e evidente é o que se aparece intuitivamente a un espírito atento.
ii. Dedución: modo de coñecemento polo que a razón descubre as conexións que se dan entre ideas simples, ou sexa unha intuición sucesiva pola que se pasa dunhas ideas a outras. Nun sentido matemático, poder obter unhas verdades a partir doutras. Isto é o que propón Descartes na 3ª regra do seu método
6.2.3. Regras do método.Indice
Primeira.- Regra da evidencia: Non aceptar nada como verdadeiro sen coñecer con evidencia que o é. Á evidencia chégase dun xeito intuitivo e inmediato, se nos presenta a unha mente atenta dun xeito tan claro e distinto que non se pode dubidar dela. Unha idea clara é aquela que se presenta sen dificultade e dun xeito manifesto a unha mente atenta. Unha idea distinta é aquela que, sendo clara, se nos presenta separada doutras e non contén nada que pertenza a outras ideas.
A evidencia, máis que unha regra é o principio fundamental do método, é o criterio de verdade.
Segunda.- Regra do análise ou división: Dividir cada un dos problemas en tantas partes como fose posible e conviñese para resolvelas mellor. Ou sexa, dividir as proposicións complexas ata reducilas nas que son simples e poden ser captadas dun xeito claro e distinto (evidentes).
Terceira.- Regra da síntese: Conducir con orde os pensamentos para, partindo do máis simple, ir ascendendo por graos ata o coñecementos dos máis complexos. Supoñer unha orde natural entre todos os
Páxina 17 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
pensamentos, idéntico á orde da realidade ( idealismo: Parménides, Platón…).
Cuarta.- Regra da enumeración: Facer recontos completos e revisións xerais para estar seguro de non ter omitido nada.
TEXTO 2 : DESCARTES – Discurso do método, Parte II
“Foi isto causa de que eu pensara que se precisaba buscar outro método
que, comprendendo as vantaxes destes tres, estivese exento dos seus defectos.
E, como a abundancia de leis fornece decote escusas para os vicios, de xeito que
un Estado está tanto mellor regulamentado canto, non tendo senón moi poucas
leis, estas son moi estreitamente observadas; así, en lugar dese gran número de
preceptos dos que está composta a lóxica, crin que, sempre que tomase unha
firme e constante resolución de non deixar de observalos nin unha soa vez,
abondaría cos catro seguintes. Consistía o primeiro en non aceptar xamais
ningunha cousa como verdadeira que non coñecese evidentemente ser tal; é dicir,
evitar coidadosamente a precipitación e a prevención; e non aceptar nada nos
meus xuízos senón aquilo que se presentase tan claramente e tan distintamente ó
meu espírito que non tivese ocasión ningunha de poñelo en dúbida. O segundo,
dividir cada unha das dificultades que examinase en tantas partes como fose
posible e requirible para mellor resolvelas. O terceiro, conducir por orde os meus
pensamentos, comezando polos obxectos máis simples e máis doados de
coñecer, para subir pouco a pouco, como por graos, ata o coñecemento dos máis
compostos; e supoñendo mesmo unha orde entre aqueles que non se preceden
naturalmente os uns os outros. E o derradeiro, facer en todo enumeracións tan
completas, e revisións tan xerais, que estivese seguro de non omitir nada. Esas
longas cadeas de razóns, todas simples e fáciles, das que os xeómetras teñen
costume de se serviren para chegar ás súas máis difíciles demostracións,
déronme ocasión de imaxinar que tódalas cousas que poden caer baixo o
coñecemento dos homes sucédense as unhas ás outras da mesma maneira, e
Páxina 18 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
que, soamente con absterse de aceptar como verdadeira ningunha que non o
sexa, e gardar sempre a orde precisa para deduci-las unhas das outras, non pode
haber entre elas ningunha tan afastada á que finalmente non se chegue, nin tan
agachada que non se descubra. E non me foi difícil buscar por cales era
necesario comezar, pois sabía xa que era polas máis simples e as máis doadas
de coñecer; e, considerando que entre cantos teñen con anterioridade procurado
a verdade nas ciencias, só os matemáticos puideron atopar algunhas
demostracións, é dicir, algunhas razóns certas e evidentes, non dubidaba que
debería comezar polas mesmas que eles tiñan examinado (...). “
R. DESCARTES, “Discurso do método”, Ed. Xerais de Galicia, Vigo, 2001, pp. 44-45.
6.2.4. A dúbida metódica Ir
Dado que o método consiste en descubrir proposicións de cuxa verdade non se poida dubidar en absoluto (primeiro principio evidente), o punto de partida dese proceso é a dúbida metódica, e diferente da dúbida escéptica1. É unha dúbida que se utiliza e forma parte do método para chegar a verdades incuestionables, forma parte dun proceso de investigación que ten como obxectivo acadar unha primeira verdade evidente, clara e distinta, a partir da cal poidamos deducir outras tan verdaeiras como esta. Presenta as seguintes características:
a) Universal: sométese a dúbida todas as verdades existentes ata agora e toda clase de coñecementos, tomadas como verdadeiras.
b) Radical dubídase absolutamente de todo. Non se aceptará como verdadeiro nada que no se nos apareza como evidente ó noso entendemento
c) Metódica: se cre que hai verdades, só se dubida como método de investigación.
1 O escepticismo é unha corrente filosófica baseada na dúbida. Os escépticos no crían nunha verdade obxectiva, porque para eles todo era subxectivo, dependía do suxeito e non do obxecto. Non son capaces de afirmar se algo é verdadeiro ou falso porque non hai verdade realmente.
Páxina 19 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
d) Teorética: porque cuestiona os coñecementos e trata de elaborar un método e uns fundamentos filosóficos propios e novos.
TEXTO 3: DESCARTES – Meditacións metafísicas, Meditación Segunda
“Xa que logo, supoño que todas as cousas que vexo son falsas:
convénzome de que nada foi de todo como a miña memoria chea de mentiras me
representa; penso que non teño sentidos; creo que o corpo, a figura, a extensión,
o movemento e o lugar só son ficcións do meu espírito. Que poderá, logo, ser
considerado verdadeiro? Se cadra, só unha cousa, que non hai nada certo no
mundo. Mais, que sei respecto de se hai algunha outra cousa diferente destas
que veño de xulgar incertas, algunha acerca da cal non poida ter a menor dúbida?
Non hai ningún Deus, ou calquera outra potencia que me poña no espírito eses
pensamentos? Isto non é necesario, pois quizais poida eu ser quen de producilos
por min mesmo. Logo eu, cando menos, non son algunha cousa? Pero neguei xa
que tivese sentidos nin ningún corpo. Dubido con todo, pois que se segue diso?
Serei tan dependente do corpo e dos sentidos que non poida ser sen eles? Pero
convencinme de que non había absolutamente nada no mundo, que non había
ningún ceo, ningunha terra, ningúns espíritos, ningúns corpos; non me convencín
logo de que tampouco eu non era nada? Non, certamente, eu sen dúbida era algo
se me convencera ou simplemente se pensara algunha cousa. Pero hai un non
sei qué enganoso, moi poderoso e moi trampulleiro, que emprega toda a súa
industria en enganarme sempre. Non hai logo dúbida de que eu son, se el me
engana; e engáneme tanto como queira que non poderá endexamais facer que eu
non sexa nada, senón que tanto máis pensarei ser algunha cousa. De xeito, que
despois de telo ben pensado, e de ter coidadosamente examinado todas as
cousas, cómpre concluír, en fin, que esta proposición: Eu son, eu existo, é
necesariamente verdadeira, cantas veces eu a pronuncie ou a conciba no meu
espírito.”
Páxina 20 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
R. DESCARTES; Meditacións Metafísicas, Meditación 2ª: Da natureza do espírito
humano, e de que é máis doado de coñecer que o corpo
6.2.4.1. Motivos da dúbida
Descartes establece uns motivos da dúbida:i. Extrínsecosii. Intrínsecos:i. Extrínsecos: no “Discurso do Método” comeza aludindo áa. Insatisfacción e inseguridade que produce unha formación académica
que non ofrece respostas claras, certas e seguras e da cal só se pode aproveitar as matemáticas e a lóxica, a pesar da descalificación que fai da lóxica escolástica e a insuficiencia da análise dos antigos e da álxebra.
b. Por outro lado, decidiuse a viaxar polo “gran libro do mundo”, agardando atopar nas súas viaxes, e nas costume e certezas dos diferentes pobos, esas respostas certas e seguras sobre as que construír un coñecemento sólido. Nestas había tanta diversidade como nas opinións dos filósofos, Así que entende que a única resposta posible atópase en si mesmo, no seu entendemento
ii. Intrínsecas: os motivos para dubidar que están nun mesmo:1. Falacia ou erro dos sentidos: compróbase que con frecuencia os
sentidos engánannos, por conseguinte non podemos fiarnos nunca do que nos ensinan ou mostran.
2. Paraloxismos da razón2: erros que comete a razón por un mal uso e aceptamos razóns que cremos rigorosas e verdadeiras cando non o son.
3. Incapacidade para distinguir a vixilia – sono: soñamos, e cando soñamos os feitos, sucesos, ideas e sentimentos que temos parécennos tan reais e verdadeiras que só descubrimos que eran falsas cando espertamos.
2 Paraloxismo: Argumentación ou razoamento falso que parece ou que é tomado como verdadeiro.
Páxina 21 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
De feito, quen nos asegura que agora mesmo non estamos soñando e que o que percibimos non forman parte dese soño e son tan falsas como o propio soño?.
4. Hipótese do xenio maligno. Deus é veraz, pero, quen nos garante que non hai un ser cuxa existencia e función sexa a que enganarnos e facernos aparecer consideracións falsas como verdadeiras?. Así tamén se debe dubidar de algo aparentemente tan certo e fiable como as proposicións matemáticas (dúbida radical).
DESCARTES – Discurso do método. Parte IV
“Non sei se debo falarvos das primeiras meditacións que fixen alí, pois son
tan metafísicas e tan fora do común, que quizá non gusten a todo o mundo.. Con
todo, para que se poida apreciar se os fundamentos que tomei son bastante
firmes, véxome en certo xeito obrigado a dicir algo desas reflexións. Tempo ha
que advertira que, no tocante ós costumes, é ás veces necesario seguir opinións
que sabemos moi incertas, coma se fosen indubidables, e isto díxose xa na parte
anterior; pero, desexando eu nesta ocasión ocuparme tan só de indagar a
verdade, pensei que debía facer o contrario e rexeitar como absolutamente falso
todo aquilo en que puidese imaxinar a menor dúbida, co fin de ver se, logo de
feito isto, non quedaría na miña crenza algo que fose enteiramente indubidable.
Así, posto que os sentidos engánannos (1), ás veces, quixen supor que non hai
cousa algunha que sexa tal e como eles preséntannola na imaxinación; e posto
que hai homes que erran ao razoar, aínda acerca dos máis simples asuntos de
xeometría, e cometen paraloxismos (2), xulguei que eu estaba tan exposto ó erro
como outro calquera, e rexeitei como falsas todas as razóns que anteriormente
tivera por demostrativas; e, en fin, considerando que todos os pensamentos que
nos veñen estando espertos poden tamén ocorrérsenos durante o soño (3),
Páxina 22 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
sen que ningún entón sexa verdadeiro, resolvín finxir que todas as cousas, que
ata entón entraran no meu espírito, non eran máis verdadeiras que as ilusións dos
meus soños.
R. DESCARTES, “Discurso do método”, Parte IV.
DESCARTES – Meditacións Metafísicas
“12. Suporei que hai, pois, non un verdadeiro Deus, que é a soberana fonte
de verdade, senón un certo xenio malvado (4), non menos astuto e enganador
que poderoso, que empregou toda a súa industria en enganarme.”
R. DESCARTES, “Meditacións metafísicas”,. Primeira Meditación. Das cousas
que se poden poñer en dúbida
6.3. IDEA DE SUBSTANCIA EN DESCARTES Ir
A dúbida metódica chega o seu punto máis álxido. O edificio do coñecemento, ata agora construído, móvese.
6.3.1. Primeiro principio evidente: “cogito, ergo sum”.
Pero agora é cando Descartes formula o primeiro principio evidente: “cogito, ergo sum”, penso, logo existo. É innegable de que estou dubidando, e a dúbida é un acto do pensamento, polo tanto ten que existir unha substancia pensante que soporta ese acto de pensamento que é a dúbida. Entón o feito de que existe unha substancia pensante é un principio do cal non só non se pode dubidar, senón que nin as proposicións máis extravagantes de calquera escéptico poderán facela falsa. Chegamos a este primeiro principio dun xeito inmediato e
Páxina 23 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
evidente e unicamente coa propia razón, polo que convértese na primeira verdade indubitable, na primeira certeza. Son unha substancia cuxa esencia e natureza é pensar e que non necesita de ningunha outra cousa para existir, nin tan sequera do corpo ou outra cousa material. Acaba de demostrar que existe como substancia pensante, como pensamento, entendemento ou razón, pero non como corpo ou substancia extensa, polo que afirma que a substancia pensante é enteiramente distinta, independente e máis fácil de coñecer e de demostrar que as naturezas extensas.
DESCARTES – Discurso do método, Parte IV
“Pero advertín logo que, querendo eu pensar, desa sorte, que todo é falso,
era necesario que eu, que o que pensaba, fose algunha cousa; e observando que
esta verdade: «eu penso, logo existo», era tan firme e segura que as máis
extravagantes suposicións dos escépticos non son capaces de conmovela,
xulguei que podía recibila sen escrúpulo, como o primeiro principio da filosofía
que andaba buscando
Examinei despois atentamente o que eu era, e vendo que podía finxir que
non tiña corpo algún e que non había mundo nin lugar algún no que eu me
atopase, pero que non podía finxir por iso que eu non fose, senón ao contrario,
polo mesmo que pensaba en dubidar da verdade das outras cousas, seguíase
moi certa e evidentemente que eu era, mentres que, con só deixar de pensar,
aínda que todo o demais que imaxinara fose verdade, non tiña xa razón algunha
para crer que eu era, coñecín por iso que eu era unha sustancia cuxa esencia e
natureza toda é pensar, e que non necesita, para ser, de lugar algún, nin depende
de cousa algunha material; de xeito que este eu, é dicir, a alma, pola cal eu son o
que son, é enteiramente distinta do corpo e ata máis fácil de coñecer que este e,
aínda que o corpo non fose, a alma non deixaría de ser canto é.”
R. DESCARTES, “Discurso do método”, Parte IV.
Páxina 24 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
6.3.2. Tipos de substancias.Indice
Substancia, segundo Descartes é aquilo “que non necesita de ningunha outra cousa para existir”. En sentido estrito, esta definición implica que a única substancia é Deus, posto que é o único ser necesario, todos os demais somos continxentes, dependemos da súa vontade para existir, Sen embargo, Descartes formulou a existencia da substancia pensante como distinta e independente de ningunha outra cousa material, polo que recoñece a consideración de substancia ó pensamento, como separado do corpo e de calquera cousa material, e posteriormente, a este como distinto e independente da propia alma.
Por iso. Descartes diferenza dous tipos de substancias:
1. Substancia Infinita ou Deusi. Substancia en sentido estritoii. Atributo esencial: a Perfección.
2. Substancias Finitas: a. Res Cogitans ou alma.
i. Substancia creadaii. Atributo esencial: Pensamento
b. Res Extensa ou corpoi. Substancia creadaii. Atributo esencial: Extensión ou materialidade.
Cada atributo exprésase en diferentes modos: o atributo da perfección exprésase en todas e cada unha das perfeccións divinas (eterna, inmutable, independiente, omnisciente, omnipotente, etc.); o atributo do pensamento exprésase ao xulgar, razoar, imaxinar, sentir, etc; e o atributo da extensión exprésase na extensión, a figura, a situación, o movemento de lugar, o peso, a medida, etc.
Páxina 25 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
Descartes, ó igual que Platón e toda a corrente idealista incluído o cristianismo, é dualista: afirma a diferenciación, independencia e autonomía das dúas substancias finitas, “res cogitans” e “res extensa”, substancia pensante e substancia extensa.
Antropoloxía cartesiana.Indice
O home é a única criatura onde estas substancias están unidas: a alma (substancia pensante) e o corpo (substancia extensa), aínda que son independentes entre si. A alma pertence ó pensamento; e o corpo, que ten como característica a extensión, só poderá modificarse por figura e extensión, é unha simple máquina rexida polas leis da física e cun movemento puramente mecánico (mecanicismo).
Pero, tamén ó igual que a corrente idealista, non nega a relación entre estes dous elementos. Descartes intentou dar unha explicación da interacción entre estas dúas substancias no home. Estableceu que no centro do cerebro atopábase unha “glándula pineal” como o punto no que alma recibía a información das sensacións corporais (fame, desexo, admiración, odio…), incluído o movemento, en forma de representacións difusas. Deste xeito, é a alma quen percibe e comprende realmente todas as sensacións e a información. E a través desa mesma glándula a alma actúa sobre o corpo, transmitíndolle as ordes necesarias para o seu funcionamento e movemento.
A antropoloxía cartesiana é, por tanto, dualista, xa que Descartes, seguindo a tradición cristiá, dinos que o ser humano é corpo e alma. Trátase de dúas sustancias que poden existir a unha sen a outra, pero que se achan unidas (o mesmo eu que pensa é o que sofre, crece, etc). Propiamente a miña esencia é a alma: son algo que pensa, algo que existe de tal xeito que non necesita doutra cousa finita para existir, de modo que o meu pensar non necesita do corpo para existir. Hai que
Páxina 26 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
dicir que aínda que en principio o home non é senón a alma, nalgúns momentos Descartes fala da estreita unión entre alma e corpo empregando expresións da escolástica e dando lugar a ambigüidades.
Descartes, influído pola visión científica do momento, dá unha explicación mecanicista dos organismos, aos cales concibe como máquinas moi complexas. Inspírase no descubrimento da circulación sanguínea de Harvey, pero considerando que o que move o sangue non é o bombeo do corazón, senón a calor vital que reside nel. Deste xeito, Descartes rexeita a necesidade dun alma vexetativa ou sensitiva para explicar a vida: os animais son máquinas. Deste xeito, o ser humano, que é basicamente alma, queda separado do mundo animal.
Descartes afirma que o corpo humano, como todos os corpos, atópase sometido á acción das leis naturais e mecánicas, ao determinismo e a univocidade das causas eficientes, mentres que a alma é autónoma, independente da materia e con capacidade de iniciativa propia e espontaneidade. Ao afirmar isto, Descartes está tratando de salvar a liberdade do home da concepción mecanicista do mundo. Se a alma non fose unha sustancia desligada do corpo, non habería lugar para a liberdade, o comportamento humano sería como o dunha máquina, cousa que de ningún xeito quería aceptar Descartes.
O mecanicismo que se desprende do dualismo antropolóxico tivo implicacións tanto positivas como negativas. Por unha banda, estimulou a procura biolóxica, fisiolóxica e médica. As máquinas poden ser desmontadas, e se o corpo é simplemente unha máquina, podo levar a cabo todo tipo de diseccións en corpos humanos; esta idea favoreceu o avance da investigación científica e o interese pola anatomía, tanto a humana como a animal.
Doutra banda, esta teoría cartesiana impulsou unha actitude pouco respectuosa coa natureza, moi distante do ecoloxismo actual. Se toda a materia e toda a Natureza son consideradas unha máquina, unha realidade de orde inferior ao pensamento, entón a Natureza queda a
Páxina 27 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
disposición e ao servizo do home. O home pode facer o que queira tanto da materia como dos animais, el é o seu amo e señor.
Por outro lado, esta concepción cartesiana do ser humano reactiva o dualismo antropolóxico de Platón e dá lugar ao problema da relación entre as dúas sustancias: ¿como é posible a relación do corpo e a alma? Descartes dirá que a alma, situada no cerebro, controla os "humores" ou "calores" do sangue por un ou outro vaso, por unha ou outra cavidade ou cunha ou outra intensidade, etc., e segundo devanditos "humores" ou "calores" pasen por este ou aquel vaso, deste ou daquel modo, terá lugar un ou outro movemento. Di que a coordinación das dúas sustancias lévase a cabo mediante a glándula pineal, que se atopa no medio do cerebro e desde a cal a alma conecta co corpo e modifica os movementos deste.
6.3.3. Tipos de ideas.Indice
Demostrada a existencia da res cogitans, primeira e máis facilmente que ningunha outra, utilizando unicamente a potencia da razón ou pensamento, Descartes advirte que na súa mente atopa ideas. As ideas son aqueles contidos da mente que se refiren a cousas, as imaxes ou representacións que temos das cousas na nosa mente.
Continuando coa tradición idealista, Descartes e todos os racionalistas cren que existe unha correspondencia entre a orde de pensamento e a realidade: toda a realidade pode ser coñecida a través do noso pensamento, e cando razoamos correctamente as ideas que xorden na nosa mente reflicten e teñen a mesma estrutura que esa realidade.
Pero iso non quere dicir que todas as ideas teñan o mesmo contido obxectivo. Todas son actos mentais, afeccións ou acontecementos que teñen lugar na nosa mente. Pero o seu valor de verdade dependen da maneira en que se presentan ó suxeito que coñece, e serán verdadeiras aquelas que se presentan “a un espírito atento como claras e distintas”.
Páxina 28 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
Tendo en conta a realidade representada nas ideas, Descartes distingue tres tipos de ideas: innatas, adventicias e facticias.
i. Innatas: “nacidas comigo”. Son as que o entendemento posúe por natureza, dende o momento do nacemento, por exemplo, a idea de Deus, a idea de existencia etc.
ii. Adventicias: “son estrañas e proveñen de fora”. Son aquelas que proveñen da experiencia externa, por exemplo, a idea de árbore, a idea de sol ou a de calor.
iii. Facticias: “feitas e inventadas por un mesmo”. Son as que proceden da nosa imaxinación e vontade, inventadas ou fabricadas polo suxeito a partir doutras, por exemplo a idea de centauro, a idea de sirena ou a de dragón.
6.4. PROBLEMA DA VERACIDADE DIVINA Indice
Agora o problema reside en como saír do pensamento, en non caer no solipsismo3, como demostrar que existe o mundo exterior, a materia e os corpos; e como explicar que Deus, na súa omnipotencia non me creou para que me enganase.
Faise necesario probar a existencia dun ser perfecto e infinito que non sexa enganador, garantía de veracidade, e ademais demostrar a existencia do mundo exterior. Pero para saber e demostrar se Deus existe é necesario, primeiro saber que é, a súa esencia.
A esencia divina radica en ser absoluto, infinito (non creado) e necesario (causa da nosa existencia), non dependente de nada (substancia infinita) e omnipotente (causa de si mesmo e de todo o demais). Polo tanto é un ser causa e creador da miña razón, e absolutamente perfecto. Entón necesariamente ese ser ten que ser absolutamente bo, non pode ser un Deus enganador. Isto o leva a
3 É a crenza metafísica de que o único do que se pode estar seguro é da existencia da súa propia mente, e a realidade que aparentemente o rodea é incognoscible Desta forma, todos os obxectos, persoas, etc., que un experimenta serían meramente emanacións da súa mente e, polo tanto, a única cousa da que podería ter seguridade é da existencia de si mesmo.
Páxina 29 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
concluír que a súa existencia, a súa veracidade e inmutabilidade, é garantía da non existencia dun xenieciño maligno, e da verdade das evidencias que se presentan á “res cogitans”, polo que, usando correctamente o pensamento e as súas potencias e facultades que el mesmo nos deu, os coñecementos que se nos presentan como claros e distintos son verdade e correspóndense coa realidade.
6.4.1. Demostración da substancia divina. Indice
Queda agora demostrar a existencia desa substancia divina..
Nas distintas obras de Descartes atópase varias veces a demostración da existencia de Deus, na que Descartes incorpora o antigo argumento ontolóxico de San Anselmo de Canterbury (s. XI), no que se partía da mesma idea de Deus e en virtude do significado de devandita idea, concluía a existencia de Deus.
6.4.1.1. Argumentos da demostración da existencia de Deus.Indice
En conxunto, podemos reducir todas as demostracións cartesianas ás tres seguintes, das cales, as dúas primeiras aparecen na meditación terceira e a outra na quinta:
1a demostración: Encontro na miña mente a idea de Deus. Agora ben, esta idea non pode xurdir das cousas que me rodean e tampouco de min mesmo, xa que tanto eu como devanditas cousas somos finitos e, en cambio a idea de Deus posúe un contido infinito e non pode haber máis realidade no efecto (idea de Deus) que na causa (as cousas que me rodean ou eu); xa que logo dita idea só pode ser posta na miña mente por un ser infinito, é dicir, por Deus.
Páxina 30 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
2a demostración: Teño na miña mente a idea de Deus, logo é evidente que non me dei a existencia a min mesmo, pois nese caso daríame todas as perfeccións contidas en devandita idea; tampouco pode deberse a miña existencia aos meus pais ou a outras causas imperfectas, porque nese caso ¿de onde xurdiu a idea de perfección contida na miña mente? Logo eu tiven que ser causado por Deus. Por conseguinte, Deus existe.
TEXTO 4: DESCARTES – Discurso do método. Parte IV
“De seguido, reflexionando sobre o feito de eu dubidar e que, en consecuencia, o
meu ser non era completamente perfecto, pois vía claramente que era unha maior
perfección coñecer que dubidar, ocorréuseme pensar de onde aprendera eu a
pensar nalgunha cousa máis perfecta do que eu era; e coñecín evidentemente
que debía ser dalgunha natureza que fose en efecto máis perfecta. Polo que fai
aos pensamentos que tiña de moitas outras cousas fóra de min, como o ceo, a
terra, a luz, a calor e mil outras, non estaba preocupado por saber de onde veñen,
a causa de que, non observando nada neles que semellase facelos superiores a
min, podía eu crer que, se eles eran verdadeiros, o eran por unhas dependencias
da miña natureza, en tanto que ela tiña algunha perfección; e se non o eran,
tíñaos da nada, é dicir, eles estaban en min por algo que eu tiña de imperfecto.
Pero non podía ocorrer o mesmo coa idea dun ser máis perfecto có meu; pois era
cousa manifestamente imposible tela da nada; e como non hai menos
repugnancia en que o máis perfecto sexa unha consecuencia e unha dependencia
do menos perfecto, do que a hai de que da nada proceda algo, non a podía ter
tampouco de min mesmo. De xeito que só quedaba que ela fose posta en min por
unha natureza que fose verdadeiramente máis perfecta do que eu era, e mesmo
que tivese en si todas as perfeccións das que eu puidese ter algunha idea, é dicir,
para explicalo nunha palabra, que fose Deus. Ao que engadín que, xa que
coñecía algunhas perfeccións que eu non tiña, non era o único ser que existía
(usarei aquí libremente, si se me permite, as palabras da Escola), senón que
Páxina 31 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
necesariamente era preciso que houbese algún outro máis perfecto, do cal eu
dependese, e do que adquirise todo canto eu tiña. Pois se eu fose só e
independente de calquera outro, de xeito que tivese por min mesmo o pouco que
participaba do ser perfecto; pola mesma razón podería ter por min mesmo todo o
restante que sabía que me faltaba, e ser así eu mesmo infinito, eterno, inmutable,
omnisciente, omnipotente e, en fin, ter todas as perfeccións que podía observar
que están en Deus.”
3a demostración: Esta demostración consiste na aplicación do criterio á idea de Deus, e se sintetiza nas seguintes razóns: todo aquilo que concibo clara e distintamente existe; agora ben, cando examinamos que é Deus, vemos clara e distintamente que á súa esencia corresponde necesariamente a existencia; logo Deus ten que existir.Esta demostración cae nunha inconsecuencia grave, xa que por unha banda, Descartes afirma que na regra xeral de evidencia (a claridade e a distinción) non se segue máis criterio de verdade que porque Deus garánteme, pero doutra canda, para demostrar a existencia de Deus Descartes recorre ao criterio de verdade, o cal constitúe un círculo vicioso, unha demostración pouco rigorosa.
Con todo isto, vemos como a demostración da existencia de Deus é unha peza fundamental na metafísica cartesiana. O Eu pensante posúe conciencia da súa natureza imperfecta pola comparación cunha natureza perfecta (Deus). Esta idea de perfección ou de Deus non pode provir de nós, seres imperfectos, polo que ten que ser unha realidade divina a que a fixo xurdir nas nosas mentes.
Deste xeito, a idea innata de Deus permite ir máis aló da propia subxectividade, afirmando clara e distintamente, que fóra de min mesmo, da miña mente, existe unha realidade extramental. Esta realidade ou sustancia perfecta non pode permitir que as miñas ideas
Páxina 32 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
claras e distintas sexan un engano, de modo que Deus convértese en garantía do coñecemento. En Deus existen as grandes verdades eternamente establecidas por El; todas as verdades matemáticas que descubrimos están en Deus e as leis da natureza son decretadas por Deus, do mesmo xeito que un rei decreta leis nos seus reinos.
6.4.2. Demostración do mundo exterior. Indice
Xa vimos que o concepto de sustancia é o fundamento da metafísica Cartesiana. De acordo como entende o racionalismo e o propio Descartes o concepto de sustancia (aquilo que non necesita doutra cousa para existir) só Deus ou substancia infinita podería ser considerado sustancia porque o resto dos seres necesítanlle para existir. Sen embargo, Descartes acepta a existencia das substancias finitas: a substancia pensante co seu atributo que a define, o pensamento, e que xa foi demostrada a súa existencia, queda por demostrar a existencia da substancia extensa e o seu atributo a extensión.
Cada atributo exprésase en diferentes modos: o atributo da infinitude exprésase nas perfeccións; o atributo do pensamento exprésase ao xulgar, razoar, imaxinar, sentir, etc; e o atributo da extensión exprésase na figura, o movemento, o peso, a medida, etc.
Unha vez demostrada a existencia de Deus, podemos demostrar a existencia do mundo a partir da existencia de Deus. Así o fai Descartes, argumentando do modo seguinte: “posto que Deus existe e é infinitamente bo e veraz, non pode permitir que me engane crendo que o mundo existe, daquela o mundo existe”.
Deus aparece, así, como garantía de que ás miñas ideas correspóndelle un mundo, unha realidade extramental. Convén, con todo, sinalar que Deus non garante que a todas as miñas ideas corresponda unha realidade extramental.
Páxina 33 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
Unha vez que contamos cun criterio e que este está garantido por Deus, o que de feito significa que a sustancia infinita garante a capacidade da razón humana para atopar a verdade, sempre que utilice o método racional adecuadamente, o filósofo pode abordar a existencia das realidades corpóreas.
Está fóra de toda dubida que eu posúo ideas sobre realidades exteriores ao meu pensamento. Non é probable que o meu pensamento sexa a causa delas, nin tampouco que Deus pretenda enganarme poñendo no meu tales ideas como provenientes das cousas. Polo tanto, deben existir as realidades materiais, ou corpos que producen en min ditas ideas. Agora ben, o criterio de claridade e distinción non me garante máis nada que aquelas calidades obxectivas dos corpos como son a súa extensión, movemento, figura, situación, duración ou número, pero non aquelas calidades secundarias ou subxectivas como son o sabor, o cheiro ou a temperatura.
Descartes (como Galileo, como toda a ciencia moderna) nega que existan as calidades secundarias, malia que teñamos as ideas das cores, os sons, etc. Deus soamente garante a existencia dun mundo constituído exclusivamente pola extensión e o movemento (calidades primarias). A partir destas ideas de extensión e movemento pódese, segundo Descartes, deducir a física, e Descartes intenta realizar esta dedución. Establece así unha estrutura da realidade baseada na súa teoría da substancia.
Descartes opuxo a sustancia pensante á sustancia extensa como dúas realidades profundamente distintas, separadas e de atributos ou carácteres contrapostos. As mentes son activas, posúen un principio intrínseco de acción e de actividade e actúan propoñéndose fins: os corpos (sustancias extensas), ao contrario, son pasivos, carecen de toda capacidade de acción e só se moven se os move unha causa eficiente.
Páxina 34 de 35
Tema 8. Descartes: o problema do método e a evidencia do "cogito"Filosofía Moderna
Historia da Filosofía
Exclúese calquera outro tipo de forzas que non sexan as mecánicas, é dicir, as produtoras do movemento, así como négase a finalidade. Descartes aplica o mecanicismo á vida dos vexetais e animais, aos que considera como meros autómatas sen conciencia A iso vese abocado pola súa estrita separación entre a res cogitans e a res extensa. De modo que, no caso do home non se dá unión substancial, porque os atributos das dúas sustancias que o compoñen son distintos entre si. O home non é unha sustancia composta doutras dúas incompletas, senón completas. Ao tratarse de dúas sustancias separadas, o corpo non é máis que unha máquina axustada e guiada polo espírito, que garda a mesma relación co corpo que a que existe entre piloto e nave.
Con isto, vemos como para Descartes o mundo material (sustancia extensa) é unha gran máquina: só se move por movementos mecánicos. Deus, cando creou os corpos, introduciu no mundo determinada cantidade de movemento; esta cantidade permanece constante, e deste xeito un elemento move a outro, este a outro e así indefinidamente, ata que o último elemento da cadea vén ocupar o posto deixado libre polo primeiro. A redución de todo movemento da natureza a movemento mecánico posibilita a Descartes a aplicación das matemáticas á explicación do mundo.
Páxina 35 de 35